Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
Tal día coma hoxe hai 50 anos, ás 22:28:34 hora de Moscú (GMT +3), un foguete R-7 Semyorka modificado despegaba desde o campo de lanzamentos de Tyuratam, hoxe coñecido como Cosmódromo de Baikonur, levando a bordo o Sputnik 1, que uns minutos despois se convertería no primeiro satélite artificial posto en órbita pola humanidade, dando así orixe á Era Espacial.
Técnicamente o Sputnik non era gran cousa, pois fora deseñado como un satélite sinxelo e sen maiores pretensións coa idea de intentar adiantarse ó lanzamento do Vanguard no que os Estados Unidos estaban traballando, anque gracias á análise dos pitidos que emitían os seus dous transmisores de radio [wav 112 KB] durante o tempo que estivo en órbita púdose realizar un estudo da densidade de electróns na ionosfera. Estes sinais tamén portaban datos de temperatura e presión que entre outras cousas permitiron comprobar que o satélite non fora perforado por ningún meteorito mentres estivo en órbita, o que sirveu a sua vez para comprobar a eficacia do deseño deste.
O Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo demostraría que un ser vivo pode sobrevivir en órbita e non sería ata o Sputnik 3 cando a Unión Soviética lanzara ó espazo o que realmente se deseñara como o seu primeiro satélite artificial, unha sonda moito máis sofisticada deseñada para estudar a atmosfera superior e o espazo máis preto á Terra.
Sen embargo o lanzamento si foi un duro golpe para os Estados Unidos, onde estaban convencidos de levar unha gran vantaxe á Unión Soviética en canto ó desenvolvemento do seu programa espacial, e de feito non sería ata o 31 de xaneiro de 1958 cando os Estados Unidos conseguiron por en órbita o seu primeiro satélite, o Explorer I, despois de que a URSS lanzara xa tamén o Sputnik 2 o 3 de novembro de 1957.
Así, igual que marcou o inicio da Era Espacial, o Sputnik significou tamén o arranque da Carreira Espacial, unha carreira na que os soviéticos ó principio foron á cabeza ó conseguir por o primeiro satélite en órbita, enviar o primeiro ser vivo ó espazo, o primeiro home (Yuri Gagarin a bordo do Vostok 1) e a primeira muller ó espazo (Valentina Tereshkova a bordo do Vostok 6), o primeiro voo dunha cápsula espacial cunha tripulación múltiple no Voskhod 1, o primeiro paseo espacial de Aleksei Leonov no Voskhod 2, e ser os primeiros en aterrar sondas na Lua, Venus e Marte coas Lua 2, Venera 7 e Mars 3 respectivamente.
De tódolos xeitos, foron os Estados Unidos os que ós ollos do público en xeral se convertiron nos gañadores desta carreira ó facer aterrar na Lua a Neil Armstrong e Edwin «Buzz» Aldrin o 21 de xullo de 1969 a bordo do Apollo XI, a pesar de que as autoridades soviéticas a miudo insistiron en que eles foran os gañadores ó ser os primeiros en saír ó espazo.
O curioso é que hai uns días, e xa pasadas as paranoias da guerra fría, Boris Chertok e outros participantes no programa espacial ruso da época foron contando como en realidade o lanzamento do Sputnik foi unha cousa montada «de presa e correndo» e que xamais pensaron que fora ter a relevancia que tivo, segundos se pode ler en Space-age secrets revealed 50 years later.
Co paso do tempo e o acceso doutros países ó espazo, a carreira espacial foi perdenndo fuelle, e xeralmente considérase que rematou o 17 de xullo de 1975 cando unha cápsula Apollo e unha cápsula Soyuz realizaron un encontro espacial que permiteu a suas respectivas tripulacións pasar dunha nave a outra e colaborar en diversos experimentos.
O lanzamento do Sputnik tamén supuxo a creación da NASA, que empezoua funcionar o 1 de outubro de 1958 co obxectivo de «planificar, dirixir, e levar a cabo actividades aeronáuticas e espaciais», que antes estaban en mans de distintas axencias que traballaban de forma descoordenada, e a creación da DARPA, a Axencia para Proxectos Avanzados de Defensa, encargada do desenvolvemento de novas tecnoloxías para o seu uso militar, dun de cuxos proxectos saería Internet, así que non resulta un despropósito dicir que gracias ó Sputnik hoxe en día temos Internet.
Por suposto, Internet non é a única vantaxe que sacamos da carreira espacial no MundoReal™, senón que se contan por milleiros os beneficios que esta nos traeu, empezando polas comunicacións vía satélite e pasando por unhas predicións meteorolóxicas máis fiables, por non falar de todo o que aprendemos durante ela do noso Sistema Solar, en especial gracias ós espectaculares resultados obtidos polas sondas non tripuladas que enviamos ó longo e ancho deste, resultados que a miúdo nos obrigaron a replantearnos moitas das ideas e teorías que manexábamos antes de saír da nosa boliña azul.
Agora, cando os gobernos parecen un pouco máis exhaustos e ó límite das súas posibilidades e/ou da súa imaxinación ou empeñados en proxectos custosísimos e de difícil xustificación e xa case non é noticia o lanzamento dunha nave tripulada ou dunha sonda espacial, pode que sexa a iniciativa privada a que revitalice o interés do público en xeral polo espazo nos próximos 50 anos, cos diversos proxectos de turismo espacial como do de Virgin Galactic ou os hoteis en órbita de Bigelow Aerospace ou con desafíos como o Google Lunar X PRIZE.
Como é de supor estanse escribindo moreas de cousas sobor deste aniversario, así que aquí vai unha colección de enlaces que fun recopilando sobre o tema, sen ningún orde en particular:
Uno fue para la selva y el otro para el centro de la ciudad. Los buscaron por todos lados, y nadie los encontró.
Después de un mes y para sorpresa de todos, volvió el león que había huido para la selva. Regresó flaco, famélico y afiebrado.. Fue reconducido a la jaula.
Pasaron ocho meses y nadie se acordó del león que había ido para el centro de la ciudad hasta que un día el león fue recapturado y llevado al zoo. Estaba gordo, sano, desbordante de salud.
Al ponerlos juntos, el león que huyó para la selva le pregunta a su colega:
- ¿Cómo estuviste en la ciudad tanto tiempo, y regresas tan bien de salud? Yo que fui a la selva, y tuve que regresar porque casi no encontraba que comer.
- El otro león le explicó: Me armé de coraje y fui a esconderme a un Organismo Público. Cada día me comía a un funcionario y nadie advertía su ausencia.
-¿Y por qué regresaste?....
- ¿Se acabaron los funcionarios?.
- Nada de eso. Los funcionarios públicos nunca se acaban. Sucede que cometí un error gravísimo. Ya había comido a un director general, dos superintendentes, cinco adjuntos, tres coordinadores, diez asesores, doce jefes de sección, quince jefes de división, cincuenta secretarias, docenas de funcionarios, y nadie los dio por desaparecidos. Pero el día que me comí al que servía el café......ahí se jodió todo.!!!!!!
Onte morreu Papá, arrecendía a rosas por toda a casa.
Xa levaba un tempo mal internado en Santiagho, ata que a mandaron a morrer á casa, tantos días de viaxe mareados polo camiño, parando a ghomitar no espolón de Padrón ata que o deixaron internado.
Chegharon cedo os da Santa Lucía e arreghlaron o comedor, puxeron candeas enriba do trinchero, as sillas de formica ó lado do cadaleito, tapetes de por riba delas, flores e máis flores, coronas de todo tipo, con cintas dedicadas de compañeiros de non sei onde, de amigos de non sei cando, ..canta xente lembraba del!
Que juapo estaba alí mortiño co traxe dos dominkos e cos ollos pechadiños, metido nunha caixa de caoba, él!, que toda a vida estivo picando leña de pino para malvender polas aldeas e ganar uns patacóns para nos dar de comer.
Chegharon as choronas, a metade delas choraban de visio, non tiñan nen idea do feliz que era nestes momentos, Xa non lle doía nada, xa non tusía, xa non estaba preocupado pola enfermidade que o comía por dentro e de paso comíanos a todos nós, xa non sufría,..Era feliz…
Eu estaba preocupado porque Lela estaba para parir dun día a outro,…pero non, papaiño sempre foi moi considerado e nunca lle ghustou molestar, aghora a casa tiña unha preocupación menos e así Ela podería traer outro rapás ó mundo,..Papá marchou antes de ser unha molestia.
Uns veñen e outros van. O enterro foi coma todos, José de Xapiño adornou o coche coma nunca, coas coroas colgadas nos laterais e Don Manuel ghuiouno dende a casa ata o camposanto,..Dale señor el descanso eterno, brille para él la lus eterna…eso sí,..levou moita xente, moita xente que eu non sabía nen quenes eran e pasaban polo meu lado dándome a man coma se eu soubesequen estaba a saudarme.
-Non somos nadie!
- Tes razón meu amigho,..Non sei nen quen eres.
-Eu era moi amigho do teu pai, fixemos a mili xuntos na capitanía de Vilagarcía, despois casei en Coroño e non o volvín a ver,..Que lonxe está Coroño!
Mamá non chorou nada, sabíamos o que había, a morte está tan segura de que te vai coller que te deixa toda unha vida de vantaxe. Pensaba para os seus adentros nos momentos menos duros que tiveran nesa longa vida en común, amor, traballo, vida, fillos e netos.
Recebía a xente e poñía tazas de café con achicoria e caña da casa, un pouco de bizcochón, Quinito, Sansón e viño…viño da casa non fai mal ninkún!….
No camposanto a xente apiñábase con curiosidade para lle dar o último adeus, o cura rezaba letanías e a xente murmuraba e fumaba pitillos debaixo dos paraugas.
Unha vez posta a lousa puxeronlle catro pegotes de cemento e a xente despediuse de nós, e marchamos para a casa,…sen falar, toda unha vida despoisdeixaba viuva, tres fillos e varios centos de netos…
En dous días a cousa cambiou,xa ninguén falaba del, Lela estaba para dar a lus e non había tempo que enredar,..A cousa estaba difícil, eran as cinco da mañán e non había médico, polo tanto tivemos que ir buscar de favor a Don Pepito, que xa daquela estaba máis alá que acá.
-“Don Pepito, que Lela está moi mal!”
-“Meu fillo, eu tamén estou mal”.
-“Pero está mal de verdad.”
-“Vai para a casa que me visto e vou agora...”
E veu!, case arrastrándose cheghou e axudou a un parto cansino, difícil, pero con bó final.
-O rapás choraba, era o que tiña que facer!, e Don Pepito pideu un pouco de coñac.
-“Non nos queda, antonte morreu Papá e ainda non pasamos pola da Maroñapara comprar…temos caña das herbas…”
-“Unha vida vaise e outra ven, ademáis ven ben”, tres quilos oitocentos
E meteu unha copa de caña das herbas coma quen ten moita sede, e marchou para descansar á casa.
Ó día seguinte apareceu a criada de Don Pepito con unha botella de Coñac de regalo para nós,..aínda por riba!
O rapás choraba,..Como choraba o cabrón!, comía tiraba da teta coma un desghrasiado, mexaba e caghaba…..non había trapos para parar toda esa cantidade de humanidade que soltaba por ese cuiño.
O pilón estivo cheo varios días ata que reghulou un pouco o ventre.
Hai pouco tempo aprendín unha nova expresión galega grazas o meu mozo (e á nosa gata): "Andar á xaneira". É que claro, xa se sabe, os gatos en xaneiro andan como andan...
Estes días estámolo pasando un pouco mal porque a nosa gatiña xa non é un bebé e precisa dun mozo, e que mellor forma de atopar un que chamándoo a berros. E non só ela, no noso edificio hai máis gatos, e veña, todos a berridos, e así non hai quen durma nin quen estude!
E falando de estudar, xa están moi preto os exames. Chegaron as noites sen durmir e os días sen poder abrir os ollos do sono. E veña letras e letras... Cómo vou poder meter tantas cousas na cabeza? Pois hai que buscar a maneira, porque en realidade o que fas durante o curso non importa, o que importa é o que fagas nunha folla nun par de horas. Iso é, só un par de horas. Se o fas ben ese día demostras que xa sabes o que hai que saber sobre esa asignatura aínda que esquezas todo ao día seguinte. Sen embargo, se traballas durante todo o curso e aprendes algo grazas a ese traballo, aínda que sexa o máis básico, pero o día do exame non o fas ben... pois fódeste, meu! Vémonos en setembro!
Por esta regra de tres o mellor parece ser rascar a barrigola durante a tempada de clases e unha semana antes ou así dos exames pórse a chapar coma un animal. Menos mal que aínda quedan algúns profesores (nunha porcentaxe ben baixa, pero, habelos, hainos) que sí que valoran o que realmente importa, que entendas as cousas ben para que non se che olviden o día de mañá e podas compartir os teus coñecementos con outras persoas. E esa creo que é, ou debería ser, o principal obxectivo da universidade ou de calquer centro de educación, transmitir o coñecementos duns a outros para que nunca se perda toda a cultura que posuímos dende hai séculos e séculos. Pero se os esquecemos ós 5 minutos, quén lle vai explicar ós nosos fillos as cousas máis básicas da vida? Pois acabaremos sendo todos máis ignorantes do que o somos agora. E seguiremos deixandonos governar polos mesmos pailáns e faremos máis guerras para destruir as culturas que son diferentes as nosas por iso, porque son diferentes, e é máis sinxelo destruir que aprender.
"Be water, my friend", adáptate a todo e aprende todo o que poidas de TODO o mundo.
Aconteceu hai un par de anos. Eu vivía noutra cidade e espertaba todas as mañás con resaca e cunha idea na cabeza: matar escritores.
Un día saín á rúa as nove da mañá – eu acostumaba a erguerme as tres da tarde – e notei que comezaba a chover. Primeiro foi unha choiva fina e sen importancia, pero a medida que eu ía entrando máis no corazón da cidade, a choiva foise facendo máis forte e compacta. Comezou a chover en serio, e non parou ata cento quince días despois. Toda unha vida de choiva.
Eu seguía coa idea absurda na cabeza de matar a todos os estúpidos escritores que atopara no meu camiño, aínda que, entre tanta choiva tamén tiven a estúpida idea de ir algunha vez de putas. Sei que soa mal, pero é unha cousa proletaria e honrada. E así foi.
Unha noite – chuviosa – collín o último autobús que saía da cidade e baixei na estrada do aeroporto, enfronte dun club de nome que xa non recordo. Comezou chover con máis forza e entrei. Non había moita xente, nin moitas putas. Sentei nun taburete e pedín un café dobre. O tipo – un tipo moi desagradable – dixome que non facían cafés. Pedín un whisky con soda. Unha puta morena de dezanove anos sentouse ao meu lado e preguntoume se lle convidaba a unha copa. Díxenlle que non. Marchou xunto ao concelleiro de urbanismo que estaba sentado no outro lado da barra. El si que lle invitou a unha copa. Un tipo educado, pensei.
Acabei o meu whisky con soda e pedín outro. Achegáronse a min algunhas putas máis pedíndome que lles convidara a tomar algo, pero eu non tiña moitos cartos e tiven que respostarlles negativamente a todas. Cando lles dicía que non, elas marchaban en busca de outro tipo que lles convidara. Tan só unha delas quedou un anaco máis ao meu lado e contoume que era extremeña e levaba dúas semanas traballando alí. Namoreime nese intre, pero en canto marchou xa me esquecín da súa cara.
No terceiro whisky entrou un tipo no clube. Levaba un abrigo negro e un maletín de pel. Soábame a súa cara. Sentouse relativamente preto de min. Pensei que me ía pedir que lle invitara a unha copa, pero non me dixo nada. Nese intre caín na conta de quén era. Non había moitos escritores neste país que tivesen o Nobel de Literatura. Sorrín e dinlle un grolo longo ao meu whisky. Pensei en matalo alí mesmo cas miñas mans. Non fun capaz, son vergonzoso demais para asasinar en público. A puta extremeña achegouse a el e o Nobel invitouna a unha copa. Un tipo educado, pensei. Dez minutos despois marcharon os dous escaleiras arriba. Perdín ao meu amor extremeño por un mísero Nobel de Literatura.
Paguei as miñas copas e saín do local. Chovía inténsamente. Non había buses para voltar á cidade, e non me podía permitir un taxi. Senteime no chan, diante do local baixo a choiva e acendín un cigarro. Chovia. Suspirei nun par de ocasións e desexei con todas as forzas gañar o Nobel de Literatura. Non foi posible. Pasou un coche pola estrada e fixo soar o seu claxón. Dinlle outra calada ao cigarro e pechei os ollos. Aínda faltaban noventa e tres días para que deixara de chover.
1. a) Entre xaneiro e febreiro, seghundo se prestase o tempo, cavábase a leira co lighón ou lighoña,
posto que escaseaban os arados e as leiras por estas latitudes eran de pequenas dimensións en comparança coas terras da “montaña”.
(Leira de Xan Souto, no Ramallal, onde meus avós sementaban o liño.)
b) Por mor das pequenas dimensións da leira, polo mesmo motivo non se ghradaba coa ghrade tirada polas vacas, senón que se coteaban (= achandaban) directamente co ençiño as mesadas (montes de terra volteada que se forman ó abrir reghos cavando e volteando a terra co lighón ou lighoña).
O ençiño é un instrumento con manco e cota de madeira,
con dentes de madeira ou puntas loncas de ferro, coa fin de acheghar e cotear = achandar a terra.
(Leiras do Pradiño de Riba e de Baixo, respectivamente, a carón unha da outra, no Ramallal, onde tamén meus avós sementaban o liño.)
Diçir
que nas leiras onde se botaba o liño, tamén se alternaba ó lonco do ano
con outros froitos: millo, patacas, distintos çereais, ... Hoxe en día
os que queren e poden botar as leiras sighuen sementando os mesmos
froitos, exçepto o liño.
c) Posteriormente, xa achandada a leira, espallábase a semente do liño a boleo coa man, cubrindo toda a leira. Esta aççión era semellante a cando se çiscaba ou sementaba o çenteo, trigho ou avea no seu tempo.
d) E xa disposta a semente por toda a leira, había que ir espetando o dentes do ençiño entre a semente do liño por todo o chan façéndolle pequenas coviñas, para logho tapar ou cotear suavemente a semente con esa pouquiña terra levantada, posto que de non tapala, sería comesta por toda clase de paxaros.
2. Mentres medra a planta na leira, de ser o caso que non chovera, reghábase tres ou catro veçes.
Despois de medrado, e xa coa cor amarela indicando que estaba maduro, viña o arrincado ou apañado, arredor de abril ou maio, aproximadamente, o cal levábase a cabo coa man por parte das mulleres, xóvenes e maiores, así como dos homes se é que estiveran pola casa.
Esta faena chamábase arrincar ou apañar o liño, polo que a mesma persoa que o arrincaba batía as raíces contra dos seus socos, botas ou pernas para tirarlle toda a terra posible da planta.
Logho de apañado ou arrincado, façíanse os monllos (braçadas que se amarraban cun amarro, quiçais cunha manchea de plantas de liño retorçidas.) Atábanse xa na leira, botándoos ó carro das vacas para traer para a casa, descarghándoo na eira, cuberto, ..., para a seghuinte fase.
3. Aghora viña a operaçión de ripar o liño que consistía en pasar o liño pola ripeira ou ripo, o cal é unha táboa rematada na parte superior, en púas labradas da mesma madeira. Por entre elas, pasábase a planta coa fin de que lle caese ó chan a baghaña ou, casulo acompañada no seu interior pola liñaça ou semente do liño que iba con ela, quedándolle á planta soamente o talo. Esta táboa colocábase en vertical e case sempre estaba espetada na súa base nun banco de catro patas.
O ripado podía façerse ó aire libre na eira, dentro dos cubertos ou onde o sitio e, o tempo se prestara para tal feito. De façer bo tempo para esta labor e, ser elixida a eira en ves do cuberto ou, doutro lughar calquera, varríase coas xestas a eira. Se había irregularidades do chan, ou branduras, íase buscar barro seco para rechear esas faltas, achandándoo
e pisándoo. Logho, varrían coas xestas, os restos soltos de barro seco que quedaran, deixándoa lista para a çeifa.
As eiras, ó lonco do ano, estaban tan constantemente pisadas polos traballos aghrícolas, animais, apeiros, así como polos xoghos dos rapaçes, ... que case non lle medraba herba nincunha, de aí o dito de:
“Esta leira está como unha eira” querendo significar que a leira estaba moi dura, sen traballar, pisada polos animais e a xente.
Noutro sentido diçíase dalghunha persoa, home ou muller: “Esa muller ou home está como unha eira”, significando que estaba moi ghorda-ghordo.
NOTA ENGHADIDA:
a) Na época do ripado do liño, e no caso de escoller as eiras para tal tarefa, preparábanse como se indicou anteriormente, pero sen embostear a eira.
O
embosteado, façíase con vistas á çeifa da malla do çenteo, do
trigho, ou da avea neghra, hoxe sustituída por avea peluda. "Embostear"
consistía en estender cunhas xestas unha mestura de bosta branda e aghua, sobor o chan de terra ou, barro duro da eira. Esta, ao enxughar=secar, façía unha pasta impermeable e alisadora sobor a
superfiçie, para cando caera o froito dos
cereais. Rematado
o embosteado e, xa seco, estendíase a "erghuedeira" (lenço, sábana). Así, quedaba lista para a çeifa da do cereal, podendo varrer e, xuntar mellor o ghran coas xestas, evitando a terra, e os lixos. Esta
bosta branda, íase buscar polos camiños, prados, leiras etç. Na súa maioría era de
vacas, ou de bois, pero estes escaseaban por aquí. Collíase coas mans e
botábase ós caldeiros, baldes, ..., remexéndoa con aghua, xa que de ser
bosta soa, faría unha pelica ou tona moi irta=áspera, sobor a eira.)
b) Como
curiosidade comentar que na época da preparaçión da eira para as mallas dos
çereais: çenteo, trigho, ou avea neghra (hoxe substituída por avea peluda), escañábanse
nuns puntos estratéxicos para façer unas covas e, puñan nelas vellos potes
pequenos de ferro, de boca ancha pero sen os testos. Os potes colocábanos coas
patas para riba, volvendo tapar as covas e os potes, as cales achandábanse. (A
colocaçión destes utensilios debaixo da eira, tiña por obxecto competir con
outras aldeas viçiñas na sonoridade do simblado (vibraçión) e, solemnidade do
bater dos manlles enriba do çereal. Simblar enriba da planta, axudaba a arriar
o froito. En conxunto, aparte de ser un traballo aghrícola, tamén era unha
festa e çelebraçión comunal. Estes potes na súa etapa iniçial usábanse para
quentarlle a aghua e a comida ó ghando na lareira.)
As
eiras, ao lonco do ano, quedaban tan constantemente pisadas polos traballos
agrícolas, os animais, os apeiros, así como polos xoghos dos rapaçes, … que estaban
moi duras e, era pouco frecuente que lle medrara a herba.
(Casa vella dos de Esperança, de meus avós maternos, en Cures. Vese o pote de boca ancha enriba dos tres pés sobor a lareira. Porta de doble folla á entrada da lareira. )
c) O arrombado destes utensilios debaixo do chan da eira, tiña por obxecto competir con outras aldeas viçiñas, na sonoridade do simblado (vibraçión) e, solemnidade do bater dos manlles enriba do çereal. Simblar enriba da planta, axudáballe a arriar o froito. En conxunto, aparte de ser un traballo aghrícola, tamén era unha festa e celebraçión comunal.
4. a) A baghaña ou casulo, leva dentro o casco que a súa ves contén a liñaça ou semente, e todo eso, baghaña con casco e liñaça, caía como peça enteira despois de ripar o liño. A partir de aquí recollíase nunha sábana e esta púñase co seu contido a enxughar ó sol uns días nun camposo,
(Camposo do Lardoeiro de Riba, antes propiedade do Currucho e, actualmente do Tarelo.)
ou noutro sitio calquera: eira, leira, ..., pero soleado e sen aire para que non voara o froito.
O calor façía abrir a baghaña ou casulo, podendo verse o casco que contiña a liñaça ou semente do liño.
b) Ó ver que a baghaña ou casulo estaba enxoita e curada, levábase a sábana, con todo o que contiña de novo á eira, sitio xeralmente elixido para este traballo pero non único, onde começamos refreghando entre as mans e, a eito todo o que está na sábana, operaçión que axudaba a abrir completamente a baghaña quedando o casco á vista, o cal ó seghuir refreghándoo vai abrindo e arriando a liñaça ou semente que cae definitivamente ó chan.
c) Enriba da sábana peneirábase/pineirábase todo nunha peneira/pineira ou escribábase cun cribo moi mesto ou miúdo, é diçir, de buratos pequeniños, para separar a liñaça ou semente, apartándoa do lixo (baghaña, casco e demáis).
Peneira/Pineira:
instrumento redondo con fondo de malla ou de coiro, con espaços
miúdos/mestos para separar o froito do resto que non era
aproveitable. Úsase por exemplo para coar a liñaça, a fariña da
boroa, ...
Cribo:
Tamén redondo con fondo de malla ou de coiro, pero con aberturas non
tan miúdas/mestas como a peneira/pineira. Con el, escríbanse as nentellas e os
ghrans de millo. Se quere usarse para a liñaça teñen que ser
cribos de fondo máis mesto ou miúdo.
Cribo
de buratos máis miúdos que o anterior que como se ve están
escribando as nentellas, e dado que os espaços son máis pequenos có
de riba, empreghábase tamén para escribar a liñaça do liño.
Baruto:
De forma redonda coma os anteriores, con fondo de malla ou coiro de
espaços máis mestos ou miúdos que o cribo e a peneira/pineira. Empréghase
para conseghuir unha fariña moi fina coa cal se fan as papas dos
rapaçes, filloas, etç.
Recollíase en bañeiras ou caldeiros de çinc, e púñase estendeita de novo nunha sábana, mais esta ves dentro da casa, no chan soleado dun sobrado, cuarto, ..., para que curase e enxughase ben.
d) Despois de enxoito, enchíase en saquetas=bulsas, ou en foles, daquela eran de xénero de liño. Se sobraba, vendíase unha parte nas boticas, ás que lles interesaba, porque con elas elaboraban remedios diversos, como por exemplo: pomadas, pasta, açeite de liñaça contra queimaduras, ...
Outra parte quedaba para as casas, tamén para remedios propios, pomada, pasta, açeite de liñaça, ..., e reservábase unha cantidade última para volver sementar ó ano seghuinte ou máis adiante.
Liñaça moída
Daquela acostumábase ghardar a liñaça, así como tamén outros froitos de çereais: trigho, çenteo, avea, na ucha. Podía quedar a ghranel dentro dela ou metidas en saquetas de liño ghardadas na ucha.
Na nosa casa, había dúas uchas. Na barra (piso de madeira sobor as cortes, onde se puña a palla do centeo, ..., a palla do millo, a herba verde estendeita) para acomerar o ghando, estaba posta unha destas uchas, feita de xeito improvisado na casa, para conter o ghran do centeo, trigho etç.
A outra hucha, fora traída por meu bisavó Bernaldo Vasques Abuín de cando estivo emighrado en Suramérica, en Argentina. Nun determinado momento da súa estançia neste país, enfermou. Entón,deçideu volver para a súa terra, façendo escala enCuba.Todo isto, arredor da seghunda metade do século XIX, entre 1850 e 1900.
Dentro da ucha había peghatinas nas súas paredes, de instituçións públicas e entidades privadas como do peirao de Bos Aires, cos barcos de vela da época, do Banco Çentral Arxentino, dos edifiçios do Parlamento e do Ghoberno, ..., de publiçidade da época, e tamén un pecho tipo moeda, para meter a chave da aduana de Cuba.
Aquí, en Cures, aghardábao miña bisavoa, chamada Esperança Sánches, súa muller. O bisavó naçera na casa de Pascua, de Mieites, antes de casarse en Cures.
Lembro que tamén no caixón lateral dereito que aínda ten a ucha, había tubos metálicos coma os que envolven antighos prismáticos çilíndricos e, contiñan documentos de diversa índole. Entre eles, documentos de propiedade onde alghúns plasmaban no seu encabeçamento o nome de: "Carolvs IV", "Carolvs V", "Carolvs VI",... Aparte desto atopábanse máis cousas como açeite de riçino, mediçiñas en botellas antighas, alghunha sonda médica, etç., ...
Esta ucha do bisavó sempre foi contemplada con curiosidade por miña nai de cando pequena, xunto con seus irmáns moito maiores cá ela. Eles, acostumaban a sumarlle alghunha peghatina da que lle tiveran moita estima, e así con todos estes ghrabados no seu interior imaxinábanse historias de países desconeçidos onde nunca estiveran. Recreaban a fighura do seu avó ó que nunca chegharan a coneçer porque xa faleçera a prinçipios do século pasado, arredor dos cincoenta e un ou cincoenta e alghúns anos.
A ucha son caixóns frecuentemente de madeira noble, con asas e pecho, adornados e decorados, que traían os emighrantes do retorno das súas viaxes, xeralmente das Américas. Esta viña coa súa roupa, enseres e demáis pertenças propias.
5. O liño, xa sen a semente, atábase en monllos ou feixes e, levábase ó río para que abrandase. Quedaba debaixo da augha, con pedras por enriba para que non os levara a corrente nin se desfixeran, permaneçendo alí ó lonco de oito ou nove días.
Estes sitios no río onde a xente puña o liño podían ser poços naturais que o río façía por si mesmo ou senón, façíaos a mesma xente con pedras arredor para muros de contençión que estancaba a aghua, chamadas presas ou pesqueiras, ou mesmamente os lavadeiros naturais do río onde as mulleres acostumaban lavar a roupa.
(Lavadeiro natural de río, na Ponte Ghrande, que divide A Ameán, de Cures)
6. Despois destes nove días sacábanse do río, desfaçíanse os feixes e estendíanse nunha braña, camposo, eira, ... , ... para que lle dera o sol e enxughara.
(Braña da Revolta Nova, despois de pasar a casa de Arruchelo a man esquerda, seghuindo o camiño de carro que vai a Fraís, Piñoi e a Devesa.. Perteneçe á casa dos do Souto)
(Eira dos de Arruchelo, xa ocupada por froitais, e perdido o uso antigho para a que foron creadas. As eiras acostuman estar á beira dos horreos.)
(Camposo
do Lardoeiro de Riba, onde se ve unha morea de leña fendida. Tamén,
uns ghuieiros, chantóns e varas para as viñas apoiados no muro,
como tamén árbores froitais de pouco tempo plantados a carón do
muro e do arró ou arredor. Hoxe en día os camposos poden ter unha
funçión distinta á primixenia, xa que poden converterse en hortas,
terras de cultivo, viñas,...)
(Braña
cun canabal e bimbieiro ó fondo, en Fonte Ghafa, por debaixo do
Conliño. Á dereita do Conliño, está Cabanela, e á esquerda polo
norte, as toxeiras da Saísa)
Para que enxughara ben o liño no lughar que estivese estendeito, había que darlle voltas de xeito que o sol o lle quentase a eito por todas partes.
(Brañas da Aghra de Cures)
Polas noites había que recollelos e pólos ó abrigho, por exemplo, metelos dentro dos cubertos ou onde fose para que non lle dera o resío ou orballo da noite, xa que non podían humedeçerse.
(Camiño da Crus. É un camiño de carro que vai por entre a casa do Arruchelo, o casarello e o hórreo con destino ás toxeiras)
A faena anterior de estendelo liño ó aire libre para curar ó sol, non podía façerse en época de choiva, nin con tempo nubrado. En caso de mal tempo, tería que quedar abrighado nos cubertos, ..., ata que houbera bo tempo para enxughar, e curar ó sol.
Despois de ver que xa estaba enxoito por todas partes, recollíase da braña, camposo, eira, leira, ..., xa direitamente para maçar.
(Camposo
do Lardoeiro de Riba onde hai leña amoreada, unha figueira polo arró
de riba e outros froitais debaixo)
(Braña de Fonte Ghafa co seu canabal e bimbieiros)
7. O maçado façíase enriba dunha pedra, que acostumaban ser os bancos de pedra para sentarse a xente diante das casas ou dos cubertos, que aínda hoxe existen.
Para maçar o liño púñase na pedra xeralmente de cada ves un feixe xa desatado ou unha manchea de plantas de liño que había pouco se recolleran enxoitos da braña, eira ou camposo, maçicándoo ou masándoo cun maçico de puño lonco para ben agharrar, chamado masico ou maço, e dese xeito ó liño íalle caendo a aresta ou caroço que picaba. Ó saírlle a aresta ó liño, este quedaba delghado só coa pel coma un fiuncho, duns çincoenta çentímetros aproxidamente.
É diçir, tiña o fin de romper a palla para que quedara solta a fibra.
Nesta parte do traballo dábase o feito de que os moços que pasaban por alí, collían un puñado de arestas do chan, as cales picaban bastante, e arrebolábanllo ás moças que estaban no maçado para meterse con elas, como parte dun xogho, divertimento ou moçeo, e elas botábanllos de volta a eles.
Desta fase do traballo e divertimento recolleuse a seghuinte copla do cançioneiro popular, que na fiada era dita polos moços despois de reçibir as picadas das arestas ghuindadas polas moças:
- “Vamos daquí meu irmán que a fiada é de liño, eu pensei que era de lan.”
8. Como no primeiro maçado o liño quedaba un pouco escuro, levábase ó lavadeiro, que acostumaba ser no río, para lavar a man e con xabrón, coma se fora roupa, refreghándoo, enxabonándoo, estruchándoo e enxavándoo (= enxaghuándoo) para deixalo limpo, e volvíase levar á braña ou descampado para que enxughara ó sol, dándolle voltas de ves en cando para ben enxughar.
(Brañas de Fonte Ghafa con toda a espeçie vexetal da que se compón unha braña)
PARÉNTESE EXPLICATIVA SOBOR AS BRAÑAS:
Como se sabe, cando a aghua naçida das fontes e manantiais que discorre polos montes, diríxese ás terras de labor das xentes. Para eso, esa aghua encarréirase hastra un regho prinçipal que leva o nome de "presa de aghua" coa fin de aproveitala, e encamiñala para as brañas, tamén chamadas prados ou reghadíos. No caso das leiras de millo, cando se reghaban polo verán e,xa dentro da leira, façíanselle unhas "reghadoiras" ou, leitos artifiçiaispara distribuír a aghua da regha.
Na labor de botar a aghua para as brañas, esta transcorre ó lonco da testa, ou cabeçeira de leiras, e brañas de diferentes propietarios. Este regho leva o nome de "presa da aghua" ou regho prinçipal, que sighue o seu camiño cun determinado recorrido. Cando este regho pasa polas testas (cabeçeiras) de cada braña, que é o que nos interesa neste momento, hai feitas unhas entradas ou, aberturas á altura da testa. Ás entradas ou aberturas chámanselle "tornadeiros ou aghüeiros". Polo tanto, para botar a aghua á braña, debemos taparlles con terróns e pedras os "tornadeiros" ou, "aghüeiros" das brañas veçiñas que están antes da nosa para que a aghua da presa, cheghue hastra a nosa propiedade. Do mesmo xeito, tamén temos que tapar con terróns e pedras, a parte final da nosa braña dentro do regho prinçipal ou "presa da aghua" para que non sigha para diante, evitando perder o caudal ao noso serviço.
(Braña do Ramallal, coa presa da aghua ou reghueiro prinçipal á esquerda da cabeçeira, xunto cos dous tornadeiros e as respectivas cantidades de tornas.)
A aghua que baixa pola presa, entra a través dos "tornadeiros ou aghüeiros" da braña.Exa dentro, temos outro regho paralelo á presa da aghua ou regho prinçipal. Entón, este último está conectado a unhas "tornas". Estas, son unhas pequenas canles semellantes á fighura dos dedos da man que encarreira a aghua hastra çerto punto e despois discorre a eito (discrecçión) ao lonco e ancho de toda a súa superfiçie. Estas tornas, como di a palabra, son aberturas ou pequenas ramificaçións de canles de pouca lonxitude, desapareçendo a unha determinada distançia e, deixando que a aghua corra libre en escorrentía por toda a braña, sen reghos que a conduçan.
O fin das brañas reghadas é conseghuir que medre herba fresca para o ghando e, demais animais que a podan comer.
(Braña do Canabal, xusto por debaixo da Braña do Ramallal)
Como é loxico, no caso de escolleren as brañas para enxughar o liño, estas deben estar enxoitas sen que nelas corra aghua.
(Outra braña en Fonte Ghafa)
Despois de comprobar que o liño está enxoito, vólvese maçar, posto que sighue arriando máis arestas.
9. Logho, cardábano = restrelábano ou rastrelábano = asedábano nunha táboa con púas finas de ferro que lle chamaba restrelo ou rastrelo. Era coma un çepillo de pelo ou peite fixo e suxeito por unha parte para non morverse e polas púas pasábase o liño. Nesta fase do cardado, o liño continuaba arriando arestas, xa que era unha das partes máis resistentes e dificultosas da planta. De todo esto alisábase o liño separándoo da parte máis basta ou estopa.
Entre as púas de ferro, na fase do cardado, ó liño saíalle a parte máis enteira e mellor que era o lenço, ghomo do liño ou liño bo, conoçido como serro, da que se façían as sábanas ou lenços. A parte miúda que quedaba no rastrelo ou restrelo era o liño bravo, denominada estopa, coa que se façía o xénero do xalghón.
10. A vindeira fase chámase espadelar o liño que tiña por obxecto quitarlle totalmente as derradeiras arestas=paos ou cascas do liño cunha espadela que era unha táboa delghada de madeira de carballo, do ancho dunha man e cunha abraçadeira para meter a man. Tiña forma de machete.
Con esta espadela gholpeábase o liño enriba do espadeleiro que tiña forma de T invertida e consistía nunha táboa vertical rematada na parte superior en arista afiada e espetada noutra táboa horiçontal pousada no chan.
11. A deluva viña despois de espadelar e consistía en coller os monllos ou manighotos xa espadelados para retorçelos e refreghalos con coidado ata conseghuir que o liño se esponxe. Esta aççión é conoçida como deluvar.
Co liño bo ou serro xa esponxado e retorçido, collíanse del uns monllos ou manighotos que se enrolaba definitivamente sobre sí mesmo en forma de estrighas, que por aquí se chaman manelos, semellantes a trenças de pelo que posteriormente se colocaban na roca para fiar. A estopa ou liño bravo tamén se fía aparte.
A enverghadura de cada monllo ou manighoto para formar un manelo era en relaçión á dimensión estándar da roca.
Serro: febras de liño coas que se formaban estrighas ou rolos, chamados manelos, preparados para carghala roca.
12. Cheghamos á altura de fiar usando como instrumentos a roca e o fuso, e como materia prima o liño xa preparado en manelos (estrighas que tiñan forma de rolos), os cales podían ser de: serro ou liño bo, e por outra parte de estopa ou liño bravo.
Fotos de rocas e fusos
Na roca, pao máis lonco cun cabeçal na parte superior, envolvíaselle arredor do pao o tipo de liño (bo=serro, ou bravo=estopa) que tocaba fiar, quedando en forma de cucurucho.
A roca sometíase na çintura, na saia, no mandil. Se vísemos que a roca estivera moi sobrecarghada de liño e pudera saír fora da súa cabeça, façémoslle unha volta ou nudo co mesmo liño na parte superior da cabeça.
E para que non saíse tamén o liño pola súa parte inferior atábaselle unha ghoma ou púñaselle unha peça ou çinta de coiro na parte de baixo. Esta ghoma ou peça de coiro posto na parte inferior da roca, por aquí leva o nome de "naipre".
Coa man dereita manexamos o fuso, pao máis pequeno que a roca, que ten forma de pirulí, con boliña na parte inferior e rematado en pico na parte superior. Con esta man collemos a parte superior e estreita do fuso façéndoa xirar para recoller nel o fío que se vai formando.
De paso que tiraban do liño ían escupindo sobre os dedos porque se secaban no manexo do fío que se ía formando para envolvelo no pao do fuso. Xa co fuso cheo e completo de fío, sacámola pola parte máis estreita del e queda a forma dunha masaroca pola que é conoçida.
Houbo un invento novo dentro da evoluçión do proçeso do liño que foi a roda de fiar, coa funçión de envolver e tensar o fío para conseghuir formar as masarocas do liño, sustituíndo ó fuso, anque tradiçionalmente esta innovaçión tecnolóxica non se prodighou moito por esta xeoghrafía.
13. Máis tarde viña o ensarillado que era o traballo de empatar varias masarocas do mesmo tipo de liño, sen mestura de liño bo co bravo, para obter as marañas ou madeixas de fío no sarillo ou aparello en forma de crus apoiado nun eixe vertical.
Despois de ensarillado todo o liño das masarocas xa en marañas ou madeixas, metíanas nunha ola ghrande con aghua dentro e mesturada con borralla. Esta ola tiña o tamaño dunha pota de façela caña e púñana ó lume durante unhas poucas horas para ferver e coçer as marañas.
Logho de fervidas e coçidas na ola, sacábanse as madeixas e púñanse en bañeiras, baldes,ou caldeiros de çinc.
Non en çestos, xa que pincaban, e levábanse ós lavadeiros naturaisdo río, a lavar con xabrón.
(Lavadeiro natural no río, na Ponte Ghrande, entre Ameán e Cures)
Lavábase coma se fora roupa para quitarlle a cor da borralla.
Traíanse do río nos mesmos reçipientes.
(Río que vén de Cadarnoxo e pasa pola vaghoada entre Cures e A Ameán)
De seghuido púñanse ó clareo no lughar máis perto e axeitado que podía ser unha eira, camposo, descampado, leira, ...,
(Eira das Chonas, xa mincuada por o cuberto e lavadeiro que construíron nas súas beiras)
(Braña do Ramallal)
Este clareo dura, aproximadamente, tres ou catro días, colghadas nun pao e apoiado en dous chantóns verticais, … Incluso, podía pórse nunha toxeira.
(Camiño da Crus. É un camiño de carro que vai ás toxeiras, pasa á beira da casa de Arruchelo)
(Toxeira a carón da horta da casa de Arruchelo)
preto e visible da casa, colghadas nunha travesa entre as árbores, ata que as marañas ou madeixas estiveran clareadas, brancas e enxoitas.
(Leiras de Fonte Ghafa, a carón das brañas do mesmo lughar, por baixo do Conliño. Á súa dereita está Cabanela, e pola esquerda na parte superior as toxeiras da Saísa)
(Imaxe inferior con braña no mesmo lughar onde se oberva na parte esquerda un mando ou feixe de canas apañado que están pousadas ou estribadas no arró ou arredor, debaixo do canabal. Estas canas empréghanse para amadeirar as viñas, é deçir, repoñer as canas vellas ou podres polas novas e amarralas con vimbios nos alambres. Despois abátense (báixanse) os labores da viña sobre as canas ou nos alambres e amárranse cos vimbios.)
Cada noite no tempo do clareo había que recollelas para a casa e volvelas a pór pola mañán seghuinte posto que as podían roubar, xa que daquela este material era indispensable para obter roupa de vestir e teçidos das casas, aparte de que o traballo era moi laborioso e extenso desde a preparaçión do terreo, o seu sementeado, ata cheghar a conseghuir as marañas de liño.
Tendo comprobado que as marañas ou madeixas estaban totalmente enxoitas e brancas, sen a cor escura, recollémolas para a tarefa que proçede.
14. Aghora hai que debanar, é diçir, desenrolar as marañas = madeixas de liño e convertelas en nobelos. Para iso póñense na debandoira ou debanadoira que é unha máquina pareçida ó sarillo pero en horiçontal.
A debandoira ó mesmo tempo que desenvolve as marañas, envolve ordenadamente o liño e ímolo cortando á lonxitude aproximada para façer os nobelos ou bolas de fío do liño que corresponda do tamaño dunha pelota, as cales se poñían nunha çesta.
Parafusos: instrumentos da foto inferior que axudan a torçer os fíos para obteren deles distintos tipos de ghrosores.
Nobelos: Bolas enroladas de fío de liño e tamén de lan.
(Nobelos de liño,fiados pola miña difunta avoa Esperança, nai de miña nai Isolina. Conservados na casa matrís.)
Farían falta doçe nobelos de tiras de trapo, que tamén podían ser de retais, ou combinados, para façer unha manta ou colcha.
15. Todos estes nobelos conseghuidos, xa como parte última para elaborar os teçidos, levábanos as mulleres, chavalas e tamén adolesçentes en çestas na cabeça e a pé ó teçelán que por esta sona estaba en Noia.
Co liño bo, do ghomo, chamados serros, elaborábanse lenços = sábanas.
Do liño bravo, conoçido como estopa, façíase o xénero do xalghón, que antighamente enchíase de follatos blandos e brancos do casulo do millo, e que co tempo foi sustituído por lan desfeita. Para impermeabiliçar tanto o xalghón recheo de follatos coma o xalghón enchido con lan, e así evitar que os rapaçes o mollaran ou mancharan cando durmían neles, púñanselle por riba del pelexos de carneiro, ovella, cabra, castrón, …
Concretar que tanto os xalghóns de follatos de millo como os xalghóns de lan iban sobre as tabliñas, ou os muelles da cama, non no chan.
Os follatos do xalghón había que removelos e reordenalos ben, de cando en ves, porque cando se durmía nel desordenábanse ou embolábanse polo movemento do corpo, posto que este tipo de xalghón non tiña nincún compartimento, sendo todo dunha peça.
Para poder desembolar, reordenar e estender os follatos cada día, ou se fora mester, mudalos por outros novos porque se endureçían moito, o xénero do xalghón de follatos contaba con dúas ou tres aberturas situadas no çentro dunha soa das dúas caras, polas que se metía a man para estender ben os follatos ou cambialos por outros. Estas aberturas non se cosían xa que ó estar tenso o xénero do xalghón de liño, as paredes das aberturas quedaban case xuntas, pareçidas ós petos dun pantalón.
En troques, o xénero do xalghón de lan tiña liñas verticais divisorias feitas con çintas de tea que se compraban nas xastrería e cosíanselle nas casas a ras do xénero, tanto pola parte superior interna como pola parte inferior interna do xénero.
Así mesmo ó lonco de cada çinta de riba e de baixo, pero por dentro do xalghón, cosíanselle cordeis loncos das mesmas çintas.
O xalghón de lan estaba aberto polo pé e íaselle metendo a lan, que ó encher o primeiro compartimento atábanselle os cordeis da parte superior cos da parte inferior dentro da primeira liña de çinta, así ata rematar de encher o derradeiro compartimento, que era cando se cosía o pé do xalghón para pechalo definitivamente. A forma do xalghón de lan collía o xeito dunha bolsa de salchichas polas ataduras en cada estanco.
De tódolos xeitos, cada çerto tempo había que desembolar ou desfaçer, para logho remover esa lan e reordenala dentro do xalghón. Inevitablemente despois dun tempo debía remudarse o material por outra remesa nova, xa que este perdía as súas propiedades.
A xente neçesitaba mantas de abrigho para as camas no inverno, e o material para a súa fabricaçión era de trapos vellos e non tan vellos, ou cachos de teas, os cales se xuntaban polas casas, e de non chegharen, porque frecuentemente façían falta no foghar para outras cousas, pedíanse na xastrería, case sempre de balde, posto que o xastre non os aproveitaba.
Estes trapos e retais cortábanse en tiras na casa coas tesoiras, coséndoas entre sí para empatalas e obter tiras máis loncas para façer nobelos delas para despois levalos ó teçelán o cal elaboraba mantas de tiras de trapo que xunghuía entre sí no tear por medio de fío de liño formando toda a superfiçie da manta.
Xa despois de recollidas as mantas e con elas na casa, a costureira da casa ou calquera costureira veçiña, coa fin de rematarlle as beiras ás mantas, cosíalle outra tira de trapo ou de tea das que máis ghustasen ou tiveran a man, porque aparte de adornar, aseghuraban que non se desfiasen polos laterais.
Os freques, remates decorativos das colchas, por exemplo en melenas, fanse no tear dos freques. E para os lenços = sábanas, levábanse á urdideira.
As labores do liño adoitaban façelas os membros de cada casa para si, non obstante debido á boa relaçión entre distintos veçiños ou casas, çertas fases do traballo ou labores podían realiçárense baixo un mesmo teito ou espaçio, frecuentemente nos cubertos ou en descampados coma nas eiras, …, por exemplo, espadelar, rastrelar = restrelar, …, e o máis conoçido era fiar o liño ou a lan, que levaban a cabo as mulleres maiores con chavalas xóvenes, mentres tocaban as pandeiretas, cantando unhas e saíndo a bailar outras, ó mesmo tempo que se arrimaban por alí os homes e chavales xóvenes partiçipando con elas da festa e do moçeo, de aí que se conoçan como fiadas.
As fiadas eran çentros de traballo, reunión e festa que forman parte importantísima do noso cançioneiro da cultura popular ghalegha.
CONTOS
E CANÇIONEIROS SOBOR AS FIADAS:
*
Había unha muller que iba ás fiadas e non fiaba nada. Tiña fama de
pouco traballadora.
Un
día carghou un carro de esterco e colleu unha masaroca, espetouna na
punta dun pao e puxo un letreiro:
“Aquí
vai a muller de Andrés cun carro de merda dun ano e a masaroca dun
mes.”
(O
esterco crese que fose propiamente dela, non do ghando, porque lle
custaba esforçarse para manter animais e obter fertiliçante natural
deles, así como a masaroca que tardou un mes en fiala, demasiado
tempo e pouca cantidade en obtela nas fiadas)
*
Unha noite me colleron nunha fiada de liño, unha noite me colleron,
outra non meu queridiño.
Unha
noite me colleron nunha fiada de lan, unha noite me colleron, outra
non me collerán.
*
(Outra versión):
Nunha
fiada de liño, nesta noite me colleron, noutra non meu queridiño.
Nunha
fiada de lan, nesta noite me colleron, noutra non me collerán.
*
É o tempo das fiadas para comer coas nenas catro castañas asadas.
*
O carriso, máis o chasco e máis o escarabello foron a Ghuiende á
fiada e matáronse no Portelo.
*
O que non canta nin baila, ¿qué vai buscar á fiada? - Aprender
catro mentiras para contar de cheghada.
*
Conto: - Eh, María, ¿ti que vas á fiada que non bailas nin cantas?
¿E que vas buscar?
-
Aprender catro mentiras para contar de cheghada.
*
Dunha ves era un chasco e máis unha pimpina que iban para unha
fiada. Os rapaçes diçían que os chascos eran do demo e as pimpinas
de Deus.
Viña
o demo perseghuindo a Deus que iba diante e xa pasara por xunta o
chasco e a pimpina. Entón cheghou o demo xunta os dous paxaros e
preghuntoulles se viran a Deus, se pasara por alí e nese caso qué
camiño collera.
Os
paxaros contestáronlle ó demo de diferente xeito, seghundo o seu
pareçer. Así di o cantar:
O
chasco: - Chas, chas, por aquí ben vas.
A
pimpina: - Pim, pim, por aquí non vin.
*
Os mosos de Cures foron dunha ves a unha fiada a Mosquete, e
presentáronselle diante das chavalas dalí deçíndolle a verdade de
onde eran. E as moças en correspondençia botáronlles esta copla:
¿De
onde son, de onde serán? – Sonche da canle de Cures daquela
terriña chan. *
En San Xoán non faltou un día para cardarse a lan.
*
Cardaduras de lan, se non chove hoxe, chove mañán.
*
A estopa non é lan. Quen me dera ser estopa que tantos bicos lle
dan.
*
Ai ghadellos / ghuedellas de lan, se non chove hoxe, chove mañán.
*
Díxolle unha vella a un: - Pasa ti que tes lan.
*
Conto das dúas curmáns:
Unha
rapaça vivía cos seus verdadeiros pais na casa. Tiña unha curmán
que vivía tamén con eles porque lle morreran seus pais.
Os
pais da filla da casa deçíanlle á filla antes de irse para a cama:
-
Ti mexa e vaite deitar.
E
á sobriña en cambio deçíanlle antes de que se deitara:
-
Ti a fiar (o liño).
Ó
pasar os anos casaron as dúas para casas de fóra. Botaron tempo sen
se ver e cando se atoparon falaron deste xeito:
-
¿E a ti como che vai?
-
A min ca do fía levei boa ghuía.
-
Pois a min co mexa e vaite deitar houbéronme de matar.
*
Este ano hai moito liño, tamén hai moitas arestas.
*
Antes nas fiadas, sempre había alghuén que lle pedía a quen estaba
tocando ou cantando que lle tocase algho en concreto, e lle cantasen
tamén.
Se
por calquera motivo o músico ou cantor non açeptara a súa
petiçión, entón o petiçionario, na maioría das veçes e
premeditamente con plans preparados de montar bulla, case sempre un
home, armaba unha ghuerra, posiblemente unha banda dunha aldea contra
outra, ou individualmente el contra outro ou outros.
Un
costume era tirar polo aire a lus do candil, ou de ghas ou carburo,
para deixar a fiada a escuras, e alí había trompadas e gholpes por
todas partes, rompían pandeiretas, ghaitas, etç,...
E
cando o que ocasionaba esto, ou os demais se viran apurados, non
había máis que saír ás aghachadas ou a tentas pola porta para
fóra.
Para
os provocadores, polo menos, e desde un punto de vista retrospectivo,
estas aççións tiñan un carácter aventureiro, de troula, risco,
enfrontamento entre aldeas derivadas dos antighos clans, tiras e
afloxas entre moços por mor de rivalidades por moças ou outras
cousas, e como non, de costumismo ritual.
Eso
non quita de que se produçiran situaçións perighosas ou de risco
da propia vida por xente temeraria ou desalmada, así como a
posibilidade de cansançio e frustraçión doutra xente que tivera
desperta unha maior conçiençia ou sensibilidade como seres máis
desenvolvidos.
*
Esta pandeireta que toca é de pelexo de ovella, aínda onte comeu
herba, hoxe toca que arrabea.
*
Toca miña pandeireta, toca, senón heiche de rachar, que me
custástelos cartos, aghora axúdamos a ghanar.
Animación feita por alumnos de 4º da ESO do IES Praia de Barraña
NOVAS FOTOS
19/10/08 Fotos cedidas por Arturo Chicolino 19/10/08 Fotos cedidas por Vilas 20/10/08 Fotos cedidas por Pilar Vázquez 23/10/08 Fotos cedidas por Rosa Torrado 26/10/08 Fotos cedidas por Ramón Laíño 27/10/08 Fotos cedidas por Lili Fabeiro 27/10/08 Fotos cedidas por Luis Ferreirós 27/10/08 Fotos cedidas por Pepe Mouriño Xa hai 429 fotos. Anímadevos e enviadenos máis.