O movemento naturista e por extensión a práctica do nudismo, é unha filosofía baseada na integración do individuo cos medios naturais; sol, auga, natureza, en xeral.
Consideráse que esta relación contribúe a unha mellora do estado persoal de cada un e da colectividade, aportando un xeito de ser e un concepto da vida cuxos parámetros son: a tolerancia, o respecto mutuo e a liberdade.
Esta práctica é para os nudistas unha experiencia inmensamente liberadora que promove o concepto do corpo como un todo, en lugar de separar partes do mesmo como complexos e vergoñentas. En definitiva, denuncia a relatividade da estética convencional ou comercial do éxito e proclama a superioridade da estética da natureza e da pel espida.
Por todo iso, debemos admitir que o naturismo é unha filosofía socialmente construtiva que a Federación Internacional de Naturismo define como: "Un xeito de vivir en harmonía coa natureza, caracterizada pola práctica do espido comunitario, con intención de fomentar a autoestima, o respecto ós demáis e ó medio ambiente".
Como tal filosofía é tolerante deica os demáis e só espera recibir o mesmo a cambio. Os naturistas tenden a aceptar ós outros como son, sen dúbida polo feito de que eles mesmos aceptan o seu corpo como é, en maior medida que o resto da xente.
Contrariamente a certas opinións, os verdadeiros naturistas fomentan unha atmósfera familiar. Os nenos que medran nun entorno nudista presencian de forma absolutamente natural os cambios corporais causados pola adolescencia, o embarazo ou a vellez, mostrando menos ansiedade diante destes procesos naturais que o resto dos nenos que só o observan a través da roupa.
Resulta reconfortante, ver cómo aumenta cada día a aceptación e a práctica deste xeito de vida, observando que a maioría das culturas, especialmente en Europa e no resto dos países chamados desenvolvidos, aceptan con total naturalidade a práctica do espido en praias e outros lugares de recreo. Na maioría dos países, entre eles España, existen xa lugares específicos para a súa práctica e nalgúns (Dinamarca, Suecia e incluso Rumania) é habitual velo xa na maioría das súas praias.
A admisión xeralizada destes argumentos, fai que aumenten considerablemente, tanto as Asociacións Naturistas, como o número dos seus asociados, cuxo crecemento anual é do 20%, o que fai que sexa a actividade recreativa ó aire libre de maior crecemento e que, noutro orde de cousas, as vacacións naturistas sexan xa unha parte moi significativa para a industria turística de moitos países.
O naturismo é un xeito de vida, o nudismo somentes unha forma de estar.
O nudista quítase a roupa, o naturista tena que poner por unha razón ou outra!
Un naturista preséntase encoiro en corpo e mente, o nudista soamente o corpo.
O sexo non se pode considerar como nudismo e moito menos como naturismo, igualmente o nudismo e naturismo non significan sexo!
Un nudista non pode practicar nudismo coa roupa posta, ó contrario un naturista segue sendo un naturista, con roupa posta ou totalmente espido, ¿Por qué?, porque, o espido é soamente unha fase da filosofía naturista, o espido para un naturista non é un fin en sí, senón o primeiro paso a vivir un estilo de vida que poucos chegan a asumir.
Segundo a Federación Internacional de Naturismo (INF), o naturismo é unha forma de vida coa práctica do espido en común a cal enriquece o respecto ó veciño e medio ambiente, na súa máis básica forma o naturismo é a liberdade e a comodidade de non lelvar prendas cando non son totalmente necesarias, tendo sempre respecto a outros e ó medio ambiente.

































