jueves, 12 de mayo de 2016

OS FIGHOS E A CHAQUETA. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño





Érase no mundo aquel, cheo de neçesidades e privaçións, onde os rapaçes e os moços, entraban ás aghachadas nas hortas alleas. Alí, comían a fruta que podían e levaban consigho toda a que foran capaçes de acarrexar. Tamén, alghunha xente adulta de cando en ves, por mor da fame, buscaba esta posibilidade.


Corría a cargho e sustento dos seus donos, o afán de coidalas. 



Doutro xeito, era desexo dos que ansiaban probala, tratar de conseghuila. 


 
A este tempo, pertençía o matrimonio formado por “tío” Domincos do Caseiro e “tía” Secundina do Cacheiro. Ámbolos dous, tíos dos meus respectivos pais.



De casados, levantaron no ano 1934 un pequeno cuberto, onde o “tío” montou unha forxa. Atopábase próxima á beira da pista de Boiro-Noia. Nese mesmo ano, pouco despois, erghueron ao seu carón unha casa pequena e humilde.



El, xa de solteiro, deprendera algho do ofiçio de ferreiro. 



Eso ocorrera na forxa que tiña abaixo na aldea, 



xunto a casa de seus pais (meus bisavós paternos), onde hoxe está situado o hórreo e a eira.
  


Cando ao pouco de casárense, construíron a forxa en Cures de Riba, desmontaron a de baixo da aldea e instalárona arriba.



Pero, aparte de pórse a traballar de ferreiro, tamén quixo coller alghún aprendís para ensinarlle o ofiçio. 



O primeiro deles foi un rapaçote, chamado Ramón da Xastra, natural de Hermo, por debaixo de SoborHermo, pertençente á Ameán.  



Este moçiño, começou deprendendo no mesmo ano que se abreu a forxa, no 1934. Co paso do tempo, 



Ramón chegharía a casar cunha tía materna miña, Benigna de Esperança. 


No ano seghuinte, en 1935, sumouse outro aprendís. Era o defunto de Amable de Suares, de Carboeiro (curmán de meu pai). Ámbolos dous aprendiçes, terían arredor dos 14 ou 15 anos, coinçidiron na fraghua durante o período de 1935 a 1936. 

 

A historia que nos ocupa, ocorreu no primeiro ano de funçionamento da forxa. Nunha mañán de mediados de aghosto, ou prinçipios de setembro,



Ramón da Xastra viña desde A Ameán, con direcçión ao taller do meu “tío” Domincos.



O camiño da Ameán a Cures, pasaba pola Ponte Ghrande de pedra e, ao pouco, encóntrase a Ponte Pequena, na Aghra.


 
Logho, sobe por SoHórreo, hastra a casa dos da Eira. E, posteriormente, vai atravesando a aldea de Cures. 


No medio do lughar, atopábase a casa da bisavoa materna, Benigna do Cacheiro. Por ese tempo, xa era soghra de “tío” Domincos do Caseiro. 

 

A casa da bisavoa, tiña un cuberto na entrada prinçipal, con pouca caída de aghuas. E, xusto na parte dianteira do tellado, colocáranlle unha plancha metálica, pequena e delghada. 



Así que os da casa, podían subirse a ela, façendolle de “mirador”. O resto do tellado era de tellas do país. 


 
Naquel alto, divisaban unha horta da súa propiedade, situada na subida da aldea. Este terreo, estaba ao pé do camiño de carro da aldea. 



Estremaba en paralelo coa horta dos de Xan, rematando en aghuillón.



Daquela, a maioría das casas eran pequenas, xeralmente dun andar. Como máximo, alghunha podía ter dous andares. Polo tanto, a vista alcançaba o horiçonte desde distintos puntos da aldea. 



Nesto vai, que Ramón da Xastra camiñaba á altura desa horta. Vestía unha chaqueta con camisa branca e, pantalón lonco. Mentes pasaba ao lado dos frutais, veu unha fighueira con fighos maduros.



Entón, detivo o paso e mirou arredor de sí, comprobando que non había ninquén á vista. De seghuido, púxose a comer fighos. 

 

Sen embargho, a dona da horta estaba neses intres no “mirador” da casa, situada no medio da aldea. 


 
Desde alí, pudo velo ao lonxe e instintivamente, berroulle:
  • ¡Ai, ghalopín! ¡Vouche comer eu! ¡Deixa os fighos que teñen dono!


O rapaçolo virouse de repente e, veuna na distançia. El, sen querer saber máis, fuxeu dalí e, sighueu camiño arriba polo Boliño.


Nun tramo do recorrido, sen que ninquén o vira, sacou a chaqueta e aghachouna nunha beira do camiño. 



Así que, antes de cheghar á forxa do tío Domincos, xa iba sen chaqueta.



Entrou na fraghua, en camisa. Saudou e púxose cos seus labores de aprendís de ferreiro. 


 
A dona da horta, viña subindo para descubrir ao furtivo. Ela sospeitaba do aprendís, porque tan axiña veu que lle comían fruta na horta, subeu detrás del e, non se topou con ninquén máis nesa direcçión. Ao cheghar ao alto, veu o taller.



Alí dentro, ademáis do ferreiro e do aprendís, atopábase unha nena de dous anos. Era Evanxelina, unha filla dos “tíos”. Tíñana con eles para coidárena, xa que a “tía” non podía levala consigho mentes cosía roupa nas casas de fóra. 


A pequena estaba sentada nun banco, quiçais un tallo de madeira, xunta o torno. Ela, arreboláballe cousas a Ramón, enredando e meténdose con eles. 



E el, cando tiña oportunidade, façíalle carantoñas á nena para que estuvera queda. 

 

Cando entrou a bisavoa Benigna, veu a Ramón e, sen máis palabra, berroulle porque lle comera fighos na horta. 

 
A esto, “tío” Domincos o ferreiro que era xenro dela, ao escoitala berrar, dille:
  • ¿Elogho, viña con chaqueta, ou sen ela?

Benigna:
  • Con ela.


Ramón da Xastra aleghou que el viñera en camisa, sen chaqueta nincunha. 


Entón Domincos, enghadeu:
  • ¡Coño! ¡Pois aquí está sen ela. Eu non lle vin chaqueta nincunha! ¡Entonçes non foi!



E a muller, toda enfadada, marchou daquela maneira. 



viernes, 29 de abril de 2016

OS CURMÁNS, A BESTA E A FIADA. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño




Érase dunha ves dous moços, meu pai e seu curmán, José do Caseiro de Cadarnoxo (anos máis tarde, casaría na Fighueira). Estaban traballando de carpinteiros un sábado polo verán, na aldea de Ghuiende, parroquia de Tállara, Lousame.
 


Ese día, tiñan pensado ir á fiada á Ghraña, unha aldea situada nas Chans do Iroite. Façíase os sábados á tardiña, na casa nova do Nacho.



Esta vivenda aínda estaba a ghranel e a familia, mentres tanto, vivía na casa vella. Por esa época, na reunión, xa non fiaban o liño.



Senón que as mulleres, soamente cantaban e tocaban as pandeiretas, conxughando cos asistentes, danças e xoghos.
 


José, o curmán de meu pai, por aquel entón, saía cunha filla dos da casa na que había fiada.



Como os dous moçotes querían ir alá, levaron consigho roupa de reposto para o traballo. E ao remataren a xornada, laváronse en palancanas e puxeron as mudas na casa onde estaban traballando.



Atopábanse cansados do traballo, pero deçididos a ir á fiada.
 


Saíron de Ghuiende e, logho dun tempo camiñando, chegharon ao alto de Cadarnoxo.



Desde alí, começaron a subir con direcçión á Ghraña. Sen embargho para chegharen alá, había moito que andar.


 
Foi que nun tramo do recorrido, viron unhas bestas con pégha (pau que se lle pon nunha pata aos cabalos para que non fuxan cando están paçendo çeibos. En cambio, ás vacas non llas puñan porque era difíçil e ademáis, non se alonxaban tanto. 



No caso das ovellas, púñanlle unha solta. Antighamente, cando non cheghaban os cartos para comprar corda e façela con ela, façíanse soltas de xunco enxoito. É diçir, collíase xunco de brañas, ou de sitios húmidos e, púñase a enxughar ao sol, para secalo. E con esto façían as soltas. Logho, ao haber medios, elaboráronse soltas cunha corda pequena. A solta átaselle a unha pata de diante con outra datrás, pero do mesmo lado. Por lóxica, púñaselle á ovella que dirixía o rabaño, ou tamén ás máis aventureiras.)



Botáronlle o ollo a unha das bestas que era rusa, é diçir, de cor branca. Acorralárona e montaron a cabalo dela.
 


Pero claro, como a levaban agharrada ás sedas, non se daba ben para ghuiala.



Así que entre os dous, concordaron que dese xeito non iban ben. E díxolle meu pai oa curmán:

Mira, José. Baixa ti e amarrámola cos cintos dos pantalóns. O teu, átasllo ao pescoço e,
 


o meu, póñoo no teu para alarghar.



Con esto, chegharame aos braços e, poderemos levala presa. 

Entón, o que estaba a cabalo, colleu as rendas feitas cos dous cintos. 



E José, volveu subir detrás del. A todo esto, era a tardiña do sábado, polo verán. Polo tanto, aínda era día.


A besta iba moi ben. Foi subindo a costa e, chegharon ás Chans de Lidón.



Alí, había uns piniños pequenos. E a besta empeçou, triqui, triqui. Ao triqui, triqui.



Pero ela foi pilla. Volveuse sobor de si e colleu costa abaixo, coa idea de tirar con eles entre os pinos.


 
A quen primeiro barreron as ramas, foi a meu pai que iba diante. De seghuido, caeu José que estaba atrás e, ao cheghar ao chan, quedou por debaixo do ghuía.



O animal larghouse a correr, deixándoos tirados, levando consigho os dous cintos amarrados no pescoço.



Eles, despois de erghuérense, foron aghuantando dos pantalóns desde Lidón, hastra A Ghraña.

 
Cando chegharon alá, pensaron en façerse con algho que lles sostivese os pantalóns. Entón, deçidiron que o bo sería conseghuir unha corda.



José era moço dunha filla dos donos onde tiña lughar a fiada. E sabía en que sitio do cuberto había cordas.

 


Entón, entrou pouco a pouco no cuberto, seghuido do meu pai e, colleu unha corda.



Pero, como nincún dos dous non tiñan nin navalla, agharrou unha pedra e, rompeu un cacho de corda. 

 


Desfixérona para colleren cadanseu cordón e amarráronos nas cinturas dos pantalóns, a xeito de cintos. 



Botaron as camisas por fóra e así foron á fiada.



Despois, tuveron que comprar uns cintos novos porque os outros, levárallos a besta.