jueves, 19 de enero de 2017

A CHUVIA, por Ramon Lainho


 

Chove esta tarde sobre mollado.
Baixo un ceo ghris, as nubes se paran.
Son días de tedio, momentos de soños.
Non, a chuvia nunca volve para riba.
Hoxe acompáñaa o vento,
tal ves axiña vaia escampar.
Nestas horas que buscan o refuxio da intimidade,
permaneço en abrigho, a cuberto.
A humidade está por todas partes.
Ese líquido que por veçes, pode ser bendito,
regha os campos e fecunda as sementes.
Déixase caer sobre o chan, en picado.
Cando lle antoxa, vira en bicos, cruçada.
Nestes días de fartura que inundan os prados,
enchen os ríos e atéighanse as charcas.


Amoleçen os corpos, beben os frutos.
As molladuras, lembran o pasado.
Cada pinqueira é un recordo,
impreso na túa alma
que cae na fonte das lembranças.
Cada estanque é un espello, onde te ves refrexado.
Quiçais mañán xa formes parte de todo o observado.
Aqueles amores dun romantiçismo esquençido,
aghora revividos na maxia deste misterio recluído.
Arrastran as aghuas as peghadas da xente.
Mesturan tódolos recordos dos seus pasos,
confundidos nunha corrente de seres diferentes. 

 
Ao lonxe, brilan os outeiros prateados,
anunçiando que mañán volverá chover.
Sobrevoa a peneireira en círculos,
avisando que a chuvia está perto a caer.
Como sinais enviados ao ceo,
fumeghan as chemineas das casas,
reunindo a famila, ao amparo do calor.
Resghárdanse os corpos, con paraghuas de cores diversas.
Na ramaxe das árbores, aletean os paxariños,
sacudindo as súas plumas.
Son horas de recollemento para todo signo de vida.
Incluso a máis diminuta ghota,
albergha unha densidade acuosa e translúçida,


que reparte sensaçións de diferente natureça.
Cálida, morna ou fría, seghundo a súa vontade.
Ao mellor, son bághoas do çeo de seres que choran.
Pero caídas, alivian as terras que teñen sede.
Non sempre benevolente, por veçes mostra a súa carraxe.
Xa está aquí de novo.
Tronan as nubes, ábrense as fontes.
Os lóstreghos brilantes, iluminan no alto.
Baixan os raios desvastadores á terra.
Hai chuvias nostálxicas que non dan despexado.
Chuvias que aneghan todo, repentinas e violentas.
Hai chuvias frías que conxelan o ánimo.


Ela, amigha líquida dos seres refuxiados en soedade,
que cae polos cristais, tapando a vista das cousas.
Días de chuvia, días de non ser.
Campos enlamados, pedras molladas, camiños enchopados, casas escureçidas, ...
Chuvia que repinica no tellado como música para os meus oídos.
De repente, abreuse o día.
A chuvia caeu, xa quedou no pasado.
Pero eu puden contemplala,
e para min, non pasou en vano.
Aquelas imaxes de lembranças fuxidas
que soio eran recordos lonxanos,
volven á realidade neste día,
sobre os campos apaghados e durmidos.


Os ríos corren caudalosos, as tempestades amainan.
A xente salta as poças, pero nós chapuçamos contentos.
Outros protexen os pés, nós andamos descalços.
Para moitos é un sufrimento, pero para nós é unha aleghría.
Sen temor, rodamos polo chan, ensoufándonos nas lameiras.
Xoghamos, dançamos, e cantamos baixo a chuvia.
Corremos polas leiras, atravesamos os ríos sobre as ramas.
Como intrépidos aventureiros, exploramos os montes e façemos cabanas.
Dúas veçes me mollo, abrighándome debaixo das follas.
Respiro forte a humidade deste ambiente.
A frondosidade do entorno me envolve e abraça.
Sinto a maxia desta terra verde que aprendín a querer.


Quero subir á ponla dun carballo para contemplar o arco da vella e atravesar ese umbral.
Desexo escoitar o murmullo das fontes e dos montes.
Adentrarme nese misterio vaporoso da brétema, por entre as árbores.
Saber daquela fada que coa súa mirada furtiva, fuxeu a correr.
Aghoman as plantas, abríghanse os animais coa chuvia ao caer.
Ti que mollas este chan, mestura de penas e aleghrías.
Por favor, se tes coraçón, dime quen es e a onde vas.


lunes, 2 de enero de 2017

O TEMPO, por Ramon Lainho




Corre o tempo como alas que leva o vento, corre o tempo sen mirar atrás.

Implacable e silençioso, traspasa o mundo e os seus soños.

Viaxeiro indolente e inmutable que leva consigho tódalas criaturas e as súas vidas.

Tristuras e aleghrías. Esperanças e amarghuras. Toda unha mestura de sentimentos.

Pasa o tempo e non se detén, nin espera por ninquén.

O que foi onte, xa non é hoxe. E o que é hoxe, non será mañán.

Metamorfose interminable de fighuras cambiantes, transformadas por unha força invisible.

Aquí vén o sol da mañán, circundando todo o horiçonte, sen saber o que nos traerá.

Daquel neno que fun, dese moço que deixei de ser, vou camiñando no atardeçer do día.

Xa se ven, lonxe máis lonxe, as lembranças de antano que van quedando atrás.

Discorre o río da vida, con rumbo desconoçido.

Curvas, rectas, rectas, curvas, difíçiles de explicar.

Un día, dispúxose a naveghar nese veleiro, sen adiviñar o seu destino.

Tódolos soños que persigho, os seres que quero, ideais aos que aspiro. ¿A onde se irán?

Luçes que se prenden e se apaghan. Amañeçe o día, escureçe o firmamento.

Mundo mineral, e frescura vexetal. Dimensión humana e animal. Mundo desconoçido.

¿Por qué todo esto? ¿Acaso un día, nos revelará o seu secreto?

Tempo en soedade, por veçes en compañía. Noutrora en multitude. Maneiras diferentes de vivir no tempo.

Xiran en perfecta sincronía as estaçións do ano. Realidade da materia e maxia latente. 


Tempo escuro e brilante. Hai sufrimento e diversión, hai beleça e fealdade.

Choros e risas que veñen e van. O meu amor vai para alá.

Tempo que me farta de esperar. Que me cansa de vivir e me fai chorar.

Tempo que me dá ilusión e me fai disfrutar.

Polo aire, van flotando músicas solemnes e profanas.

Todo flúe e se disipa na onda do tempo.

Avança o invisible, sen fondo, nin forma, polos camiños da vida.

En nada repara, impregnándoo todo ao seu paso.

Como un asubío errante, dunha nota enigmática que transcorre sen ser vista.

Andar de neno, correr de moço, camiñar de vello.

Ao fin, tan só andar polas distintas idades da existençia.

Por veçes, rodando como unha pedra, perdido e sen rumbo.

Paso a paso, gholpe a gholpe, vou façendo camiño ao andar.

Luçes e sombras. Cores pintadas, empapados sons, arreçendores entrelaçados.

Ondulan os perfumes de frescura encarnada que despuntan á alba da sancre nova.

Innumerables tactos e fighuras. En ti se unen tódolos sentidos.

Enigma incomprensible dese umbral que se abre e se pecha.

O vento me empuxa e insiste, tal ves para conduçirme ao meu fado.

Sen saber por qué, cambia de pareçer e, sopla en sentido contrario.

Ten o tempo como aliado ao destino.

Quiçais un bo destino que protexe os nosos soños.

Ao mellor, un mal destino que irá contra nós.

Pero, hai vidas que se acaban de moi novas. 


Quen pudera roubarlle tempo ao tempo e aprenderse a lecçión.

Existençia insignificante dunha eternidade infinita.

Se fora posible ter máis tempo do tempo que teño.

Quen fora quen de terche no meu tempo.

Un día son e de pronto, deixo de ser.

A conciençia vai a onde a vista xa non a vé.

Por aquí, por alá, por todas partes está. Non o podes evitar.

O tempo desfighura todo o que toca. Nada se escapa.

Que máis dá, se todo o que teña que ser, será.

Con ou sen intençión, con ou sen omisión. Chámese previsión ou, prudençia.

Como un remuíño que che envolve e che tragha,

para devolverche a non sabes que lughar.

A conta atrás, antes de que respires, xa está preparada.

Naçer, vivir, morrer, son partes dunha mesma suma.

Pasas frío, sintes mornura, tes calor. Diferentes sensaçións dun todo e, nun intre, xa non es natureça corpórea.

Pensamos deixar sinais imborrables, algho importante detrás de nós que o vento barrerá.

Este ciclo da vida se repite incansablemente.

Quiçais hastra que a providençia así o queira.

Nubes e claros. Logho cuberto, despois, despexado. Todo muda, nada permaneçe.

Trae e leva, o mundo dos sentimentos e das apariençias.


Xa di o refrán: "En boca calada non entran moscas." E advirte outro: "O que cala, consinte."

Faghas ou deixes de façer, a veçes acertarás e outras fallarás.

A vida che cambia e, moldea os teus desexos e pensamentos.

Paso adiante, paso atrás. Así fai o quen ben baila, así fai o bailador.

Non teño présa, déixome levar. En ocasións me açelero, sempre para volver ao mesmo sitio.

Voráxine dunha lei inexorable que devora todo.

Como nun reló de area, o tempo escorréche entre os dedos.

Sen alcançar a disipar esta confusión, intento dar forma a ese sentimento.

Escribo desde a mediocridade, tratando de entender o que penso.

¡Qué importa como escribo! Son soños de redençión.

Tal fora un sendeiro iluminado entre a espesura, que me conduçe á claridade.

Ese amigho que se me cruçou un día, buscando a mesma oportunidade.

Un soño profundo che acompaña, alí onde queira que vaias.

A estas alturas, xa non te aflixes se as árbores che impiden ver a fragha.

¡Qué alto voa esa ave! Desde alí todo se ve mellor.

Sen escuridade, non existiría a lus. Nunca unha sen a outra, pois nada tería encanto.

Camiña, busca e atoparás o seu sentido.

Cando un día sexamos puros, non haberá pena, nin desencanto.

Voa alto, amigho, voa alto. Alcança a lúa, o sol e as estrelas.

Susurra o aire un antigho e eterno cantar: "Cada un seghundo as súas obras."



domingo, 11 de diciembre de 2016

MIÑA FILLA, por Ramon Lainho




Nena da miña alma que por sempre me acompañarás máis alá do meu fin.

Carne da miña carne, sancre do meu sancre. Filla miña.

Reghalo do çeo que como unha bendiçión desçendeu sobre min.

Lembro aquel día que cheghastes. Eras tan pequeniña e delicada.

Cando che collín por primeira ves, o teu corpiño cabía nos meus braços.

Que misterio, que cousiña tan maravillosa.

Todo un ser diminuto de atenta mirada e ollada profunda, vido do firmamento.

Brilaban os teus olliños, como dous luçeiros moi açuis, co fulghor dunha estrela radiante e misteriosa.

Começastes a chamar a atençión, cos teus choros e as túas risas.

Tal ves para comer, para que che limparan, ... ou, para que che colleran no colo, cando algho che doía.

Desde o teu berçe, sen apenas avisar, fostes observando todo o que che arrodeaba.

Anque fixera frío, ansiabas destaparte e sacar a túa propia roupiña. Querías sentirte libre neste mundo.

Desexabas saber por ti mesma, sen que ninquén che ensinara. E, ao pouco tempo, xa te puxestes a ghatear.

Flor perenne de primavera, campo de sorrisos, coraçonçiño cálido.


Por ti, naçeu en min, o amor de pai que nunca o puden imaxinar. 
 
E na primeira curva da vida, destes os teus primeiros pasos.

Chorabas, rías, andabas, pero aínda che faltaba falar.

Anos que nos permitiron vivir xuntos.  
 
Es como a lus da mañán que me ilumina cada día ao despertar.

Criatura de coraçón bondadoso.

Foron as túas primeiras palabras pronunçiadas, mamá e papá.

O teu primeiro xoghuete, unhas luçes de cores que avivaban os teus sentidos. Ao mellor, un axóuxere ou un boneco que falaba.

Flor do meu xardín. De entre todas, a máis fermosa.

A túa aleghría contaxiou toda a miña vida.

Pero ao final, non pudo ser. Que escasa foi a nosa vida en compañía.

Pola mañán, quedabas desvalida e soíña na casa, con desconeçidos que che foron coidando.


Logho viñeron os madrughóns e, as friaxes que soportabas para levárenche á “estrana ghardería”.

Como te esforçabas por façer os deberes da “lonxana escola”, coa túa letra redondiña.

E, suspirabas por deprender a lecçión, sen que che esquençera unha comiña, nin un puntiño. 
 
Asombrada e enferma te puñas, con alghunha mestra berrona e severa.  
 
Todas as túas aleghrías e desventuras, síntoas no meu peito.

Cando che visitaba e, despois me marchaba, non o comprendías.

Sei que me neçesitabas, que me botabas de menos e que eso che causou sufrimento.

Despraçada e confundida te sentías co mareo da viaxe, cando empeçamos a ir á casa dos avós, en vacaçións e cada quinçe días.

Lamento tanto, non ter podido estar ao teu lado cada día, nos anos que máis querías.

E borrar ese pesar, co abraço da túa comprensión, nestes novos momentos.

Ver outra ves, as mañáns bendeçidas coas túas risas de prinçesa.

Adorables façuliñas encarnadas, olliños de bondade. Boquiña redondiña, corpiño xeitoso.


Se pudera cambiar o noso destino, si que o façería.

E permitirme acompañarche en todo momento.

Aleghre dançarina de mirada aberta.

Sen a túa compañía, sen un mesmo sentir, son un ser perdido e baldeiro.

Mentres te fostes criando día tras día, a pesar das veçes que os teus olliños non me vían, sabe que sempre che levo dentro.

Es a miña força, es o meu alento. Enches de feliçidade todo o meu existir.

De moi pequeniña, xa sabías que as cousiñas ordenadas, daban un mellor vivir.

Aos catro aniños, cunhas toalliñas hixiénicas, limpabas a ençimera da coçiña.

A túa roupiña que estuvera no seu sitio. Revisabas e retocabas a camiña, cando menos, debía estar ben feitiña.

Alma extrovertida que, ansiabas ver xente ao teu redor, buscando amighos para xoghar na casa e, pola aldea.

A maxia da túa tenrura, resplandeçe como unha bendiçión eterna.

Neniña namorada que te fas querer coa túa forma de ser.


Así se fixo a milaghre da vida. Terche e poderche ver.

Eran os teus bicos para amar. Sentía o teu querer de verdadeira entregha.

A túa imaxe quedou impresa por sempre, na miña memoria.

Foron pasando os anos. Deixastes de ser unha rapaçiña para convertirte en muller.

Tan preçiosa como eras e, hoxe xa es toda unha fermosa prinçesa. A miña preferida.

Co paso das primaveras, como flor que vai levando o vento, buscarás o teu querer.

Pero para min, sempre serás a miña pequeniña.

Miña inoçente criatura de entreghado cariño.

O único que sei é que che AMO.


miércoles, 16 de noviembre de 2016

A BORRALLA E OS BERBERECHOS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramon Lainho




O relato começa coa venda do leite. 




Atopábase miña avoa materna, Esperança, vendendo o leite polas portas das casas de clientes que tiña no Cabo da Crus.



Estuvo indo alá a pé, durante uns deçaoito anos, aproximadamente. Antes, xa começara vendendo os frutos da terra, durante o cal e proghresivamente, foi incluíndo a venda de leite para a xente que llo pedía.



Todo este proçeso como vendedora, começou desde finais dos anos vinte, prinçipios dos trinta, hastra mediados dos anos 60, do século pasado. Sen embargho, continuou vendendo leite polas portas das casas de Escarabote, por compromiso con clientes de alí, hastra arredor do 1970.



PARÉNTESE:

Tal como se explicou en historias anteriores, resumidamente, os puntos de venda dos frutos da terra, e da fruta, eran nos postos do mercado de Boiro e A Pobra do Caramiñal, respectivamente.



En ocasións, pola mañán çedo, logho de venderlle fruta aos tratantes dos postos do mercado da Pobra, podía sobrarlle alghunha. Nestes casos para rematar de vendela, púñase nun caleixón da Pobra do Caramiñal, a man dereita en direcçión a Ribeira, onde para o autobús, antes da casa do Conçello.



Sen embargho, se alghúns clientes llos encarghaban, podía venderllos polas portas das casas destas localidades, ou de Escarabote, A Ribeiriña, Cabo de Crus, etç.

 

Entón, un día durante a faena de venda do leite, unha muller dunha panadaría,



tal ves do Cabo da Crus, ou de Barraña, díxolle á avoa:

Señora Esperança, ¿vostede ten prado?



Responde ela:

Temos.



Porque nós temos moita borralla. ¿Se a quer levar? (Antes os fornos de coçer a boroa, o pan, as empanadas, ..., traballaban con leña, gharabullada, toxos, codesos, chamiços, etç.)



Ai, boeno! Héidello falar na casa.

Entón, ao cheghar á casa,



contoullo a meu avó e, dixo el:

Coño! Pois para as viñas, as brañas e as leiras, non lle fai mal nincún que é boa.



Dito esto, vai un día miña avoa, púxolle o ghando ao carro e, ahí che vai cara a Barraña.



Pero, pareçe que a avoa llo dixera a unha irmán, chamada "tía" Secundina.



E ela, contoullo á señora Isolina da Cañota e á señora Ramona das Beiras, amighas súas.




Entón, aproveitando que a avoa levaba o carro, vai súa irmán Secundina e explicoulle que ela e as amighas tiñan pensado apañar uns poucos berberechos en Barraña. E de seghuido, díxolle se podía traerlles os saquetos delas, enriba dos saquetos da borralla.



Ademáis, enghadeu:

- De paso, apañámosche uns poucos para ti, tamén, e traémolos todos no carro.




Daquela, a xente non andaba en masa aos berberechos. E, na praia había dúas ou tres capas deles, unha por riba da outra. Dese xeito, os de baixo morrían ao estaren tapados polos de riba.



E a avoa responde:

- Boeno.

E boeno, moi ben. Alá foi.

Xa despois de carghar as saquetas de borralla na panadaría e, botalas ao carro, cheghou á praia, xunto ás amighas.



Pero claro, a xente ve, ¿non sabes?.



Vían o carro carghado de saquetos e, asexaron ás amighas da avoa. 
 
 


Viron como trouxeron os saquetos de berberechos e botáronos enriba dos outros sacos.



Tía Secundina e as amighas,



cando remataron, dixéronlle na praia á avoa Esperança:

- Esperámosche alá enriba, en Espiñeira.
 


Di ela:

- Boeno.



E a probe da muller, se había de diçir: Vinde canda min, foi ela soa, 



xa que as compañeiras iban esperala en Espiñeira,



ou se cadra, no Boiro de Riba. 



No recorrido, vemos un hórreo sen tellas. Na parte de baixo, xunto aos pés, fai de ghaliñeiro. Hai ghaliñas soltas peteirando polo chan.



Desvío e subida a man dereita, ao remate do Boiro de Riba.



Subida a man esquerda, tamén polo Boiro de Riba.



Que remata nunha explanada. 



Neste tramo, podemos ver unha fonte á beira do camiño. 



Tamén, se atopa un muro que pecha unha horta e viñas, no cal, ademais de plantas, pedras decorativas e postes de pedra, hai varios melóns ao sol para remataren de curarse. 



 Calquera destes desvíos,



vai dar a Espiñeira.



Entón, respecto da situaçión na praia, a xente que vira a maniobra das compañeiras da avoa, maiormente mulleres, diçía:

- ¡Ai! Un carro de berberechos para alá arriba! Un carro de berberechos para alá arriba!



Así que, a xente foi marchando con esa idea, e pasáronlle diante ao carro,



o cal xa iba polo camiño que vai dar á rúa Prinçipal. O remate desta vía, fai esquina co mesón que hai uns anos, chamaban "A Capilla", hoxe denominado "Taberna A Parranduxa", con entrada pola rúa Prinçipal. Na actualidade, este camiño ten parte do seu traxecto urbaniçado.



Pero, a outra parte restante, aínda conserva boa parte do entorno antigho.
 



Estamos aproximadamente, no lughar onde se desenvolveu esta historia.
 
 

Na saída deste camiño, atopámonos coa esquina do mesón comentado anteriormente.



Vemos a boqueira do camiño, desde a rúa Prinçipal.


 

E atravesando esta estrada, de fronte á boca do camiño, temos a antigha ferretaría de Ghachi Ghato.



Este camiño, enlaça coa estrada xeral que, antes era a única estrada que había. Na foto inferior, tamén podemos ver un desvío a man dereita, por onde iba o Camiño Real, ou Camiño Sacramental.

 


Ao cruçar a estrada de xeito transversal, 



atopámonos cunha entrada que vai dar ao mençionado Camiño Real, ou Sacramental. 

 

Se collemos á esquerda, imos para O Currillo que tamén ten saída para Ponte Gheáns ou, Ghoiáns.

 

No caso de collermos á dereita, podemos ir para o Boiro de Riba e, desde ahí, a Espiñeira. Nesta direcçión é, onde supostamente foi miña avoa co carro, despois do rebumbio da borralla, que estaba para ocorrer no camiño de carro comentado anteriormente.


 
Como íamos diçindo, o xentío da praia, case todas mulleres, aghardárona nas casas finais do camiño de carro, onde había un albeite e, onde consultaba o médico, don Pepito.



Cando a avoa cheghou co carro, á altura desas casas, veu unha morea de xente reúnida que, lle atrancou o paso e, parárona. Diçíanlle en vos alta:

- ¡Un carro de berberechos! ¡Non pode ser! ¡Hai que levalos á plaia! ¡Un carro de berberechos!



Respondeu ela, falando en alto:

- ¡Deixádeme ir que, non son berberechos todos! ¡Deixádeme ir cos animales que despois quenta moito o sol! ¡Deixádeme ir!



De paso, lembroulles:

- ¡Iredes á plaia, palanquinas, que os tendes bastantes!



¡E, non tendes porque me parar!



As mulleres contestáronlle:

- ¡Ai! ¡Pois non pode ser! ¡Ai, non! ¡Hainos que levar á plaia!



Entonçes as mandeleteiras, puxéronse unhas por diante, outras por detrás do carro. Pero, tamén había un ou dous homes. Un deles era un latoneiro, conoçido ighualmente por sorralleiro que andaba polas aldeas, quen lle paraba o ghando.

 
Fora o mesmo sorralleiro o cal lle ghardara maliçia á avoa por un refrán que ela lle botara. El, pincháraa nunha cacha, cunha ferramenta de traballo.

E ela, alí soa no medio das mulleres, dixo:

- ¿Tamén ti, sorralleiro?



Vai ela, colleu valentía e, sobeuse ao carro.



Xa, enriba del, falou:

- ¡Boeno! ¿Queredes berberechos, logho? ¡Boeno! ¡Esperade un pouco!



Meteu a roupa antre as pernas que, antes as mulleres non usaban pantalóns. Abreu un saco de borralla, colleu un puñado dela e, o primeiro que arrebolou foi para a cara do sorralleiro.



De seghuido, empeça a borrallaços con todos. Botáballa á cara da xente que a arrodeaba. 

 

Puñados para un lado e, puñados para outro. Borralla para aquí, para alá, para outro lado. Todos e, todas brancos.



E risas que te criou.



Co rebumbio e as risas que había, acudiron as peixeiras e vendedoras da praça, como tamén a xente que se atopaba comprando. (A praça estaba onde hoxe se atopa parte do çentro soçial. E ao lado, façendo esquina fronte ao estanco, encontrábase a sindical aghraria.)



As peixeiras da praça e, o resto da xente que se arrimara alí, ao veren esto, mexaban por sí a riren canto podían.


  

As mulleres, todas emborralladas e, alghún home tamén, entre eles o sorralleiro, deixáronlle inmediatamente o camiño livre. E, alá vai o conto dos berberechos.



Despois, a xente emborrallada, ríase mirando unhas para as outras ao vérense cheas de borralla.



E diçían:

- ¡Carallo! ¡Como nos jodeu o carallo da muller! ¡Como nos jodeu que nos puxo boas!



A avoa, naquel momento coa carraxe, non se ría. Só se ocupou de coller valentía e botarlle borralla á xente que lle impedía o paso.



Máis tarde, cando saleu dalí, e contou o conto xa cos nervios calmos, sí que pudo rir.