jueves, 9 de junio de 2016

HISTORIAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ, por Ramón Lainho


CHINCÁN E MÁIS OS AMIGHOS



Houbo nun tempo que os nosos maiores lembran, un home de Escarabote que lle chamaban Chincán.



Alcumárano así, porque non era moi espabilado. Ademáis, andaba desarreghlado no vestir e, tamén no seu coidado persoal.



Sen embargho, era moi querido e conoçido, polo que tiña moitos amighos. Posiblemente, co seu xeito de ser inconsçiente, façíase querer.

 

El vivía no seu propio mundo, indo e vindo dun lado para outro. Camiñaba tan lonxe como as súas pernas e, o día llo permitían.



Nunha ocasión, uns moços dalí de Escarabote, iban no coche dun deles con direcçión á Pobra do Caramiñal. 

 

Axiña se encontraron no camiño con Chincán e, viron que el tamén se dirixía alá. 

 

Como eran amighos del, anque máis novos, pararon e dixéronlle que o levaban no coche. El diçíalle que non, que estaba ben así. 

 

Os moços insistíronlle que non fose andando, que xa iba con eles. 

 

Pero Chincán respondéulles:
  • Chegho primeiro andando.


Eles ríanse e, contestáronlle:
  • ¡Serás parvo!



Ao final, fóronse sen el.

Chincán sighueu camiñando e,



alá na Merçé,




ve o coche dos amighos patas arriba, con eles fóra, ao pé.

 

E dixeron eles:
  • ¡Qué raçón tiña que chegha antes cá nós!





O CAN QUE PERDERA O RIXO (O SENTIDO)



Os animais, neste caso os cans como as persoas, cando perden o rixo din que non saben o que fan.



Anque pareça curioso, esto pódelle pasar a todo ser vivo que teña a capaçidade de sufrir alghún trastorno mental.



Os cans e, os animais na convivençia diaria cos seus donos, son acostumados a comportárense dun xeito determinado na casa. 


 
Como é lóxico, aos cans depréndenlles hábitos de conduta relativos ás neçesidades fisiolóxicas. Por eso, cando lle xorde o momento, préstanse a saír fóra da casa para alobeárense / alivíarense.



Contan que había un can dunha casa da aldea, que lle perdera o rixo. Tan evidente era a súa falta de rumbo, que lle fora caghar diante da porta do forno onde coçían a boroa e o pan.




Nesta situaçión, tal como fixo esto,



ben podía esperarse calquera outra burrada pareçida. 





O CAÑERO E O POLO



Fora dunha ves que un cañero andaba polas aldeas. Nunha desas, cando estaba façendo a caña, tuvo unha ocorrençia de querer coçer un polo na pota do vaghaço.

 


A partir daí, foina pensando ben e quixo levala a cabo.

 


Cheghado o momento, matou un polo da casa. 


Esplumouno, destripouno, esqueimiñouno e, lavouno.



Logho, meteuno na bulsa e, levouno consigho hastra a aldea onde lle tocaba façer a caña.



Xa no cuberto do lughar onde iba ocorrer o caso, estaba coidando do lume e da pota. Con el, atopábase alghunha xente para entreterse e pasar o tempo.



Entón, aproveitando a ocasión, vai todo sereno e cóntalle aos que estaban alí, que trouxera un polo preparado para coçer na pota.



Os que o escoitaron, ao primeiro pensaron que era unha broma e non llo creron. 



Pero, ao pouco, sen esperalo ninquén e tal como dixera, sacou un polo da bulsa.



De seghuido, sacoulle o capaçete (capuchón e tubo) á pota e puxo o polo dentro, a coçer por riba do vaghaço.



Deste xeito, foise coçendo e, de ves en cando, espetábao cun espeto ou, algho pareçido para comprobar a coçedura.



Cando veu que xa estaba listo, sacouno, colocou o capaçete e, foi comendo o polo aos poucos.

jueves, 26 de mayo de 2016

OS CARTOS E A PERDA DE AMOR Á XENTE. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño




Na metade do século pasado, como tamén antes desa liña de tempo e, logho  aínda despois, a casa de meus avós maternos produçía moita fruta de diferentes clases. 



Meu avó Ramón encarghábase de minar as terras e, muralas. Nalghunhas delas, chamada "O Bosque", fixo hortas en estivadas, plantando cantidade de frutais. 
 


En concreto, son catro estivadas e, estaba lonxe da casa, antes de cheghar a Devesa (paraxe de moitas brañas, entre elas dúas ou tres nosas, e tamén monte arredor). "O Bosque", atopábase perto dunha vaghoada de brañas e dunha presa de aghua. Murou as estivadas, con escaleiras tamén de pedra, nas tres primeiras que permiten a subida a todas elas. Preparou un presa lonca con pedras ben postas polas beiras, para conduçir a aghua que está por riba e, poder reghar os frutais. Esa lonxanía requiría unha vixiançia máis a miúdo do que outras que se encontraban pola aldea.



O propósito era obter fruta sobrante para, deseghuido, poder axudar a ghobernar a vida. Realmente, os maiores din que daquela había fruta sobrante para a xente e os paxaros. 



E, anque a terra, a aghua e o aire, estaban máis limpos do que hoxe en día, había que coidar das hortas para que non che levaran a fruta.



Os da casa vendíana en diversos lughares “de baixo” e, un deles era na Pobra do Caramiñal. Quen se ocupaba de levala a vender, era miña avoa Esperança. 


 
Cando tocaba ir á Puebla con fruta, neçesitaba saír de víspora para poder estar alá ao día seghuinte, de mañán cedo.


Como a avoa tiña unha conoçida, xusto na entrada da recta do pobo,



entón por amiçade, durmía de víspora na casa dela.


Así, ao outro día de madrughada, podía venderlle a fruta ás tratantes (mulleres dos postos no mercado), que despois a revendían.

 


No caso de que lle quedara alghunha sobrante, intentaba venderlla directamente á xente. Tiña un posto acostumado nun caleixón a man dereita, antes de cheghar a casa do conçello, con direcçión a Riveira.



Durante a súa vida como vendedora e, noutras épocas do ano que andaba tamén no trato (compraba e vendía), tuvo etapas en que iba soa. Noutras ocasións, acompañábaa alghunha filla. Esto último, estaba en relaçión directa coas idades e continxençias das fillas (traballos, casa, terras, saúde, xa casadas fóra, etç.)



Dunha ves, arredor do ano 1948, cando a avoa contaba cincoenta e pouquiños anos, arranchara todo para ir vender á Pobra. 



Nese día, acompañábaa miña nai, que daquela rondaría os des aniños. Máis que nada, era para façerlle compaña e fora vendo as cousas da vida. 



Saíron de víspora do lughar, coa idea de durmiren na casa dunha coneçida, á entrada do pobo.



A avoa levaba un cesto de fruta enriba do mulido, sobor da cabeça. Era a finais do verán, despois da recolleita da fruta.



Foron deixando a aldea, pasando por paraxes como a Santa Baia, por debaixo de Leiroas. Seghuiron o camiño de carro polo Lardoeiro, Vilar de Fóra. 



Entraron nos pinais da Costa do Ramallal de Riba, A Saísa, as Cachadiñas. Continuaron á altura de Fonte Ghafa, os Conliños e,



chegharon ao cruçe de Cabanela. 



Aquí xa colleron a pista de barro e pedraghullo, hastra a Ponte Gheáns ou Ponte Ghoiáns. Aghora começaba a estrada por Gheáns / Ghoiáns que as levou ao Sequelo. 



Camiñaron a través da Madanela e, entraron en Escarabote. 



Desde este entorno mariñeiro, proseghuiron pola estrada, ata pórse na Ribeiriña. 

 
 
Estaban xa á altura da fábrica de Barreras, que sería e foi conoçida como “a fábrica do cheiro”, a cal pechou nos anos 90. Aquí chegharía a traballar miña nai de moçiña, con 17 ou 18 anos, nun curto período de tempo. 



Logho, pasaría a unha fábrica dos Areales, na Pobra do Caramiñal. Pero esto é outra historia.



De antre o pinal, baixaba unha muller por un camiño de pés.



Este sendeiro cheghaba á estrada e, 



na outra beira empata cun camiño de carro, 



o cal baixa hastra a fábrica de conserva.


Aquela muller viña das aldeas dalá de riba. Tal ves, de Ouxo ou, de San Isidro. Quiçais, dos Casás, etç.



Por el, baixarían tempo despois, as mulleres deses lughares para viren traballar á fábrica. E á saída do traballo, subian de volta para as súas casas.



Cando a muller veu pasar a miña avoa e a miña nai por ese punto da Ribeiriña, díxolle:
  • Tía Esperança. Hasta non fala. Hasta non fala.


(A xente da beira do mar, como Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña, ... e, lughares limítrofes, tiña o costume de chamarlle respetuosamente “tías e tíos” ás mulleres e, homes maiores. Ademáis, á avoa coneçíana moitos, pero ela a moitos non os conoçía, porque era ghrande cantidade de xente que vía nos mercados e feiras.)



Vai a avoa e respondeulle:
  • É que levamos présa, muller. Haber se "cheghamos con lumes de día" á Puebla.



Contéstalle a muller:
  • Pero mire. Aghora non vou máis á montaña.



Avoa:
  • Boeno muller, boeno. Boeno.


Muller:
  • Non durmo máis na súa casa. Non vou máis á montaña.



(A xente que iba pedir á montaña, cando viñan para riba e, ao mellor coa fin de adiantar algho, durmía na casa dos avós maternos. Estendíanlle palla no chan, ou follatos de millo, se cadra con sábanas, e durmían alí perto do caloriño que daba o lume. E ao amañeçer, seghuían a ruta para pedir á montaña.)



Avoa:
  • Boeno muller. Mellor. Mellor que non haba que volver.



Muller:
  • Porque mire. Morreu meu pai e, xa pudo morrer primeiro.

Avoa:
  • ¿Elogho por qué, muller? ¿Era malo? ¿Por qué?


Muller:
  • Porque mire. Non. Pero mire. Morreu meu pai e,


cobramos moitiños cartos e, xa pudo morrer primeiro.  



E despois, ao saír dalí a muller, elas seghuiron camiño. Marcharon e, a avoa iba falando soa porque a filla (miña nai) era unha rapaça de des anos e non ..., non entendía. Pero, preghuntoulle a nena:
  • Mamá. Esa muller é tola, ¿non é?



Respondeulle a avoa:
  • Non será, miña filla. Non será. ¡Ai. Alabado sea Deus! Polos cartos pérdese todo o amor á xente.



¡Polos cartos!