viernes, 1 de abril de 2016

O CAÑERO E O BAILE. HISTORIAS DO LUGHAR, por Ramón Laíño



Había un cañero na aldea de Comoxo, Françisco de Estaquio, parrandeiro, pillo e arghallante. Unha expresión moi típica del, era "Mecagho en coño" que usaba moi a miúdo.
 


Acostumba calçar socos, con polainas de coiro que lle cheghaban por debaixo dos xeonllos. 



 
Tiña moita afiçión á foleada. Tanto era así que no traballo de atender á pota, levaba consigho unha radio e casetes de música. 


 
Aparte de façer a caña no cuberto da súa casa, tamén a façía por outros sitios onde o chamaran. Entre eles, fighuraban varios lughares da parroquia de Cures.

 

Un día estaba façendo caña nun cuberto dunha aldea desta parroquía, comentada anteriormente. 


De ritmo pausado e parsimonioso, botaba alghunha hachiña ao lume para mantelo constante e que non morrese.



Sempre, onde había un cañero destilando, xuntábanse os homes ao seu arredor e tamén, rapaçada. 

 

Así pasaban o tempo ao pé do lume, contando contos na súa maior parte picantes, anque tamén doutro tipo.



En ocasións, había alghuén que botaba castañas a asar nas ascuas do lume, por debaixo da pota. Incluso, podía traelas o propio cañero que coidaba do lume para que non se apaghara.




Como é de supoñer, cando empeçaba pincando e enfiando a caña, os alí presentes aproveitaban para beberen un ghroliño dela.



Ademáis, este cañero, a maiores, puña música de casetes. 



Nesa aldea onde andaba o cañero, había unha muller que a probiña, debido á súa soedade, foi caendo nun fondo pesar. Para combater esta pena, trataba de esquençela cun pouco de alcohol. Resulta que ese día, andaba “de marea”. É diçir, un chisquiño “contenta” porque bebera un escorrallo na casa ou, na dalghún veçiño.



A probiña muller, como sabía que o cañero estaba por alí, dirixeuse cara ao sitio.



Conforme se iba acheghando, empeçou escoitando música e á xente falando.

 


Entrou no cuberto e como xa viña a tono, púxose a bailar ao son da música, dando voltas arredor de sí. Alghúns homes, un de cada ves, foron bailando con ela. 

 

Ao pouco, dixo o cañero: ¡Mechago en coño! !Aghora tócame a min!



Cando se encontraban dançando e, xirando ao ritmo da música, abreuse o portal de madeira. Entón, fixo entrada un fillo dela, exclamando:

¡Pareçe que hai festa, eh!



Ao verse nesa situaçión, o cañero deixouna inmediatamente. 



Dirixeuse ao pé da pota e púxose a ghuixarlle ao lume. Pero co nervioso que estaba, xa non vía o que façía e, apaghouno.

viernes, 18 de marzo de 2016

A GHORRA E O RAPÁS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño



 
Levántase o telón e vexo na miña memoria a un tío meu, casado nun lughar da parroquia.



Daba o seu aspecto físico, unha apariençia de maior idade da que en realidade tiña. Aquelo, onde a verdade dos anos se confunde a través dos ollos dun neno.

A partir dun determinado momento, começara pondo a ghorra neghra, típica de aquí.



Dixeran que xa, de moi xoven, fora quedando calvo. E, posteriormente, desde que eu me lembro, tamén puden comprobar que non mostraba complexos por ese motivo. 

 


Polo que se refire ao seu xeito de ser, situábase dentro do parrandeiro e o ocorrente.

Esta falta de pelo e a súa fisonomía, servíalle como pretexto para meterse coas moças e as mulleres. Levantaba a ghorra e diçíalles con moito arte, cousas paveras que as façían rir. 

 

Ao entrar en espaçios públicos cubertos, como en casas particulares, tiña por norma, sacar a ghorra e pousala nun sitio discreto.

A historia que nos ocupa, desenvólvese na seghunda metade dos anos 60, do século pasado. O protaghonista, de quen estamos falando, traballaba de gharda forestal.
 


Para poder desenvolver o seu ofiçio, dispuña dunha moto todoterreo e,
 


dun aparato radiofónico portátil. Este último, contaba cunha correa de coiro que puña nun ombreiro, cruçando hastra o lado contrario da çintura. 

  

Por esa época, non existían pistas interparroquiais, só camiños de carro. Debido a esto, a Forestal fíxolle unha caseta de ladrillo, enfoscada en çemento para ghardar a moto. Construíronlla perto do cruçe de Carboeiro, na beira da pista de Pomar do Río a Moimenta. 

 


Un día, como tantos outros, saeu da casa coa intençión de coller a moto e, ir traballar. Para eso, subeu camiño arriba hastra a caseta e, ao abrir, xa non estaba o vehículo.

 
Nesa temporada, meu pai viñera de naveghar e andaba pola casa. Non había moito tempo que comprara unha moto. Inda me lembro dela, anos despois. Era unha Bultaco, de 250 cc.



Naquel intre, penso que non había máis motos pola aldea e, posiblemente, nincunha outra na parroquia. Se acaso, alghunha biçicleta, “quen a tiña.”



Logho de ocorrido ese suçeso, o tío veu desde a aldea veçiña, xunto de meu pai. E ao acabar de contarlle o que pasara, pideulle se o levaba a Boiro para dar parte. Cheghados alí, as autoridades tomaron nota, pero non tiñan novas ao respecto. 



De seghuido, despraçáronse ao posto de Noia. Neste caso, os que os atenderon, dixéronlle que o día dos feitos pasaran por esa pista forestal, sen observaren nada raro. 

 


Así con todo, iniçiaron o reghreso para a casa. Pero no traxecto, determinaron tomar algho polo camiño. E ao pouco, pararon a man dereita, nunha taberna de Merelle, da parroquia de Tállara, pertençente a Lousame. 

  

Cando pasaron adentro, o tío sacou a ghorra e

 


púxoa enriba dunha banqueta redonda, de madeira.



Por alí, andaba un rapás pequeño da casa, enredando ao seu aire. Ao pouco, veu a prenda pousada naquel sitio.




Vai o neno e, ocorréuselle coller a ghorra para xoghar con ela.

Entón, dille o dono da prenda:

- ¡Haber! ¡A ghorra ou o pelo!
 


E o rapás, sorprendido por tal dilema e, “temendo quedar sen pelo”, devolveulla ao instante.

 


POSDATA: Do asunto da moto, dixéranlle tempo despois que apareçera en Carballo. Din que se atopaba en bo estado.

jueves, 3 de marzo de 2016

O RAPAÇIÑO E O PIOLLO. HISTORIAS DO LUGHAR, por Ramón Laíño





Tempos aqueles da era dos nosos maiores, onde había traballo duro e



tamén, neçesidade e miseria. 



Unha consecuençia desta realidade, era a propaghaçión de piollos polo ambiente. 


 
As nais, xeralmente, a que máis, a que menos, miraban na cabeça dos seus fillos e, ao resto da familia para “cardar” piollos.



Esto consistía en buscalos entre o pelo. Cando collían alghún, estruchábano entre as cotas das uñas dos dedos ghordos, de ámbalas mans.



Dita operaçión era unha medida de hixiene “momentánea”, pois aqueles bichiños podían volverse coller ao pasaren da cabeça doutros nenos, por contacto físico. 


 
Como sempre en todas as cousas da vida, na aldea había alghunha casa na que os seus membros, tiñan fama de máis limpos e coidadosos.

 


Os rapaçes, en xeral, seres espontáneos e independentes, iban uns á casa dos outros para saíren a xoghar por ahí.



Resulta que un día, os nenos desa casa con fama de máis limpos, foron con outros compañeiros á casa duns amighos. 

 

Entraron nela e viron ao neno que buscaban. El estaba sentado, mentes súa nai lle miraba a cabeça por se tiña piollos.



Esta nai, sabendo da sona de máis limpos dalghúns dos nenos que tiña diante dela, quixo ser máis cá ninquén. Entón dixo:
 
¡O noso filliño non ten nincún piolliño! ¡E vos estades cheos deles!



De seghuido, exclama o seu fillo:

¡Mamá! ¡Ai mamá! ¡Ahí vai un!



A esto, a nai enfadada, berroulle:

¡Calas a boca! ¡Non ves quen está aquí!