miércoles, 7 de marzo de 2018

O GHRUPO DOS TRINTETRÉS. QUINTA PARTE, por Ramon Lainho


Vista do Rueiro de Baixo.
 


Hai que ter en conta, que o camiño sacramental non é por aquí, senón que vai cara ao sur (desde a casa de Piñeiro) para cheghar á ighrexa de Nebra. O ghrupo dos trintetrés amighos, foron polo camiño sacramental que hoxe corresponde coa pista prinçipal asfaltada.



Por curiosidade, imos inspecçionar este Rueiro de Baixo. Nel, constan as seghuintes casas: Juanita de Torón, outra de Torón (hoxe do canario), a do Coxo, a de Xan Ramón que se coneçe tamén como de Alcalde (hoxe do avoghado madrileño), a de Firme, a de Ventoso, a de Feliçiano, a de Carballal (tamén coneçida como a de Pepa da Marica ou do Marico, nativa de Cures-Boiro) que está máis distançiada deste núcleo. E por último, unha casa nova, a da Suísa, aínda máis alonxada. 

Baixamos por este camiño. 



Leira de millo xa "esfollado" ahí, para o cal sácanlle os follatos que envolven a espigha ou maçaroca. Ou se cadra "escasulado" (espigha cos follatos que a rodean, denominado "casulo"), para esfollalo na casa.

Calquera destas fases, ten como fin, metelas espighas ou maçarocas, no hórreo.



A casa de pedra é de Juanita "de Torón". A branca estremeira, tamén é de Torón, mais hoxe propiedade de "o canario". Seghuramente unha persoa nativa das illas Canarias que a comprou. Vemos tamén, un hórreo a man esquerda por debaixo da casa branca que, posiblemente sexa dalghunha destas dúas casas de Torón. Hai postes de pedra a carón do muro, signo indiscutible de que había viñas por riba do camiño, antes de que este fora arranchado polo veçindario.



Baixada con escaleiras da corredoira que vai dar a unha parte do Rueiro de Baixo.


Desde a corredoira, vista de hórreo, penso que de "Xan Ramón" = "Alcalde" (hoxe de avoghado madrileño). E detrás do hórreo, casa "do Coxo".



Na corredoira, de fronte, pinche de casa de pedra con tella do país e xanela verde. Pertençía a "Xan Ramón=Alcalde" (hoxe "do avoghado madrileño")



Pinche da casa branca, dos "de Firme". E na esquerda, casa "de Ventoso".



A ésquerda, casa "de Feliçiano". Na estrema dereita, casa "de Ventoso"



Tramo final da corredoira



A man dereita, divisamos máis de perto / de preto por riba do muro, a fachada e parte do pinche sur, da casa  de "Firme".



Desde o alto, ghrupo das tres casas das que falamos anteriormente.



A branca, casa  de "Firme", que ten o pinche noreste cara a nós, con tellado de fibroçemento e dúas xanelas brancas.



Casa de pedra, con tellado do país e dúas xanelas de cor verde. Antes era tamén de Alcalde=Xan Ramón, e hoxe do "avoghado de Madrid" que a mercou e restaurou.



Hórreo de Alcalde=Xan Ramón (hoxe de "avoghado madrileño"), por riba da casa do Coxo



Casa "do Coxo"



Hórreo do Coxo, no que o pinche norde encara coa Fonte "do Xerro"



Hórreo de Otero



Escaleira que vai ao lavadeiro da "Fonte do Xerro"



A "Fonte do Xerro", con dous "pichos ou caños", botando=deitando aghua.



O "Muíño da Laxa"



Presa da aghua ou, tamén chamada presa do muíño. Conduçe a aghua ao interior da propia construcçión, chamado "cubo do muíño". Esta, cae no reduçio para façer andar as "penas" (espeçie de culleres de madeira) que moven o pé e a capa, coa fin de moer o millo.



Distintas perspectivas do muíño, e horta con frutais, que posiblemente antes foi unha braña (terreo moi húmido) para apañar herba e acomerar os animais.



Pousa situada á esquerda da porta. É unha pedra que sae horiçontalmente da parede e serve de apoio aos sacos de millo cando se entra, mentres se abre a porta. E tamén, na saída co saco de fariña, cando se pecha a porta.) A porta é de madeira, pareçe que en bo estado.



Peche con varas, máis ben unha sebe, con entrada (varas que se quitan e poñen) na parte frontal.



Subimos e, imos desandando o andado. Leira de millo, unha parte dela apañada e outra, pareçe que aínda ten espighas ou maçarocas. Cançela con "dous metálicos das camas". Un espantallo a man dereita, dunha funda açul de obreiro e unha ghorra. No arró=arredor do fondo da leira, pasamáns de paus en vertical e horiçontal, semellando acompañar unha escaleira de pedra ou, escañada na propia terra.



Portal de aluminio ou latón.



Hórreo do Coxo, visto desde baixo e, cuberto.



Horta con vimbieiros, nentellas, frutais etç.



Entrada con portal, ao cuberto anterior. 




Seghuimos o camiño da aldea, tendo a man dereita a parede de pedra do cuberto do Coxo.



Ollada atrás / Regardant en arriére / Derriére moi / Behind me / To my back



Adiante / En avant / Forward
Retomamos o sentido de avançe. Pinche de hórreo, pertençente á casa de Xan Ramón=Alcalde.



Maçeteiros, rodapés e buçón de correo, da casa do Coxo. Porta castaña ao fondo, de bodegha desta mesma casa e, o seu atento can.



O mesmo can, temeroso, prudente e paçífico, ao verme como un estrano por un camiño público. 



Espeçie de casarello ou, se cadra cuberto baixo, en fronte da casa mençionada anteriormente. 



Ollamos para atrás / Regarder en arriére / Look back.
Casa do Coxo, co seu cançiño á beira da porta. 

 


Casarello anterior e,



espeçie de cuberto, alpendre, alboio, pendello que está debaixo do hórreo, xusto en fronte da casa do Coxo. Ou se cadra, pudera ser unha bodegha.
 
 


Hórreo de Xan Ramón, tamén coneçido como Alcalde. Pasou a mans dun avoghado madrileño, que tamén lle comprou a casa.



Adiante / En avant / Forward
Ramal á esquerda / Branche sur la gauche / Branch on the left:

Camiño de terra, onde a man esquerda, vemos un tipo de cuberto=alboio=alpendre=pendello e parte da casa dos de Firme. A uns metros, empatamos co camiño prinçipal cementado.



Este cuberto está aberto na entrada, con vighas e pontóns de madeira. Façendo de marco da porta, están os machóns=canteiros=ucheiras e a cubriçión, todas de pedra. Logho, vense entre os dous primeiros postes de pedra que aghuantan da viña, tres chantas de pedra façendo de muro. Ghiueiros da viña, con varas etç. 



Ollada atrás / Regardier en arriére / Look back



Adiante / En avant / Forward
Rematamos o recorrido deste ramal e, / Nous avons terminé la route de la branche et, / We finish the route of this branch and,
 


vemos ao fondo o camiño prinçipal cementado que traemos desde un prinçipio, ao entrar na aldea  / nous voyons l´arriére-plan la route principale cimentée que nous apportons depuis le début / we see the background the cemented main road that we bring from the beginning.



En fronte do ramal da esquerda visto antes / Devant la branche á gauche vu avant / In front of the branch on the left seen before.

Porta de madeira de construcçión anexa e casa de pedra, ámbalas dúas orixinalmente de Alcalde=Xan Ramón. Hoxe, todas elas restauradas e propiedade doutro novo dono, definíndoa como a casa do "avoghado madrileño". Na outra banda, a man esquerda, casa dos "de Firme", con dúas xanelas brancas.



Xa, case no remate desta casa de pedra, viramos a esquina.



E, atopamos un gharaxe aberto, con vighas de madeira. Pertençente ata hai pouco, a Xan Ramón=Alcalde. Hoxe, seghuramente propiedade do avoghado madrileño. Máis que nada, por ser adxaçente á casa que lle mercou este novo viçiño a aquel. Despois, foron restauradas ámbalas dúas construcçións.



Porta de madeira para entrada á casa. Machóns=canteiros=ucheiras (columnas laterais), cubriçión (cobertura) e soleira (base), todo de pedra que enmarca a porta.



Continuamos adiante. Parede circular dos "de Ventoso". Non ten esquinas, típica de moitas aldeas e lughares para poder viraren orixinalmente os carros de vacas ou doutros animais. Hoxe, para os vehículos de motor. Ten semellança cos castros, de vivendas circulares.



Portal de entrada e saída, alternativo de Ventoso.



Á esquerda, portal de entrada e saída, da casa de Firme. 



Ao fondo, portal de entrada e saída, alternativo de Feliçiano.



Tramo final do Rueiro de Baixo. Pinche sur da casa dos "de Ventoso", co hórreo ao lado.



Hórreo de Ventoso 
 


Casa "dos de Feliçiano" con xanela branca, compartindo patio con Ventoso. Hórreo á esquerda de Ventoso. Hórreo á dereita de Feliçiano.



Hórreo de Feliçiano



Avançando / Avancer / Going forward



Casa do Carballal (onde casara a defunta de Pepa do Marico, de Cures), vista desde a saída do Rueiro de Baixo. 
 


Peche con postes de pedra e alambrada, dunha leira de millo, xa esfollada. Pequeno muriño no lateral e portal de latón na entrada á leira.



A casa de cantería, con tellado novo do país (modelo atlántico), visto máis de preto / perto. Postes de pedra e alghúns estribos tamén, formando o cerre ou peche de arame.



Dous pés de laghar, posiblemente de dúas bodeghas. Tamén, varios postes de pedra e alghún cacho deles.



 


O pé, pode definirse como sostén ou contrapeso do fuso. Como se ve, ten forma de cono sen vértiçe superior. Suxéitase ao fuso por medio dun madeiro (de carballo ou, de castiñeiro), axustado no corredor labrado na pedra, e cos seus pasadores de ferro.



Vista do pinche e fachada norde da casa. Portal metálico de entrada ao patio, e pinche norde de construcçión adxaçente, posiblemente un cuberto. 



Casa do Carballal (nela viveu Pepa da Marica ou, do Marico, de Cures-Boiro). Vista desde a entrada sur, vindo de Nebra.




Perspectiva desde o leste. 


Volvemos por onde viñemos / Nous revenons d´oú nous venons / We go back where we came from.



De volta, desandando o camiño para o Rueiro de Baixo. / Retour, retracer le chemin vers la rue Rueiro de Baixo / Back, retracing the way onto the street Rueiro de Baixo.


Hórreo, do que desconoço a súa pertença.



Na curva, coa parede á dereita da casa dos de Ventoso.



Saímos da aldea polo camiño prinçipal / Départ le village par la route principale / Leaving the principal village way




De novo, o hórreo da casa "do Coxo"



Seghuimos subindo.



Hórreo de Otero



Postes de pedra, indicando que aquí non hai moitos anos, había unha viña a carón do camiño, ou senón, por riba del. Vese que tamén estaba moi perto / preto da fonte do Xerro e do lavadeiro do mesmo nome. Se cadra, por riba desa fonte e do lavadeiro.



Continuamos para riba.



Novas perspectivas das casas, hórreos, cubertos etç., que fomos vendo antes.



Cheghando á casa de Torón (hoxe de "O canario"), que está pintada de branco e, ten o tellado de fibroçemento. Hai unha casa pequena, á esquerda que está de estremeira, coneçida como a de Juanita de Torón. 
 



Casa de Torón, cun cançelo de cor neghro e,



outro cançelo de cor verde.



A porta de madeira de dobre folla, de cor verde, arriba no camiño, penso que xa é da defunta da señora Juanita de Torón. Anque ten a entrada prinçipal por riba. Estas dúas casas eran da mesma familia. (A señora Juanita de Torón, vivía soa e ao enfermar, levárona para coidar uns familiares de Pomar do Río-Cures, onde faleçeu. En concreto, o familiar directo era a muller do defunto de Antonio de Arribóns. Viñera de Mosquete, onde casara anteriormente unha irmán ou irmá de Juanita, ou se cadra un tío ou tía.)



Proseghuimos a marcha asçendente.



Parte da horta de Otero, xa no Rueiro de Riba.



Xa se ve ao fondo, a casa de Piñeiro, tamén no Rueiro de Riba. Poste de pedra, a man dereita, onde había viña sobor o camiño.



Panorámica de terra de cultivo (leira de millo, con parte dos pés de millo cortados e levados para a casa. A outra parte, xa esfollada na propia finca). Casa do Carballal máis abaixo, e ría de Muros-Noia ao fondo.



Desaghüe artesanal no propio muro e, ghradisela de rexistro das aghuas de escorrentía.



Tramo final do camiño, e casa de Piñeiro, pertençente xa ao outro Rueiro.



Empatamos e encarreiramos co camiño sacramental, polo que iban as xentes para baixar a Nebra. Neste caso, por el pasaron o ghrupo dos trintetrés amighos para a festa de Santa Rita, do 22 de maio de 1940 ou, 1941.



Outra alternativa, ou vía de acçeso das xentes deste lughar do Rueiro de Baixo, para subir ao Rueiro de Riba.



É a corredoira que começa, pasada a casa de Firme polo lado esquerdo, e pola banda dereita, a de Ventoso, xunto coa de Feliçiano.



Imos entrando na corredoira, desde o momento en que se estreita o camiño entre os muros.



Casa dos de Firme, na banda esquerda.



No alto, casa de Torón (hoxe "do canario")




Cheghando á metade do recorrido da corredoira.




Escaleiras na fase final. Postes de pedra altos e alghún chantón de madeira que, aghuantan, sosteñen, ¿terman? dunha viña. Esta, é totalmente de madeira, con ghuieiros de poste a poste, en sentido transversal. Tamén ten ghuieiros ou, se cadra varas ghordas polas rilleiras laterais (bandas laterais), en sentido lonxitudinal, de poste a poste. E tódalas travesas, tamén son variñas delghadas e redondiñas.



Poste tumbado ao pé das escaleiras. 



Conectamos co camiño prinçipal e, desde aquí subindo,



empatamos co camiño sacramental que nos leva a Nebra, tal como levou aos trintetrés moços protaghonistas desta aventura.