Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
A Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO é o sistema que rexe o ensino secundario en España desde a implantación da LOE en maio de 2006.
Esta fase da aprendizaxe do alumnado é posterior ó Ensino Primario e ten como obxectivo preparar ó alumnado para os estudos de secundaria non obrigatorios, (Bacharelato e Formación Profesional) ou para o mundo laboral, abranguendo en xeral dos 12 ós 16 anos.
Cúrsase nos Institutos de Educación Secundaria ou IES.
É unha etapa terminal para determinados estudiantes e para outros é propedéutica (permite continuar os estudios).
Os obxectivos son preparar ó alumno para o mundo laboral e vida académica adulta.
Ten un carácter integral, é decir, é para tódolos estudiantes.
Ten asignaturas comúns (para todos) e optativas (elixidas polo estudiante e ofrecidas polo centro). Estas inclúen créditos de reforzo ou variables, e tratan outros temas complementarios.
Está organizada en dous ciclos de dous anos cada un.
As asignaturas impártense por licenciados (diplomados excepcionalmente nalgunhas materias), (anque no primeiro ciclo pode haber mestres).
Tras rematar o Bacharelato Unificado Polivalente, e antes de realizar a Selectividade para o acceso á Universidade, era necesario realizar o Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.), equivalente ó actual 2º de bacharelato LOXSE.
Empezou a implantarse no curso académico 1975-76 con 1º de BUP e extendeuse ata 3º en el 77-78.
Durante os dous primeiros cursos as materias eran comúns para tódolos alumnos (Excepto en EATP e ética/relixión) pero en 3.º existía unha optatividade entre Letras (Literatura/Matemáticas/Latín/Grego) e Ciencias (Literatura/Matemáticas/Física e Química/Ciencias Naturais), escolléndose tres das catro asignaturas.
A avaliación realizábase mediante notas literais e tiña carácter de continua, existindo dúas convocatorias globais, a de Suficiencia (Xuño) e a de Setembro.
Impartían as asignaturas profesores pertencentes ó Corpo de Catedráticos de Bacharelato e ó Corpo de Profesores Agregados de Bacharelatos que foron coa aprobación da LOXSE, integrados de forma forzosa no corpo de Profesores de Ensino Secundario, xunto ós antigos profesores de FP.
A súa implantación aumentou nun ano os necesarios para acceder á Universidade, dotou de maior peso ás ensinanzas científicas no bacharelato e contribueu á creación dun grupo de poboación que, debido á súa preparación, pudo ascender socialmente e permitir a España entrar a formar parte das sociedades avanzadas.
O Bacharelato Unificado Polivalente (BUP), de tres anos de duración, eran os estudios secundarios posteriores a la EXB. Posteriormente realizábase o Curso de Orientación Universitaria (COU) como último paso antes de comezar estudos universitarios.
En primeiro de BUP estudábase Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais, Historia, Idioma estranxeiro, Música, Debuxo Técnico, Relixión ou Ética e Educación Física.
En segundo de BUP as asignaturas eran Literatura, Matemáticas, Física e Química, Xeografía, Latín, Idioma extranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP (elección duhna asignatura entre as ofertadas por cada centro, algunhas das asignaturas ofertadas eran electricidade, deseño, teatro, informática, segundo idioma estranxeiro, labores do fogar, fotografía, etc.).
En terceiro de BUP as asignaturas obrigatorias eran Historia, Filosofía, Idioma estranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP. Os alumnos debían elixir entre a opción de ciencias (descartando unha asignatura das seguintes catro: Física e Química, Ciencias Naturais, Matemáticas e Literatura) ou letras (descartando unha das seguintes asignaturas: Literatura, Latín, Geiego e Matemáticas).
Xa no Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.) o alumno podía elixir entre dúas ramas de ciencias (opción Biosanitaria e Técnica) e dúas de letras (Ciencias Sociais e Humanidades).
En tódolos cursos, tanto en EXB como en BUP, nas Comunidades Autónomas con máis dunha lingua oficial estudábase, como asignatura obrigatoria, a lingua vernácula (e, noutra asignatura aparte a escoller entre as de letras de terceiro de BUP, a literatura en dita lingua).
Este sistema educativo foi derogado e sustituido progresivamente polo da LOGSE de 1990. Os seis primeiros cursos de EXB corresponden á Educación Primaria Obrigatoria e os dous últimos da EXB e os dous primeiros de BUP corresponden á Educación Secundaria Obrigatoria. A principal diferencia é que co actual sistema os alumnos pasan ó Instituto de Educación Secundaria o ano en que cumpren 13 anos, con dous menos quen o anterior sistema, ou be nós 16 anos, ó haber moitos centros de primaria onde se imparte tamén a secundaria obrigatoria, deixándose par ao Instituto o Bacharelato.
Me acuna el viento, suave y muy lento, el sentimiento late y habita el corazón allá adentro, el rocío de las aguas que emanan perfumadas de tu río, me acaricia todavía. Es bello el despertar de un nostálgico sueño, pero a tu lado, el dolor se hizo más pequeño. Dibujo con besos el corazón de tu pecho, soy feliz, y a todo ya tienes derecho, ya eres dueña de mi boca, del latido de mi pecho, es el amor ya tan fuerte que me nubla la razón, y a veces semeja que sólo manda el deseo y la pasión, y me siento dueña de la noche, del alba, todo es plata y oro que embellece mi tierno corazón. Mary Hermo
Lista das principais relixións actualmente practicadas no mundo, por orde alfabética.
Budismo: fundada por Siddhārtha Gautama (Buda Gautama ou O Buda) no século VI a. C. Actualmente extendida por todo o mundo a excepción da maioría de países africanos.
Theravada: rama máis antigua do budismo xurdida arredor da primeira compilación budista escrita. Asentada orixinalmente en India e o Sudeste asiático
Mahayana: movemento de reforma xurdido no século I. É o máis numeroso actualmente. Asentada orixinalmente en China, Xapón e o Sudeste asiático.
Vashraiana: parte do mahayana pero definido propiamente pola súa influencia do tantrismo hindú. Asentada orixinalmente na rexión dos Himalaias, Kalmukia, Xapón e Mongolia.
Confucianismo: sistema ético e moral que rexe a sociedade china. Non é propiamente unha relixión, se ben esta denominación é discutida.
Cristianismo: centrada na figura de Xesús de Nazaret (século I). Presente en case todo o mundo, excepto o norde de África e grande parte de Asia (presente en Rusia, antigos países soviéticos asiáticos e Filipinas)
Igrexa ortodoxa: igrexa proveñente do cristianismo en Europa Oriental e Asia Menor. Está principalmente en Rusia, Grecia e varios países da Europa do Leste, e actualmente expandeuse arredor do mundo principalmente grazas a emigrantes deses territorios.
Cuáqueros: movemeento protestante fundado no século XVII en Inglaterra, rechaza a xerarquización do protestantismo e céntrase na «lus interior» ou chispa divina en cada ser humano.
Mormonismo: fundada el 6 de abril de 1830 por Xosé Smith hillo. O seu nome oficial é: «A Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días»
Bahaísmo: fundada por Bahá'u'lláh (1817-1892), considerado pols seus partidarios como o prometido de tóalas relixións. A súa ensinanza central é a uinidade da humanidade.
Mandeísmo: unha relixión mo antiga que parece ser descendente do gnosticismo antigo e rende culto a Xoan o Bautista. Probablemente son os sabeos mencionados no Corán. Conta con 38.000 seguidores, case todos en Iraq.
Neopaganismo: reférese a tódolos movementos relixiosos que reconstruiron antigas crenzas do paganismo, principalmente europeo. As suas principais ramas son:
Kemetismo: neopaganismo exipcio. Novo culto neopagano de afroamericanos fan uso do termo en Estados Unidos. Alguns destes cultos é de carácter destructivo.[31] Kemet significa 'negro' predicando así diversos graos de supremacía negra.
Taoísmo: conxunto de ensinanzas filosóficas e relixiosas orixinadas en China a partir de Lao-Tse (Laozi) no século VI a. C.
Yazidismo: una relixión autóctona de Kurdistán de influencias islámicas e zoroástricas seguida por arredor de 200.000 kurdos. Profesan culto ós anxos e arcanxos das relixións abrahámicas dándolles unha explicación propia.
A maioría das diversas relixións gozan de boa saúde en número de seguidores e o seu número aumentou en todo o mundo. Nos países con anteriores réximes comunistas a relixión revitalizóuse a unha velocidade sorprendente como mostran os casos de Rusia e China.
Non existen ata a data unhas estadísticas fiables do número de seguidores das relixións do mundo. Cada relixión soe aportar os seus propios cálculos estimativos, que a menudo soen sumar seguidores sen criterios demasiado científicos, tales como xeografía, ritos de cedo (bautismos, etc) ou a pertenza familiar. Na seguinte estadística móstrase o cálculo estimativo achegado polas diferentes relixións. A falla de datos actualizados, aquelas que non fixeron públicos os seus cálculos mostran aquí o recopilado no sitio adherents.com,[23] dependente dunha organización cristiana evanxélica estadounidense.
Animación feita por alumnos de 4º da ESO do IES Praia de Barraña
NOVAS FOTOS
19/10/08 Fotos cedidas por Arturo Chicolino 19/10/08 Fotos cedidas por Vilas 20/10/08 Fotos cedidas por Pilar Vázquez 23/10/08 Fotos cedidas por Rosa Torrado 26/10/08 Fotos cedidas por Ramón Laíño 27/10/08 Fotos cedidas por Lili Fabeiro 27/10/08 Fotos cedidas por Luis Ferreirós 27/10/08 Fotos cedidas por Pepe Mouriño Xa hai 429 fotos. Anímadevos e enviadenos máis.