lunes, 7 de diciembre de 2009

OS BOSQUIMANOS


Na Reserva do Kalahari 23/05/2009

Botsuana confíscalle as cabras aos bosquimanos

Survival denuncia a presión do goberno ao pobo 'san', acosado desde a volta ás súas terras tradicionais.


En 2005, o chamado Nobel alternativo, homenaxeaba o pobo bosquimano na persoa de Roy Sesana, quen na altura dos seus 76 anos preside a organización para os dereitos humanos First People of the Kalahari. Este colectivo traballa desde os anos 90 na defensa do tamén chamado 'pobo san', chamando a atención da comunidade internacional sobre a política de "discriminación étnica" aplicada polo goberno de Botsuana e denunciando os desprazamentos impostos aos bosquimanos, obrigados a marcharen das súas terras ancestrais.



A presión sobre a comunidade bosquimana non mudou estes anos, malia a vitoria xudicial conseguida polos indíxenas en 2006. Daquela, os tribunais determinaron que a expulsión anos antes que lles impuxera o goberno de Botsuana fora "inconstitucional e ilegal". Dese xeito, a xustiza estabelecía que podían volver ás terras de onde foran expulsados. Atrás do conflito aparece a cobiza de administración e empresas pola explotación dos recursos da zona, principalmente das minas de diamantes que hai nas terras dos san.




Esta mesma semana, camións cheos de policías e gardas forestais chegaron á Reserva de Caza do Kalahari Central (RCKC) e confiscaron as cabras das tribos. Explican desde o colectivo Survival que as cabras son fonte esencial da dieta dos bosquimanos, especialmente durante a estación seca, xa que o goberno prohibiulles ademais o uso do seu vello pozo. Recordan ademais que o pobo san levan dous anos tratando de sentar co goberno para falaren dos seus dereitos sen máis resposta que o acoso e prácticas como a acontecida estes días.



"Os bosquimanos da RCKC pensabamos que os nosos problemas co goberno resolveríanse e rematarían, pero a postura que está adoptando o Ministerio de Turismo significa que non hai negociacións", láiase Jumanda Gakelebone, membro de First People of the Kalahari. "Nós, como bosquimanos, facemos un chamamento á poboación de Botsuana e alertamos de que a batalla está empezando", engade.

domingo, 6 de diciembre de 2009

O NOSO CAN DE PALLEIRO




Si algún día teño un can, gustaríame que fora un can de palleiro...


É a raza canina, por excelencia, do medio rural galego, pero van a menos...

Nas xornadas de pesca sempre nos atopamos con algún can, as veces con moitas sorpresas. Non podía faltar, polo tanto, nas fichas dos mamíferos que viven preto dos ríos da nosa terra, o noso can de palleiro.

Téñolle moito cariño a este can e nunca, nunca, me xogou unha mala pasada; eso si, avisan os donos, como debe ser, pero non son traizoeiros, fanse ver e deixanse ver, como fan os cans de verdade.

Ver características.

sábado, 5 de diciembre de 2009

SUFRO POR TI AMOR




Síntome atraído polo teu sorriso
que o meu corazón inunda
escapemos xuntos
desta noite fría e gris
Dáme a man

O día que te coñecín lembrei
imaxes que gardaba no corazón
non era máis ca un cativo
e aínda así recórdoas ben

Ven bailar!
Habemos percorrer un camiño de luz
e de escuridade
quéreme así
fagamos esa viaxe xuntos ata a fin

Podería mirar atrás
mirar cara outro lado pra non sufrir máis
pero loitarei, meu ben
contigo ó meu carón
ata ó final

Síntome atraído polo teu sorriso
un recuncho de esperanza
deste universo
buscarei sen descansar

Pode parecer que non me importas
pero o certo é que te quero moito
escapemos xuntos
podes confiar en min
Dáme a man

viernes, 4 de diciembre de 2009

LIBRO DOS MORTOS

O libro dos mortos é un título convencional que designa unha recopilación de fórmulas máxico-funerarias dos antigos exipcios. Os exipcios coñecíannas como O libro da saída á luz e o título moderno foi inventado polo exiptólogo Karl Richard Lepsius cando publicou unha selección en 1842.



Libro dos mortos do escriba Nebqed, arredor de 1300 a.C.



Non se trataba dun "libro" como os actuais: o texto gravouse inicialmente no exterior do sarcófago e, a partir da XXVIII Dinastía (século XVI a.C.), en vendas e papiros que se colocaban entre as pernas da momia para que as tivese a man. Os primeiros escribíronse en hieroglifos; desde a XXI Dinastía fóronno en hierático e posteriormente en demótico. O libro dos mortos acompañábase frecuentemente doutros textos, incluído o hypocephalus ("baixo a cabeza"), que era unha versión reducida do texto completo.



O Libro dos mortos era unha colección de encantamentos, feitizos, contrasinais e outras fórmulas máxicas para uso do finado no alén. Pretendían guiar ao morto através das probas que atoparía e garantir unha pasaxe sen incertidumes. Os textos describen moitos dos elementos básicos da mitoloxía exipcia e considerábanse imprescindíbeis para desfrutar da vida eterna.



Os temas céntranse no mito de Osiris, señor do alén, no xuízo do difunto (psicostasia) e na existencia após a morte. O Libro dos mortos ilustrábase con imaxes que mostraban os personaxes e probas coas que se atoparía o defunto. A máis importante era o momento en que se pesaba a alma contra Ma'at (a "verdade"), que levaba a cabo Anubis; o deus Thoth levantaba acta do resultado e o monstro Ammit agardaba, disposto a comerlle o corazón se non superaba a proba.



As versións máis antigas datan do século XVI a.C., durante a XVIII Dinastía. Incorporaban en parte dúas coleccións anteriores de literatura relixiosa coñecidas como os Textos dos cadaleitos (arredor do ano 2000) e os Textos das pirámides (entre o 2600 e o 2300), que foron sendo substituídos polo Libro dos mortos. O texto máis completo é o Papiro de Turín, de época ptolemaica, que está subdividido en 165 fórmulas ou "capítulos".



No ano 1888, o doutor E. Wallis Budge, daquela axente de compras do Museo Británico, prestou atención a algúns rumores sobre un achado arqueolóxico espectacular no Alto Exipto, e así atopou, nunha tumba da Dinastia XVIII, cerca de Luxor, "o maior rolo de papiro que vira nunca, suxeito cunha ancha banda de papiro, e en perfecto estado de conservación". Era unha copia do Libro dos Mortos, escrito en torno ó ano 1500 a. de C. por Ani, Escriba Real de Tebas, Supervisor dos Graneiros dos Señores de Ábidos, e Escriba das Ofrendas dos Señores de Tebas.



O texto en si particularizábase para cada finado, de xeito que non hai dúas copias iguais. Hai, porén, catro grupos:


  • A versión heliopolitana, editada polos sacerdotes do colexio de Annu e utilizada entre as V Dinastía e a XI Dinastía e nos muros das tumbas até finais do século III;
  • A versión tebana, que contiña só hieroglifos e se utilizou entre a XX Dinastía e a XXVIII Dinastía;
  • unha versión en hieroglifos e hierático, moi próxima da versión tebana, sen orde fixa de caracteres e utilizada fundamentalmente durante a XX Dinastía.
  • A versión saíta, que ten unha orde estrita e se empregou após a XVI Dinastía.


Categorías: Antigo Exipto | Documentos

jueves, 3 de diciembre de 2009

PASADO, PRESENTE E FUTURO



O pasado é a clase de acontecementos que «inflúen» en nós, pero non recíprocamente.O pasado xérase pola morte. O presente é o campo dos acontecementos ligados por relacións de reciprocidade en canto á transitividade da comunicación. O presente está sempre inmerso nunha época, e unha época é, xeralmente, unha sucesión de presentes. Ao presente podería dárselle o radio (tomando como centro a nosa xeración) dun século, pois mais ou menos ocupan un século os homes vivos que inflúen sobre a miña xeración e aqueles nos que a miña xeración inflúe.



Propoñeríamos como característica do noso presente á que poderíamos denominar «conceptualización virtualmente integral» de tódalas partes do noso mundo (do mundo do presente). Mentres que nun pasado non moi lonxe cabía aínda atopar «terras virxes» (e non so no sentido xeográfico: tamén no histórico, lingüístico, político, &c.), é dicir, terras non roturadas polas tecnoloxías ou polas ciencias positivas, no noso presente esto é prácticamente imposible.



Tódalas partes do noso mundo están conceptualizadas (con maior ou menor rigor, sen dúbida) mediante conceptos tecnolóxicos ou científicos, e, por tanto, só a través dos conceptos, podemos, no noso presente, enfrontarnos co noso mundo dun xeito crítico (unha crítica que pode afectar, desde logo, ós propios conceptos).



Nós, agás que practiquemos a poesía, non poderemos falar inxenuamente da auga como o facía Tales de Mileto; a auga do noso mundo está conceptualizada pola ciencia física e química. Comprenderase, segundo esto, a pertinencia de tomar ao «noso presente» como criterio para diferenciar as diversas maneiras segundo as que pode entenderse a filosofía, en función precisamente a como estas diversas maneiras se refiran ó presente. O futuro é a clase de acontecementos nos cales nós podemos podemos «influir» pero de sorte que eles xa non poden influír sobre nós.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

ROBINSON CRUSOE

Robinson Crusoe é a obra máis famosa de Daniel Defoe, publicada en 1719 e considerada a primeira novela inglesa. É unha autobigrafía ficticia do protagonista, un náufrago inglés, que pasa vinteoioto anos nunha remota illa tropical. A historia tivo como inspiración uns feitos reais ocorridos a Pedro Serrano e Alexander Selkirk. O título completo é A vida e increíbles aventuras de Robinson Crusoe, mariñeiro de York; quen tras ser o único supervivinte dun barco mercante, náufrago vinteoito anos completamente so nunha illa deshabitada perto da desembocadura do río Orinoco de América, e posteriormente liberado insólitamente por piratas; escrito por el mesmo.






Interpretacions [editar]


James Joyce veu en Robinson o prototipo do colonialismo británico (a illa considerouna desde un principio como da sua propiedade, chegando a esclavizar a un indíxena), así como un símbolo do puritanismo: o home feito a si mesmo, a perseverancia incluso nas mais difíciles condicións, a apatía sexual, o autocontrol, etc. Cabe tamén ver na obra unha alegoría da propia vida de Defoe que crebara económicamente e debeu sobreporse a esta situación con dureza e traballo. Por outra pare, anque acaso non estivera nunca no designio do autor, o lector ha de enfrontarse filosóficamente á novela como metáfora do espido humano diante das forzas abrumadoras da natureza, como posta en evidencia da denodada loita diante desas forzas para sometela se así crear un mundo habitable e cómodo para o home (tal como a “cultura” e a “técnica” o fixeron na historia humana.



A illa, que Defoe sitúa no delta do Orinoco, pode verse como unha especie de terra prometida á que o traballo laborioso dun home branco pode convertir nun verxel.




O éxito da novela foi inmediato e universal, considerada a novela inglesa mais popular de tódolos tempos e o segundo libro máis lido despois da Biblia. Hai 100 anos xa levaba 700 reimpresions, traduccions e imitacions.



Defoe escribeu unha continuacion menos coñecida, Novas aventuras de Robinson Crusoe.



Economía [editar]




Na economía clásica e neoclásica, Robinson Crusoe é frecuentemente usado como instrumento para ilustrar a teoría da producción e a elección do consumidor en ausencia de comercio, cartos e prezos. Baixo tal contexto, Crusoe debe elixir a combinación óptima de tempo dedicado á producción e tempo dedicado ó ocio. A sua vez, debe elixir que cousas producir no tempo que dedica á producción (usualmente as alternativas consisten en recolectar cocos ou elaborar ferramentas de caza e pesca). A parábola complétase coa chegada de Venres á illa, o que permite introducir o comercio entre individuos.




Selkirk e Serrano como fontes de inspiración [editar]


A novela está baseada, tomando elementos dunha e doutra, nas historia reais de dous náufragos.


Un deles, un mariñeiro escocés, Alexander Selkirk, que foi rescatado en 1709 tras pasar 4 anos nunha illa deserta que hoxe leva o seu nome, no arquipélago Xoan Fernándes fronte a Chile, onde tamén está a Illa Robinson Crusoe, que pasou a chamarse así en honor á fama mundial deste título literario.






O outro, un capitán de marina español chmado Pedro Serrano, que sendo o único supervivente do naufraxio dun patache español nun banco de area do Caribe, pasou 8 anos illado ata que foi rescatado en 1534. O banco dea rea sigue existindo hoxe, co nome de Banco Serrana.



Robinson Crusoe no cine [editar]


Esta novela Robinson Crusoe coñeceu múltiples adaptacións cinematográficas, desde as mesmas orixes do cine: o cineasta francés Georges Meliès dirixeu unha versión en 1902.

Das películas sobre Robinson Crusoe cabe destacar a dirixida polo director español Luis Buñuel, rodada en Hollywood, en inglés.





A contribución da novela de Defoe ó cine non só se limita ás versións levadas á pantalla, senón ó feito de crear un subxénero do cine de aventuras: o do náufrago nunha illa deserta.


Incluso Tom Hanks deixóuse cativar desta historia e propuxo o film de Cast Away (O naufrago), na cal o persoaxe cae nunha illa deserta e toma a unha pelota de voleibol chamada “Wilson" como seu amigo, esto pasa igual neste libro, so que aquí Robinson tópase con Venres que é un ser vivo.

martes, 1 de diciembre de 2009

MÁIS ALÁ DA MATERIA




A intención desta sección da Páxina da Vida é ofrecer unha descrición dalgunhas partes do mundo suprasensible, dese mundo que existe máis alá dos nosos sentidos físicos.



Quen admita unicamente a existencia do sensorial considerará este apartado como unha fantasía quimérica. Pero a persoa que estea disposta a buscar os camiños que conducen a trascender o mundo sensorio comprenderá enseguida que a vida humana cobra valor e significado so cando a sua visión ten acceso a “outro” sutil mundo.



Con esta visión o ser humano non se alonxa da vida “real”, como moitos temerían, porque con ela pódese ter unha boa axuda para manterse firme e seguro nesta vida.



Deste xeito, o ser humano averigua cales son as causas da vida, mentres que sen esta percepción vive como un cego que anda a tentas entre os efectos.



Co coñecemento do suprasensible, o sensorial comeza a cobrar significado “real”. Por iso, con ese coñecemento o ser humano faise moito máis apto para a vida. Unha persoa alcanza as cotas mais elevadas na tarefa de ser consciente e de obrar axeitadamente cando comprende a vida, e para comprender a vida hai que comprender tanto o mundo sensible como o chamado suprasenbile.



É evidente que debemos empezar, primeiro, comprendendo o medio no que nos desenvolvemos, e logo comprender esa parte da Vida que se encontra mais alá dos nosos sentidos.



Antes que desexar experiencias nos planos sutiles é necesario comprender o que temos xusto diante de nos mesmos.




Visita este apartado, recolle a sua esencia e cando te encontres preparado/a vive o coñecemento que se encontra en


Hixiene espiritual