martes, 21 de octubre de 2008

Dedicatoria para Xaquín

Un profe dos que me lembrei na cea foi Xaquín, aquel profesor de Debuxo Técnico que tivemos en COU e que ademais de ser un bo mestre de debuxo era un amigo e un músico espectacular que formaba parte do grupo de música medio folk medio barroca "Labanda". Para el dende aquí (e desexando velo na xuntanza do 30ºAniversario), este homenaxe cunha das pezas dun dos seus albums, interpretada por "El Mago de Oz" e coa que o Instituto participou no concurso da TV Galega "Saber e Xogar" no apartado de música.
Ós seus ex-alumnos non lles vai costar recoñecelo na portada dun dos seus LP's

3 comentarios:

  1. Pois sí que me lembro de Xaquín, un venres no bar "A Xunta" atopeino con Terry Barrios e Víctor Ruíz dos Topo; posteriormente con Francois e Leo Vignola e outros 2 músicos gravaron un disco con títulos que facian referencia ó Río Coroño e a Boiro en Xeral. No Insti (sí IBM) deron un concerto grandioso do que non me esquezo.
    Anxo

    ResponderEliminar
  2. sí, que nos lembramos todos,anxo o do i.b.m. tamén,que é un entendido da música como podedes ver.un saúdo para todos e en especial para anxo o de escarabote

    ResponderEliminar
  3. Graciñas polo saúdo, anónimo...

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.