Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
domingo, 30 de mayo de 2010
AS RAPAZAS DE FLORES, por Victor Aneiros Band
No barrio das Flores
ollos doces, moños de seda
que lles liban as nádegas
nun bate-las ás de bolboreta.
E se as miran nas pupilas
elas apertan as pernas
co medo de que o sexo
lles caia na verea.
As rapazas de Flores
pasean do brazo
e así se transmiten
o seu estremecemento.
E pola noite
das teimas van a remolque
ós homes que as sufocan
e quixeran repeler.
E pola tarde penden os peitos
sen madurar dos balcóns
e os vestidos empurpúranse
sentíndose espidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.