jueves, 23 de octubre de 2008

O home das chaves

Hai unha persoa da que todos nos lembramos, tanto é así que cando chegamos o primeiro día xa estaba no Instituto e aínda segue estando.Cando nos chegamos eramos rapaces de 15 anos, pero esta persoa era un compañeiro máis, pois poucos anos nos levaba.

Lembro sempre a súa boa disposición, sempre estaba alí para o quefixera falla, coidábanos como se fose un irmán maior, charlaba con nós de fútbol e doutras cousas tamén, supoño que xa saberedes de quen estou a falar, si, Juanjo "O Conserxe", aínda que era máis que un conserxe, era un compañeiro máis que non asistía a clase, pero quedende a súa atenta mirada procuraba que todo estivese en orden, non era ningún policía pero vixiábanos con todo o seu cariño por medo aque nos pasase algo, estaba atento a ter a calefacción encendida(claro cando había gas ou o que fose que consumise), tiña as portas abertas para que coas nosas motos, bicicletas ou coches entrasemos e tivesemos onde aparcar; atento e sempre disposto para facernos as fotocopias e sempre con boa cara; a verdade é que non teño palabras pois todas se quedan curtas para dicirlle e adicarlle.

Os anos foron pasando e Juanjo xa é un home, seguiu coidando de moitos rapaces e segue facéndoo, agora ten un lugar onde facer o seu traballo pero antes non tiña nada, nin tan sequera un banco onde sentar, pero en cambio tiña boa cara i el conformábase con ver que todo funcionaba.

Juanjo, moitas gracias por ser ti e por estar aí, sen ti non tería sido o mesmo. -- Mary Hermo



49 comentarios:

  1. penso que vos acordades del un pouquiño tarde,pero bueno,o importante supoño que é reconocer os erros

    ResponderEliminar
  2. eu tamén me quedei moi sorprendida de que non tiverades un reconocimento publico para esa gran persoa,pero supoño que saberá perdoar e olvidar

    ResponderEliminar
  3. non estuvestedes á altura, esa e a verda, e ahora estades jodidos por que vedes a cantidade de xente que se dou conta

    ResponderEliminar
  4. na foto supoño que será juanjo o conserxe,pero non sei con quen está porque se ve moi mal.un saudo para juanjo.

    ResponderEliminar
  5. juanjo culé estará contento polo menos por que o seu barsa arrasa

    ResponderEliminar
  6. o hom e das chaves quedou moi decepcionado

    ResponderEliminar
  7. Eu creo tamén merecer un recoñecemento.Asistín a cea do 20 aniversario e á do 25,fun un dos poucos profesores que inaugurou o centro que colaborou con dous artigos no BLOG, e dende fai 21 anos non suspendín a ningún alumno do instituto de Boiro, pero claro eu non son alcalde nin cura.¡Sencillamente son un antiguo (que non vello) profesor voso que se sinte orgulloso de ter pasados catro anos maravillosos tratando de que aprederades algo!

    ResponderEliminar
  8. Xa levaba tempo sin miralo blog e o que teño leido nos últimos días realmente confirmame o que pensaba fai quince días cando deixei de leelo, parece que non temos cuarenta anos se non oito.
    Vexamos eu son a primeira que me encanta discutir, con argumentos e si creo no que digo levoo ata o final. Pero claro cando vexo que se discute de cousas coma rapaces pequenos no parque, esta pelota e nosa, e coma os demais lles fastidia, ala a chinchar fastidiadebos que asi berramos enfadamos e o non xoga nadie. Ou aqueles que cando tes catorce anos e fas algunha cousa salientable, están esperando a que metala pata para irche a chepa. E non vale con pedir disculpas una e mil veces, non, hai que ir de rodillas en via crucis durante todo o curso, e non levantes cabeza que velos ahí están para cho recordar.
    Esto pasa con oito e con catorce anos, pero non con cuarenta, que non so a min me pasaron cousas que me fixeron madurar e valorar o que verdaderamente é importante, e sobre todo a saber perdoar que todos metemos a pata.
    Todos criticamos os rapaces de hoxe pola sua falta de madurez e pouca capacidade de enfrentarse os problemas, pero a verdade e que cativo exemplo lle estamos dando nós que somos seus pais.

    ResponderEliminar
  9. o que faltaba, manolo anca reivindicando un detalle para él.eu tamen fun a dos 25 a dos 20 e colaborei nas dúas.

    ResponderEliminar
  10. Creo que el anonimo de las 13.18 no entendio el tono de mi intervencion.Le recomiendo que lo relea

    ResponderEliminar
  11. !Cánta razón ten esa compañeira que escribe baixo o nome "eu"! De tódolos xeitos, o ruído que fan uns poucos, aínda que moito, só se debe a uns poucos. Eu quero agradecer unha vez mais o labor dos organizadores, mais alá de pequenos erros que poideran cometer. Hai que ter en conta que traballaron moito, e cando se traballa moito é dificil facelo todo ben. Os que non fan nada non cometen erros.

    ResponderEliminar
  12. me llena de orgullo y satisfacción ver que os lo pasasteis bien en esa cena-baile

    ResponderEliminar
  13. Ós únicos que non estiveron á altura son os que non fixeron nada.

    O tema dos regalos foi cousa de Rodrigo non dos ex-alumnos.

    O resto, desde o que o que prestou unha foto, ata o que conseguiu un mail,dou un teléfono ou escribeu un artículo, ou comeu con gusto Sí que estivo á altura.
    Pero os que dormides e largades merda pola boca sodes os que non estades á altura.

    ResponderEliminar
  14. soy el de las 13:18, no te enfades manolo y espero volver a verte en el 30 aniversario tan bien como en la del 25

    ResponderEliminar
  15. anita,anita, aquí todo o mundo está á altura.tranquila e non lle des máis voltas e o que mandou algunha foto,tranquilo tamén, que eu fixen moito máis e sigo facendo que mandar unha foto o blog ou ir á cea, que por certo,tamén fun

    ResponderEliminar
  16. Non puden ir a cea, xa que, non era do 1º ano.Tiven envidia sana por non poder pasalo de puta madre na festa.E un dos momentos nos que un desexaria ter nacido antes.
    Decirlle ós organizadores que non sempre se recoñece o traballo feito.Noraboa.Ánimo Luilli, recorda os momentos divertidos que pasamos no Instituto.
    Un recordo a todos os profesores que me deron clase e que non tiven a ocasión de saludar (María Fandiño, Santi, Sr.Blanco, Anca-ainda que non me dera clase- e o Alcalde, que xa o vexo todos os días.

    ResponderEliminar
  17. estades confundidos,ana.penso que non se trata de regalos,nin de bolígrafos, nin de rodrigo,que lle estades cargando todo a él.trátaríase creo eu de decir simplemente carlos polo seu micro, que había alí tamén unha persona que leva os 25 anos no insti, igual que rodrigo e que ainda sigue.moi ben o de angelita,pero o fín e o cabo angelita xa cumpliu e xa se retirou fai uns anos.

    ResponderEliminar
  18. moi ben marcos,pero pudeches vir,que non pasaba nada,tamén viñeron os curiñas e outros profes que non eran do primeiro ano.un saúdo.

    ResponderEliminar
  19. Xa decía meu avó, o que non naceu burro de nacimento foi logo que se fixo có tempo.
    e dalle có boli,xa está ben, paso e xa está , levadalle unha cadea de ouro a Juanjo a ver si quedades tranquilos. O recoñecemento que vale e o da memoria non o dos bolis. ¡qué asco¡

    ResponderEliminar
  20. felicidades polo 25 aniversario a toda a xente do I.E.S. PRAIA BARRAÑA

    ResponderEliminar
  21. estiven mirando e a placa xa se empeza a oxidar,ca choiva que veu estes días

    ResponderEliminar
  22. Primero que si eran todos o solo unos pocos los del aniversario, después que el nombre del Instituto, ahora lo de Juanjo, qué vacíos tienen que estar algunos que solo buscan lo malo. Si en algo podías tener razón, los modos y vuestra insistencia que raya la obsesión por hacer daño, os la quita completamente.

    ResponderEliminar
  23. Este artigo sobre Juanjo xa o tiña preparado fai tempo nun folio, pero quería habelo retocado e feito mellor, dado que os absurdos comentarios que se estaban a vertir decidín publicalo como estaba, para que eses que critican tanto e non colaboran calasen e empezasen a construír con todos nós este blog.
    Agora volvo a repetir hai un correo electrónico para que enviedes os vosos artigos para o blog, a que estades esperando os que criticades e lle poñedes pegas a todo; que se o nome do centro, que si esto ou estoutro; colaborade xa.

    ResponderEliminar
  24. Cando íbamos xuntos ó instituto, fai 25 anos, probablemente tíñamos mais intereses e inquietudes en común que ahora. Aínda así, teríamos que facer un esforzo por falar de algo medianamente interesante para todos e deixar de lado estas discusións pouco edificantes destes últimos días. Recoñezo que non teño moitas ideas que propoñer. O outro día leín na prensa que Boiro busca xente para empadroar e chegar ó límite de (20000 ?) paisanos... para doblar a aportación económica do estado...

    ResponderEliminar
  25. pois podían empezar por adecentar as rúas,a rúa peonil tendo contenedores subterráneos, enfrente ó KIRS hai ratas por ter eses contenedores alí.
    Por non decir que tódolos coches se colan por onde o farmassia e destrozan o INVENTO da pizarra.

    ResponderEliminar
  26. moi ben, ahora a falar dos problemas de boiro,que este é un blog moi aberto...

    ResponderEliminar
  27. cada quen ten a súa razón.haber si non a vai ter ninguén

    ResponderEliminar
  28. non falar mal de boiro,que deira deu cartos do concello para éstos actos do 25 aniversario e rodrigo pódese cabrear

    ResponderEliminar
  29. tamén fixo unha aportacion economica o i.e.s. praia barraña

    ResponderEliminar
  30. non son o interesado,pero son un amigo e falo moito con él.pódovos decir que él está pasando de todo e non entra no blog,solo sabe o que lle contamos hoxe pola mañán nós.él dí que quere que pasedes del xa o mismo que pasaron algún o día da cena.tema cerrado porfa.

    ResponderEliminar
  31. si seguides dandolle voltas ó asunto e que non tendes moito de que escribir neste blog.sacade outros temas interesantes.

    ResponderEliminar
  32. vaia chosquiña trae o depor de rusia,facía frío pero veñen quentes a ferver

    ResponderEliminar
  33. esperamos que sigades colaborando cos actos que aínda quedan por facerse,relativos ó aniversario e que visitedes as exposicións,que non sexa todo a cena e xa está

    ResponderEliminar
  34. gústame moito a foto onde aparece a orquesta do 25 aniversario,na aula de música do instituto,podíala poñer no blog con algún comentario

    ResponderEliminar
  35. mary,eres unha moi boa persoa

    ResponderEliminar
  36. ¿non hay máis fotos? eu creo que ten que haber algunhas máis ca cantidade de reporteiros gráficos que se deron cita o pasado venres en chicolino

    ResponderEliminar
  37. haber si organizan un bo concierto para a chavalería no insti

    ResponderEliminar
  38. podían traer algún grupos de alumnos ou ex-alumnos e tamén cerrar o concierto con jabón blue por exemplo,no patio do insti,fora e cun bo botellón final por exemplo.ji,ji,ji.

    ResponderEliminar
  39. a mín gustaronme algúns dos comentarios e artículos escritos ata o de agora no blog,pero teño que decir que o mellor para mín ata o momento e o xa choveu de juanjo.noraboa e un saludo.

    ResponderEliminar
  40. ADVERTENCIA: fartos de determinados comenutarios, fixemos un rastreo da URL de todos os que considerabamos irrespestuosos. Cando descubrimos quén se encontra detrás da maioría deles quedamos perplexos. Pedímoslle que se absteña de continuar en esa liña ou, a modo de escarmento faceremos pública a dirección donde se ubica a conexión a internet. E logo que o explique.

    ResponderEliminar
  41. ¿¡RASTREO DE URLS?!

    A) Estades mentindo

    B) Sodes uns bos hackers

    C) Tedes un amigo xuíz

    ResponderEliminar
  42. Fai 25 anos, compañeiros que comezaban a marcha nun instituto novo. Tras 25 anos, xuntámos e, despois da enchenta, piques dialécticos no blog. No 30 aniversario sairán as navallas, no 35 pistolas.....
    Continuade así para que vos extingades dunha vez.

    ResponderEliminar
  43. A cea do 25 aniversario xa me parece o embarque do "Candocho".
    Se tan mal organizada estaba, se non compartiades os obxectivos dos organizadores, se todo foi tan mal....., se sodes tan listos...

    Por que carallo vos deixáchedes embarcar!

    ResponderEliminar
  44. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  45. Pois embarcámonos precisamente para que o comentarista das 13:49 poidera despotricar a gusto. Altruístas e benefactores que somos...

    ResponderEliminar
  46. O comentario que aparece como suprimido eliminouse por conter un insulto cara unha persoa. Lembramos que si se utiliza este blog para crear un diccionario de insultos, elixichedes o lugar equivocado, polo que eliminaremos todos aqueles comentarios que faltan ao respeto a algunha persoa ou colectivo, e xa estamos sendo bastante permisivos con algúns.
    Lembramos que o blog creouse coa idea de compartir anécdotas, fotos e outras curiosidades ó longo destes últimos 25 anos do Instituto, así como ir comunicando os diferentes actos a celebrar durante o curso e non para que sexa utilizado baixo o un anonimato cobarde para decir o que non se é capaz de decir á cara

    ResponderEliminar
  47. perdón sr, administrador

    decía que el señor subalterno tiene exceso de faz y además creo que tiene alergia a la productividad.

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.