lunes, 22 de junio de 2015

CAMIÑANDO POR SOBORVIÑAS, FONTES, PATRIMONIO, …, por Ramón Laíño


Vista de Soborviñas desde a estrada principal, en direcçión a Noia. Pertençe á parroquia de Arghalo, do conçello de Noia.



Entramos no caminho da adea, vindo de Tállara-Merelle (Lousame).



Conforme imos avançando, o verde sempre aleghra e embeleçe o entorno.



Vemos a disposiçión das casas á beira do caminho. 



As hortas, a cotío, humaniçan as poboaçións, como tamén, os montes. 



Fai apariçión a man dereita, a casa onde viviron ata o final, Ramón de Cadarnoxo e Saladina de Carboeiro.



Portal de entrada. 



Xardín na fronte da casa e ao fondo. 



Proseguimos a andaina. 



Casa restaurada.



Fonte e lavadeiro de Catafarás



A fonte, de máis perto.



Lavadeiro visto desde o desaghue.



Outro enfoque da fonte.



Unha perspectiva diferente do lavadeiro.



O tellado, coas súas vighas.



A señora Pepa da Eira sentada a carón dun pé do hórreo. Esta muller viñera de Pomar do Río, en Cures e conocíana de solteira, como Pepa de Arribóns.



Como estaba en perigho de derrube, retiránrolle a madeira e o tellado, desmontando a súa estrutura. 


As ghaliñas andan ceibas pola eira, peteirando no chan.



Seghundo ela, o hórreo pertençe a tres propietarios. Eles, teñen unha parte.  



Fachada sureste da construcçión.



Continuamos a rota a través da aldea. Ollamos que nas ruínas, soen inçar as hedras e outro tipo de vexetaçión. 



No paso polo lughar, altérnanse construcçións novas, coas tradiçionais.


Camposos e arboreda.


Posible abrigho de leña.



Unha xoven acompanhando a unha senhora maior.



Avançamos cara o norde.



Cans coidando da súa horta.



Casa abandodada.



A parede é de porpiaño, pero está enfoscada en cemento.



As casas están acaroando o antigho camiño de carro.



O caminhante fai caminho.



Por veçes vense máis claros. 



Limoeiro cos froitos.



E horta, con outra aldea ao fondo da foto.



Óllase na curva, un muro de nova factura, coa súa casa.




Mestura na paisaxe, do prado pola actividade do home e o monte ao seu ritmo.



Muro, enreixados.



Casa e horta sen xente.



Antigha forja de Rogelio. A estrada e o río ao fondo. 



Visión frontal da casa deshabitada e muro de pedra típico.



 Vivenda pechada entre outras habitadas. 



Eira que foi quedando encadrada. 



En diversas partes do recorrido, este caminho era corredoira. 



A vexetaçión refresca e da sombra.


Cruçeiro da Rúa Nova. 


A súa base en escaleira. 



O Cristo, con dous acompañantes xunto dos seus pés. 



María no seu reverso. 



Cuberto con xanela e portal de madeira. 




Perfil do cruçeiro.




Indicadores do cruçeiro e da Cova da Moura. 



Caminho deica a mámoa da Cova da Moura. 



Luçes e sombras entre a follaxe do arboreda.



Casa de pedra enfoscada en cemento e pintada. 



Portal de madeira pintada. 



Baixada do caminho. 


Casa de pedra de mampostería, restaurada. 



Vivenda en abandono. 



Tramo final do recorrido. 




Propiedade sen vida, de casa valida. 



A súa lonxitude é importante. 



Ventanuxo, ou respiradeiro dunha posible corte de animais. 



E enriba, unha xanela de parte da vivenda. 



De fronte, un lateral do paço da Peña do Ouro. 



Ponte con sinal para a Casa do Torno e



e senda por riba dela. 




Seghuimos deica abaixo.  



Casas dentro do paço. 



Diversos sinais que nos informan de diferentes realidades. 


Cançelo, muros e postes de pedra, con enreixado na Penha do Ouro. 



Baixada a Noia. 



Diferentes espeçies de árbores. 




Estrada con direcçión Boiro. 



Volvemos neste sentido, por este traxecto. 



Atopamos bosque en ámbalas marxes do recorrido.



Vivenda en linha lonxitudinal co cruçeiro da Rúa Nova. 



Camelias e outras espeçies vexetais na horta desta casa.



Proseguimos a pendente inferior da aldea pola estrada principal. 



Perspectiva de horta, muros cancelo. 




Todos estes terrreos, como en todas partes, foron minados no seu día para terra de lavor. 



Aghra co río que a percorre. 



Escaleiras entre muro de pedra. 



Frutais e plataneiro. 



Viña en parra. 



Outra aldea máis alá da Aghra. 



Ovella paçendo na horta. 



As margharidas brancas tratan de poboar o muro de cemento.




Casa da Chica, onde había taverna e ultramarinos ata hai poucos anos.




Segundo conta a dona, ela veu da casa do Ghorrión, de Soborviñas. Relata que coidaran a um home desta casa da Chica e por iso lles quedou tal apodo. 



Hórreo enfronte da casa da Chica que posiblemente sexa da mesma dona. 




Pinche e fachada do hórreo.




Outro hórreo veçinho. Tamén, neste caso, é un hórreo mixto de cantería e madeira. 



Mestura de hortas e muros de contençión á beira da estrada. 


As flores queren recuperar o seu sitio. 



Antigas casas de pedra coas súas hortiñas.



Eira con madeiro para fender a lenha.



Horta de patacas delimitado con arame e camiño de pés ao seu carón.



Perspectiva de Soborviñas, em direcçión Boiro. 



Outra horta de patacas, mes e pico antes da súa recolleita. 



Camposo entre casas coa súa lenha. 



Casas antigas na beira esquerda da foto. 



Hórreo mixto. 



Subimos por un caminho á beira desta horta e atopamos unha ghaliñas ceibas peteirando comida no chan. Detrás delas, vemos o hórreo desmontado do principio da viaxe. E xunto del, no pinche norde, está a señora Pepa da Eira. 



Vista do pinche norde do hórreo mixto que ollamos anteriormente entre as casas antighas. 


As ghalinhas no seu mundo. 



Silveiras ao pé das casas velhas. 



Estamos cheghando ao punto onde começamos a viaxe. 



Casa de pedra enfoscada, con asento de pedra perto da porta. 



Ao fondo vemos un portal de madeira. 



Esta era a fraghua de Rogelio, o ferreiro de Soborviñas do século pasado. 




Tellado con tellas do país. 





Leira e ao fondo, bosque natural que bordea o río. 



Fachada este da casa dos finados, Ramón e Saladina. 


Viña e frutais.



 Perto do principio. 




Frutais en flor. 



Estamos en primavera. 




Casa pequena dun só andar. 




Porta de madeira con marco de pedra. Ten un burato na parte superior para ver quen chama. E na base, a ghateira, 



por onde entraban e saían os ghatos da casa.



Xanelas de madeira, con marcos de pedra. No seu interior poden apreçiarse as contras de madeira pintadas de verde. 




Ao remate desta linha amarela, xirando á dereita, atopáse o vieiro cara á aldea que percorremos desde o inicio.




A outra marxe da estrada, 



coa súa estrema do lughar en forma de valado métalico verde. 




Direcçión Lousame e Boiro.  



Cruçeiro nomeado "de Soborviñas" e coa aldea, pertençe á parroquia de Arghalo, Noia. 



Distintas perspectivas do cruçeiro, restaurado, logho dun acçidente de coche.



A casa, cunha boqueira na fachada, por mor dun vehículo que se empotrou nela. 



Parte de riba do cruçeiro



 e súa base. 



 Lateral, 



 coas vistas das dúas partes. 



Perspectiva do cruçeiro, desde a outra cara. 



 Enfoque da imaxe, desde perto. 

 


Base e columna desde o punto do terreo con máis caída.




Casa vella, xa inçada de hedras. 



Tellado a caer.



Porta de madeira aberta 



Interior da casa, con perigho de derrube.



Diferente ánghulo. 



Oco, ou espaço redondo dun posible báter típico que depositaba, probablemente nas cortes. Ou senón, baixada ao soto. 



A casa, pola súa parte de máis desnivel.



Dirixíndonos ao pinche sur da casa, pola estrada prinçipal.



Tramo final de Soborviñas, en sentido Merelle, parroquia de Tállara. 



Estamos case na estrema da aldea de Soborviñas, 



a cal inclúe dentro do seu territorio, esta casa de cor branco.

viernes, 5 de junio de 2015

viernes, 22 de mayo de 2015

UNHA MINA DE COLONIA, por Ramón Laíño



Era o ano 34 do século pasado e o tempo continuaba o seu curso na aldea de Cures.

Por aquel entón, unha mestra xoven punha escola no andar superior da casa do Castaño.



Fora enviada para reempraçar á primeira predeçesora, dona Elvira, natural de Santa Luçía de Tarás, da Serra de Outes.



O período de estançia desta primeira mestra, abranguía dende 1927, data de construçión da casa, ate 1933. Nesta fecha, a ensinante trocou de destino, ou xubilouse.


A nova professora, chamada dona Benedita, cando cheghou a esta aldea, contaba com vintedous ou vintetrés anos. Era nativa de Pontevea (Reis, Teo) e estaba casada em Santiagho. E como non conoçía a ninquén, intentou relaçionarse coa xente.

Unha das primeiras persoas coas que estableçeu íntima amizade, foi coa senhora Adelina das Chonas. 


Pouco a pouco, colleu confiança com mais veçiños.


Outra das persoas coas que se levaba bem, era coa sra. Secundina do Cacheiro, irmán da avoa materna, Esperança. Por tanto, tía de miña nai.



Polo que se refire ao seu acervo estético, moi marcado, era característico o uso intenso e cuantioso de colônia. Isto indicava unha orixe de alto status familiar.



Lembran que por onde pasaba, permaneçía o arreçendo a perfume.




En ocasións, com bo tempo, sacaba aos nenos da escola para levalos á paraxe de “O camposo do Lardoeiro” que pertençía aos do Currucho. E a xente podia perçibir esse arreçendor, a unha distançia normal para o olfato.



Din que a mestra, expresaba o seu desexo de ser madrinha dalghún pequeno do lughar. 

Foto dalghúns veçiños de Cures que a foron saudar a Santiagho, ou a Pontevea (súa terra), logho de ser destinada a Cacheiras. Aproximadamente no ano 1960.



Tanto dexesaba ser madrinha que no 1936, cando tía Secundina se atopaba en estado, dona Benedita concordou con ela, ser madriña da criatura.

Logho de naçer a nena, a mestra púxolle de nome, Benedita, igual cá ela. Polo tanto, aghora a nai da nena e a mestra, aparte de amigas, eran comadres. 

Na foto inferior, a afillada Benedita cun ramo de flores nas mans. E á dereita, dona Benedita cun bolso na man. Por esta época, 1960, a mestra xa estaba destinada en Cacheiras, Teo. 


Arredor do 1964, a mestra enfermou cando daba clases en Cacheiras. E aprox. no ano 65, ou 66, faleçeu.

Mentres puxo escola en Cures, a mestra vivía na aldea. Permaneçía aquí, de luns a venres ao longo do curso escolar, aghás vacaçións. Con ela habitaba o primeiro marido, contra o cal se ten enfrontado por defender a distintas persoas.  

Habitaban o piso superior da casa do Castanho, nunhas dependências a carón do cuarto da escola. 




Por outra banda, os propietarios da vivenda, estaban no Arruchelo, en Cures. Pero, despois da ghuerra, unha filla do propietario, a sra. Manoela, casou co Castanho de Pousada-Tallara e viñeron vivir ao primeiro andar desta casa.

Os fins de semana e festivos, a mestra ía co home no seu coche ate Santiagho, ou a Pontevea, terra dela. Tamén tiña moto. Esto sucedeu aprox. desde 1933 ate 1943, ou 1944, en que lle faleçeu o marido, de tremebunda e pesada memoria.



Ían por Boiro, distançia mais curta para alcançar a estrada Boiro-Santiagho. Por outra banda, a vía Boiro-Noia, daquela era unha pista de barro e ghrava.

Ademáis, non había caminho de saída desde a aldea ata a pista. 



Por isso, sempre deixaba o coche e a moto na pista, a carón da forxa e da casa dos tíos Domincos e Secundina. Deste xeito, o punto de partida era desde aqui.



Diçir tamén que a fraghua construírase no 1934 e pouco despois, no mesmo ano, rematouse a casa.

Naquela época, había o coche de liña “do Faxeiro” de Taraghoña e outro de “Angelito” de Rianxo. Tinhan unha hora de ida e outra de volta, os xoves de feira em Noia. Tamén unha hora de ida e unha de volta, os domincos. 



Todo esto durante a semana. Por iso, xeralmente, a mestra ía no coche particular, co seu primeiro home.



Neses anos, cando dona Benedita baixaba na parada de Cures, acostumaba ir á casa de tía Secundina.

Na fraghua, traballaba o sr. Domincos do Caseiro, tío de meu pai. 



Pero tamén estaba de aprendís, Ramón da Xastra, de doze ou treze anos quen mais tarde casaría con tía Benigna, irmán de miña nai.




Um día pola semana do ano 34, a mestra volvía de vacaçións de Pontevea, no coche do home. Ao chegharen a Cures, aparcaron o veículo onda sempre e a mestra baixou cun frasco de colônia na man.



Sem embargho, á altura da forja, caeulle ao chan e rompeu. Ela quedou toda apesarada porque era a colonia de toda a semana. Sen embargo, recolleu os cristais e encarouse á porta da tía. 



Petou e entrou para falaren das súas cousas.




O líquido deixou tal perfume que arreçendía por todo arredor. E así, o aprendís da fraghua ao ver a esçea, ocorréuselle unha idea. Aproveitou a ocasión para coller um esqueiro e façer unhas covas polo barraçeiro, fronte á forxa.



As covas semellaban pequenas minas a ceo aberto, en busca de colônia.

Máis tarde, veu por alí un home de Pomar do Rio. Tanto lle ulía a colonia que quedou asombrado.

Daquela, a xente común non se sabía como se obtiña a colonia.



E tampouco, a usaba. Ademáis, era inaçesible porque non había nin para comer.


Entón, este home que tanto lle arreçendía a perfume, foise cara á forxa e díxolle aos que alí estaban:




-      ¿E moito arreçende aquí?



Vai o aprendís Ramón da Xastra, e sinalando as covas, respóndelle:



-      ¡Si, oh!  ¡Estamos buscando aquí unha mina de colonia.!

A persoa marchouse toda convençida da explicaçión. E cando cheghou a Pomar do Río, 



contoulhes aos veçiños que xunto á fraghua de Domincos do Caseiro, había unha mina de colonia.




As xentes desa aldea, ao escoitaren a historia, viñeron ata a mina para buscar colonia. Pero ninquén a puido atopar.