martes, 9 de marzo de 2010

NOVE MESES, por Ara Solis

CON ISTO das oposicións pasa un pouco como cos embarazos, que basta que teñas a algunha coñecida en estado de boa esperanza para que todas as túas amigas decidan quedarse preñadas.





Pois o dos exames para optar a todo tipo de prazas públicas é un pouco parecido, no sentido de que un día un amigo coméntache que está preparando non sei que oposición e nas semanas seguintes atópaste cunha morea de coñecidos na mesma situación.



Así, a medida que pasa o tempo, igual que vas coñecendo todos os síntomas do embarazo, a primeira ecografía, os antollos e todo tipo de anomalías derivadas do cambio hormonal que se producen ata que chega o día do parto, tamén vas vivindo máis de cerca o que supón a busca dunha boa academia, a elaboración do temario e os nervos previos aos exames.


Nos dous casos trátase de procesos longos, porque aínda que algunhas oposicións se liquidan nun tempo récord, custa moito tempo e moito esforzo preparalas.





Diso saben moito quen aspira a unha praza no ensino público, porque para cada unha das vacantes igual teñen que competir con centos de persoas. A rivalidade é tamén grande no caso de postos para as Administracións locais.



Esta semana, sen ir máis lonxe, comezaron en Carballo os exames para cubrir catro prazas de administrativo, e a causa da avalancha de solicitudes -máis de 150-, tivo que habilitarse o pabellón Bergantiños como sede da primeira proba.


Outras, como as de policía local, que tamén están en pleno proceso de selección, non teñen tanta demanda, quizáis porque nestes momentos son moitas as prazas similares convocadas en toda Galicia ou porque o destino da capital de Bergantiños non é dos máis codiciados polos aspirantes a axentes municipais.





En fin, que a vida de opositor é moi dura, tanto que moitos firmarían por levar esa pesada carga como se fose un embarazo e aproba
r aos nove meses.

No hay comentarios: