Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
domingo, 21 de febrero de 2010
MIRADA DE AUGA, por Bir demet yasemen
Non se morreu o desexo,
o desexo que eu sinto por ti.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo está aquí,
non se acabará así.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo é máis forte,
fai a soas o seu camiño
Por máis que me lamente, sen meu desexo
non sinto nin voz nin espera,
por máis que me alexe sen meu desexo
saio de mín gritándoche.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo está aquí
como o sol sae pola mañan.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo é terco,
vai trenzando o seu camiño.
Por máis que me lamente, sen meu desexo
nin sinto nin voz nin espera,
por máis que me alexe sen meu desexo
saio de mín gritándoche.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo está aquí,
non se acabará así.
Non fai nada chorar,
non fai nada morrer,
o desexo é máis forte,
fai a soas o seu camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.