EPISODIO VII-DESCALZOS POLA CALZADA
Alí estaba ante nós, devorados pola súa maxestuosidade quedamos sumidos nun trance só comparable o que sufreu Henri Marie Beyle (Stendhal)na súa visita á florentina basílica da Santa Croce no 1817, a verdade e que eu, xa de maior estiven varias veces no citado templo e a súa contemplación non tivo en mín a mesma reacción que a vista do Castelo tivo naquel lonxano día da miña adolescencia.
As mans emitían unha chorreante suor, o corazón latía a unha velocidade infinitamente superior da súa costume, claro está podería aplicarse tamén o agotamenteo físico, pero non, a belza da visión fixo en mín unha súbeta perda do equilibrio e en estado de semiesvaecemento refresquei a miña cabeza con abundante auga, e volvín a contemplar a visión que ante os meus ollos aparecía de forma feroz.
Superado o estado de shock, e aproveitando que os catro iamos armados con cadanseu pau, utilizamos as madeiras a modo de machete intentando penetrar naquela xungla de toxos que ante nós aparecía agreste pechándonos a vía máis fácil para continuar camiño, non sen poucos atrancos conseguimos avanzar uns cantos metros, cos brazos cheos de rabuñazos,e subindo unhas cantas penas, chegamos a unha vía feita de lousas perfectamente colocadas que fixeron que reaccionaramos e caeramos na conta de que estabamos por fin, na Calzada Romana de Vitres.
A nosa desinformación facía que ignoraramos que en realidade era un antigo camiño de carreteiros,as roderas todavía permanecen impasibles sobre as lousas, pero a ilusión de camiñar por onde os grandes lexionarios andiveran anos atrás fixo que emprenderamos a ruta mási ilusionados aínda do que xa estabamos...Unha vez superados so primeiros tramos a vista da ría non facía máis que aumentar a nosa sensación de que viviamos no millor sitio do mundo e que dificilmente en calquera outro lugar podería un camiñante disfrutar dunha panorámica como aquela que ante os nosos ollos aparecía.
Pódese dicir que outros lugares da serra como o Mirador da Curota ou o Petón da Torre no Iroite, teñen para sí unha estupenda postal fotográfica, ou que os antigos habitantes da comarca, vixiaban a chegada dos vikingos dende o Castelo, ou a Moureira, para desta forma poder dar a voz de alarma ante a visión dun langskip,..pero a sensación de ter chegado ata alí, camiñando, coas nosas propias pernas, superando todo tipo de obstáculos, facía que a sensación de orgullo e autosuficiencia fose aen aumento a cada paso que avanzabamos.
Continuamos costa arriba, felices, cansados, eso sí, pero ó fin e ó cabo, contentos de ter chegado ata a base do cumio que era o noso obxectivo final, e que pouco a pouco, coma se o tempo e a distancia non representasen dificultade algunha a meta estaba ó alcance e só uns poucos metros nos distanciaban dela.
Baixo a contemplación de vacas,( a unha delas andábanlle as moscas na ubre), e cabalos bravos que flanqueaban a nosa expedición, paramos nunha pedra para poder beber, descalzarnos, refrescar os pés e afrontar con suficientes garantías de éxito os últimos esforzos que, aínda que adiviñabamos que serían difíciles, non serían obstáculo para chegar, nos distanciaban do noso xa cercano obxectivo.
A ascensión final foi dura, non había camiño á nosa vista, tan só unha pequena corredoira devorada polos toxos, así que tivemos que sortear penas de diversos tamaños e as omnipresentes moscas de cabalo pegábanse á nosa pel provocándo reaccións de violencia incontrolada contra os nosos propios corpos, as palmadas voaban por brazos e pernas, as biseras protexían a nosa cabeza, e o Castelo inspiraba as nosas vontades, ata que por fin,……culminamos.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Difuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Difuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
10 comentarios:
Luis consigues que sin poder facer esa ruta agora, a este vivindo en primeira persoa, dalgún xeito fas que me sinta protagonista desa aventura, e ata sudo pensando na costa, por momentos penso nos cans, nos cabalos, nas vacas e nas moscas.
Semella que estou facendo a ruta con vós, segue así, que estou ansiosa por chegar o final.
Saúdos a todos.
felicidades Luis, como di mary parece que imos facendo todos a ruta a pe, hasta me entra calor pensando nas moscas.
Bicos
Pois a min o que mais me gusta son os titulos, realmente inxeniosos.
Non sei se é de tanto leer a Luis pero hoxe nos dez soños que teño cada noite, hubo un no que saía él.
Estaba eu buscando turron de chocolate no super, busca busca e de repente atópome a Luis vestido cun traxe color beige tipo primeira comunión(pero sen adornos), e empuxando un carro de bebé. ¿e teu?, pregunteille, si (dixo) vouno bautizar, eu mirei para ó carro e o capazo era de mimbre, e o neno era enorme polo menos de dez meses, miraba para min e respondía a todo o que eu lle decía. Por fin Luis dixo que chegaba tarde e marchou,e eu seguin buscando o turron de chocolate.
Tal cual asi foi. non sei o significado ou si é premonitorio, pero bueno, pareceume simpático compartilo.
Pili
Che, viste. Vós sufrís lo que los psicoanalistas denominamos en el argot, una experiensia onírica traumática.
Tanto leer en el blog comentarios de Luis hablando de Tronkitos,Phoskitos,Bucaneros,tigretón,etc. que al primer dulse que vós nesesitás, se te aparese el muy boludo.
Saludos. Pedro
Pois a de ser iso, si. Hai que ver como funcionan as mentes, eh?
Pili
Desde logo felicitovos a todos, os que escribides e os que opinades os últimos días, é verdadeiramente entretido e paiseino moi ben, pois hai cousas moi inxeniosas. O de hoxe foi para escachar de risa
Yo no soy de Boiro, pero estuve un tiempo en el pueblo; y no sabía de esas maravillosas rutas de senderismo de las que habla esta crónica y todas las demás que acabo de leer, me gustaría saber más por si algún día me decido a acercarme de nuevo por Boiro y recorrer esos lugares de los que se habla.
Espero sigan hablando de esos lugares tan bellos.
Enhorabuena por este blog, merece la pena.
un día facemos a ruta enteira todos xuntos. Do final incluido. A ver si vos apetece.
Levaba fora desde o día 5 e a verdade é que hai cousas moi interesantes, pero sempre entro no blog coa intriga de ver se Luís publicou outro conto. Luís aínda que che pareza raro eu nunca fun ó castelo e en cambio si que estiven en florencia 2 veces, e para min é unha cidade incrible das que gusta voltar. Luís espero que sigas a escribir porque esto recórdame ós domingos de cando eu era pequena e miña abuela Dolores nos levaba á misa e a saída nos compraba os tebeos de"Ester" e "Lily" a miña irmá e a min.
Bicos
Publicar un comentario