sábado, 12 de septiembre de 2009

CATUXA, A NENA




Unha viaxe de avión con Catuxa


Algo máis de dúas horas e media é o que tarda un avión desde Madrid até Gran Canaria. Dúas horas e media que, con Catuxa ao teu carón, transcorren máis ou menos tal que así.

- Abre a xanela.
- Baixa a bandexa.
- A túa tamén.
- E a de mami.
- Acende a luz.
- Pecha a xanela.
- ¿Estamos no ceo?
- Abrocha o cinto, ¿vale?.
- E o teu.
- Abre a xanela.
- Colle a revista.
- Sobe a bandexa.
- E a túa.
- Apaga a luz, ¿vale?
- E a de mami tamén.
- Abre o cinto.
- E o de mami.
- ¿Chegamos ao chan?
- Quero durmir.
- Pecha a xanela.
- Non teño sono.
- Deixa a revista.
- Quero zumo.
- Baixa a bandexa, ¿vale?.
- Acende a luz.
- Quero pintar.
- Teño calor.
- ¿Estamos no chan?
- Pon o zumo na bandexa.
- Abre a xanela.
- Dame unha masaxe, ¿vale?.
- Sobe a bandexa.
- Apaga a luz.
- Quero facer pis.
- ¿Canto falta?
- Pecha a xanela.
- ¿Estamos no ceo?
- Quero durmir.
- Outra masaxe, ¿vale?.
- Non teño sono.
- ¿Chegamos a Canarias?
- Abre a xanela.
- Teño frio.
- Quero zumo.

...etc, até dúas horas e media. ¡Que lento pasa o tempo en vacacións!

No hay comentarios: