jueves, 29 de octubre de 2009

OS SEGUROS


1. Introdución

2. Concepto de seguro

3. Elementos que conforman un seguro

4. Entes auxiliares do asegurador

5. Tipos de seguros

6. Seguros sociais

7. Seguros de pensións

8. Seguros privados

9. Seguros de persoas
1
0. Seguro de automóbiles

11. Seguros de roubo

12. Seguro de transporte

13. Conclusions



INTRODUCION




O presente traballo búscase facer unha análise completa sobre as diversas clases de seguros, debido a que na actualidade existen moitas empresas que prestan este valioso servizo.




Primeiro debemos entender que significa SEGURO, servizo mediante o cal unha persoa chamada asegurador obrígase, a cambio dunha suma de diñeiro, coñecida como prima, a indemnizar a outra chamada asegurado ou á persoa que este designe, dun perxuizo ou dano que poda causar un suceso incerto. A partir deste concepto podemos establecer cales son os suxeitos que interveñen no seguro sendo os seguintes: o asegurador, o asegurado ou tomador e o beneficiario.


Cabe mencionar tamén algunhas das principais características do seguro: é consensual, bilateral e aleatorio. É consensual porque se perfecciona polo mero consentimento das partes e produce os seus efectos desde que se realizou a conveción; é bilateral posto que orixina dereitos e obrigas recíprocas entre asegurador e asegurado, e é aleatorio porque se refire á indemnización dunha perda ou dun dano producido por un acontecemento ou un feito incerto, pois non se sabe se se vai producir e no caso contrario como ocorre coa morte non se sabe cando iso ha de acontecer.



Ó longo do traballo de investigación tamén se tocan outros temas que resultan relevantes para poder entender o seguro, como os elementos do contrato de seguro que son: o interés asegurable, o risco asegurable, a prima e a obriga de indemnizar.



Tamén se busca facer unha correcta clasificación dos seguros e non so limitalos ós que sinala o Código de Comercio, ademais abórdanse temas importantes coma o reaseguro, o coaseguro, o seguro múltiple, o infra seguro e o sobre seguro.





Finalmente temos que o seguro da orixe necesariamente a unha póliza, que é o instrumento probatorio por excelencia do contrato celebrado entre o asegurado e o asegurador, nel reflíctense as normas que de xeito xeral, particular ou especial regulan a relación contractual conveñida.



CONCEPTO DE SEGURO


É un instrumento financeiro polo cal outórgase unha Suma Asegurada en caso de falecemento, eiva ou supervivencia. A aseguradora pagará ós beneficiarios a suma asegurada en caso de eiva, supervivencia ou morte do asegurado, de acordo ás condicións contratadas, sendo requisito fundamental que a póliza se encontre vixente.




ELEMENTOS QUE CONFORMAN UN SEGURO


A Contratación


Os Seguros de vida pódense adquirir ou contratar a través de axentes ou corredores de seguros e bancos.


Nun seguro de vida individual, o asegurado pode elixir as coberturas de acordo ás súas necesidades de proteción e aforro.


Se desexa contratar un seguro, comence por facer unha solicitude, documento que recaba a información do solicitante e en caso de ser aceptado formará parte do contrato de seguro.




A Suma Asegurada



É o monto que se compromete a pagar a aseguradora, sempre e cando fose contratada a cobertura.


Beneficiarios


Os beneficiarios deben ter unha relación co asegurado e unha dependencia económica total ou parcial del. Estas relacións son evidentes no caso de esposa, fillos, irmáns menores en idade non produtiva, pais, etc.


Custe do Seguro





O custe do seguro é a prima estipulada na carátula da póliza, suxeita a variables tales como idade, estado de saúde, ocupación, hábitos, entre outros.Tódolos pagos relativos ó contrato de seguro, xa sexa por parte do asegurado ou da aseguradora, efectuaranse en moeda nacional. Cando o plan estea contratado noutra moeda tomarase o tipo de cambio vixente no momento do pago. A forma trimestrais ou semestrais cun recargo por pago fraccionado; moitas compañías contan co cargo automático a tarxeta de crédito e conta de cheques. En termos xerais a suma asegurada total pode ser ata 10 veces a percepción anual do asegurado. Tradicional de pago é anual, pero tamén se ofrecen formas de pago mensual.




Os beneficios adicionais dun seguro


Algúns dos beneficios adicionais que ofrecen as compañías de seguros son pago da suma asegurada por morte accidental, pago da suma asegurada por eiva e exencion de pago de primas por eiva, entre outros, os cales poden ter ou non un custe adicional e debe quedar claramente especificados na carátula da póliza.




Como solicitar o pago do seu seguro


Para o pago de reclamacións, o beneficiario deberá encher o formato de reclamación provisto pola aseguradora.





As aseguradoras poderán solicitar entre outros documentos os que de seguido se mencionan:

Actas de nacemento do asegurado e beneficiarios.

Actas de defunción.

Actas de matrimonio se o beneficiario é o conxuxe.

Identificacións oficiais.

Acta do ministerio público en caso de morte accidental.

Dictame de Eiva.



miércoles, 28 de octubre de 2009

A VIDA SOCIAL

Desenvolvemento interior

Incremente a súa vida social


Aumentar ou adquirir unha vida social no é tan difícil como parece. Moita xente fai e conserva amizades sen saber como o logra. Se desde chaval foi unha persoa aberta, entón se lle facilita facer amigos, pero se non é o seu caso e se considera unha persoa tímida ou seria, non quere decir que estea destinada á soedade de por vida.



Todalas persoas poden pertencer a un grupo social se así se o propoñen.


Todo é cuestión de actitude




Habilidades de comunicación ten, todo é cuestión de como o utilice. Sexa positivo.


A actitude con que vexa á vida é o segredo. Pode seguir moitos consellos de como relacionarse con nova xente, pero se non ten esa actitude, esa confianza en vostede mesmo, definitivamente non o logrará.





Tome a vida polos cornos e poña ó optimismo do seu lado.

¿Con quen relacionarse?



Vostede xa conoce xente e debe traballar as amizades ou coñecidos que xa ten, pero se quere relacionarse con xente nova, fora da sua casa ou a sua oficina, hai miles de persoas que en cuestión de días poderían estar con vostede compartindo momentos agradables, todo o que ten que facer é saír e ser parte do movemento urbano, pois a xente sae á rúa. Pode coñecer persoas no ximnasio ou no parque a onde vai correr, no seu mesmo traballo, onde compra o seu café diariamente, en todo tipo de lugares, o segredo é ir disposto a coñecer e a saír do encerro.

A palabra oportunidade, seguido se describe como unha porta aberta, e o mellor xeito de incrementar o número de portas na sua vida, é coñecer e interactuar con moita e de todo tipo de xente.


Considere que incluso a xente que goza de popularidade sofre dalgún grao de ansiedade se se encontra nun círculo social.

Case a diario vostede convive con moitas persoas, moitas das cales pásanlle desapercibidas. Aprenda a coñecer á máis xente posible nese día.


Algunhas recomendacións

1. Vístase para trunfar

Vexa cada día como se fora o mais importante da sua vida e vístase axeitadamente para dito dia. Non importa se ten unha xunta moi importante ou se vai reunirse coas suas amizades ou se, simplemente, vai de compras ó supermercado, que a sua imaxe e a sua vestimenta falen de éxito.


Se vostede da a apariencia de ser importante, así é como os demais o tomarán.

2. Camiñe seguro e con porte.

Andar coa cabeza en alto apórtalle confianza a sua imaxe sen importar que por dentro non se sinta do mesmo xeito, pero para obter a confianza no interior, facelo primeiro no exterior é un bo paso. A xente que camiña con porte, invita mais a que se lle acerquen e é tomada con mais seriedade.


3. Realice pequenas conversacións

Falar con estranos mentres fai fila no banco, pode parecer intimidante nun principio. Pode sentir que a sua iniciativa non será ben recibida. Tome o risco, unha pequena conversacion é unha excelente maneira de empezar unha platica con alguen. Esa persoa podería converterse nunha nova amizade, non deixe pasar esas oportunidades. Pode iniciar a conversacion facendo algun tipo de cumprido, a persoa á que llo di pode responder e asi iniciar a platica, se non o fai, polo menos vostede xa empezou a experimentar o socializar con novas persoas. Trate de iniciar este tipo de conversas, polo menos, unha vez ó día. Mentres mais o intente, mais posibilidades te nde coñecer a alguen con quen logre unha quimica para platicar.

4. Incremente o uso da linguaxe corporal



Varios estudos demostraron que persoas que disfrutan unha mutua compañía están moi ó pendente da linguaxe corporal e moitas veces o ven como un espello, é decir, que quixeran reflectirse na imaxe que voste aporta mentres usa a sua linguaxe corporal.

5. Sempre sexa educado e alegre



Vostede quererá estar con alguén que o faga sentir ben. O mesmo pasa cos demais, así que sempre demostre educacion, disposición e bo humor, sen chegar ó punto de desesperar á xente por querer tratar de quedar ben a toda costa, hai que saber equilibrar.

6. Manteña as relacions

É moi facil perder as relacions anque estas fosen solidas. Polo que é importante mantelas. A excusa mais comun é que non se ten o tempo, o certo é que o tempo o ten, o que pasa é que non se llo da. Todo o que necesita son cinco minutos para facer unha chamada e así manter unha amizade ou unha relación cordial. Asegúrese que lle da seguimento a tódolos contactos que vostede considere importantes, a sua axenda persoal pode axudarlle a refrescar a memoria e acordarse dos que tivo no esquecemento.



O segredo de organizarse

Cando se é xoven e aínda se está estudando, hai mais tempo de socializar, as obrigas limítanse a ir á escola e o tempo para ir cos amigos e coñecidos sobra.

Pero conforme pasan os anos, a escola pasa e da inicio a etapa de traballar e con iso se incrementan as responsabilidades. A raiz disto, as amizades empézanse a descoidar, entre que ten moito traballo e a familia ou o exercicio, os coñecidos pasan a segundo grao. Despois darase conta que ese non é o camiño, a natureza do home é estar acompañado.



¿Como darse tempo?

1. Duplique a actividade

En lugar de so reunirse cun grupo de amigos para tomar unha copa, pode o mesmo dia, organizar mais actividades, aproveite a ocasion e fomente ese tipo de actividades para que as realicen mais constantemente.

2. Axente as suas actividades

Algunhas persoas, teñan ou non moitas actividades diariamente, xa sexa por presións ou moito traballo, esquecen os seus compromisos. É moi recomendable ter todo rexistrado e se vostede se fai ó costume de chequear as suas actividades por escrito, seralle mais facil facer lugar na sua axenda para as suas amizades. A disciplina non esta pelexada coa diversión.



3. Use o tempo morto

Por mais que sexa unha persoa sumamente ocupada, sempre ten uns minutos que non requiren da sua total atencion. Eses escasos minutos poden ser a diferencia entre quedarse na casa o fin de semana vendo películas e pasar un divertido fin de semana en compañía deses amigos que, “por non ter tempo”, tiña no esquecemento.

4. Sexa selectivo


Querer ter mais vida social non significa sair coa primeira persoa que responda ó seu saúdo, trátase mais de calidade que de cantidade. De acordo que necesita sair con mais xente, pero non ten caso sair con xente coa que non ten nada en común, é importante que se sinta cómodo coas suas amizades, se non moi probablemente non terá moito de que falar.

As ferramentas para mellorar a sua vida social as ten, utilíceas desde hoxe.

O “non teño tempo”, xa non é excusa.

Busque amigos do seu pasado e reúnase con elas. Así vai descubrir que hai mais xente que pode estar perto de vostede sen ningún outro interés que o dunha amizade.




martes, 27 de octubre de 2009

DESENVOLVEMENTO INTERIOR


Temperamento e actitude



CONTROLE A CARRAXE



Sobre todo como pai de familia, a carraxe pode ter consecuencias moi graves se non sabe controlar. Corre o risco de afectar relacións coa súa parella, pero, sobre todo, abre a posibilidade de darlle ensinanzas equivocadas e negativas a seus fillos.


Se quere manter un ambiente cordial na súa familia e educar a seus nenos de xeito que non aprecie na violencia como resposta ós problemas da vida, debe tomar certas medidas e nunca perder a cabeza.



A imitación infantil




Sempre se discute de onde sacan os nenos un comportamento agresivo. A pesares de que interveñen moitos factores, o principal está en vostede mesmo.



Os nenos, desde moi pequenos, moldean a súa persoalidade segundo o que encontran no seu derredor, o comportamento violento sóese desenvolver desde idades de moi cedo polo que depende de vostede guiar a seu fillo por un mellor camiño. O mellor xeito de facelo é comportándose como quixera que eles se comportaran. Os pais son os principais modelo sa seguir dos nenos polo lazo biolóxico, polo tempo de convivencia e pola idealización que levanta ós pais á categoría de ídolos.



Así, o seu neno ve o seu comportamento constantemente e trátao de imitar. Para mostrarlle o mellor, non basta con falarlles sobre a carraxe e o control do mesmo, senón que debe facelo con feitos.



Predique co exemplo






Se se envolve nun pleito ou discusión que lle xenera sentimento de carraxe, evite explotar e mostrar condutas agresivas. Véxao como unha grande oportunidade para probarlle a seu fillo que hai mellores saídas que a violencia.



Racionalíceo ó máximo e opte por un ton e un vocabulario sutiles, que busquen o consenso. Esto é fundamental, sobre todo, nunha pelexa coa súa parella. O peor que pode ver un neno é ver discutir violentamente a seus pais. Se se chega a haber un conflito, endexamais dea sinais de que se falta ó respeto ou que se perde o cariño entre ambos. Léveo a unha discusión máis cordial.



En caso de que sexan inevitables un cabreo e unha discusión moi fortes, o mellor é alonxarse do lugar onde estean os seus fillos, asegurándose de que desde aí non se escoiten as voces e os berros que podan provir daí.



Se o enfado é co seu fillo, o control é aínda importante porque, aparte de espertar a violencia nel, pódense xerar resentimentos en contra de seus pais se é que non se trata axeitadamente.



Por máis que fixesen un mal moi grande, nunca explote ó grao de chegar ós berros esaxerados, ás groserías e ós golpes.



Se se chega a tal extremo nestas situacións, o neno verá que calquera problema pódese arranxar pola mala, é dicir, con extrema violencia ee so reflectirao tanto con vostede como coas demais persoas.



En caso de terlle berrado ou magoado, non ten mais que emendar o seu erro na medida do posible. Cando estea mais tranquilo, non tema acudir xunto o seu fillo para pedirlle desculpas e explicarlle por que pasaron as cousas, deixando ben claro que non está ben reaccionar así.



Técnicas de autocontrol no momento







É inevitable sentir carraxe de vez en cando, pero si pódese previr unha reaccion negativa que se orixine del. Para logralo, existen sinxelos métodos como os seguintes:




Resolución do problema.


Esta técnica é mais complicada pero moi efectiva se se aplica ben. Necesítase unha análise crítica da situacion para identificar o problema específico que o fixo cabrear. Se o resolve ou se da conta que non é tan grave, estará arrincando o mal do cabreo de raíz.



Charla a solas. Falar consigo mesmo fai que coas palabras se desafogue o enfado. O mellor é que esas palabras quédanse para vostede e non danan a ninguén mais. En casos estremos tamén pode berrar para ceibar a presión da carraxe, claro sempre e cando, estea no lugar correcto.



Diante da tempestade a calma. En caso dunha situacion de enfado a nivel grupal, o mais sabio que pode facer é manterse calmado e escoitar o que din os demais.


Como vostede é o único escoitando coa mente fría, pode evitar discusións inútiles, identificar os conflitos e tratar de solucionalos.



Conteo. Contar números ou obxectos á vista permítelle alonxarse do sentimento do malhumor e relaxarse nun patrón fixo e monótono. Esta é unha das tecnicas mais populares e mais efectivas a curto prazo.



Solucions saudables





Hai formas para conducir ós seus fillos polo mellor camiño.


O sentimento da carraxe pode quedarse sen consecuencias graves, sempre e cando, se adopten medidas para proxectalo positivamente.



Aceptación. Endexamais poña en entredito a natureza e a necesidade do cabreo. Axude ós seus fillos a ver que é algo moi humano co cal teñen que lidiar. Doutro xeito é perigoso porque absorber e evadir os enfados significa acumular unha presión que posteriormente se libera con peores reaccións.



Intelixencia emocional. Ensine ós seus fillos a identificar e expresar os seus sentimentos. Faga exercicios específicos e cuestíoneo constantemente sobre as súas emocións para que aprendan a aprecialas e como tratalas.



Desafogue físico. Para liberar a carga de enerxía negativa que produce a carraxe, propoña ós seus fillos actividades como correr, patear ou arrebolar unha pelota con forza, etc. o agotamento físico diminúe o cabreo.



Expresión. Unha das razóns principais da arte é a de expresar emocións. Encamiñe a carraxe dos seus fillos por esa vía, incitándoos a escribir un conto, facer un debuxo ou unha pintura, cada vez que o experimenten.



comunicación. Falar sobre os problemas que ocasiona o enfado leva a entendelos mellor, incluso a minimizar a sua carga e a sua importancia. Impulse ós seus fillos a que recorran ó diálogo, xa sexa con vostede ou cos seus amigos.



Bo humor. Se se toma da mellor forma, a carraxe pode ata provocar risa. Ensine ós seus fillos a ver as cousas positivas e a identificar cando as razóns do enfado son absurdas. Deste xeito, tomarano de bo humor e asimilarano mais axiña e mellor.



Tempo fora. Se se está moi alterado, débese ir á habitacion e estar so durante uns minutos para que chegue a calma e se inicie o dialogo. A tecnica do tempo fora busca sacar de contexto á persoa para que baixe o enfado pouco a pouco e reflexione acerca do xeito en que se reacciona nunha situacion dada. É importante ensinar a meditar e a darse conta das súas actitudes fora de control, eso debe facerse en privado e despois de que pasou a crise.


lunes, 26 de octubre de 2009

CAMBIO CLIMÁTICO

Chámase cambio climático á modificación do clima con respecto ó historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos tanto a causas naturais (Crowley & North 1988) como antropoxénicas (Oreskes 2004).


O termo soe usarse, de xeito pouco apropiado, para facer referencia tan so ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quentamento global.





A Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático usa o termo cambio climático so para referirse ó cambio por causas humanas:




Por "cambio climático" enténdese un cambio de clima atribuído directa ou

indirectamente á actividade humana que altera a composición da atmósfera mundial e que se

suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables


Artigo 1, parágrafo 2





Como se produce constantemente por causas naturais denomínase tamén variabilidade natural do clima. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico.



Ademáis do quentamento global, o cambio climático implica cambios noutras variables como as choivas globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e tódolos demais elementos do sistema atmosférico. A complexidade do problema e as súas múltiples interaccións fan que o único xeito de avaliar estes cambios sexa mediante o uso de modelos computacionais que simulan a física da atmósfera e dos océanos. A natureza caótica destes modelos fai que en sí teñan unha alta proporción de incertidume (Stainforth et al. 2005)(Roe & Baker 2007), anque eso non é óbice para que sexan capaces de prever cambios significativos futuros (Schnellhuber 2008)(Knutti & Hegerl 2008) que teñan consecuencias tanto económicas (Stern 2008) como as xa observables a nivel biolóxico (Walther et al. 2002)(Hughes 2001).



Contido





Causas dos cambios climáticos




Temperatura na superficie terrestre ó comezo da primavera de 2000.



O clima é un promedio, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos, consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos. Un cambio na emisión do Sol, na composición da atmósfera, na disposición dos continentes, nas correntes mariñas o na órbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e o balance radiactivo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario.


Animación do mapa mundial da temperatura media mensual do aire da superficie.


Estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre o clima, anque tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos de meteoritosastroblemas). A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática que caótica pero tamén é certo que o Homo sapiens pertence á propia biosfera terrestre podéndose considerar tambén como forzamentos internos segundo o criterio que se use. Nas causas internas encóntranse unha maioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non so hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as resposta que ditas modificacións poden conlevar. Por todo eso ó clima considéraselle un sistema complexo. Segundo que tipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Nesto depende moito a escala de tempo na que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.