viernes, 6 de octubre de 2017

CARBALLO ESPIRITUAL, por Ramon Lainho




Carballo de ponlas estendidas, como braços ao ceo,

que nos falas desde os teus adentros, cun son profundo e milenario.

Véxoche na mirada dos meus ollos.

Tal fora un lóstregho, síntoche no coraçón.

Oio o susurro do teu ser. Ao instante, perçíboche no meu interior.

Habitante encantado de lento creçemento,

pero de cerna dura como un templo.

Os teus irmáns de corpo furado,

lembran esquençidos refuxios solitarios.

Por sempre omnisçiente e secreto.

Ighual que aquel maduro e apaçible ocaso,

dun atardeçer de verán, entre finas nubes de alghodón.


Aleghres paxaros e animais, buscan ese foghar querido,

para façer no teu reghaço, os seus humildes niños.

En ti, acolles unha frondosidade de fermosa estampa,

animada por vida fructífera e marabillosa.

Anhelos son de amor cando se lembra,

a quen naçe libre das propias entrañas da terra.

Moldeado polas "idades" da paisaxe e o clima,

levas un vestido de cor sombría e maxestuosa.

Meu fiel compañeiro da penumbra e a frescura,

que reservas sabiduría latente de existençias pasadas.

Por entre a túa follaxe, atravesan os raios do sol e a lúa.


Con ela xoghan as luçes e as sombras, creando diferentes formas.

Xa caen as alandras, froitos camuflados da túa procura,

coas que os antepasados, extraían fariña para façer o pan.

Hoxe, tal coma onte, cómenas os porquiños e,

outras criaturas sobre o chan.

¿Lémbraste? Ca túa madeira compacta e resistente, 
 
relevo do castiñeiro, construíase a carpintería da casa.

Tamén outros variados enseres, como as perfias,

e alghunha peça do carro.

¡Qué ben ardían as hachas, quentando a pota da caña!

¡Qué tanto rendías e quençías na lareira e, na coçiña de ferro!

  
Hai que ver como muda a túa apariençia, 
 
a seu paso por este mundo.

Cando novo, de reluçente tronco prateado, 
 
e de maior, ghris acastañado.

Aghora contemplo os crochos. 
 
Esas bólas redondas, de ton pardo apaghado.

Sei que algho se esconde no seu interior. 
 
Nelas, críanse as moscas e outros insectos.

Amigho. Vés dun tempo antigho,

onde os sabios elaboraban remedios máxicos.

Debaixo da túa sombra, en harmonía co teu espírito,


o pobo deçidía o ben común e seu futuro.

¡Ai, carballeira derramada e sacrificada pola man do home!

¡Tan esquençida quedastes no sentir da xente!

Pero eu, sempre che teño presente, coraçón remoto.

De latexo encuberto, evocador dun universo transçendente e vivo.

Todo un bosque enfeitiçado, de condiçión misteriosa e nobre.

Contigho non naçe a maleça. Contigho non é posible o desorde.

Hai tanto arte en ti. Hai tanta pureça.

Tal fora aquel xardín primixenio e virxinal.

Se souberas canto che quero. Se souberas canto che adoro, non me creerías.

Árbore saghrada que desçendentes á terra, para ser altar de comunión divina.