miércoles, 9 de septiembre de 2009

O LACAZÁN



Estou cansa das tuas parvadas,
e se ledo non estás,
terás que marchar
e a tua vida terás que buscar.

Cando conmigo casaches,
sabías como era a miña vida,
se viñas polos meus cartos
saiuche mal o negocio.
Os cartos non están
ó alcance da túa man,
xa que os gardei moi ben
na miña faldriqueira tamén.

E se te achegas a min,
douche unha labazada
e quedarás ben eivado
o que se che queda de vida.

Se queres comer
terás que dobrar o lombo
e poñerte a traballar,
se non, xa sabes o que tes que facer,
colles a porta e xa podes correr.

A min non me importa traballar
para manter ós meus fillos
que de ti xa non esperan nada,
nin traballas nin fas nada.

Como podes ver
a cousa saiuche furada
pensaches que eu era parva
e ás veces as apariencias enganan.

Xa sabes o que tes que facer,
ou poñerte a traballar,
ou coller a porta e marchar,
que na miña casa meu home,
o que non traballa non come.

2 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Que pasa por estos lares, non se ven moitos comentarios, gustariame saber se é que algúns aínda estades de vacacións, eu estou de vacacións na miña casa pero aínda entro para dicir algunha chorrada, por Deus falade que me aburro moito sen ter alguén por ahí que me diga cousiñas ao oidiño pequeniño, jajajaja.
Veña a ver se notamos que estades lendo.
Biquiños a todos e a todas, alé pa que non quede ninguén atrás.

Mary Hermo dijo...

Esquecíame eu se tivese un lacazán non o mandaría fora, teríao comigo para que me abanicase, xa entendedes, ía ver, jejejeje, ¿quen o pasaría mellor? jajaja