jueves, 30 de octubre de 2008

CRÓNICAS DO CAMIÑO(a vaca e o carriso). Por Luis Ferreirós




Alá polo ano 83, Boiro, máis concretamente, Ponte Goians,….. viña eu de vendimar unha viña da miña abuela Mercedes, (lémbroa toda a vida traballando, esbullando millo cun perpetuo Sancosmeiro na cabeza), concretamente unha finca coñecida como o Ghafiño, no termo municipal de Boiro, aldea da Ponte Goians, lindando con Xarmea, os marcos non estaban moi claros, pero daquela a xente era máis noble que agora, e non había, tantas trifulcas;….claro, non se pensaba en edificar, a terra era para traballala.

Pois o mentado día, viña eu de volta para O Cano polo Camiño Vello, (camiño real para os intelectuais) e mentras comía a derradeira piña de Catalán Roxo que quedaba na bolsa, fitei unha escena que chamou a miña atención.

Un paxariño, un carriso, peteiraba pola pista os grans que quedaban dunha anterior sembra, ata que pasou polo lado dunha vaca.

A vaca non decatou da súa presenza e fixo o que fan as vacas cando estás ociosas,….. caghar.
Caghou unha bosta enorme, tan grande que sepultou ó carriso debaixo dos seus excesos, sen dar nen a máis mínima importancia ó acaecido, póis ela, unha simple e sinxela, vaca, (que ten cornos, eso sí, ¡que culpa ten se apareceron!, pero porén, é unha cornuda), non decatara da aparición de tan ilustre invitado
Esta vaca, que tranquilamente podería ter por nome Pinta, Cunchada, Linda ou calquera outro que está na nosa lembranza de nenos de aldea, seghueu a comer herba coma se nada tivera pasado.

Pero non, amigos meus, algo pasou, pode ser que para a vaca non, pero ….o paxariño, o noso amigo carriso (reyezuelo),…. para él foi unha traxedia, sen ter nada que ver no asunto, con toda a boa intención do mundo, paseando tranquilo, atopouse enterrado un pedazo de bosta merecedora dun anuncio de T.V (¿Qué quereis de merendar ?... BOSTA rica y nada más), e , naturalmente o pobre do carriso non sabía que facer, sepultado na merda e sen saber o que facer, agardando unha axuda que non chegaba.

Porén, comzou a facer o que saber facer os paxariños cando están nun apuro, …. Píar, e dixo, cunha voz … pequeniña, feble,típica do que ten pasado por moito e xa non ten forzas para loitar máis……….PÍO.

Ninguén acudiu á súa chamada de auxilio, había xente polo camiño vello, estaba a finada de Doña Josefina,( a de don Juan), -pizpireta e chea de orgullo, co seu rosario de pétalos novo que fora mercado nunha das moitas tendas que hai na Vía della Concilliazione e fora traído por un dos seus innumerables sobriños,na visita ó Vaticano,-da súa terapia de grupo co finado de Don Manuel Maneiro, acompañada de Ramoniña, tamén finada e Mamá Lola (DEP), pero non fixeron caso. ¿ Quen ía facer caso dun pobre carriso?
O noso amigo, inconsciente da súa incapacidade, nun sublime exercicio de futilidade, voltou no seu intento e dixo:::::::PÍO, PÍO, PÍO.

.......Nones…… Ni puto caso, …, Agheda estaba na porta da casa dos de Don Juan, máis pendente do caldo que tiña ó lume que do rescate do noso paxariño, saudou ás amigas, era non era tanto de ir á misa, aínda que era moi devota de Nuestro Señoriño,era máis de traballar (ó igual que Esclavitud ,que vivía enfrente da fonte),e voltou para a lareira onde o manxar estaba chegando ó seu punto exacto.

PÍO, PíO, PÍO, PíO, PÍO, PÍO, PÍO, PÍO, PÍO, desesperado, voltou ó seu intento, facendo unha chamada de rescate que anteriormente non fora atendida, nen polas persoas máis relixiosas de toda a vila de Boiro.

Pero, velaí , ante a inmobilidade da xente de ben da Vila, apareceu Capitán, o ghato dos Tarulos, que por aqueles días andaba á xaneira e paraba pouco na casa, tamén porque Genaro e José María o de Outeiro, quen xa vivía coa madriña, Toñita a da sección feminina, facían prácticas co seu Tiratacos no seu famento lombo, o de Genaro tiña máis saña, xa que tiraba grapas de cable eléctrico, que foran sustraidos dun rolo de cable que os de Fenosa dixaran aparcado, póis estaban instalando a línea polo Currillo.

Pero o caso e que apareceu, no derradeiro tramo do Camiño Vello, e dalgunha maneira, escoitou a chamada de socorro ( como decía miña nai,--- Socorro a de Armental) do noso protagonista.
Capitán, o ghato, fitou ó carriso, acheghouse a el, meteulle a zarpa no seu plumaxe, limpoulle a merda,plis, plas!,e sen pensar dúas veces o que tal estaba a facer, meteuno na gorxa entre Pío e Pío e papouno.


Acabouse o conto…….. E agora ¿Qué?.

Coma se fose Esopo ( sempre gozei dos clásicos, grazas a Lola, Santi, Deira e Rodrigo), do incidente acaecido xa hoxe fai 29 anos no Camiño Vello pensei nas miñas propias conclusións:

1ª- Non todo o que te mete na merda é o teu inimigo.

2ª- Non todo o que te saca da merda é o teu amigo.

3ª e derradeira- Por moito que esteas de merda ata o pescozo,……ás veces…… é mellor non decir nin PÍO.








Luis Ferreirós.







24 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo relato Luis, espero que segas escribindo e narrando historias.

Eu tamén lembro a época que vivín en Abanqueiro, terra de escapulario e labranza, daquela ía para a casa dunha veciña que tiña vacas, deixabanos (a meu irmá e a min) muxilas pero tamén nos levaban ás súas leiras, daquela subíamos enriba das vacas como se fosen cabalos; que tempos aqueles nos que tiña apenas 6 anos.

Hoxe son a primeira en comentar, espero que a xente se vaía animando.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

¡ como si no cabo non houbera vacas e bostas!

Anónimo dijo...

Que relato tan ben escrito e que moralexa ten certeira.Noraboa, Luis:ademais dunha estupenda persoa, eres un gran escritor.

Anónimo dijo...

Moi bo relato, e sempre co teu toque de humor tan personal..
boa moralexa, moi boa.....
De vez en cando tamen me gusta lembrar a nosa xente,que xa son historia e marcaron época, neste relato figuran uns cuantos que xa van ala, pero outros ainda estan por aqui, por que Genaro, o do Currilo en da nosa quinta, que ven me acordo del en 1º ca profesora Josefina.

Anónimo dijo...

moi ben ,luis. e agora a pregunta do millón.tí nestes intres, ¿estás na merda ou xa salistes dela e te limpiaches sin decir nin pio?

Anónimo dijo...

ESTARÁ LEXOS DA MERDA SEMPRE QUE NON COÑEZA A ENERGÚMENOS COMA TI.

Anónimo dijo...

Por favor, non volvamos as ándadas, que levabamos dous dias moi tranquilos.

Anónimo dijo...

O que pasa e que ó mellor Luis lle quitou a mosa e esta que trina.

Anónimo dijo...

Peldón, queria desir andadas.

Anónimo dijo...

Aínda que ecribo esto como anónimo, pregúntome se non sería axeitado esixir que tódolos comentarios vaian asinados e eliminar os anónimos. Polo menos evitaríanse moitas estupideces de bravas e anónimas plumas.

Anónimo dijo...

Amigho Luís Ferreirós.

Cada ves que leo a túas Crónicas do Camiño (A vaca e o carriso) vexo que tes un potençial que deberías aproveitar. Non sei como es capas de combinar a túa linghuaxe popular coa académica para darlle un aire de profundidade.

Creo que tes capaçidade sufiçiente para explorar o mundo da literatura como escritor, e non só dedicarte ó ensino, que é o que fas aghora.

Quixera que o que che digho o tomaras en serio, sen ánimo de burla, porque presinto que hai madeira de artista no mundo das letras.

Un saúdo. Ramón

Anónimo dijo...

non sei a que ven tanto cabreo,só por unha pregunta sobre o artigo que escribeu moi ben por certo luis

Anónimo dijo...

A min o relato, paréceme acojonante.Unha real descripción da época, personaxes populares, e magnificamente redactado, escribe máis
moi ben Luis

Anónimo dijo...

A min o relato cheiroume algo mal e teño que admitir que gustariame un final feliz.Por exemplo en Caperucita roja ainda que o lobo comeu á abuelita que eu saiba a abuelita non morreu. Eu sonche moi sensible e sofro moito cando nos famosos documentais da 2 (que lle gostan a todo o mundo pero que ninguén ve) poñen imaxes de canibalismo. ¡Luis por fa outro final!

Anónimo dijo...

COMENTARIO DE TEXTO
Impresionante o escatolóxico relato do amigo Luis.¡Qúe Ritmo narrativo! ¡Qué riqueza de léxico!
¡Qué descripción da flora e fauna boirense!
ASÍ QUE A VACA CAGANDO(con perdón) E TI COMENDO UNHA PIÑA DE CATALÁN ROXO...
Estas verbas, queridos amigos,son a chave de este precioso relato de este autor, auténtico merecedor do premio Pulitzer,que desta forma tan fráxil e sutil nos leva á seguinte MORALEXA:
Si nalgún intre da túa vida te ves rodeado e casi salpicado por un montón de merda (con perdón), e SI TI NON TES A CULPA, QUE ISO NON CHE QUITE A JANA DE COMER.
Estou emosionado,non podo sejir...

Anónimo dijo...

Pois non o fai mal o chaval,Cela facía o mesmo e levou o Nobel.
O pullitzer ¿non é para periodistas??

Anónimo dijo...

Pedro, ¿tes internet na caseta do can???..ou xa che deixou entrar Cristina

Anónimo dijo...

pedro seguro que sabes o significado das verbas que emprejachessi e asi canto aprendiches (cando deixaches o insti)

Anónimo dijo...

Se a envidia fose tiña¡, deixao xa home que xa cheira.

Anónimo dijo...

eu xa estou todo tiñoso.wilma! abreme la puertaaaaa

Anónimo dijo...

unha historia ben bonita e ben contada,pois ten razón a moralexa,
pero contada así faisenos máis cercana.

Anónimo dijo...

Don Manuel Manerio precursor do Marselinismo. Unha copa de viño na súa saúde.

Anónimo dijo...

Se ben eu xa coñecía as habilidades narrativas de Luis (por suposto estou de acordo co co mentario de Ramón), tamén teño que decirlle que, antes de emprender a súa andaina literaria, ten que asumir os "gajes" da profesión. Aceptar as críticas (inda que proveñan de individuos carentes de ética)parece un déles. Non deberíamos ter que estar repetindo que "non ofende quen quere senón quen pode". CARLOS RGUEZ. MUÑIZ

Anónimo dijo...

Este Pedro ten máis razón que un Santo, verdades populares que diría Bruno Cardeñosa.
O saber popular vai máis alá do que a ciencia pode chegar.
Xa sabedes por moito que vos salpique a M....., que non vos amarguen a papatoria.