martes, 30 de diciembre de 2008

PARA O VINDEIRO ANO DESEXAMOSVOS.

DESEXOS PARA TODOS VÓS PARA O VINDEIRO ANO


  • Que as verdadeiras amistades continúen eternas e teñan sempre un lugar especial nos nosos corazóns.
  • Que as bagoas sexan poucas e compartidas.
  • Que as ledicias estean sempre presentes e sexan festexadas por todos.
  • Que o cariño este presente nun simple hola, ou en calquera outra frase...
  • Que os corazóns estean sempre abertos para novas amistades...
  • Que as cousas pequenas como a envexa, o odio... sexan observadas e paradas no momento do seu nacemento.
  • Que aquel que precise axuda atope sempre en nós a reconfortante verba amiga.
  • Que o perdón e a comprensión superen as amarguras e as desavenencias.
  • Que este, o noso pequeno mundo sexa cada vez mais humano.
  • Que todo o que SOÑAMOS, IMAXINAMOS E INTUIMOS se transformen en realidades.
  • Que o amor por os demais sexa a nosa meta absoluta.
  • Que a nosa larga xornada dos próximos 365 días este chea de cousas boas.
Agora pedide vós desexos, e utilizade os comentarios para facelo e incluso para darlle vida ó caderno este, que xa dicía eu que eu son moi seria, e que por iso sempre vou de negro como dicía Loquillo.
Disfrutade as poucas horas que lle quedan a este 2008, que logo xa ven outro, eu espero chegar ó 2069 que será un ano moi pero que moi erótico e iso sempre gusta, a que vós gusta que sexa un ano erótico, tamén o pode ser este que esta á portiña xa petando, abridelle.

7 comentarios:

  1. Eu espero que o mellor deste ano sexa o peor do ano que entra, eso espero para todo o mundo, para os amigos e non tan amigos.

    ResponderEliminar
  2. Eu espero que me toque a loteria, sinon non sei como ei sair desta.

    ResponderEliminar
  3. solo falta repetir detras de cada una te pedimos señor y ya sabremos donde estamos

    ResponderEliminar
  4. Virgencita, virgencita que me quede como estoy.

    ResponderEliminar
  5. Para ir abrindo boca a euromillons con bote, de segundo un home xeitoso con moitos atributos, e de postre un amante para os días que o home lle toque descanso.

    ResponderEliminar
  6. ¿Que te quedes virgencita?? ¿¿A tu edad???

    ResponderEliminar
  7. Eu deseo vivir coma un cepillo de dentes: con moita pasta, un bo mango e que me cepillen 3 veces ao día.

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.