lunes, 24 de abril de 2017

A FRONTEIRA, por Ramon Lainho


 


Imperçeptible fronteira da levedade do ser, 
 
que vives máis alá da materia,

sen que os meus ollos che podan ver.

Con nós, conviven outras liñas menos lonxanas, 
 
non por eso insignificantes, nin máis fáçiles de traspasar.

Toda unha existençia tanxible e densa,

que sen dúbida, nos pareçe única e verdadeira.

Por veçes, a vida ofreçe sutiles momentos,

façéndonos perçibir o seu canto como un soño irreal. 
 
Alá se ven, pero non se tocan, as fronteiras da saúde, a fortuna e o amor.

Historia dunha búsqueda incansable á que toda alma consçiente aspira.

Esas pretensións ao unísono, talvés non se podan alcançar.

Quiçais, a meta final habite no ser trasçendente.


Entidade oculta, sempre latente, que non se palpa, mais presíntese.

Son hóspedes deste alento, fértiles fronteiras humanas.

Ao son das ondas, dançan os sentimentos e as lembranças.

Mudan coa direcçión do vento, os pensamentos e as entelequias. 
 
Unidos polo amor, viven nese estado do sentir, 
 
a un paso do odio e a carraxe.

Civilizaçións desapareçidas, mundos por construír.

Desventurados, caídos en desghraçia na arredada frialdade.

Anxos sublimados e idolatrados, en acolledora doçura.

Unha liña sutil que separa o ben do mal,

das vivençias do plano físico, en diferentes realidades.

Xorde a nostalxia por revivir. En breve, tórnase esforço por esquençer.

Fronteira de loghros e arrepentimentos. Da liberdade e a prisión.


Convive a limpeça e a mancha. Hai pureça e perversión.

Entre a raiana separaçión da lus e a escuridade,

flúe unha extensa e múltiple escala de cores.

Circundan en órbita os elementos,

planetas, sistemas, ghalaxias e universos,

de distinta natureça e condiçión.

Viaxan no real e no soñado, a brutalidade e a delicadeça.

Cruça no ceo o brillante e o tétrico. Rodea o cálido e o frío.

Paso de arcanas formas de vida. Envolturas de variadas apariençias.

¡Como se moven as fighuras, imbuídas e animadas por diversos niveis de conciençia!

Desde aquí, podo contemplar a fealdade e a fermosura na distançia. 

Podo ver a escritura no papel, elevada á dimensión virtual.

Traço separador entre a inxustiça e a dignidade, tantas veçes crebado.


Efímera estadía da feliçidade que nos rouban en vida, 

e se trunca nun abrir e pechar de ollos.

¡Qué cruel e fráxil existençia, a un paso da despedida final!

¿Acaso "dormen" as pedras? ¿Acaso "soñan" os vexetais e, se "axitan" os inxenuos animais? ¿Será verdade que o home “pensa”?

Aquel coraçón inoçente, aturdido pola confusión dos problemas, sofre a causa da incomprensión humana.

Invade o masculino ao feminino, aporta o exterior ao interior. 
 
Desde as súas entrañas, xéstase no invadido, a creaçión para formar o creado.

Ese algho individual e único, está listo para naçer. Dáse paso ao naçido.

Todo un lonco recorrido que desde o pasado, visita o presente e divisa o futuro.

Un presentimento estrano susúrrache: “naveghante”, na noite olvidada.

Transformándote nun “náufragho”, que errante vas no despertar da madrughada.
 
¡Agghh! ¡Retírate de min, fronteira do desamparo e da tristura!

Déixame traspasar a entrada da milaghre e a esperança.

¡Non te faghas de roghar! 

Dáme paso para volver a entrar no que nunca debín abandoar.