jueves, 22 de octubre de 2009

COCHES ECOLÓXICOS





Os principias contaminantes emitidos polos automóbiles son dióxido de carbono (CO2), monóxido de carbono (CO), óxidos de nitróxeno (NOx), hidrocarburos non queimados (HC), e compostos de chumbo e anhídrido sulfuroso. Segundo diversos estudos, o uso do automóbil a nível global é o responsable de entre un 20% e 25% do total das emisións de gases contaminantes.






(1) Debido á urxencia na reducción de emisión de gases efecto invernadoiro, diversos organismos supranacionais como a Comunidade Europea e o Protocolo de Kioto desenvolveron normativas (Euro5 e Euro6, no caso da Unión Europea)





(2) que obriguen á industria do motor, a curto prazo, a realizar trocos considerables nos deseños dos seus coches para reducira emisión de gases contaminantes. A industria do motor reaccionou nos últimos anos desenvolvendo novas tecnoloxías denominadas Eco2 (no caso de Renault), Ecoflex (no Opel), etc.



Estas novas formas de consumo promociónanse como respectuosas co medioambiente anque diversos expertos e en concreto, en Europa, as directrices publicitarias en Noruega, manifestan que este novo tip ode tecnoloxías de consumo simplemente danan menos que outras pero non son ecolóxicas ó non desaparecer ase misións contaminantes, polo que optaron por retirar as denominacións de “verde”, “ecolóxico”, “amigo do medioambiente” ós veículos que as utilicen en territorio noruego.





De seguido mostramos unha descrición das novas tecnoloxías.



Novas tecnoloxías de consumo de combustible nos automóbiles.





Actualmente, para que a un veículo se lle considere como ecolóxico debe cumprir tres requisitos:





• Estar fabricado nunha factoría certificada ISO 14001, emitido por un organismo de certificación independiente (Organización Internacional da Normalización) o que leva a constatar o progreso levado na construción do veículo para conseguir disminuir o impacto ambiental.






• Que as emisións de CO2 sexan inferiores a 140 gr/km ou que funcione con bio-combustibles.



• Que, ó menos, un 5% das materias plásticas dun veículo proveñan da reciclaxe e que na súa construción un 95% da masa do veículo poda ser reutilizable para a fabricación doutros veículos segundo os obxectivos fixados pola directiva da Cominidade Europea nº 2000/53, de 18/09/2002, relativa ós veículos fora de uso. En España, de acordo co Real Decreto 1383/2002, o usuario, se se decide a desfacerse do seu veículo, ten a responsabilidade de entregalo a un centro autorizado de tratamento (CAT) o nunha instalación de recepción.






Para alcanzar estes requisitos, estanse desenvolvendo diversas tecnoloxía se carburantes.



Tecnoloxía Downsizing



O obxectivo é reducir a cilindrada (en litros) dun coche e optimizar a súa potencia (en cabalos), conseguindo que o seu consumo sexa menor e polo tanto emita menos contaminantes. Actualmente, coches coma o Reanult Megane 1.5. dCi 105 CV consume 4.5 litros ós 100 kilómetros, o que equivale a unha emisión de CO2 de 120 gr/Km. No consumo de carburante por un coche e, polo tanto, o nivel de emisións de CO2 á atmósfera tamén intervén ox eito de condución do usuario, o seu mantemento mecánico, etc.






Biocombustibles







No caso do uso dos bio-combustibles (de orixe vexetal) temos o bioetanol e o bio-diesel, como principais alternativas ós combustibles de orixe fósil. Os carburantes derivados do petróleo emiten unha cantidade menor de CO2 á atmósfera que os carburantes desenvolvidos a partir de vexetais (ata un 6% menos). Sen embargo, na emisión total de CO2 á atmósfera dun veículo (que inclúe as fases de obtención-extración e refino-, transporte do petróleo e a propia utilización do veículo), gañan os bio-combustibles de orixe vexetal, xa que, segundo o principio “do pozo á roda”, á emisión de CO2 dos veículos con bio-combustibles a partir de vexetais, hai que restarlles a absorción do dióxido de carbono destes mesmos vexetais no proceso de fotosíntese. Anque claro está que os vexetais utilizados como combustible, duratne o seu crecemento, non logran absorber a mesma cantidade de CO2 que emiten cando son carburados por un veículo, polo que aquí, aínda teríamos unha fonte de contaminación considerable.



Pila de combustible de hidróxeno





A característica principal dunha pila de combustible é que, a diferenza dunha batería, non se agota nin é necesario recargala. A pila de combustible, nunha combustión fría, converte a enerxía química en enerxía eléctrica útil.




As pilas están compostas de dous electrodos separados por un electrolito xerando electricidade sempre que se lles provea dun combustible e osíxeno. Poden utilizar calquera combustible (os menos daniños son o etanol e o metanol) para obter hidróxeno puro-que non existe en forma pura na natureza-, anque esta obtención implica continuar emitindo CO2 e consecuentemente contaminación.



A opción máis idónea para a produción de hidróxeno e non contaminar, dentro dun veículo ou de xeito externo, sería conseguir o hidróxeno a partir do emprego de enerxías renovables sen carbono, é dicir, descompor o hidróxeno utilizando neste proceso enerxías como a fotovoltaica, eólica, hidráulica ou xeotérmica. En tanto non sexa así a produción de hidróxeno a partir de combustibles fósiles (95% da produción ó día de hoxe) continuaría emitindo á atmósfera gases de efecto invernadoiro como o CO2 e o monóxido de carbono.






Actualmente Renault traballa para desenvolver a Pila de Combustible, que podería crear un veículo que non excedera nas súas emisións de CO2 os 100 gramos por kilómetro. Os seus últimos esforzos consisten en conseguir un “sistema de reformado embarcado”, que multicarbura gasolina, gasoil, etanol, etc. Anque hai dificultades para lograr que a Pila de Combustible alcance a temperatura necesaria para traballar de xeito óptimo. A finais do 2004 lanzouse o proxecto "Respire" (Reducción de emisións cun sistema de pila e un reformador) en cooperación con outras empresas e organismos públicos.




Como podemos comprobar esta nova tecnoloxía, actualmente, non deixa de contaminar polo quen non poderíamos cualificala de ecolóxica.





Motores eléctricos híbridos





Ó día de hoxe desenvolvéronse motores eléctricos híbridos como o Opel Flextreme con propulsión E-Flex. Estes coches son capaces de circular ata 55 kilómetros con enerxía eléctrica acumulada nunha batería de litio que pode ser recargada desde un simple enchufe. Ademáis, para aumentar a súa autonomía, posúen un pequeno motor turbodiésel que recarga a batería conseguindo unha autonomía de 715 kilómetros. A propulsión do veículo xerada pola electricidade non produce emisións de gases contaminantes, anque, neste caso, para poder conseguir unha autonomía razonable, necesita do motor turbodiésel que sí contamina.




Segundo a compañía, este coche produciría unha contaminación por debaixo dos 40 gramos de CO2 por kilómetro, moi por debaixo doutros coches chamados ecolóxicos. Ademais esta tecnoloxía permite inserir no chasis do coche outros sistemas de propulsión como a pila de combustible, motores diesel ou motores movidos por bioetanol.





Tamén, Toyota, e o seu modelo Prius, desenvolveron un motor híbrido que utiliza unhas baterías e, neste caso, gasolina para recargar estas baterías durante a marcha. Nalgúns modelos tamén se aproveita a enerxía cinética do frenado para convertela en eléctrica.




Como explicamos, todos estes novos sistemas de propulsión aínda teñen unha significativa emisión de gases efecto invernadoiro, polo que, aínda contaminando menos, non poderíamos chamalos ecolóxicos, se entendemos “coches ecolóxicos”, como veículos que non emiten ningún gas contaminante á atmósfera. En consecuencia non é razonable utilizar expresións como “amigo do medio ambiente”, “verde”, “limpo”, “coche ecolóxico”, “natural” ou descricións semellantes usadas na publicidade de coches.




COCHE TOTALMENTE CON AUGA

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu quero un coche que non contamine, que se autorecargue por si mesmo con enerxías alternativas ecolóxicas de día e de noite, que non sexa ruidoso, que ande ben por onde teña e poda andar, e que non se avarie moito.