jueves, 22 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 21.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXI - LEXIONARIOS LICENCIADOS - LUIS FERREIRÓS.



CAPITULO XXI-LEXIONARIOS LICENCIADOS

Desde Runs ata a casa quedaba unha carreiriña dun can, apenas tres kilómetros e case todo costa abaixo, primeiro unha costiña arriba ata chegar ó matadoiro de Xarmea, e despóis todo era cuestión de afroxar as patas e facer as zancadas o máis longas posibles para aforrar esforzos.Estaba claro que iamos facer o traxecto curto, todo pola beira da estrada, posto que estabamos cansos e o sol empezaba a caer por detrás da Curota, polo tanto emprendemos a baixada de Runs para cruzar o Rubicón pola ponte , esta vez xa licenciados, e emprender o derradeiro esforzo antes de chegar á casiña.



Unha vez chegados ó cruce de Coroño , cruzámonos con Luis o Fosón(un home con dous carnés de identidade, cada un con nome e número diferente) nunha vella Mobilette co escape aberto;A estridencia do son e a cantidade de CO2 que aquel aparatiño botaba pola parte traseira non eran deste mundo, a suposición máis certera facíanos ver que o mentado aprendiz de Angel Nieto, ía para a súa casa, sita no lugar de Coroño, ó lado da taberna, para poder precurarse, pasar un peine e marchar para a movida que xa daquela empezaba a facer furor entre a xuventude da comarca, polo daquela os sábados iase ó Suky a botar unhas bailas e tomar uns cubaslibres, porque o que era disfrutar da música era unha cousa bastante improbable, posto que Juan do Suky sufría ás veces arrebatos de euforia e autosuficiencia que facían que tomase o mando da cabina do pincha e empezase a poñer pachanga a toda mecha, baixo os gritos de “GHERRA”, que o mesmo dono do local emitía a micro aberto para asombro de toda a plebe alí concentrada.

Alcanzamos o matadoiro de Xarmea sen novidades salientables e comenzamosa a baixar pola beira antes de chegar ó transformador de Fenosa, cada vez que pasaba por alí víñame á cabeza lonxanos recordos da nenez na casa dos meus avós subindo e baixando a costa nunha bicicleta de marca Honor, que o meu rescatara das silveiras no vello talller da Tenecia, eu quería unha Bicicross, pero era o que había, unha vella bici de cuarta man, e con máis quilómetros que un Alvarez Entrena, aínda así, fun o neno máis feliz do mundo cando meu pai tivo a ben decidir que xa non se podía vender, polo tanto era mellor aproveitala.


Enriba desa montura tiña pasado tardes de arriba abaixo,agarrado ó manillar de cornos e ós mandos dos freos metálicos e ríxidos, botaba carreiras con Montserrat a Cabeca que tiña unha bici máis grande, taménás veces levaba a Marisa na barra de ferro que atravesaba a bici de proa a popa, pero a miña condición física non permitía grandes alardes e normalmente agababa agotado e mandando á nena volver á casa andando.


Outra vez, despois de conseguir de forma furtiva a BH que Manola mercara por Reis despois de atopar 3000 pesetas no chan, foramos Marisa e máis eu facendo unha carreira por Xarmea abaixo, ata que os freos fallaron e a miña destreza non foi que de controlar a montura, de forma que os meus blandos ósos acabaron tirados no medio dunha silveira cuneta abaixo, foi máis doloroso levantarse que caer posto que daquela os rapaces estabamos feitos dunha especial aleación mezcla entre a goma e o titanio , e toda caida era superable e con rápida recuperación,… pero levantarse apoiando as mans nas silvas,.... penso que acabei con espiñas ata debaixo das uñas e tiveronme que extraelas unha por unha con pinza de depilar e para os golpes, pois bañarme en vinaghre, que era o mellor para a dor.


Ou eso era o que pensaba miña nai, posto que tiña frecuentes dores de cabeza e co fin de palialos metíase na cama cun pano bañado en vinaghre na cabeza, ata que o meu irmán pequeno espetoulle con toda a súa candidez:


-"Pareces Mcenroe", ....catro aniños e tan listiño Dios o dou!, Bendita inocencia!


Xarmea abaixo chegamos ó Catadoiro, a antiga casa de mamá Consuelo, a miña bisavoa, da cal teño vagos recordos, unha mulleriña miuda con gafas de cú de vaso e xa nas últimas.Non sei que anos tería cando morreu, pero debeu ser alá polo 74 ou 75, cando pasou a mellor vida , polo tanto os seus recordos quedan reducidos a un par de visitas na pronta nenez e pouco máis.



Foi nese punto cando cruzamos co furgón do peixe, unha Citroneta de cor branco que pasaba a última hora pola Ponte, tras pitar varias veces, as mulleres saían ás portas e a señora do peixe podía desa forma de liquidar as existencias que non poideran ser vendidas, normalmente a precio de ganga, e desa maneira, solucionar a comida dos domingos ós meus avós e de gran parte do lugar, posto que tocaba besugho ó forno cortado ó modo de barra de pan con cuartos de limón metidos en cada fenda que co coitelo era practicado no Ollomol.



Tamén por alí pasaba o pan, pero eso unha DKW que pasaba a media mañán , as conseguintes pitadas facían que a xente acudise ó bendito alimento, sen ter desa forma ter que desprazarse ata a vila ou á tenda máis cercana, que era a da difunta de Genucha a muller de Paquito o Maroño, na Ponte Goians,ó lado da casa de Mari Fé, que pintaba o colorete con barra de labios,... xusto antes do almacén de Uralita que todavía sobrevive ó paso do tempo.


Foi alí nese punto, pasada a casa dos meus avós, en chegando á fonte diante da casa de Ramoniña e Esclavitud, cando fixo a súa aparición, coma se dun espiritu falaramos, unha persoa que, eu particularmente, non quería que aparecese.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX

miércoles, 21 de enero de 2009

RELACIONES HUMANAS, por Mary Hermo.

Las relaciones humanas, que difíciles son las relaciones, pero no es en el amor sino en la amistad cuando entendemos lo complicado que es sentir amor, respeto, espontaneidad, que no es sino un “sube y baja” que en los momentos más complicados de la vida aparece alguien que te lo ofrece todo sin pedir nada a cambio; eso son los amigos, esos que no se escogen y que son un regalo de alta estima, esos que simplemente aparecen de la nada como si agua bendita fuesen, y que a medida que van cambiando nuestras vidas ellos continúan a nuestro lado en silencio esperando el momento de regresar a lamernos las heridas.


No creo que existan los malos amigos, simplemente existen personas con las que no se alían las estrellas para unirse en la perfecta comunión de la amistad.


Tampoco creo que existan malas personas tan sólo que no las conocemos y todo lo desconocido nos da miedo, nos aterra y por ello desconfiamos sin permitirse llegar a conocerse.


Realmente a lo largo de la vida se conocen a muchas personas, pero siempre habrá alguna que llegue para quedarse sean buenos o malos los momentos, siempre habrá alguna a la que echaremos de menos, incluso en ocasiones nos equivocaremos por creer que con todo podemos y en algún momento pensaremos que es un amigo sin darnos cuenta de que tan solo es un conocido al que nos abrimos y con el que no nos une nada o casi nada, pero no por eso debemos desistir y pensar que la amistad ya no existe, porque eso, amigos míos lo demuestran ustedes cada día, no debo quejarme de lo poco que nos une, y debo recordar lo mucho que con poco nos entendemos.

Mary Hermo.

martes, 20 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 20.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XX- REPOSTAXE E RELANZO - LUIS FERREIRÓS.




CAPITULO XX….REPOSTAXE E RELANZO.

Fixemos a nosa entrada en Runs baixo a atenta mirada do xentio, que expresaba o seu asombro ante a visión das nosas sanguiñolentas vestimentas.Entre sí comentaban cousiñas que seguramente terían algo que ver coa citada indumentaria en cuestión, uniforme de mil e unha batallas.Os rapaces xogaban ó balón no medio da pista e detiñan o seu xogo para deixar paso á heroica comitiva e poder dese xeito entregarse á contemplación dos 4 xinetes da Apocalipse que ante os seus miudos ollos aparecían.


Ninguén foi quen de preguntar absolutamente nada ó respecto, simplemente miraban e seguramente nos seus adentros facíanse preguntas que raramente atoparían resposta sen recurrir a un enrevesado maxín, dado que a historia en sí trae consigo un compoñente imaxinativo que a todas luces parece resultar bastante elevado,sobre todo tendo en conta
que os catro extraños non tiñan nada que ver coa aldea e aparecían coma unha sádica visión ante os ollos dos paisanos.


Entramos trunfalmente na aldea e percorremos o corredor central da angosta pista, encauando a vía que conduce á taberna, lugar de repouso trala baixada, onde faceríamos unha estratéxica parada de repostaxe.As laranxas, moteadas , tanto no seu interior coma pola tona, de manchas violáces, as popularmente coñecidas coma “laranxas de viño”, estaban boas, e no seus momento foron boas, pero a todas luces insuficientes….. o aprovisionamento estaba completamente esgotado e os nosos corpos precisaban un plus de enerxía para evitar o achegamento a un punto cercano á fatiga e deshidratación, o esforzo fora considerable e as nosas gorxas necesitaban con urxencia ser regadas para ser quen de afrontar o cada vez máis curto treito que restaba con suficientes garantías.

A taberna estaba no soto dunha casa de planta baixa con primeira planta adornada por unha balconada grande de aluminio e tellado de tella do país.Unha parra alta de tintilla abrigaba, dando de esta forma unha boa sombra á solaina da cantina.Tres ou catro paisanos repousaban o seus cús na entrada sobre caixas de quintos que facían torres de extranas formas, ó modo de Skyline neoyorkino antes do día da infamia.





Un futbolín con cúpula de plástico presidía o espazo principal da cantina, pousado sobre terrazo e infinidade de virutas de serrin,.. alí, na ágora do lugar, duas parexas de homes poñían a proba as súas habilidades, descansando pitillos en cinceiros de ferro fundido, estratéxicamente atornillados de serie nas esquinas da mesa de xogo.
Entre gritos, fume e xuramentos, o son das bolas batendo contra os laterais da cancha de xogo, e o estridente golpear dos macacos cotra as esferas metálicas facían que o lugar non resultase nada adecuado para o repouso e o lecer que naqueles momentos e naquel lugar precisabamos.



Achegámonos á barra con bastante prudencia, sendo conscientes de que estabamos a ser observados polo encarghado, un bartender alto que lucía o cuarto dos nove sinais do fillo de puta, a barba por parroquias,ademáis dun noxento palillo machacado e cuberto de cuspe que asomaba entre os seus sarrosos dentes.


Un calendario, onde rezaba a lenda Piensos Biona- Calle Bao, Boiro, coa imaxe dunha galiña con dous pitiños colgaba dun cravo oxidado sobre un estante onde unha warholiana exhibicón de alimentos de todas as cores aparecía sobre a carcomida madeira…. Pimentón Jauja, Azafrán El pote, Vino Sansón, Gaseosa Viturro,TAB, Grisines (que regalaban cromos do Corsario Negro), Bucaneros… e unha inumerable récua de variopintas e sabrosísimas viandas.



Unha parte da vella barra de madeira derivaba nun mostrador frigorífico metálico, coa parte de diante acristalada, por onde podían observarse unha barra de Queixo Larsa e outra de Chourizo Revilla, acompañadas de varios yogures de coco e dous ou tres Danys.Sobre o mentado mostrador descansaba unha vella máquina de cortar fiambre, completamente enlixada de cor vermello, con media barra de chourizo pousada enriba dela e pedazos de papel de estraza que esperaban a ser enchidos polo sabroso alimento.
Dando renda á nosa sede, pedimos con moita educación unhas coca colas que foron servidas con unha celeridade sensiblemente inferior á que foron tragadas, pagamos relixiosamente e enfiamos porta deixando atrás un cartelón de Mirinda que sobre a parede principal había, flanqueado perfectamente por un poster de Pichi Lucas e un banderín do Madrid.


Xa queda pouco!



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX



lunes, 19 de enero de 2009

ESTAÇIÓN CLARIDADE, por Ramón Laíño.






¡Oh, mundo misterioso e invisible aos ollos da xente!

Suave brisa que me acariçias e me susurras ó oído.

Vento que moves dançando as árbores cos seus laios profundos.

Aghua que discorres polos reghueiros ondulantes do teu camiño.

Canto dos aleghres e coloridos paxaros.

Animais bulidores e silençiosos do bosque.

Ceo çeleste do día claro e noite de luar estrelada.

Lus morna e acolledora do sol que nos envolve co seu manto.

Pensamento que camiñas comigho polos sendeiros do visible e o invisible.

¡Desintéghrame vida!, e así poder ser aire para que o vento querido me leve á lus eterna.

Estaçión claridade, imos cheghando.


Ramón Laíño.