Aquí vai outro deses poemas, ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, é complicado deixar que leades estes versos que tan só son sentimentos desta bohemia que na súa timidez e no máis adentro agocha versos a un vento que azota nese lugar recóndito do máis adentro, son sinxelos e modestos, tan só vos pido a vosa opinión ó respecto, non debería poñer moitos máis pois senón xa non serán inéditos, espero que o saibades entender.
Disfrutade destes instantes poéticos.
Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.
Xa chegou a noite,
xa estás durmido,
síntote, si, sinto,
o teu latido,
a túa respiración,
esa dozura do teu corazón
que fai que eu viva.
Cantos sentimentos
se me achegan,
a escondidas
e que en min se quedan
cando estas durmido,
ámote tanto,
que non sei que daría
por un amor
algo máis pausado e tranquilo,
É a túa mirada,
o teu sorriso,
non o sei,
pero estas aló,
aló dentro
na miña alma,
e agora a escuras,
dígote
o que non te diría de día.
Mary Hermo.
Sabía das túas poesías no instituto, pero non tiña notiçias de que seghuiras hoxe en día profundiçando neste fermoso mundo da poesía.
ResponderEliminarOghallá os teus desexos se cumpran dalghunha maneira e espero o mellor para ti.
Bicos,
Ramón
Acabo de mirar o blog e vexo a tua poesía pulicada.
ResponderEliminarpor unha parte entendo, Mary, que non queiras poñer mási, porque mostran unha parte moi intima e ás veces non comprendida, peo decirte que ó meu parecer teñen moita calidade, tanto en redacción como no que expresan.
sigue así,,,, un bico
Noraboa polos poemas, Mary!
ResponderEliminarÉ necesaria unha non pequena dose de valentía para publicar esta temática. Independentemente do contido, escribir poemas sempre me pareceu moi difícil.