lunes, 15 de diciembre de 2008

CANDO CHEGUE ESE DÍA, por Mary Hermo.

Aquí vai o prometido, outro deses poemas, aclarar que ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, como ben sabedes publicar algo neste noso país é complicado, e que me costa moito subir aquí estes poemas pois son moi modestos e sen calidade.
Disfrutade destes instantes poéticos.
Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.


Cando chegue ese día,
soarán as campanas,
serei un corazón
envolto en chamas,
libre coma o vento.
Agárrame forte a man,
eso tamén.
Cando chegue ese día,
os teus rezos
as miñas palabras no teu alento,
serán sentimentos.
Cando chegue ese día,
no haberá dor nin agonía,
mudarei a miña tristeza
polo mar, polo sol, polo vento
que aniñaron no meu corazón
que nun mundo encantado viviu,
nostálxico estará o ceo,
e as estrelas,
cando xa non me vexan,
a miña alma entre velos,
pero sen dor,
Cando chegue ese día
serei aroma da flor,
a luz serea dunha vela.
Cando chegue ese día,
serei a artesán
que te fará sentir
que no estarei tan lonxana
por que podo renacer
preto de ti… cada mañan.
Cando chegue ese día.

Mary Hermo.

4 comentarios:

  1. Coño, non sabía eu que Mary escribise poemas, si parece unha tia seria, pero xa se ve que as apariencias engañan moito.
    Enhorabuena, gustame.

    ResponderEliminar
  2. Eu non sabía si era o meu ordenador ou o blog, pero esto leva funcionando fatal todo o dia.

    Mary, a min tamén me gusta moito o que escribes pero hoxe púxome un pouco triste de mais.
    Espero de todo corazón que "ese día" chegue o mais tarde posible.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Desculpade o mal funcionamento do blog foi un erro alleo ó blog, pero temos un experto en informática (O Sr. Vilas) que o solucionou nun instante.

    Espero segades mirando o blog como de costume e sigades comentando e escribindo para que sega medrando.

    Saúdos a todos.

    ResponderEliminar
  4. ¿E o Sr Vilas, quen ven sendo?

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.