As seguinte historia é unha narración ficticea sobre unha historia real, con el quero facer a miña pequena homenaxe a Boiro, á súa paisaxe,a todos os boirenses, a toda a xente que pasou polas nosas vidas deixando máis ou menos recordos,amigos,veciños, coñecidos, xente do pobo,os personaxes son reales e espero ter sabido enfocalos con todo o respeto.
Luis F.
Episodio I- FONTANEDA CONECTION
Aquel sábado pola mañá tíñame que erguer cedo, en realidade non tan cedo, se temos en conta o que pode supor para un adolescente en vacacións erguerse un pouco antes do que adoitaba facelo no tempo no que a clase estaba olvidada e o lecer ocupaba a maioría do tempo (ó menos na miña mente, que non así no meu corpo),pero aquel día foi distinto…As notas non foran malas, non había moito traballo e polo tanto poiden facer cos meus amigos unha pequena excursión, un pequeno percorrido polas aldeas colindantes, disfrutar da natureza e sobre todo da compañía dos amigos.
Aquel sábado pola mañá tíñame que erguer cedo, en realidade non tan cedo, se temos en conta o que pode supor para un adolescente en vacacións erguerse un pouco antes do que adoitaba facelo no tempo no que a clase estaba olvidada e o lecer ocupaba a maioría do tempo (ó menos na miña mente, que non así no meu corpo),pero aquel día foi distinto…As notas non foran malas, non había moito traballo e polo tanto poiden facer cos meus amigos unha pequena excursión, un pequeno percorrido polas aldeas colindantes, disfrutar da natureza e sobre todo da compañía dos amigos.
O verán asomaba os seus primeiros raios e naquelas horas só tiña en mente encher un baleiro enorme coas primeiras galletas María Fontaneda que atopase naquela caixa redonda e blanca, plástica, precursora dos primeiros tupperwares que todavía non fixeran aparición na pequena vila de Boiro.
As galletas serían sumerxidas nun tazón de leite, dos de antes, agora parece que están xogando ás casitas, antes comíase en serio, non fartaba de papar bocadillos de plátano, Natacha (sabrosa como un beso)con azúcar ou, como non, chourizo Revilla.
Tiña o san costume de pasar o leite polo colador, posto que eu non era amigo da nata (eu chamáballe pieles), en realidade era un inimigo acérrimo,xa que producían un violento remexer de bandullo que facía que unha visita ó vello excusado fora requerida pola vía de urxencia e con "pés de puta", para poder evacuar, por vía oral e con emerxencia superlativa, todo o zume de vaca que acababa de ser depositado no meu ventre.
Tiña o san costume de pasar o leite polo colador, posto que eu non era amigo da nata (eu chamáballe pieles), en realidade era un inimigo acérrimo,xa que producían un violento remexer de bandullo que facía que unha visita ó vello excusado fora requerida pola vía de urxencia e con "pés de puta", para poder evacuar, por vía oral e con emerxencia superlativa, todo o zume de vaca que acababa de ser depositado no meu ventre.
O leite era traído tódas as mañás por Manuela, a leiteira de Runs, que chegaba á casa moi cedo e facendo alarde dunha gran fortaleza física, grande sobre todo se temos en conta o seu pequeño corpo castigado polo sol e polos kilómetros subidos e baixados dende a aldea ata a vila,levantaba a leiteira de latón coas dúas mans e cunha precisión que sería a envexa de calquera cirurxán plástico, emborcaba o seu contido en dúas botellas de vidro verdoso, naturalmente contaba coa inestimable axuda dun salvador funil que asomaba no peto do seu vello e roído mandil, mentras tanto, a miña nai sacaba o monedero dando pago deste xeito a tan preciado servizo para a correta evolución física dos infantes da casa.
Adoitaba agarrar mancheas de galletas, facendo deste xeito exercicios de musculación cos puños e, tentaba de ser quen de rompelas e arroxalas no mentado tazón para, en pouco, tempo salvalas do seu afogamento utilizando unha vella culler a modo de guindastre que depositarían o alimento nas miñas fauces e vería provocado no meu feble ser un repentino renacer enerxético que facían de min o neno máis forte da cociña naqueles intres, claró está que meu irmán estaba a durmir, do contrario sería relegado ó segundo lugar.
Tra-lo nutritivo almorzo, só restaban os preparativos, que nestas idades soen facerse de forma bastante rápida,…uns pantalóns Lee mercados na de Xefa bastante perxudicados, cuns pantalóns de deporte azuis de marca Adidas, que miña nai mercara na Calle Bao,( deportes González )xunto cunha camiseta Dunlop e uns tenis Paredes Moscú 80, (anunciados por Leig Garret-¡guau!),para poder competir na primeira maratón de Boiro, aquela que na súa categoría feminina absoluta fora gañada pola miña prima Manola, despertando os Shakesperianos celos do meu irmán, que non podía soportar ser superado por unha nena, e para rematar toda a intendencia, una mochila con bocadillos , (un deles de Tulicrem), e auga, ademáis de un par de laranxas.
Con todo isto saín da casa teso como unha vara verde para emprender xunto cos meus amigos a aventura do fin de semana,…ser os precursores do sendeirismo boirense……
11 comentarios:
HAS VUELTO A SALIRTE- SACA LA SEGUNDA PARTE YA
humor de publicidade que non falte!!
a primeira foto ¿é a casa das Edras? (bueno eu sempre lle chamei asi)
veña luís,sigue xa! tiñas unha foto da de tita e todo.
continua pronto co relato,deixate de tanto fascículo,que a primeira parte fixéstela moi cortiña.
estas tadando moito en sacar a segunda prte, non crees???
Que viva el Real Union de Irun
meu deus! o real madriles eliminado por un equipo de segunda b ó que lle foi empatar fai unhas semanas o recien ascendido ciudad de santiago,onde xoga changui.a debacle total. CRISIS NA CASA BLANCA.a fichar no inverno,a chimpar a shuster ou a calderón.meu deus.esto non pode ser.traede a arsawin,que non vos quere vir, que xa dixo que é do barsa e que virá ó barsa.un saúdo os merengóns.
Pero o real Unión no é de Asados ???
coidadiño os culés que o barsa está a pasalo mal con outro de segunda b
[url=http://firgonbares.net/][img]http://firgonbares.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]software eshop, [url=http://firgonbares.net/]i buy adobe dreamweaver[/url]
[url=http://firgonbares.net/][/url] software available for purchase adobe photo shop software
& software stores [url=http://firgonbares.net/]student discount on computer software[/url] navicat vs filemaker pro
[url=http://firgonbares.net/]pc oem software[/url] buy photoshop cs
[url=http://firgonbares.net/]free software to sell[/url] 2009 Mac Parallels Desktop
office communication software [url=http://firgonbares.net/]cheapest recording software[/b]
[url=http://hopresovees.net/][img]http://bariossetos.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]quarkxpress tutorials, [url=http://vonmertoes.net/]on software purchase[/url]
[url=http://bariossetos.net/][/url] source academic software StuffIt Deluxe 2009 Mac
microsoft office 2007 oem software [url=http://bariossetos.net/]website store software[/url] where to buy old software
[url=http://hopresovees.net/]buy dreamweaver template[/url] student discount software photoshop
[url=http://bariossetos.net/]to buy oem software[/url] free kaspersky 1 year
teacher software discounts [url=http://bariossetos.net/]buy photoshop brushes[/b]
Publicar un comentario