domingo, 7 de junio de 2009

MÁIS ELECCIÓNS


En las elecciones europeas de 2009 se elegirán los diputados del Parlamento Europeo que representaran a los ciudadanos europeos en la Legislatura que abarcará desde 2009 hasta 2014.


Estas elecciones se celebran el domingo 7 de junio de 2009, dependiendo de cuál sea la jornada habitual de elecciones en cada estado miembro.


Los eurodiputados se eligen en cada Estado miembro por separado; la presentación de candidatos está reservada a los partidos políticos nacionales. Sin embargo, los partidos de diferentes Estados, pero con la misma ideología política, suelen aliarse y formar partidos políticos a escala europea, los núcleos de los grupos parlamentarios en el Parlamento Europeo.


Los diferentes sistemas electorales en la Unión Europea no son homogéneos. Todos los países siguen un sistema proporcional —incluidos el Reino Unido y Francia, que a nivel nacional tienen un sistema mayoritario—, pero existen notables diferencias locales. Sin embargo, el Tratado de Niza de 2003 (art. 190.4) indica el objetivo de homogeneizar el sistema de voto para las elecciones europeas en toda la UE.


En España se aplica un sistema de circunscripción única, de forma que se suman los votos de todos los ciudadanos españoles, y se reparten proporcionalmente los escaños, aplicando como es habitual el Sistema d'Hondt.


Número de escaños a elegir

En el momento de las elecciones se aplicará el Tratado de Niza, en el que se asigna a cada país un número de escaños hasta un total de 732 escaños, en lugar de los 785 actuales. Sin embargo cuando se apruebe el Tratado de Lisboa de 2007, previsto para 2010, se ampliarán los escaños que corresponden a cada país, hasta un total de 751, ganando escaños todos los países excepto Alemania. En el caso de Alemania, se mantendrán los 99 diputados electos hasta el final de la legislatura.


Fecha de las elecciones

Las elecciones se celebran en diversas fechas en los diversos estados miembros, siempre dentro del rango de cuatro días que acuerda el Parlamento Europeo, y que en esta ocasión es del jueves 4 al domingo 7 de junio. Sin embargo, generalmente aquellos países que votan antes del domingo, no realizan el escrutinio hasta que hayan finalizado las votaciones en otros paises.


sábado, 6 de junio de 2009

OLLO COA GRIPE PORCINA !!


viernes, 5 de junio de 2009

LENDAS- A MEIGA E O PESCADOR

En Corcubión, non lonxe de Fisterra, aló onde están as extremidades do mundo, había un pescador que era xove e fermoso e tóda-las rapazas do país querían converterse na súa dona. Pero o pescador non se daba présa en casar.

Levaba unha vida tranquila, traballando só para poder vivir honradamente e de modo algún pensaba en atesourar para asegura-la súa vellez.

Un día que fora visitar a uns parentes nun casal alonxado, cando volvía por un atallo, tropezou cunha meiga que estaba sentada no tronco dunha árbore. Saudouna amablemente, como facía sempre que se atopaba cunha muller.

Sen embargo, sabíache ben que era unha meiga, pois tiña os ollos demasiado claros para pertencer á raza dos humanos.

— ¿Onde vas, gallardo rapaz?, dixo.

— Volto á casa, respondeu.

— Regresarás á túa casa cando eu queira— dixo a meiga—. Primero hasme prometer casar comigo.

Considerouna atentamente. Era xove e moi bela, pero era unha meiga. Sabíache ben que non era posible casar cunha muller así.

— Non che teño intención algunha de casar, respondeu o mariñeiro, nin contigo nin con ningunha outra.

— Será comigo e con ningunha outra— díxolle ela—. E se non me queres prometer tomarme algún día en matrimonio, heiche face-la vida imposible.

— Non che hei prometer nada de todo— exclamou o pescador.

E, sen esperar máis, retomou a marcha e voltou á casa. Alí tivo que prende-lo lume na lareira para prepara-la cea.

Pero por moita leña seca que puxo e por moito golpe de chisqueiro, non foi quen de acende-lo. Resignado, comeu frío e deitouse cedo.

E ó día seguinte, ergueuse e preparouse para ir ó mar. Agarrou os aparellos, puxo os remos ó lombo e dirixiuse ó porto. Desatou o seu bote e foise para pescar.

Facía bo tempo e había moi pouco vento. Pronto o pescador sentiu que un sopor lle andaba a pesar na cabeza. Deixou de pescar e deitouse na barca, dicíndose que un soniño faríalle ben.

Dormiu cáseque todo o día. Despertou de golpe ó sentir que alguén lle apalpaba as pernas e lle dicía baixiño:

— ¡Oh, que perniñas tan boas!

Despois sentiu que lle apalpaban as coxas. E a mesma voz murmuraba:

— ¡Oh, que coxiñas tan boas!

Ergueuse, pero non viu a ninguén. Estaba só no bote e o bote estaba ancorado nunha enseada rochosa, á parte de todo.

Non había alma vivinte na ribeira, e o mariñeiro atopabase moi perplexo.

De sócato, oíu a mesma voz dicir, moito máis forte:

— ¡Tráeme a machada para que lle corte as pernas e as coxas!

O pescador suaba de medo, pero non soprou palabra. E sen embargo, a voz repetía:

— ¡Oh, que perniñas tan boas! ¡Oh, que coxiñas tan boas!

E iso cada vez máis forte. E en breve, foi unha voz de trono quen gritou:

— ¡Traédeme a machada!, ¡traédeme a machada!

Nese momento, algo saltou fóra do barco e púxose a nadar a grandes brazadas coma un peixe. O pescador non comprendía o que lle pasaba. Esperou sen se remexer e sen dicir nada. Por fin, cando o ruído acalmou, el mesmo se deslizou fóra do bote e acadou a costa. Xa nela regresou á súa casa a todo meter, sen esperar a que o fenómeno se repetise.

Cando quedou curado, decidiu volver á pesca. Pero en canto saíu da casa, tropezou coa meiga. Estaba sentada sobre un penedo a beira do camiño e mirabao con olios brillantes.

— Bos días, meu rapaz— dixo—. ¿Tes reflexionado no que che pedín o outro día? ¿Vasme prometer que te casarás comigo?

— ¡Eu non prometo nada de todo a ninguén!— exclamou o pescador de moi mala uva.

E foi cara ó porto. Colleu o bote e foi pescar pola ría. Pero cando se abaixaba nun lugar para ver se había peixes, viu, no fondo do mar, un vello baúl estragado que ceibaba montóns de pezas de ouro que chispeaban por todas partes. Sen perda de tempo, arriou o rizón e, despoxándose da roupa, mergullouse.

Cando chegou onda as pezas de ouro que vía, tendeu as mans e apañou dous puñados completos. Entón, remontou axiña deica o bote e deposítou alí o botín. Pero para o seu espanto, víu que eran pedras as que se atopaban no barco.

— ¡Equivoqueime!— exclamou—. Coas présas, recollín calquera cousa.

Mirou debaixo do mar e víu aínda o baúl coas pezas de ouro que lle saían. Sumerxiuse de novo, pero esta vez, tomara a precación de levar un saco,que tiña no bote. De présa, xa no fondo do mar encheu o saco e voltou a barca. Despois de se izar a bordo recuperou a respiración e derramou o contido do saco no bote. Pero so eran croios.

Daquela escoitou unha voz que dicía baixiño, e logo cada vez máis forte:

— ¡Quen demasiado ambiciona sen nada queda!, ¡quen demasiado ambiciona sen nada queda!

Por máis que o pescador miraba no seu entorno, non había ninguén nos arredores. Estaba só naquela parte da costa, e unicamente as gaivotas se arremuiñaban á espera de recoller algúns peixes que el pescaría. Pero estaba tan decepcionado porque as pezas de ouro que vira non eran máis que pedas, que lle subiu a febre e quedou quince días na cama enfermo.

Cando curou, decidiu ir pasa-lo serán á pousada. Saíu da casa, e, na entrada da vila, atopeuse coa meiga. Estaba sentada nun banco e era máis bonita que nunca.
Pero o seus ollos eran tan brillantes que costaba traballo soste-la súa mirada de tanto que resplandecía e lastimaba.

— ¿Queres casar comigo?— preguntou a meiga.

— ¡Non casarei con ninguén!— respostou o pescador.

E foi dereito á taverna. Alí fartouse de beber cos amigos. E era xa moi tarde cande se quixo ir. A noite era moi escura. Felizmente, coñecía perfectamente o camiño que levaba á súa casa.

Pois ben, cáseque chegara cando avistou unha fermosa luz que parecía surxir da terra. Acercouse e abaixouse para examina-lo que era.

Entón viu un corredor que se abría baixoterra e que semellaba devir cada vez máis ancho. Intrigado, quixo saber máis.

Meteuse polo furado, seguiu o corredor e desembocou nunha vasta sala onde a luz surxía inexplicablemente de tóda-las paredes. E sen embargo, na sala non había nada, nin sequera o máis pequeno vestixio dunha lámpada que piudese provocar esa luz.

Andaba nestas cavilacións cando se sentiu agarrado polas pernas e polo brazo. Algo que non vía termaba del e obrigabao a se deitar no chan. E unha voz dixo docemente:

— ¡Oh, que perniñas máis boas!

Outra voz pareceu responder:

— ¡Oh, que coxiñas máis boas!

A primeira voz continuou:

— ¡Oh, que braciños tan bos!

A segunda voz dixo aínda:

— ¡Oh, que manciñas tan boas!

O pescador estaba aterrorizado. Trataba de se pór de pé, pero non podía. pegado como estaba ó chan por unhas mans que non vía pero que asemellaban moi poderosas. Entón, unha terceira voz dixo cun ton moito máis forte:

— ¡Oh, que cabeciña tan boa! ¡Oh, que cabeciña tan boa!

Pero o que acrecentou o terror do pescador foi o ver unha machada paseándose polo aire e dirixíndose cara a el. A machada xiraba por enriba da súa cabeza e o ser invisible que a manexaba parecía querer cortarlla.

— ¡Auxilios!— gritaba o pescador.

Daquela viu como se aproximaba a meiga. Agarrou a machada coa súa man branca, e cando a tivo ben suxeita, a machada desapareceu. E o pescador sentiuse liberado das mans invisibles que o mantiñan no chan. Ergueuse e mirou á meiga. Era máis bela que nunca e os seus ollos aínda máis brillantes que as outras veces. Sorría e fitaba ó pescador con moita dozura.

O pescador estaba aliviado ó ver que a meiga se atopaba alí.

Acababa de o librar dunha situación atroz e tiña a esperanza de que o axudaría a saír deste estraño lugar onde endexamais debería ter entrado.

— ¿Queres casar comigo?— preguntou.

O maríñeiro nin sequera se escoitou responder:

— Si, dixo, con moito gusto.

O xove casou coa meiga, po-lo que se conta, e deixou o traballo de pescador. Estableceuse coa súa dona nunha colina, no medio dos bosques e ninguén soubo nunca de que viviron. Pero tiveron numerosos fillos, e, aínda actualmente, son descendentes da meiga e máis do pescador aquelas a quen os homes atopan ás veces, pola noite, cando a escuridade invade a terra. E esas mulleres sempre fan a mesma pregunta:

— ¿Queres casar comigo?

jueves, 4 de junio de 2009

AROMA DE LA NOCHE, por Mary Hermo

Aroma de la noche,

asoma la fiesta,

de inquietos luceros,

con la luna llena.

Versos libres

que se tornan en poema,

despiertan el amor,

cual hermosa doncella.

Abril, mayo,

llegan las rosas frescas,

acerca la primavera,

tira ya los lutos

del sueño del invierno,

y despierta la noche

fresca, y

escupiendo ya sus lutos,

joven la noche despierta.

Mary Hermo

miércoles, 3 de junio de 2009

LUGARES DE PODER-GIANTS CAUSEWAY- A CALZADA DOS XIGANTES






La Calzada del Gigante o de los Gigantes (en inglés: The Giant's Causeway) es un área que contiene unas 40.000 columnas de basalto provenientes de una erupción volcánica acontecida hace 60 millones de años. Se encuentra en la costa nororiental de Irlanda, unos 3 km al norte de Bushmills en el Condado de Antrim, Irlanda del Norte. Fue declarada Patrimonio de la Humanidad en 1986, y Reserva Natural Nacional (National Nature Reserve) en 1987. Fue descubierta en 1693.
Los irlandeses tienen una leyenda para esta formacion de rocas.


Cuenta la historia que había dos gigantes: uno de Irlanda y otro de Escocia.
Éstos se llevaban muy mal y continuamente se tiraban rocas.
De tanto tirar rocas se formó un campo de piedras sobre el mar.
El gigante escocés decidió pasar el camino de rocas y derrotar a su adversario pues éste era más fuerte que el otro.
La mujer del gigante irlandés vio cómo venía el gigante escocés así que decidió vestirlo de bebé.
Al llegar el escocés vio que el bebé era tan grande que pensó que su padre sería el triple de grande, así que huyó pisando muy fuerte las rocas, éstas se hundieron en el mar para que el otro gigante no pudiera llegar a Escocia.

martes, 2 de junio de 2009

CRÓNICAS DO CAMIÑO-...PIPAS, LANTERNAS E O FUROR DO DRAGÓN




PIPAS,LANTERNAS E O FUROR DO DRAGÓN


As notas do Pensilvania 6-5000 de Glen Miller asolagaban o ambiente, fume de pitillos, ruido de pipas, de plásticos de caramelos abríndose sen importar a máis que probable molestia que o ruido causaba .

Rapaces e non tan rapaces animando o heroe ou heroína de turno, bicos roubados, e ..horas e horas pasadas na reconfortante penumbra das duras butacas, cús aplanados e mentes dispersas e fantasiosas reunianse alí Domingo tras Domingo.

En Boiro eramos afortunados, tiñamos tres cines, o de Arriba ou cine Gran Via (o de Don Gonzalo), o de Abaixo ou Cine Boiro (o de Outeiro) e o de Cabo de Cruz, unha forma máis de pasar as tardes dos domingos, os Sábados xa tiñamos a sesión de tarde na televisión e pola noite Sábado cine, unha boa forma de iniciarnos no séptimo arte, sempre que a película non tivese rombos, ….os odiados rombos que tratábamos de ocultar paseando por diante da televisión..A primeira cadena, a mesiña e o transformados na parte baixa para ser quen de acceder á programación cultural da época.

Nos cines do pobo non podiamos esperar ningún estreno, como moito películas de Tarzán, Cantiflas, Vaqueradas e Bruce Lee, algunas tamén de destape, pero non para nós. O importante era pasar un bo rato fora do mundanal ruido e dentro do virtual ruido das películas.

Sempre lembrarei a miña primeria sesión de cine, no cine de Outeiro, una película de terror Gore…o seu título …PULGARCITO

A señora Ventura vendía caramelos e outras chilindradas,cando non era tempo das castañas, campo no que era una verdadeira experta.

Escaleiras arriba achegábaste á taquilla escondida á man esquerda, e una vez superado o obstáculo de pagar a entrada, atopabas de frente un enorme cortinón que daba á parte de abaixo…ese cine era de luxo, as butacas estaban forradas de sky de cor vermello, e na parte de arriba había un montón de espazo, e os baños estaban alicatados de azulexos de cor verde os dos homes e rosa os das mulleres..

Tería eu seis ou sete anos e non podiar crer o que alí vía na película….,Unha familia de sete irmáns varóns ( a tradición oral di que o sétimo ten que ser lobishome ou Saludador),....pais que abandonaban ós rapaces no bosque,e os parvos dos rapaces volvían á casa para que ó día seguinte volverán a facerlle a mesma xogada , homes grandes que devoraban nenos… en fin..unha experiencia traumática…

A seguinte foi una de Tarzán, toxicómano por excelencia, cando non estaba colgado estaba co mono. E a partir de aí funlle collendo o truco a iso do cine…

Aquel día, xa entradiños da adolescencia tocaba ir ó cine de arriba a ver una de superheroes, FLESH GORDON,.. o meu dominio da lingua de Albión non era moi avanzado, pero supoño que se fose o caso, aquela tarde iria tamén a cimadevila co fin de pasar a tarde.

Subindo leve costa que había dende a praza do Concello iamos os meus amigos e máis eu pasando por diante da libraría O Cisne para facer una parada no Bar El Nuevo e xogar á maquiniña de petaco con catro marcadores que a peso cotizábase, pero estaba ocupada, polo tanto saimos do bar e deixando de frente o bar Argentina pasamos por diante da casa de Manolo Carolo (matou á muller con sete cuchilos e un alfiler) onde asomaba un vello catre pola enreixada fiestra e desde alí chegabas á entrada da sala, chea de rapaces que, ó igual que nós, tiñan toda a colección da Marvel que regalaban cos cropáns.


O cine de arriba era vello, ..vello con gañas, as butacas estaban feitas de esa madeira chapada que facían que sairas de alí co cú tremendamente doido, pero non era problema,pasar dúas horas coas dioptrías pegadas á gran pantalla era un trago que pagaba a pena penar con dor de baixolombo.


Na entrada,María a dos dentes e a súa irmán que non sabía contar vendían caramelos e pipas, algúns rapaces aproveitaban entre a multitude para mangar o preciado tesouro en forma de caramelos de laranxa e limón.

Unha vez feita a laboura de intendencia tocaba o turno da taquilla,..Marujita Piñeiro, a quen probablemente tiveramos que soportar a mesma mañán na catequese, escondía o seu pequeño corpo detrás do ventanuco da taquilla, e de paso miraba o tamaño do rapaz en cuestión por se a película non era tolerada poder negarlle a entrada.

Xa dentro atopabas á Petronila , que facía labouras de limpeza e mantemento,…normalmente estaba na parte de arriba ou “Palco”, na parte de abaixo ou butaca estaba El, co pitillo ladeado e medio consumido, a reencarnación de Lee Marvin con boina… o xenio da lanterna…o señor Pereira.

Sempre causou admiración en min ese home..alto, cara marcada, pucha calada, seriote, mirada de esguello de esas que,… matar non matan pero sí que pegan una boa ostia…A súa forma de ter ós rapaces á liña con un xesto de lanterna facía que fose un home moi respetado entre toda a comunidade cinéfila da vila.

A parte de abaixo tiña un pequeño recibidor, oscuro como todo o cine, adornado con posters de pasadas sesión,e un homiño,parte da vetusta decoración,.pequecho, de gafas, medio calvorota que saía escopetado da primeira sesión do cine de arriba e marchaba a toda mecha para o cine de abaixo, e que sempre estaba falando coa pantalla, a pesar de que xa estaba entradiño en anos….e alí esperaba sentado, para disfrutar coas aventuras do home máis rápido do mundo.

A sesión comenzaba con publicidade un cartelón grande que poñía DISTEL con un pelo atravesado no medio era o anunciador de que era hora de sentarse porque empezaba a sesión…previamente un anuncio de Autos Buenos Aires e outro de Novedades Ermitas daban paso ós trailers…”Las Locuras de Jane” con Susana Estrada en tetas, “La recluta Benjamín” con Goldie Hawk , “Brujas Mágicas”con Esteso e Pajares, Cantinflas “El sietemachos”…e sobre todo Bruce…”be wáter my friend”-“El desafío del dragón.”

A sesión comenzou con una grande nave espacial surcando o hiperespacio es busca de lonxanas galaxias, pero había algo raro, …una extraña forma fálica da nave espertou as nosas risas e murmullos..máis cando foi atacada polo “Raio Sexi”

Apareceu o héroe loitando contra o malvado,perdendo o singular combate e sendo arroxado a una extrañas mulleres lixeiras de roupa que eran chamadas “As ninfómanas”, Qué carallo sería iso??.

Ante os nosos ollos as mulleres colleron ó héroe , quitaronlle a roupa con moita violencia e empezaron a facerlle mil e una cousas de carácter lúdico-festivo que fixeron que a nosa entreperna empezara a medrar de forma bastante notable, e cando se adivinaba o mellor…… acendéronse ás luces e o señor Pereira botounos fora, sen falar por suposto, e non quedou outra que marchar, nunca millor dito, co rabo antre as pernas.

Desfilábamos todos polas escaleiras, con cara de sorpresa, só ían quince minutos de película!, e ninguén foi quen de darnos algún tipo de explicación. Marujita Piñeiro repetía con insistencia “¡Ay Dios mio, Ay Dios mio!, o señor Pereira, impasible, mandaba á xente para fora con un só xesto.

Na parte de fora ducias de persoiñas preguntánbanse que demo fora o que pasara,… que non fora outra cousa máis que a ignorancia no campo das linguas do encargado do cine, trouxera á sesión infantil una película de adultos,…. non, mellor de adultísimos, e na vez de FLASH GORDON, trouxeran FLESH GORDON.

Non sei se ahí empezou a decadenza do cine na vila, ningún pai denunciou ó cine, e nós ..coitadiños! nin reclamamos os dez pesos da entrada, que foran moi ben invertidos..dez pesos por quince minutos de Flesh Gordon

lunes, 1 de junio de 2009

REFRANS- Ramón Laíño

REFRÁNS

Pascuas molladas, sinal de boas anadas. Pascuas enxoitas, nin poucas, nin moitas.


Por Santa Mariña, esfolla a túa viña, se boa a tes, boa a vendimas.

Se ques mel, por San Mighuel. Se ques abellas para as Candeas.

Por San Martiño trompos ó camiño.

Nin casa á beira do río, nin viña ó pé do camiño.

O que con rapaçes se deita, mexado se levanta.

Cada un onde naçe e o boi onde paçe.

Por ben que che vaia non cómala raia.

Dominco de Ramos asolla os teus panos que a semana maior choverá ou irá sol.

(Asollar significa pór ó sol a roupa para sacar a humidade e o balor que colle nos armarios)

En março espigharço. (Cando espighan os froitos. Cando purghan, floreçen,...)

Matrimonio que non é reñido, non é rexido.

Hasta San Cristovo aínda pode ir o millo ó covo. (Polo mes de San Xoán)

Bromas de home, patadas de burro.

Para ben chover de noite ten que ser.

Dichoso mes que entras con Santos e acabas / sales con San Andrés. (Novembro)

Se canta a rula, sementa sen duda.

Se canta a bubela, millo á terra.

Se chove vai o inverno fóra. Se ri está por vir.

De velles, nenes.

O comer e rañar todo malo é empeçar.

(Outra versión). O comer e rañar querse empeçar.

Se a Candea chora, inverno fóra. Se ri, está por vir. Que ría, que chore, temos corenta días de mala xorna.

Vale máis quen Deus axuda que quen çedo madrugha.

Fuçiño de can e cu de muller non quenta hasta o verán.

Despois de xantar, pouca ghana de comer e menos de traballar.
(Outra versión con remate de fonalidade distinta dos verbos infinitivos): - Despois de xantare, pouca ghana de comere e menos de traballare.

A moda non encomoda.

O almorço é o que malla o pan. (A comida máis importante do día e a máis cómoda e a que máis se ghasta á hora de traballar).

Por San Martiño vai bo tempo.

Deixa andar o can ca roca e o ghato na masaroca. (Deixa andar a cousa)

Se está encarnado o monte, colle os bois e méteos na corte.

Se está encarnado o mar, colle os bois e vai labrar.
(Cando o çeo por riba dos montes ten unha cor encarnada espérase que vai haber mal tempo. Se está encarnado o çeo por riba do mar, confíase en que o tempo virá bo).

Quinçe días, tres semanas, poucas son as malas fadas.

Mal o dente que come a semente.

O que non ten pan xa çeou.

O que non lle tira ós seus é un porco.

A pereça non pon mesa.

Cando chove e non vai vento non hai mal tempo.

As pernas dun can ás altas alturas pareçen molduras.

Mulleres hainas a millares e nai namais que hai unha.

Antes de San Martiño, pan e viño. Despois de San Martiño, fame e frío.

O can ladrador nunca bo é.

O can ladrador é pouco mordedor.

Catro anos de can novo, catro anos de bo can, catro anos de can vello e catro anos de mal can.

A cabalo reghalado non se lle mira o dente.

As silveiras son orelleiras. (Os axexadores, escoitadores)

Avoghados das silveiras. (Cantan pero non entoan. Queren saber pero non saben).

Os de Boiro sacan o coiro.

Non hai pouco que cheghue nin moito que non se acabe.

Se queres ter viño poda / coida as viñas polo San Martiño.