viernes, 9 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO- 16.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO XVI- AS DEPENDENCIAS DO CAPITAN-por Luis Ferreirós


CAPITULO 16- AS DEPENDENCIAS DO CAPITÁN

Unha vez aberto o portón poiden ser quen se contemplar en toda a súa magnificenza a morada do capitán, tiña unha horta bastante grande que se prolongada ata a parte de diante da casa, cuberta cunha parra de catalán branco sita a dous metros e medio de altura; A prolongación da parra, ía caer na parte de enfrente a un alboio feito de ladrillos ser recebar, que deixaba unha parte chea de batume onde estaba gardado o carro das vacas e varios e variopintos apeiros de labranza de distintos tamaños e feituras,…no lado esquerdo según mirabas de fronte estaban as cortes, unha para as vacas con porta feita de táboas de madeira, alta, e pechada por un fungueiro colocado a modo de travesa, e outra para os porcos, completamente pechada, con porta pequena e peche de pasador, na parte frontal do cortello dos porcos asomaban os marraos os fuciños por un burato sito nese fronte, lugar por onde eran alimentados vertendo a comida nun "basieiro".

Os porcos eran dous, alomenos os menos tímidos, e fozaban coma desgraciados os restos da mediodía que alí estaban depositados, sempre sentín moita pena polos porcos, era un animal que resultaba simpático, non só porque apreveitas todo dél,senón porque levan unha vida bastante patética, "enghordar para morrer".

Víñanme á cabeza as dramáticas escenas que tiñan lugar na casa vella da Ponte, cando o meu abuelo, xunto con Señor Manuel Metor, marido da señora Jesusa a Queixeira ,e outros homes tiñan que facer efectiva a sempre esperada tradición da matanza do porco. A forma de carpir do animal resoaba e podería con facilidade ser escoitada ata en Brazos, os esforzos para poñer ó bico enriba do banco facían que os homes acabaran escompletamente esgotados,unha vez enriba do mentado banco os chíos prolongábanse durante media hora, ata o bicho expiraba,soltando por último o rixón do tallo.

O Matachín procedía a esqueimiñalo mentras mulleres recollían o sangue en bañeiras para facer o sarrabullo despóis viña o vaciado e colgamento de animal no alboio, aberto en canle e con pedazos de cana entre as costelas, e alí permanecía colgado boca abaixo , coma un espectro; Lembro esa imaxe dentro da bodega, unha imaxe que metía medo.

Os pedazos ían parar ó baño que estaba debaixo das escadas da casa vella, feito de cemento con tapa de madeira, gardaba as talladas salgadas para cando fixeran falta. E finalmente a festa dos rixón, aínda fago coma os cans de Paulov cando penso neles, segrego cuspe a esgalla ata o punto que teño que pasar o pano para non parecer un bebé.

Volvendo á casa do capitán, non faltaba o hórreo no fondo da horta, lidando por un lado con un galiñeiro, pechado con un somier, unha cousa a todos feitos ás veces incomprensible, posto que nesa casa, coma en moitas outras da aldea, as galiñas campaban por todas partes, facendo que enmerdaramos os tenis do trinque.

Había unha vella banqueta de formica na entrada da porta do edificio principal,supoño que para que a vella da casa, sentase alí á sombriña, adiviñaba que á dereita estaba a cociña, posto que podíase ver o grifo do vertedoiro asomando pola ventana de aluminio, e xusto debaixo da ventana había unha cañeira, onde botaban os restos de comida, para que as galiñas e os gatos aproveitasen e fixeran limpeza de todas as sobras.Aquel día comeran peixe, todavía podían ser vistas as raspas que deixaran os gatos, nun ataque de soberbia, pousados polas irregulares lousas que facían no chan da entrada un irregular collage xunto coas caghallas de galiña, extendidas por todo o lugar.

Pousamos os bañeiróns enriba dunha mesa de pedra que estaba ó fondo da horta,perfectamente flanqueada por un R-12 de cor branca, e despóis de soltar o grande peso que física e mentalmente supuñan as bañeiras para nós, respiramos, profundamente, coma quen ten pasado por todas as penurias do mundo e agora por fin, estabamos liberados da nosa cruz.

A muller da casa chamou por nós:-Meniños, vinde pá cá, .. e tí, non lle das nada ós rapases ou que ?

-Vinde pa dentro, tomade algho, ¿queredes un vaso de viño?, é da casa… ¿ unha servesa?

Non tiñamos gaña algunha de pasar máis tempo do imprescindible naquel lugar,aínda que o sitio invitaba a un bucolismo claramente idealizado, as galiñas rebulían por todas partes e os facían política de achegamento á casa na procura de novo alimento que adiviñaban aparecería coa presenza do novos comensais, ...pero non, ...non era momento de carallada, había que rematar, coller a recompensa e liscar para a casa onde os nosos superiores esperarían novas da contenda, o sol empezaba a caer, o frío a chegar e Xan chosco a entrar pola porta,polo tanto aceptamos a última cervexa e entramos na vella cociña, onde os catro homes agardaban sentados a que os heroes tomasen posicións.


Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV

8 comentarios:

Anónimo dijo...

De como dun vaso de auga, fíxose unha tese doutoral...

Anónimo dijo...

Sí señor, antes era moi frecuente invitar á xente e beber, aínda que foran nenos.

Gracias por facernos lembrar estas extrañas costumbres

Anónimo dijo...

CASA TÏPICA DONDE LAS HAYA

Anónimo dijo...

A foto damatanza Ë auténtica???

Anónimo dijo...

Acabome de enterar da morte de Isabel Moral, Nai de Keny e Juan Miguel Montull Moral, o máis sentido pésame e unha aperta para eles

Administrador dijo...

Dende aquí mandamoslle a Keny e a súa familia un forte abrazo, e sentimos os duros momentos polos que agora están a pasar.

Anónimo dijo...

O MEU MÁIS SENTIDO PÉSAME PARA KENY E TODA A SÚA FAMILIA.

Anónimo dijo...

Gustame moito os relatos, sigue así.
Pésame a Keny e Juanmi