viernes, 9 de octubre de 2015

O MUÍÑO DO CASTRO DE BAIXO, EN A CUNCHEIRA, por Ramón Laíño





Vista do muíño de fronte. E na parte esquerda, vese a entrada escura ao “cubo”, cunha laxe de pedra sobre dúas chantas. 

 


Pode apreçiarse unha liña no chan ata esa entra, a cal era a presa que levaba a aghua para dentro do cubo.

 


Presa de aghua que ven desviada do río, o cal pasa pola parte oeste.



Houbo que limpar a parede frontal do muíño para poder entrar nel. 



E o resto de paredes de arredor.

 


Así conseghuimos dála volta,  
 
 


e podemos velo desde tódolos puntos circundantes.



Parte de detrás do muíño.



Muro estremeiro da braña, xunto á presa.



Pinche do lado leste.



Un seixo de cor branca sobre o muro.

 

Vista do “sartegho” do muíño, na parte baixa da presa.


Panorámica desde o lateral leste da construcçión, co muro, a presa, carballos, ameneiros, …



 A antigha presa que levaba a aghua ata o cubo.

 


Boqueira do cubo e baixada ao sartegho.



Vista da entrada ao muíño.


Marco da porta, e soleira.



Tellas caídas e acheghadas nun currucho.



Parede interior, con pequeño muro no chan. O tellado xa está caído.

 


Este muro separa a entrada ao muíño, do “tremiñado”, onde está “o pé” do muíño.

 


As outras paredes interiores.

 


Burato, ou oco onde estaba a crus (cabeça do erghuedoiro), e baixaba o erghuedoiro ata a mesa do reduçio.

 


Capa, ou pedra redonda que xira sobre o pé e moe o millo. Pode ser pedra dura, ou branda.

 


Ten o ollal, ou furado no medio da capa e atravesa tamén o pé. Xa non ten a seghorella, o beo, a quenlla, nin o resto de compoñentes. Tampouco a vara que baixa polo ollal ate o sartegho.

 


As tellas sobre os muros das paredes, inda se conservan. Sighuen onde se poden aghuantar.


Marcos interiores da porta, coa cubriçión.


e a soleira.



Vista do pinche oeste, dirixíndonos deica a fachada sur.



Outra toma desde esta posiçión. A súa estrutura, a simple vista, inda se mantén estable.

 


Xiramos, dirixíndonos a esa fachada sur.

 
As pedras máis ghrandes, sempre acostuman façer de esquinais. No resto, a pedra é de mampostería. É diçir, máis miúda.

 


Vista desde ese ánghulo.

  


Entrada do sartegho. 
   

Xa non ten reduçio, mesa, nin vara.

 


Desçenso da presa de aghua. 

 


Pequeno estanque.

 


A aghua seghue o seu curso.

 


Os muros das estremas, inda se manteñen en pé.



O río, vai pola parte sur, paralela á presa que desviaron no seu día para o muíño.



Óllese a silveira que o invadía todo. Ghabeaba polas paredes, cheghando ao seu interior. Apañáronse arredores, paredes e interior con fouçiño, forcado e luvas. Finalmente, as ghalladas foron recollidas coa forcada, ou horquilla.

 

Cubriçión de pedras, arredor e sobre o cubo.

 


Os carballos, ameneiros, salghueiros e outras árbores, foron inçando e medrado ao seu xeito.


Alghunhas moreas de silvas e outra vexetaçión apañada, aumentaban a valoura seghundo lle xuntábamos máis ghalladas.



Outras ghalladas, en cambio, xa as botamos enriba das silveiras sen apañar.

 
 

A maleça contrasta co apañado e limpo, podendo ver en plenitude esta construcçión onde se moía o millo.


Con algho máis de lonxanía, vemos mellor a perspectiva das cousas.




Imos marchando, e deixamos esta paraxe.

viernes, 25 de septiembre de 2015

A VENDIMA, por Ramón Laíño




Chegha o verán ao seu ocaso, con ceos claros e solpores de encanto.


Maduran as moras nas silveiras, xa tintan as uvas nas viñas.
 

As amighas follas quérenvos abraçar. É hora de que abrades paso.


Bulen as inquedas abellas, revoan arredor as nespras, picando nas uvas cumpridas.


Como soños livres e fermosos, van as parsimoniosas fighuras de alghodón surcando as alturas.


Oh! Quérovos, ambientes que namorades en arreçendos de afrutadas fraghançias! 
 

Pasa a brisa morna, convertida en aire de sabiduría. 
 

A xente anda na vendima. Deixa as verdes colghadas e colle as máis maduriñas.


Son os teus frutos radiantes, loghro dun creçemento, fin dunha efervesçençia.


É tempo de escoller os vaghullos inservibles para deixalos na terra.


Ansiosas piñocas recollidas polos dedos do home, ou quiçais co fío das súas navallas.


Brila ao sol o teu corpo dourado, premura de que axiña, en viño te transformarás.


Comprendes que canto máis maduro che apañen, mellor saberás.


De cores diversas son as túas castes, brancas, tintas e roxas, con diferentes sabores.


Ules a mel e flores, cultivo embriaghador dos homes.


Estes momentos de traballos feliçes, quedarán en lembranças inesquençibles.


Os valdes vanse enchendo amodiño, cos frutos queridos.


Sí! Alghuén vos levará! Tal ves ás costas, ou se acaso, no carro ata a bodegha. 
 

Iredes adentro dos barriles e un pau vos pisará para que fervades.


Lentamente, sen apenas darse conta, vai esmoreçendo o final dunha etapa iluminada.


Ao cabo, aleghre rodarás líquido fermoso, como viño corrido a outros reçipientes.


viernes, 11 de septiembre de 2015

CONTOS TRADIÇIONAIS, por Ramón Laíño


A MOÇA GHUAPA E A FEA

 


Eran dous amighos que andaban naveghando no mesmo barco.

 


Por ahí eran dun tempo e puxéronse a falar das moças. 

 


Di un deles:

  • Eu hei de casar coa máis ghuapa que encontre.


Responde o outro:

  • Eu non, meu home! Eu hei casare cunha fea que non ma leve ninquén.
Seghuiron naveghando xuntos e casáronse. 

 


Despois diso, continuaron no mesmo barco; con ighual tipo de traballo. Por tanto, ghanaban a mesma cantidade de cartos e xirábanllos a cadansúa muller.



Cando viñeron a terra, encontráronse un día.

 


E dille o que casou coa máis fea ao outro:

  • ¿E que tal?

Entón, contéstalle o que casou coa ghuapa:

 

A min, moi ben. Aforrou todo.
Cando o home da fea volveu para a casa, preghuntoulle á súa muller:

  • ¡Elogho ti non aforrastes nada e a do meu compañeiro aforrou todo.!

Contéstalle ela:

 

¡Ti falas moito porque a ela paghábanlle, pero eu tiña que paghar.!


OS AMANTES E A ESCOPETA


 


Dous mariñeiros andaban naveghando xuntos. E cóntalle un ao outro:

 
  • ¡Oes! Enterinme que cando saes e imos para o barco, vai un home para xunta túa muller.
 


E despois pola madrughada, coma sempre, o marido agharrou o macuto para ir ao barco.

 


Pero, vai e fíxolle a emboscada á muller. Volveu para a casa, colleu a escopeta e púxose detrás da porta, aghardando.



Cando veu que estaban ao choio, na cama, ela atopábase por baixo e o amante, por riba.



Nesto que o marido entra no cuarto e apuntando coa escopeta, dille:

  • ¡Aghora mátovos aos dous.!


E respóndelle a muller toda tranquila, erghuendo a man:

  • ¡Espera un momento.! Vouche diçir unhas palabras:

¡O traxe da comunión do noso rapás máis vello. O ben que o estamos pasando. Os cartos que temos no banco.! ¡Todo eso, á conta do pillabán.!

    ¡Aghora, mátanos aos dous, se queres.!

Entón, vai o seu home, colleu unha manta de ençima da coqueta e botoulla a eles por riba, diçíndolles:


- ¡Que non vos tome o frío!


PACENÇIA

 


Había unha muller nunha aldea que lle chamaban Pacençia. Entón, un día, morreulle a muller a un veçiño do lughar.

Como é natural e humano, a xente íalle dando o pésame ao home.

 


E nesto que chegha o compadre do viúvo e dille:

  • Paçençia, compadre, pacençia.

Ao que lle responde el:

  • ¿E quererame, compadre e quererame?


O ROUBO DO PORCO

 


Era na época da matança, que un home axudado polo compadre, matara o porco.



Logho de aberto e limpo, colgharon o porco en canal para que arrefiase e entalase. Pero, ao outro día cando o dono foi mirar, o porco xa non estaba. Roubáranllo. (Fora o seu propio compañeiro.)

Encamiñouse xunto do compadre e dille:

  • ¡Roubáronme o porco!

Contéstalle o compadre:

  • ¡Diçide así para que volo crean.!



Reléalle o propietario:

  • ¡Pero, foi verdade, compadre.! ¡Foi verdade.!

O compadre:

  • ¡Compadre! ¡Ai que ben o façedes! ¡Diçide así para que volo crean. Diçide así.!
    (Como era el o autor do roubo, actuaba dun xeito descreído diante do que se queixaba.)




E o dono do porco matábase vivo intentando que llelo creran.