
Era aló polo ano 85, estabamos en 2º de BUP, as nosas ansías aumentaban, estabamos vivindo novos acontecementos, novos profesores e algúns deles déronnos máis ganas de aprender, todo era novo pois cada ano as materias eran distintas.
Ese ano tiñamos Literatura Española e a profesora que á impartía era María Fandiño, lémbrome dela como unha cativa dentro dun corpo de muller adulta.
Un día María chegou a clase e invitounos a preparar unha obra de teatro, díxonos que contaría no exame e que a nosa nota aumentaría; algúns non se atrevían pero outros apuntáronse sen tan sequera pensalo (supoño que por iso de que contaría para o exame fixo que nos animaramos).
Así que mans á obra e a representar Pic-Nic de Fernando Arrabal, unha obra que falaba da guerra e na que os pais dun soldado o ían a visitar e a comer con el ó fronte; un argumento complicado de interpretar pero que nos convenceu a todos.
Lembro que a min como iso de actuar non era o meu, tocoume a iluminación e parte da dirección.
Na obra participaron entre os que eu me lembro (se me esquezo dalgún perdoádeme pero vou vella e a memoria xa falla, un pouco, moito) Natalia, Susana, Mary Loly, Casais, Ana, Encarna, Abeijón, Tucho, e alguén máis que creo que fixo de apuntador. Pero se me equivoco, rogo me desculpedes e me corrixades.
Todo foi ensaio e máis ensaio, cada un co seu guión tratando de memorizalo, probas coa iluminación, busqueda de vestiario, e todo o que consigo conleva este tipo de actos; por detrás moito traballo que todos facíamos con ganas e con gusto, sobre todo con moita alegría e con moita risa polo argumento.
Despois de conseguir memorizar cada quen as súas frases tocou o último ensaio, pois tiñamos que representala no salón de actos.
E por fin chegou o día, era pola tarde, aquel salón de actos estaba a rebosar, murmullos de fondo, e nós cos nervos a flor de pel pensando en que non ía saír ben, pero tíñamos a María para darnos ánimo, e chegou o momento de saír a escena, todo comezou ben, algunha frase que non saía pero a improvisación axudou bastante, e como non, o traballo do apuntador foi excelente.
O público ría a esgalla, pois o argumento non era para menos (a pesares de que era unha crítica á guerra), ó final todo foron aplausos, os compañeiros contentos e os profesores tamén pois aquela tarde de teatro fixo nas vidas de todos un alto o fogo na rutina diaria nese centro de ensinanza.
Logo viñeron algunhas fotos e os halagos de María Fandiño e doutros profesores, foi unha tarde de éxitos e de teatro e que sempre quedará para a lembranza.
Creo lembrar que todos os que participamos na obra aprobamos aquela evaluación.
Agora compañeiros toca que vos lembredes o momento e comentedes algo.
Unhas fotos para que vos lembredes, por cortesía de Susana Blanco.

Quixen escribir isto a man pero non me deixa, jajaja.
Mary, síntome obligado contigo, xa que candoi eu levaba o blog, tí eras a que facía o primeiro comentario, agora tócame a mín.
ResponderEliminarLémbro ben ese día do que falas reín a esgalla, a verdade é que todas estas acitvidades nos viñan ben nun insi cheo de limitacións e o que a imaxinación facía que superáramos calquera atranco.
Creo que actuaba Dani Bocacho tamén.
Desde aquí tamén quero lembrar a Pedro e meu irmán Jose que saían a facer o parvo con calquera excusa para divertirnos e facían unha obra de teatro con unha escoba.
eu tamén me lembro.era no salón de actos vello e cun palco feito con mesas e uns tablóns de fimapan por enriba.agora ese salón de actos xa non existe,según comprobamos o venres e no seu lugar están as aulas do bacharelato de artes.
ResponderEliminarsí, e verdade, ahora o salón de actos está frente á biblioteca,no exterior,onde antes era o ximnasio.a verdade e que xa cambiu un pouquiño o centro nestes 25 anos,sober de todo, a zona nova,cas aulas de música,tecnoloxía,infórmática,debuxo,taller de artes e ximnasio novo.
ResponderEliminarantes eu penso que se facían moitas máis actividades que ahora
ResponderEliminardecirlle a juanjo,que non estea cabreado por que foi un lapsus pero que se lle quere moito
ResponderEliminarbueno, non lle dar máis voltas e supoño que xa falarían con él quen tiña que falar e se arreglaría todo.supoño.
ResponderEliminarjuanjo foi o mellor conserxe e tamén foi o meu entrenador no futbol sala,e levounos a moitos torneos,e unha boa persona.un saludo para el
ResponderEliminarnon sei por que sacaron xa a pancarta os de protección civil,a que estaba xunta o instituto,si ainda quedan máis actos e o aniversario é todo o curso 2008-2009
ResponderEliminargooool de messi
ResponderEliminarAclarado que a cea era exclusivamente para a 1º promoción, ¿por qué non aparece por ningún lado o agradecemento, por parte da administración deste blog, da colaboración (tanto personal como económica)que aportou o IES "Praia Barraña"?
ResponderEliminarpor que esta xente agradecelle solo a quen lle da a gana
ResponderEliminarLembrome desta obra, era o ano 85, e o meu 2º ano no insti,repetia curso e debeu ser por eso polo que os repetidores colaboramos en todo, ata sentandos sempre na primeira fila para non perder detalle.Nesta obra colaborei no escenario e no vestuario, preparando os cascos, as trincheras e a camilla que portaba Susana e Natalia, que lembro que no momento de utilizala rompeulle un pau, menudas risas en todo o salón.............elas eran os camilleros, Loli a nai de Tucho que lle ia facer unha visita o frente, donde o enemigo era Abeijon. O que non lembro moi ben o papel de Casais que ia de traxe....
ResponderEliminarEu teño as mesmas fotos....notase que fixemos moitas para un bo recordo, a quen non coñezo e a quen esta o meu lado e debaixo de Mary, a todo esto alegrome moito de verte pois facia moito tempo.
a foto non é de moi voa calidade,claro,tantos anos,pero os recordos son moitos
ResponderEliminarcinco caracolillos do barsa en champions.una manita.
ResponderEliminarnon quero ser pesada,pero creo que sev lle deben moitas disculpas a juanjo,o conserxe
ResponderEliminarparece que non hay ninguén.estarán vendo el internado
ResponderEliminar¿que máis actos hay programados polo 25 aniversario?ten algo máis rodrigo preparado, supoño.por certo,mirando a foto do periódico, pregúntome ¿de cantos meses e o embarazo de rodrigo?
ResponderEliminara cea debiu estar de puta madre,por que rodrigo parece que se comiu hasta as bandexas
ResponderEliminara mín dixeronme que faltou un balón de baloncesto no ximnasio do insti,e creo que o tragou algún profesor,según a foto do periodico
ResponderEliminar¿non se tragaria a placa ?
ResponderEliminarcomentaronme que marcelino pagou solo por él e levou a dous amigos , un deles un curiña novo
ResponderEliminarCreo que o dos curiñas sorprendeu a todos os da organización,que lle pegaron o toque,
ResponderEliminare que rodrigo falou con Juanjo, xa que o asunto dos bolis foi cousa de Rodrigo non dos da cea, eles non esperaban os boligrafos.e que se dirixiron a él pero en privado.
Pódovos asegurar que estou profundamente doido polo que,sen mala intención, estase interpretando de Juanjo. El é moito máis ca un compañeiro. 25 anos xuntos, el gruñíndome e eu protestándolle, pero nunca nos enfadamos. Dentro do Instituto colaborou e colabora algunha xente conmigo,que non estiveron na cea, tamén terán o seu agasallo. Juanjo é algo máis e para él haberá moito máis cariño...e non quero dicir máis. Por favor, cerrade este tema.
ResponderEliminarPor certo, o das pancartas está arranxado, parece ser que unha tirouna o vento e a outra quitaronna por erro.Falei con Deira e volverán ser colocadas.
Comunicarei a Mary os actos que sigamos celebrando...Con un pouco de sorte serán moitos e bonitos.
Unha aperta e un bico moi fortes. Rodrigo