viernes, 19 de diciembre de 2008

XA CHEGOU A NOITE, por Mary Hermo.

Aquí vai outro deses poemas, ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, é complicado deixar que leades estes versos que tan só son sentimentos desta bohemia que na súa timidez e no máis adentro agocha versos a un vento que azota nese lugar recóndito do máis adentro, son sinxelos e modestos, tan só vos pido a vosa opinión ó respecto, non debería poñer moitos máis pois senón xa non serán inéditos, espero que o saibades entender.


Disfrutade destes instantes poéticos.


Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.


Xa chegou a noite,

xa estás durmido,

síntote, si, sinto,

o teu latido,

a túa respiración,

esa dozura do teu corazón

que fai que eu viva.

Cantos sentimentos

se me achegan,

a escondidas

e que en min se quedan

cando estas durmido,

ámote tanto,

que non sei que daría

por un amor

algo máis pausado e tranquilo,

É a túa mirada,

o teu sorriso,

non o sei,

pero estas aló,

aló dentro

na miña alma,

e agora a escuras,

dígote

o que non te diría de día.

Mary Hermo.

3 comentarios:

  1. Sabía das túas poesías no instituto, pero non tiña notiçias de que seghuiras hoxe en día profundiçando neste fermoso mundo da poesía.
    Oghallá os teus desexos se cumpran dalghunha maneira e espero o mellor para ti.
    Bicos,

    Ramón

    ResponderEliminar
  2. Acabo de mirar o blog e vexo a tua poesía pulicada.
    por unha parte entendo, Mary, que non queiras poñer mási, porque mostran unha parte moi intima e ás veces non comprendida, peo decirte que ó meu parecer teñen moita calidade, tanto en redacción como no que expresan.
    sigue así,,,, un bico

    ResponderEliminar
  3. Noraboa polos poemas, Mary!
    É necesaria unha non pequena dose de valentía para publicar esta temática. Independentemente do contido, escribir poemas sempre me pareceu moi difícil.

    ResponderEliminar

...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.