Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
domingo, 13 de junio de 2010
LABRADOR, por Pepita Novoa. Blog Flor do Toxo
Son un pobre campesiño
honrado, labrego eu son
e teño como destiño
de compañeiro un legón.
No inverno móllame a chuvia
chamúscame os sol en Agosto
pasarei tódala vida
tripando terróns cos zocos.
Cando o día está a espertar
e o luceiro ainda alumea,
dun pulo chouto do leito
e vístome moi lixeiro.
Boto unha xarapelada
de auga pola faciana,
como un panciño de millo,
de caña, tomo un groliño.
Xungo os bois, voume pra arada
a cumprir cos meus deberes,
coa incertidume de sempre
se colleitarei boa anada.
As pingas da miña suor
a terra danlle lentura,
vou sementando nos sucos
soidades e amarguras.
Teño as costas eslombadas
dobregadas sobre os regos,
polo longo das xornadas,
polo duro dos trafegos.
As maus teño encalecidas
de apreixar forte na eixada,
vivo entre esterco e miseria
nunha casa pobre e honrada.
Tódolos días do ano
traballo sen descansar,
con chuvia, vento ou calor
xunguido sempre a gadaña.
Mudo os zocos e a camisa,
para por un traxe novo
cando hai enterro no pobo,
para ir a festa ou a misa.
Xa alumean as estrelas
cando me deito na cama,
con arrecendos de terra,
de toxos, fentos e palla.
Sen poder pecha-los ollos
de tristura e mágoas cheo,
esnicrado de alma e corpo
laiándome estou o ceo.
¡ Que moura é esta miña vida!
¡Que mezquiño o meu destino!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
...
LEMBRASE A TODO/A USUARIO/A QUE AQUEL COMENTARIO QUE POIDA FERIR A SENSIBILIDADE DE OUTRA PERSOA, SERÁ ELIMINADO DO BLOG.