lunes, 17 de noviembre de 2008

ACERTIJO


Aí vai unha foto para que nos lembremos daqueles tempos nos que se facían excursións a ese mar mediterraneo sobre todo durante a semana santa, claro moitos tiñan que entregar aquelas notas antes da excursión pero como xa estaba todo pago, entón non se ían tirar os cartos, así que de excursión.

Espero que me digades quen son os da foto, e tamén onde é, bueno se é posible o ano desa foto.
Os que acertedes, que conste que eu non sei nada, levaredes un premio que será unha sorpresa para o vindeiro aniversario.


Un vídeo para adiviñar título do tema, formación e lider do grupo, e ano en que se editou o lp que contén esta canción.


o que acerte todo levará unha viaxe a Exipto para o 30º Aniversario.

19 comentarios:

  1. Mari Loli esta en pe, parece que ela comanda o grupo, pero aos outros non os reconozco.

    O vídeo Hombres G, e a canción "Marta tiene un marcapasos" do LP "Milagro en el Congo", ano 1983

    ResponderEliminar
  2. Unha pregunta, Santos ¿era un estudiante que conducía autobuses ou un autobusero con complexo de estudiante? E que non se perdeu unha...

    ResponderEliminar
  3. Loli García, Pili Vazquez, Amalia, Merchi Delafuente, Santos (o conductor), ¿Carlos Muñiz? ... os outros dous non sei quen son.

    ResponderEliminar
  4. vendo a santos en tantas fotos,casi poido vir á cea tamén

    ResponderEliminar
  5. ¿pode ser suso chouza un dos das gafas,que está sentado co peito lobo ó aire?

    ResponderEliminar
  6. ¿pode ser suso chouza un dos das gafas,que está sentado co peito lobo ó aire?

    ResponderEliminar
  7. perdón, saleu duas veces o comentario

    ResponderEliminar
  8. Qué carallo vai ser Suso chousa, si as jafas que leva éste son de sol.

    ResponderEliminar
  9. Mari Loli, Manolo Dieste,Pili, Amalia,Santos. Estos parece que están bastante claros, pero os outros tres xa non. Igual se lle acoplaron para saír na foto.
    Un deles, o de gafas, podería ser Serafín Zubiri. Por certo, ¿Qué carallo é o que tén na man? ¿un móvil de 1ª xeneración, un xelado de chiculate, un consolador...?

    ResponderEliminar
  10. Véxovos aljo despistados. En efecto están Mari Loli, Pili Vázquez, Amalia, Santos, Merchi De la Fuente, e eu mesmo con unhas jafas que debían de ser de soldador. (Comprendo que vos despiste o flequillo). Lamento non poder sacar de dudas ó que prejunta qué é o que teño na man. Pero pode ser calquera dos artículos citados. En canto ós dous que flanquean ó grupo, son dous empregados do parque acuático que deben de sejir esperando o surtido de latas de conserva que Santos lles prometeu por deixarnos entrar de balde.

    ResponderEliminar
  11. Arre carallo, o que cambia a xente...
    Carlos eras un piollento

    ResponderEliminar
  12. Grazas Carlos por aclararnos todo o tema. ¡Así que Manolo Dieste daquela traballaba de empregado do parque acuático!. eso sí que non cho sabía eu.
    En canto o "aparello non identificado" que tés na mán, e descartando as opcions de teléfono móvil (non creo que existisen daquela),xelado(ti pareces máis de tallada que de jalopinadas), e consolador personal(tamén pareces máis de carne que de peixe),inclínome a pensar que podería ser un peine para o teu flequillo.

    ResponderEliminar
  13. Eu estou convencido de que esta foto nunca existeu,que é unha fotomontaxe. Vamos por partes:
    1 - Como ben indica o anómalo das 11:51 un dos que sae na foto é Manolo Dieste.Bueno,millor dito, é a cara de Manolo Dieste vestido como si fose un vixilante do parque acuático.
    2 - Con Mari Loli ocorre o mesmo,é a súa cara, pero tamén lle poñen o uniforme de Vigilante de la Playa.
    3 - Con Carlos Muñiz acontece o contrario. Non pode ser él. Nunca tivo tanto pelo. Ademáis él mismo delatouse no blog decindo que non sabía que era o que tiña entre mans.

    ResponderEliminar
  14. Si, si, non e Carlos é Tucho.Nin en soños tivo Carlos ese pelo.E o que ten Suso na man e unha palmera de toda a vida (das de choco)

    ResponderEliminar
  15. IMOS VER___
    ARRIBA-->Mari loli-
    fila do medio--- un extra- Pili- Amalia- Santos- outro extra.
    ABAIXo- Merchi dlf- carlos munis.

    Así lo digho y doy fe de ello-( mira que eres fedello!!!)

    ResponderEliminar
  16. A ver oh, anónimo das 19:55, ¿tí quen pensas que é?.Porque primeiro dís Tucho, e despois cambiasme a Suso e tesme de los nervios. Séntrate,séntrate e sije contando... ¿qué máis sabes de este complot?

    ResponderEliminar
  17. O da esquina o lado de Mari Loli é Tucho, e ó da sejunda fila ca palmeira de choco na man, suso o da drojeria, e acabouse.

    ResponderEliminar
  18. Perdón Tucho ó lado de pili cubata, non de mari loli, e ajora si que se acabou

    ResponderEliminar
  19. Jrasias pola aclarasión, anónimo nervioso. Ajora sí que xa non entendo nada.

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.