lunes, 23 de febrero de 2009

CARNAVAL, CARNAVAL




CARNAVAL CARNAVAL

Xa entrado na adolescencia, nos anos do instituto, tocaba agudizar o inxenio e a imaxinación, non había un peso e polo tanto había que espremer a sesera para poder competir en condicións con outra xente que tiña medios e axuda dos profes de plástica.

Un ano gañara un grupo que ía de San Xurxo e o Pilinguisaurio, con un magnífico dragón chinés feito polo alumnado coa axuda de Xaquín onde Marcelino xa demostraba que ía para santo vencendo ó dragón.
Lembro con especial devoción os disfraces de Madonna e CelesTina Turner de Fernando Miranda, moi logrados e sen gastar un peso.

Pero aquel ano había premio en metálico, así que tiñamos que facer algo, os cartiños viñan moi ben para pasalo mellor, así que mans á obra..MEMORIAS DE SUDÁFRICA.. así era o nome do disfraz que argallamos unha pandillita na que Mouriño facía de explorador e Pedro Enrique, Moncho Triñanes, Moncho Miramar e Carlos Chouza ían de negros, atavíados con pantis e perrucas ,pintados con Kanfort e portando cadansúa caixa de DYC baleiras (xentilieza do Hostar Miramar).

A expedición camiñaba pola xungla, feita de mesas de alumnos, cando de repente sía sa espesura (sillas de brazo) un gran León, que non podía estar representado por outro máis que por Nemesio, que non precisou case nen disfraz,..pero belaí que cando parecía todo perdido, con Mouriño apuntando pola mira telescópica e coas gafas de cú de vaso, cos negro s gritando e o cazador asustado aparecía Tarzán ,que era eu (escollido pola miña robusta fisonomía), pero en vez de espantar ó león, mazaba a ostias ós neghros, dáballe unha patada no cú o explorador, emarchaba co león e as caixas de DYC.

O público apladeu a rabear, non sei polo disfraz, pola interpretación ou por poder contarme as costelas, .....pero non tiñamos nada que facer xa que apareceron uns enchufados do profe de plástica disfrazados con cabeza de Snorkels, magnificamente creadas,que levaron o primeiro premio de grupos ,..ademáis fixeron con tanto realismo que meu irmán, o Snorkel maior; caeu de cabeza enriba do público cando rematou a pasarela (saiu en Videos de Primera).

Para eles as 5000 pelas, para nós 3000 que deixamos no Bar O Pote en litros de mistela e paridas de xogar á rá, despóis fomos ó guateque en Disco 3, algún todavía con restos de Kanfort, pero aínda así triunfou.

(O ano seguinte fun de cama, pero eso deixoo para o 30 aniversario).






6 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Qué ostiaso se metera José Manuel Ferreirós!. Iba camiñando pola pasarela que se ve nas fotos ca cara tapada polo disfras, e foi torsendo, torsendo, ata que literalmente afusiñou. O que máis jrasia me fixera a mín foi o ben que disimulou a súa caída levantándose como pudo e continuando co "Baile dos Snorkels" ca cabesa torsida.
Por serto, non me quero acordar eu do mal que o pasei para poder quitar a pintura nejra da cara frotando cun bruso. ¡Só a nós se nos podía ocurrir pintarnos de nejro con betún dos sapatos!.

Posdata: Estou moi contento, xa volvín a ser papá. Despois de moito insistir, por fín veu a miniña.

Anónimo dijo...

Sinto contradecir a quen escribiu esta reseña pero o disfraz de dragón a pesares de estar moi traballado non foi o gañador. Eu era o presentador do concurso e recordo a desilusión de Marcelino e compañia que pensaron serían os gañadores pero o xurado pensou distinto

Anónimo dijo...

Moitas FELICIDADES a Pedro e a Cristina pola nova raíña da casa.
AcordoME do dos snorkels porque eu tamén iba disfrazada, axudáranos Pablo Porta a facelos, a verdade é que o pasamos moi ben, acórdome tamén que un ano fomos de gnomos e tamén gañaramos. Ahora no insti xa non se ve tanto barullo coma antes, o viernes cando fun ó cole buscar ós peques andaba Santi disfrazado de BIN LADEN, foi o único que vin. Bicos

Anónimo dijo...

loli f., e que fora do insti non estaban os rapaces disfrazados.estaban rapaces e profesores disfrazados na festa do insti e no concurso que houbo no ximnasio.por certo,vistes a santi por que chegou tarde e xa rematara todo e estaba todo o mundo na casa da cultura,vendo a peli galega pradolongo.

Anónimo dijo...

¿pero quen mandaría o video da caída de j.m.ferreirós a videos de primera?eu tíñao e levei a culpa,pero eu non fun,ainda que o artista principal aínda me segue señalando coma o que cobrou os cartos de televisión española

Anónimo dijo...

loli f. e tódolos usuarios do blog,entrade o xoves e veredes se houbo disfraces no i.e.s. praia barraña