miércoles, 8 de octubre de 2008

A CIDADE ÓS SEUS PÉS.


Aquí temos a dous pipiolos lucindo as súas flamantes camisetas mercadas en Deportes González alá polos principios dos anos 80.

Non fai faltas nin decir que o acertixo consiste en saber quenes son e que o gañador levará un billete para viaxar á cidade que teñen ós seus pés, claro que tamén hai que acertar a cidade que é.
Tamén tendes que acertar quen é o outro pipiolo que está cantando do video-clip que poñemos abaixo.
Moita sorte.


martes, 7 de octubre de 2008

EXPOSICIÓNS






De esquerda a dereita o Alcalde que xestionou a apertura do IES-Francisco López,o Alcalde actual (profesor do IES)-Xosé Deira, Rodrigo Rey (Cabeza pensante de todo isto e único profesor do IES no seu 1º ano que continúa alí ) e o presidente do Centro Cultural Deportivo de Boiro, Manuel López.


Dende Hoxe e ata fin de mes estará aberta ó público a exposición
CREADORES DO IES PRAIA DE BARRAÑA onde diversos artistas expoñerán as súas obras.
A exposición terá lugar en catro locais:
-CENTRO CULTURAL DEPORTIVO de BOIRO- EXPOSICIÓN DE PINTURA DE XOVES ARTISTAS DE BOIRO-ALUMNADO e EX-ALUMNADO DO IES.



-CONCELLO DE BOIRO-EXPOSICIÓN DE ESCULTURA DO ARTISTA PIQUICO, EX-PROFESOR DO IES.


-TALLER O FAIADO 2- EXPOSICIÓN DE DEBUXOS DE COMIC DE MARIO LÓPEZ E BRAIS RODRIGUEZ- EX ALUMNOS DO IES.


-IES PRAIA DE BARRAÑA- EXPOSICIÓN DE PINTURA DE FRAN BLANCO E RODRIGO CHAO- PROFESOR E EX-ALUMNO DO IES.



CONTAMOS COA VOSA ASISTENCIA
Para rematar un pouco de música.
Oscar á mellor canción no ano de inauguración do IES.









lunes, 6 de octubre de 2008

PROBE MIGUÉ

En América cando os rapaces son pequenos, os seus proxenitores sempre lle din dúas cousas para poder preservar a súa integridade, a primeira é : NUNCA FALES CON EXTRAÑOS.


¿Lembrades este home?

Tamén cambiou bastante, pero no seu caso, ademáis da idade, tamén houbo outras circunstancias que o fixeron cambiar física e psiquicamente.






Era o principio dos anos 70 cando das mans de Eddie Holland, Brian Holland e Lavon Dozier saltaban á fama con un grupo que era unha imitación de Frankie Lymon and the Teenagers, a discográfica de Detroit, Tamla Motown, volvía pola senda do éxito, senda que nunca deixara de todo, xa uqe tivo sempre grandes nomes coma Smokie Robinson, As Supremes, Stevie Wonder, Marvin Gaye (asasinado polo seu pai), Martha Reeves and the Vandellas, The Temptations, etc, etc.
Éxitos como I want you back, ABC, Ben ou Blame it on the Boogie, fixeron grande ós Jackson 5.



Chegaron os 80 e o pequeno Migueliño empezou a voar só, o seu album Thriller chegou a números insospeitados iniciando unha nova era na música pop, a era do videoclip, nese album destacaban cortes como o propio Thriller, Billie Jean ou The girl is mine, que se editaron como cara A dos vellos 45 rpm.



Con BAD, refrendou a súa figura de Nº 1 do pop, excelente cantante e bailarín, pasou ó cine cun filme para o seu lucemento Moonwalker, con excepcionais canción como Man in the mirror ou Dirty Diana, adicada á líder das Supremes.


Pero amigos, ahí empezou a costa abaixo, a súa obsesión por cambiar de color, comprobada co título de seu seguinte disco Black or White, xunto cos escándalos e acusacións de pederastia das que saiu sempre inocente, fixeron que saltase ós tabloides por todo menos pola música, e os anos 90 foron un tormento para o outrora rei do pop.


A emerxencia de novas figuras xunto co cambio de tendencias e as súas extravagancias, fixeron que pasara ó olvido e que pasase a ser un esperpento, unha sombra do que foi, casou coa filla do Rei, tentando estabilizar a súa vida, pero foi un sonoro fracaso.


Do vello Miguel, non queda nada, só o recordo do que foi, Norma Desmond loitando contra o tempo, din que vai volver, non sei, xa non pega, mellor deixalo no que foi, porque está claro que Calquera tempo pasado foi.....Anterior.


Quedamos co seu recordo, cos bós ratos que nos fixo pasar na pista do Baile de Outeiro naquel Guateque do 84, na Frama, en Disco 3,no Suki, na Golden e outros tantos sitios.


Miguel seguirá camiñando sobre a lúa nos nosos recordos, seguirá namorado platónicamente de Diana Ross, e seguiremos lembrando o seu Thriller que no 84 nos pareceu tan real, con unha transformación digna do filme Un home lobo américano en Londres, unha coreografía cadavérica, e un final inesperado.


Polo tanto, para os que tendes descendencia aplicádevos o discurso américano para soltarlle ós pequenos a segunda frase do dogma .



NON TOMEDES DROGAS.



Imos ver uns videos de este home,
ó que lle sairon imitadores por todas partes, tamén no vello instituto.




BILLIE JEAN







THRILLER





Moonwalk(pasos de baile)





BEAT IT






Espero que vos gustasen, porque neste caso nada será como foi.

domingo, 5 de octubre de 2008

XUSTO ENTRE OS OLLOS.

A verdade é que nos están enviando verdadeiras xoias, e para mostra aquí temos a cinco EX-Alumnos vestidos coas súas mellores galas para presentarse ante o mundo.


Parece que é moi fácil, pero hai que acertalos.


Non vos perdades a forma de levar as gafas de sol, xusto entre os ollos.








Mentras pensades quenes son estes cinco, mirade e escoitade un pouco de música



sábado, 4 de octubre de 2008

E VIN SIN ELA-Manolo Dieste






LEMBRO QUE TIVEMOS DUAS EXCURSIÓNS NO ANO PRECEDENTE Á UNIVERSIDADE. UNHA FOI A CABEZA DE MANZANEDA E OUTRA A TORREMOLINOS.
A DO PICO FOI EN FEBREIRO. SAIMOS MOI DE MAÑÁN, VIÑA XENTE QUE NON ERA DO INSTITUTO. RECORDO QUE PARAMOS NUN LUGAR
- TEDES MEDIA HORA
Á MEDIA HORA
-¿QUEN FALTA?
- FALTA UN.
CANDO XA ESTABAMOS PREOCUPADOS, AHÍ CHEGA O QUE FALTA. VIÑASE DE AFEITAR, ERA DE FORA DO INSTITUTO, PERO VECIÑO MEU.


ALÍ FOI CANDO ALGÚN DE NOS ESQUIAMOS POR PRIMEIRA VEZ, SI SE PODE CHAMAR ESQUÍAR, CASE TODOS BICABAMOS A NEVE MAIS QUE NOS SOSTIÑAMOS DE PÉ.


A OUTRA EXCURSION FOI A COSTA MEDITERRÁNEA NA SEMANA SANTA. FOI UN POUCO DISTINTA Á PRIMEIRA.

LEMBRO QUE ERA UN EXCURSIÓN ONDE VISITAMOS GRANADA; A FILLA DO DIRECTOR QUEDOUSE DORMIDA E SAIMOS UNHA HORA TARDE. PORQUE NON HABÍA XEITO DE DESPERTALA, CASE TEMOS QUE VOTAR A PORTA ABAIXO.


ESTIVEMOS EN CÓRDOBA. MÁLAGA, ¡QUE VIÑOS, QUE PESCAITO!,( O QUE O PROBOU) NA ALHAMBRA EN GRANADA.


AS DISCOTECAS ERAN MOI DISTINTAS ÁS NOSAS TIÑAN PISTAS QUE SE LEVANTABAN. MOTOS ANTIGUAS DENTRO,E INCLUSO ROUBABAN COUSAS. EU FUN CUNHA CAZADORA DE ANTE QUE ME REGALARA MIÑA NAI POR REYES E VIN SIN ELA.

MENTRAS TANTO NÓS BAILABAMOS MÚSICA COMO ESTA....
NA NEW PIPERS, CLARO ESTÁ.......





viernes, 3 de octubre de 2008

XA CHOVEU - Juanjo o Conserxe





Xa choveu,xa ventou, xa caeron boas treboadas,ata neve tivemos,desde que o I.B.Mixto de Boiro empezou a funcionar aló polo curso 83/84.
Xa vin pasar por aquí moitos profesores,alumnos,directores,secretarios,xefes de estudos,limpadoras,administrativos,conserxes, e ata vin a xubilación da primeira muller encargada da cafetería do centro,un bo saúdo e un recordo para Angelita, a que vendía os pitilliños soltos e sen que se desen conta os cargos directivos e profesores do centro,o primeiro extraperlo no instituto.
Eu xa estaba cando metemo-las mesas e sillas nas primeiras aulas que estaban rematadas,no último piso,mesas e sillas que trouxo un camión do concello doutros colexios do municipio.

Eu xa estaba cando non había biblioteca,sala de profesores,conserxería e apenas profesores.
Eu xa estaba cando tiven que facer as copias dos exames cunha multicopista de antes da guerra e que me manchaba máis a mín de tinta que ó rodillo que tiña que imprimi-las letras.
Eu xa estaba cando uns cantos alumnos (eles acordaránse ben),romperon as tapas das tazas dos wateres e as usaron para deslizarse pola carretera abaixo pola neve que caera e por certo un deles case que vai parar a debaixo dun coche que pasaba.
Eu xa estaba en todalas manifestacións e sentadas que fixemos,por falta de limpadoras,por non rematalas obras no seu tempo,por non ter materrial para as aulas,por facernos un anexo que metía auga por todo-los currunchos, po-lo prestige, polo aniversario do prestige, e algunhas máis que se fixeran neste tempo.
Eu xa estaba cando cachei a dous alumnos de noite e se me escapou o primeiro po-la fiestra pero ó segundo agarreino por un pe e non lle dou tempo a saltar (viñan de conseguir un exame no casilleiro dun profesor, e moito chorou o rapaz para que non dixese nada, sobre todo ó seu pai).
Eu xa estaba cando Jorge o de Rita, profesor de física me subía a bicicleta ata o laboratorio,na segunda planta,por que tiña medo que os alumnos lle fixesen algo nela e deixabame as rodeiras todas de lama polos pasillos adiante.
Eu xa estaba cando chegou un tal Manolo Anca para dar inglés cunha ghallardía enriba que deixaba ás alumnas abraiadas.
Xa estaba cando Rodrigo se subía no burro aló en Mijas,na excursión,pero daquela o burro estaba moi tranquiliño e con boa cara (que se suba agora Rodrigo no animal,veredes que cara lle queda co peso que ten que aguantar.).
Eu xa estaba cando o mismo profesor andivo tres cursos cunhas gafas de aviador de pasta rotas e amañadas con esparadrapo por todos lados.
Eu xa estaba cando un rapaz moi Perfecto traía as súas botas novas ca punteira de ferro e me rompía todo-los azulexos dos cuartos de baño.
Eu xa estaba cando algún alumno moi eclesiastico agora , chegaba na sua mobilete cos libros no porta-paquetes e se quería ligar á primeira administrativa que tivemos (Mari Carmen), xogaba ás cartas na cafetería de Angelita, sempre á escoba e me decía:voucho bailar, agora voucho bailar, referíndose ó sete velo.

Ou cando viña para a miña vivenda e me decía que lle puxese algunha película das que a él lle gustaban daquela (ó meu fillo máis vello,que era un cativo decíalle:tí tapa os ollos e non mires que aínda eres moi novo).

Eu xa estaba cando montei aquel equipo de futbol sala do I.B. e quedamos campións comarcales de centros en Rianxo.

Eu xa estaba cando o sr. Proupín, o primeiro director, se iba para o bar do Sheriff e o tiña que ir a buscar por que preguntaban por él.

Eu xa estaba cando Vicente o yanki abriu o bar A Xunta, frente ó centro e había que ir a busca-los rapaces para que viñeran ás clases.

Eu xa estaba cando algún que agora e empresario da hostelería me quería sobornar,xunto con outro que escribe moito neste blog, ofrecéndome cartons de winston de contrabando.

Eu xa estaba cando algúns alumnos e tamén algúns profesores nos foron deixando para sempre (un recordo moi emotivo para eles).

Eu xa estaba cando pasaron moitísimos alumnos e moítisimos profesores por este Instituto que agora cumple 25 anos.(saúdos cordiais para todos).

A verdade e que podería seguir así ata mañán pola mañán,pero eu penso que xa estaredes máis que fartos do EU XA ESTABA CANDO,só decir que sigo vendo cada curso ós novos alumnos,novos profesores,novos xefes de estudos, novos cargos directivos (algúns moi bós e outros non tanto,coma todos),por que eu sigo aquí, ó pe do cañón, e non son eterno como me poñedes no blog (que máis quixera eu), porque eu cheguei un día para abrir o INSTITUTO DE BACHILLERATO MIXTO DE BOIRO, case que sen barba e ca misma idade dos que viñan a facer COU daquela, e , espero, si Dios me da saúde, encontrarme aínda con moitas xeracións de alumnos no I.E.S. PRAIA DE BARRAÑA DE BOIRO.

Espero que participides nos actos e non só na cea, porque Rodrigo e a comisión de festexos están preparando boas exposicións,charlas de algúns profes coma o Sr.Blanco e J.Antonio Viña, exposicións de Xaquín e Pablo Porta, e moitas cousas máis nas que está traballando o incansable Rodri.

CONTO CON VÓS.

Vémonos na cea (que me parece un pouquiño cara, a ver Arturo si se molla un pouco pola causa), o día 17 de outubro.

Un saudiño para todos, pero ¡XA CHOVEU!

Juanjo, o voso conserxe.
Hace mucho mucho tiempo en un pueblo junto al mar......
NOTA- Se alguén pode aumentar o noso número de contactos, que nos mande un mail, está sendo especialmente difícil atopar ós profesores dos primeiros anos, HELP!
OS QUE XA PAGACHEDES MANDADENOS UN MAIL
1º-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea IES PRAIABARRAÑA.----.
POÑEDE O NOME DO PAGADOR

2º-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.
3º- Mandar un mail a 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com identificándovos para decir que o pago xa está feito.
4º- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos, cando esté pechado o asunto.
5º- Ter moita fame e máis sede.
6º-DIA LÍMITE 15 OUTUBRO
XA TARDADES

miércoles, 1 de octubre de 2008

COCHES

¿Quen di que as cousas non cambian?







A verdade é que cando se trata de coches, todos lembramos quenes eran os afortunados que tiñan coche naquela época, un Ford fiesta gris (non blanco), un Dous cabalos blanco con raia azul (posteriormente vermello), etc.

Outros se tiñan que conformar coas motos, ¿Quen non lembra a Mobilette de Marcelino, que foi colgada dun pino coma se fose unha bandeira? ¿Ou a Gimson de Mario Vale, sembre coa bolsa de taboleiro de parchís? Tamén Fran o de Vilariño tiña moto, pero non lembro cal era.

Axudádeme un pouco e decideme quenes tiñan coche de aquela.

Mentras tanto imos escoitar as declaracións de alguén famoso polo seu coche.