domingo, 2 de noviembre de 2008

INCOGNITA por Manuela?

Incognita:
Había unha vez unha profesora que andaba á procura dun canciño pequeniño (para que non lle mordera!) e tamen para facer felices ás súas fillas. Unha señora da limpeza do IBM de Boiro sabía o traballo que a profesora estaba a levar para conseguir tal encargo
( quería un can que fora pequeno para poder dominalo porque daquela tiñalle medo....!, que fose limpo e bo...etc.., miraba nos xornais , chamaba á protectora, preguntaba...etc...etc...)...e un día, de esos nos que algo se ilumina, a señora da limpeza que apreciaba (creo ) moito á profesora (e viceversa) doulle unha noticia que cambiaría “a vida” da protagonista: a Chula( intelixente coma ela sola, e moi feituca) estaba de noraboa; esperaba un feliz acontecemento e a súa dona quería compartir esa felicidade coa profesora. “Mira, M., a Chula está preñada e, se queres, gardoche un canciño e despois se non che gusta sempre podes cambialo.” E, efectivamente, a profesora estivo á espera...e...o día 13 de Abril do 1994, naceron uns canciños preciosos; e o que primeiro abreu os ollos, foi o que uneu o seu destino ( está escoitando e mirando o que estou a escribir:-)) para sempre coa profesora do IBM de Boiro. Xa vedes que sempre falo en masculino...pois o día que “o” levei a vacunar, dixome o Zapata que non...que era femia...asi que lle sacamos o S e quedou co nome que todos coñecedes...
Teño que decir aqui que tiven bos regalos na miña vida e que éste foi un regalo que me encheu aínda ata agora de felicidade.Gracias Charo.
E diredes vós: qué diablos pinta toda esta historia no noso Blog???
Pois direivos que durante uns anos estivo polas tardes axudando á sua dona a traballar nos vosos horarios, nos vosos problemas e a intentar mellorar todo o que estivera nas súas mans.
Direivos tamén que cando saía (e aínda agora) a pasear con ela e pasaba por diante do Instituto, movía o rabo tanto de alegría como por preguiza ( non lle gusta andar moito e sabía que ahí se estaba a gusto).
Direivos tamen que a primeira vez que me escapou ( ata o tiven que notificar á policía porque non aparecía) foise refuxiar ó Instituto, sabedora de que nalgún momento ía rematar alí. E, claro, como se sentía culpable, estivo caladiña ata que vendo que se facía de noite a cousa ibase poñendo fea...e a que non sabedes o que fixo? Foi chamar a Juanjo para que me avisara!!
....bueno non sei se este relato é do voso interés...pero fai parte do Centro...direi que a cadeliña sacou o Cou, con sobresaínte!!!



17 comentarios:

  1. Bonita historia, a cadeliña támen se sente a gusto no IES..coma un segunda casa pra ela....

    Hoxe son a primeira? donde estades? de movida? os cuarenta....

    ResponderEliminar
  2. Sen lugar a dúbida é un relato cheo de tenrura.
    Gracias Manuela, espero segas aportando máis cousas.

    A ver a que esperades os demáis.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Fermosa narración, sí señor. Eu teño unha irmá que, coma tí, sinte especial afecto polos seus cansiños, e cando un se lle vai deste mundo víveo de maneira especialmente dolorosa. A mín gústanme tamén, pero nun piso non podo ter un animaliño deses.

    ResponderEliminar
  4. unha historia preciosa,que foi unha realidade.que conste que a cadeliña e moito mellor que moitos dos rapaces do insti.gracias tamén de parte de rosario,manuela,por que xa sabes que estivo unha chea de anos no instituto,de limpadora e cando tivo que abandoar o seu posto,por non aprobar á oposición,nin un ata logo nin un graciñas por todo recibiu.un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. sí,pero eu teño que ter coidado con esa cadeliña,que cando a saúdo,ela ponse tan contenta que sempre deixa as pingueiras polo terrazo.

    ResponderEliminar
  6. estabamos todos esperando o teu relato, e a verdade e que non nos defraudastes, manuela.

    ResponderEliminar
  7. aínda podes escribir algún relato máis,que tí tamén as de ter moitas anecdotas.felicidades.

    ResponderEliminar
  8. Xa sei que chego tarde, e ó mellor non ven a conto, pero alguen me pode explicar quen é esta Manuela, en qué anos dou clase e que asignatura?. Gracias por adiantado

    ResponderEliminar
  9. Manuela creo que chegou ó Instituto alá polo ano 87 (ela poderá dicilo con máis exactitude) e creo que aínda segue no instituto, daba Francés se mal non me lembro:
    Eu teño asistido a algunha das súas clases como ointe.

    Saúdos a todos.

    ResponderEliminar
  10. Manuela, perdoa, eu saco o S pero non sei como se chama o animaliño e deixásteme coa intriga... ¿cómo é?

    ResponderEliminar
  11. Gracias a todos polos vosos comentarios.Alguns mollaronme os ollos....
    Eu son de Francés..si.
    E, aínda que xa estaba na primeira plantilla do IBM, incorporeime no 87 e , tal como o decidín no primeiro momento...sigo aqui no IES.
    Encantame a intriga ...:-)))pero non soporto ver sufrir a ninguén: asi que ahí vai o nome da cadela: Luka.
    Boas noites.

    ResponderEliminar
  12. "...my name is Luka..."

    ResponderEliminar
  13. manuela: unha boa profesora e unha grande persoa.un compañeiro.

    ResponderEliminar
  14. manuela,eres do melloriño que pasou polo I.E.S ,(antes I.B.M.),e non lle teñas medo ás vieiras,que están boísimas.

    ResponderEliminar
  15. saúdos para luka,que cos seus anos está moi ben e agora máis rexuvenecida

    ResponderEliminar
  16. I live on the second floor
    I live upstair from you,
    yes iI think you´ve seen me before......................

    ResponderEliminar
  17. Very nice song. But also very sad. Thank you.

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.