martes, 22 de julio de 2008

Comité organizador

Un grupo de ex-alumnos/as e profesores/as do IES Praia de Barraña, estamos a organizar os actos conmemorativos do 25 Aniversario do Instituto, polo cal solicitamos a colaboración de todos aqueles alumnos/as, ex-alumnos/as, profesores/as, ex-profesores/as ou outras persoas directa ou indirectamente relacionadas con estes 25 anos de historia do Instituto, mediante o envío de algunha foto, vídeo, anécdotas, prensa, etc.. que poida ser publicada neste blog ou nunha posible exposición.Ao longo destes meses iremos publicando periodicamente artigos nos cales informaremos sobre os diferentes actos a celebrar durante o mes de setembro ata o 13 de outubro, día do seu Aniversario.Tamén informaremos sobre a cea que se celebrará o día 17 de outubro no Restaurante Chicolino así como dos actos de celebración que se realizarán ese día e nos que se espera a asistencia da maioría de tódolos alumnos/as e ex-alumnos/as que pasaron polo Centro Educativo ao longo destes 25 anos.A conta e-mail a que podedes mandar suxerencias, fotos, vídeos, opinións, etc.. é:
mailto:25aniversasrioiespraiabarrana@gmail.com
Esperamos as vosas aportacións. Gracias anticipadas.

2 comentarios:

Luis dijo...

Xa hai 25 anos que se inaugurou o Instituto, digooo así porque era o único que había, antes ahbía que ir a Ribeira ou a un internado, agora hai tres, hai que ver como medra o pobo,daquela ter unha cámara de fotos era un luxo, así que se alguén ten fotos, que as publique e, sobre todo que se corra a voz (con permisom de Sinatra)

lili dijo...

Vamos a buscar en el baul. Seguramente aparecerá alguna reliquia.....
Yo esto no me lo pierdooooooooooooooooooooo!!!!!!!!!!!!!