viernes, 5 de junio de 2015
viernes, 22 de mayo de 2015
UNHA MINA DE COLONIA, por Ramón Laíño
Era o ano 34 do século pasado e o tempo continuaba o
seu curso na aldea de Cures.
Fora enviada para reempraçar á primeira predeçesora,
dona Elvira, natural de Santa Luçía de Tarás, da Serra de Outes.
O período de estançia desta primeira mestra, abranguía
dende 1927, data de construçión da casa, ate 1933. Nesta fecha, a ensinante trocou de
destino, ou xubilouse.
A nova professora, chamada dona Benedita, cando
cheghou a esta aldea, contaba com vintedous ou vintetrés anos. Era nativa de
Pontevea (Reis, Teo) e estaba casada em Santiagho. E como non conoçía a
ninquén, intentou relaçionarse coa xente.
Unha das primeiras persoas coas que estableçeu íntima
amizade, foi coa senhora Adelina das Chonas.
Pouco a pouco, colleu confiança com mais veçiños.
Pouco a pouco, colleu confiança com mais veçiños.
Outra das persoas coas que se levaba bem, era coa sra.
Secundina do Cacheiro, irmán da avoa materna, Esperança. Por tanto, tía de
miña nai.
Polo que se refire ao seu acervo estético, moi marcado,
era característico o uso intenso e cuantioso de colônia. Isto indicava unha
orixe de alto status familiar.
En ocasións, com bo tempo, sacaba aos nenos da escola
para levalos á paraxe de “O camposo do Lardoeiro” que pertençía aos do
Currucho. E a xente podia perçibir esse arreçendor, a unha distançia normal para
o olfato.
Din que a mestra, expresaba o seu desexo de ser
madrinha dalghún pequeno do lughar.
Foto dalghúns veçiños de Cures que a foron saudar a Santiagho, ou a Pontevea (súa terra), logho de ser destinada a Cacheiras. Aproximadamente no ano 1960.
Foto dalghúns veçiños de Cures que a foron saudar a Santiagho, ou a Pontevea (súa terra), logho de ser destinada a Cacheiras. Aproximadamente no ano 1960.
Tanto dexesaba ser madrinha que no 1936, cando tía Secundina se
atopaba en estado, dona Benedita concordou con ela, ser madriña da criatura.
Logho de naçer a nena, a mestra púxolle de nome, Benedita, igual cá ela. Polo tanto, aghora a nai da nena e a mestra, aparte de amigas, eran comadres.
Na foto inferior, a afillada Benedita cun ramo de flores nas mans. E á dereita, dona Benedita cun bolso na man. Por esta época, 1960, a mestra xa estaba destinada en Cacheiras, Teo.
Na foto inferior, a afillada Benedita cun ramo de flores nas mans. E á dereita, dona Benedita cun bolso na man. Por esta época, 1960, a mestra xa estaba destinada en Cacheiras, Teo.
Arredor do 1964, a mestra enfermou cando daba clases en Cacheiras. E aprox. no ano 65, ou 66, faleçeu.
Mentres puxo escola en Cures, a mestra vivía na aldea. Permaneçía aquí, de luns a venres ao longo do curso escolar, aghás vacaçións. Con ela habitaba o primeiro marido, contra o cal se ten enfrontado por defender a distintas persoas.
Habitaban o piso superior da casa do Castanho, nunhas dependências a carón do cuarto da escola.
Os fins de semana e festivos, a mestra ía co home no seu coche ate Santiagho, ou a Pontevea, terra dela.
Tamén tiña moto. Esto sucedeu
aprox. desde 1933 ate 1943, ou 1944, en que lle faleçeu o marido, de tremebunda e pesada memoria.
Mentres puxo escola en Cures, a mestra vivía na aldea. Permaneçía aquí, de luns a venres ao longo do curso escolar, aghás vacaçións. Con ela habitaba o primeiro marido, contra o cal se ten enfrontado por defender a distintas persoas.
Habitaban o piso superior da casa do Castanho, nunhas dependências a carón do cuarto da escola.
Por outra banda, os propietarios da vivenda, estaban no Arruchelo, en Cures. Pero,
despois da ghuerra, unha filla do propietario, a sra. Manoela, casou co Castanho de
Pousada-Tallara e viñeron vivir ao primeiro andar desta casa.
Ían por Boiro, distançia mais curta para alcançar a
estrada Boiro-Santiagho. Por outra banda, a vía Boiro-Noia, daquela era unha
pista de barro e ghrava.
Ademáis, non había caminho de saída desde a aldea ata
a pista.
Por isso, sempre deixaba o coche e a moto na pista, a carón da forxa e
da casa dos tíos Domincos e Secundina. Deste xeito, o punto de partida era
desde aqui.
Diçir tamén que a fraghua construírase no 1934 e pouco
despois, no mesmo ano, rematouse a casa.
Naquela época, había o coche de liña “do Faxeiro” de
Taraghoña e outro de “Angelito” de Rianxo. Tinhan unha hora de ida e outra de
volta, os xoves de feira em Noia. Tamén unha hora de ida e unha de volta, os
domincos.
Todo esto durante a semana. Por iso, xeralmente, a mestra ía no coche particular, co seu primeiro home.
Todo esto durante a semana. Por iso, xeralmente, a mestra ía no coche particular, co seu primeiro home.
Neses anos, cando dona Benedita baixaba na parada de
Cures, acostumaba ir á casa de tía Secundina.
Na fraghua, traballaba o sr. Domincos do Caseiro, tío
de meu pai.
Pero tamén estaba de aprendís, Ramón da Xastra, de doze ou treze anos quen mais tarde casaría con tía Benigna, irmán de miña nai.
Pero tamén estaba de aprendís, Ramón da Xastra, de doze ou treze anos quen mais tarde casaría con tía Benigna, irmán de miña nai.
Um día pola semana do ano 34, a mestra volvía de vacaçións de Pontevea, no coche do home. Ao chegharen a Cures, aparcaron o veículo onda sempre e a mestra baixou cun frasco de colônia na man.
Sem embargho, á altura da forja, caeulle ao chan e
rompeu. Ela quedou toda apesarada porque era a colonia de toda a semana. Sen embargo, recolleu os cristais e encarouse á porta
da tía.
Petou e entrou para falaren das súas cousas.
Petou e entrou para falaren das súas cousas.
O líquido deixou tal perfume que arreçendía por todo
arredor. E así, o aprendís da fraghua ao ver a esçea, ocorréuselle unha idea.
Aproveitou a ocasión para coller um esqueiro e façer unhas covas polo
barraçeiro, fronte á forxa.
As covas semellaban pequenas minas a ceo aberto, en
busca de colônia.
Máis tarde, veu por alí un home de Pomar do Rio. Tanto
lle ulía a colonia que quedou asombrado.
Daquela, a xente común non se
sabía como se obtiña a colonia.
E tampouco, a usaba. Ademáis, era inaçesible porque non había nin para comer.
E tampouco, a usaba. Ademáis, era inaçesible porque non había nin para comer.
Entón, este home que tanto lle
arreçendía a perfume, foise cara á forxa e díxolle aos que alí estaban:
- ¡Si, oh!
¡Estamos buscando aquí unha mina de colonia.!
A persoa marchouse toda convençida da explicaçión. E
cando cheghou a Pomar do Río,
contoulhes aos veçiños que xunto á fraghua de
Domincos do Caseiro, había unha mina de colonia.
viernes, 17 de abril de 2015
miércoles, 1 de abril de 2015
PICANDO TOXO PARA A BESTA, por Ramón Laíño
Discorría
a vida na casa de meus avós maternos, Ramón e Esperança. Era por alá,
arredor do ano corenta e seis, ou corenta e sete, do século pasado.
Fronte ao portal do
cuberto do ghando, na beira contraria do camiño, os avós tiñan outro alpendre pequeno.
Alí, atopábase a corte da besta e
a fraghua de meu tío Moncho que con catorçe ou quinçe anos, quería ser ferreiro.
Por
aquel tempo, andou de aprendís na fraghua do sr. Costantino de Rafael, no
Piñeiro-Mieites. E posteriormente, na aldea de Sueiro-Noia, como tamén, co
sr. Pepe das Crabeiras, en Tállara.
Na
entrada do alpendre pequeno, había un espaçio baldeiro para outros traballos. O
piso era de barro, ou de terra pisada.
Un
día, como tantas outras veçes, meu avó enviou a Moncho ao alpendre. Deixoulle
mandado que picara toxo para a besta. Esta planta, cando se apañaba no monte
para o ghando cabalar da corte, rabechábase perto das puntas. Máis ou menos,
viña tendo o lonco dun antebraço.
A
tarefa de picar toxo, consistía en cortalo cunha machada en anacos pequeniños,
enriba dun madeiro.
O toxo picado e miúdo, era un bo alimento para a besta.
O toxo picado e miúdo, era un bo alimento para a besta.
Polo
que se refire a meu tío, a súa personalidade rebosaba rebeldía e aventura. Era
vitalista por natureça e cunha ansia desmedida para a exploraçión e a evasión.
Así que meu avó permaneçía atento ao bater no madeiro, aseghurándose que
cumpría co mandado. Con este aviso, intentaba esvaeçer calquera situaçión
favorable e propiçia para o abandono.
Xa
desde sempre, ao tío ghustábanlle sobremaneira as festas.
E anque tiña estableçido un horario de reghreso, soía cheghar máis tarde do indicado.
E anque tiña estableçido un horario de reghreso, soía cheghar máis tarde do indicado.
A
pesares de ser conoçedor do castigho que lle esperaba, todo esto quedaba
desbordado pola euforia da diversión.
Sen embargho, estas normas tiñan unha raçón de ser. Pois, tan axiña abría o día, había que afrontar a xornada de traballo e non se podía andar durmindo de pé.
Sen embargho, estas normas tiñan unha raçón de ser. Pois, tan axiña abría o día, había que afrontar a xornada de traballo e non se podía andar durmindo de pé.
Dada a súa desobediençia e reinçidencia, non se libraba de ser castighado.
En ocasións, despois de trasnoitar das festas, alghunha irmán máis nova, teno acompañado nas labores. Fose, apañar herba nas brañas,
herba mosqueira nas leiras,
batume nas toxeiras,
cavar, ghradar, etc.
Neses momentos, ela era testemuña de que o sono podía con el. Por eso, non lle quedaba máis remedio que tumbarse a durmir,
mentres ela seghuía traballando.
Á volta, se había que traer alghún feixe, cada un levaba o seu.
Outras veçes, diçíanlle de ir botar aghua ás brañas e ao pouco, descubrían que non fora alá. As tornas das brañas, xa tiñan toupeiras do secas que estaban.
Na súa ves, aproveitaba para dar unha volta con alghún compañeiro.
Entón, para corrixir esto, debía traerlle a meu avó, unha ponla de freixo, como sinal de que viña de reghar as brañas. O freixo dáse en terreos húmidos, como as brañeiras.
Pero
era tal o fervor por verse livre que buscou un xeito de remediar este encargho.
Así que se lle ocorreu cortar unha ponla de freixo e enterrala completamente na
horta da Santa Baia, perto da casa.
Deste xeito, conservaríase fresca durante uns días e non preçisaría ir á braña da Devesa, nin á do Ramallal.
O propósito prinçipal era poder andar cos amighos.
Deste xeito, conservaríase fresca durante uns días e non preçisaría ir á braña da Devesa, nin á do Ramallal.
O propósito prinçipal era poder andar cos amighos.
Cando cheghaba o momento de ir para a casa, desenterraba a ponla de freixo, cortáballe un anaco e enterraba o resto. Logho, levaba o cacho á fonte, mollábao para darlle limpeça e frescura ao mostralo na casa.
Pero,
nun tempo prudençial, o avó veu o estado das brañas e soubo que estaba sendo
enghañado. Polo que ao non cumprir coas labores, castighouno severamente.
O labor de botar aghua ás brañas, podía cadrar de día, ou na tardiña e senón de noite.
Polo tanto, a partir de aghora púxolle como condiçión que cando fose botar aghua ás brañas, debía levar un caroso de espigha de millo e espetalo na torna.
Non podía levar máis de un de cada ves porque meu avó sabía os días que o mandaba. Por iso, tiñan que ser tantos caroços como días fora á braña.
Pode ser que esto dera resultado, anque debido á persoalidade rebelde do tío, cabe a posibilidade de que emprendera novas aventuras.
O labor de botar aghua ás brañas, podía cadrar de día, ou na tardiña e senón de noite.
Polo tanto, a partir de aghora púxolle como condiçión que cando fose botar aghua ás brañas, debía levar un caroso de espigha de millo e espetalo na torna.
Non podía levar máis de un de cada ves porque meu avó sabía os días que o mandaba. Por iso, tiñan que ser tantos caroços como días fora á braña.
Retomando
a pasaxe na que Moncho se atopaba picando toxo no cuberto de riba, apareçeu por
alí, seu curmán Alfonso do Cacheiro.
Ámbolos dous eran dun tempo. Ao pouco de cheghar, dille Moncho a Alfonso:
Ámbolos dous eran dun tempo. Ao pouco de cheghar, dille Moncho a Alfonso:
¡Mira!
Vou á fruta á horta das Beiras de Riba.
E ti, mentres tanto, vas picando este toxo por min. Non pares de picar para que meu pai (tío de Alfonso) non desconfie que marchín de aquí. Eu logho veño.
E ti, mentres tanto, vas picando este toxo por min. Non pares de picar para que meu pai (tío de Alfonso) non desconfie que marchín de aquí. Eu logho veño.
Con esto, foi á horta da veçiña comer fruta. E despois dun tempo, a sra. Pepa, dona da casa, veuno comer fruta na súa horta.
Ao velo, dixo:
¡Ahi,
ghalopín! ¡Con que sí, non! ¡Deixa que xa apañarás!
(Ela era unha muller solteira, maior e sen fillos que vivía soa.)
(Ela era unha muller solteira, maior e sen fillos que vivía soa.)
Entón,
el iscou á présa de alí e volveu para o cuberto. Cheghou xunta seu curmán e
díxolle apurado que o viran na horta.
Por
eso, sen demora, dirixeu a Alfonso para a barra, enriba da corte, onde se pon a palla.
E explicoulle que se aghachara entre ela, façendo fincapé en que non fixera ruído.
E explicoulle que se aghachara entre ela, façendo fincapé en que non fixera ruído.
Ao
pouco, cheghou a veçiña e encamiñouse ao cuberto de abaixo, en busca de meu
avó:
¡Ai,
Ramón! ¡Eh, Ramón!
O
avó:
Sra.
Pepa:
Meu
avó:
¡Qué
va, oh! ¡Non oh, non! ¡Non pode ser! ¡Leva todo este tempo picando toxo para a
besta que o escoitín ben! ¡Hoxe sí que digho eu que non foi el!
Sra.
Pepa:
Avó:
¡Boeno,
mujer! ¡Imos ver, logho!
Foron
mirar ao alpendre de riba. Conforme percorrían ese pequeno traxecto, sentían
bater. E ao entrar, atopárono picando toxo.
Vai
ela e dille a Moncho:
Moncho:
¡Meu
pai! ¡Eu non fun que estuven picando toxo hastra aghora! ¿Non me escoitou?
Avó:
¡Hoxe non foi, oh.! ¡Hoxe non foi que picou seghuido! ¡Hoxe si que quedo eu por el!
Moncho:
¡Vé meu pai. Despois Moncho leva todas as culpas!
Moncho:
¡Vé meu pai. Despois Moncho leva todas as culpas!
Nese
intre, a señora Pepa botaba chispas ao velo bater no madeiro.
Mentres
tanto, Alfonso permaneçía na barra, aghachado entre a palla. Estaba en
silençio, medio temeroso e sorprendido.
Pero ao pouco, o pó e o lixo da palla, fixérono tusir.
E escoitárono.
Pero ao pouco, o pó e o lixo da palla, fixérono tusir.
E escoitárono.
Di
o avó, diante da señora Pepa:
¡Ah,
coño! ¡Ah! ¡Entonçes foi!
Así
se descubreu a trampa. E como remate inesperado desa aventura, esperábao o
castigho.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































.jpg)



.jpg)















.jpg)













