martes, 16 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- 10.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO X- TODOS ÁS ARMAS-por Luis Ferreirós


Episodio X- TODOS ÁS ARMAS

O señoriño quedou coa mente en blanco, coma se estivese pensativo buscando una solución que non daba aparecido, a suor caíalle a regueiros polas fazulas, suor que, tentando de ser limpada polas súas emporcadas mans, extendíase por toda a súa castigada cara acompañada por un rastro de esterco procedente da extremidade do paisano.
Botou a man dereita ó peto do pantalón, roído por todas partes, especialmente pola cueira, e facendo un xesto sacou unha cajetilla de Celtas á que lle faltaban catro pitillos, meteu un na boca e prendeulle lume con un mecheiro Clipper de cor negro ó tempo que con un xesto ofrecía ós seus invitados, que eramos nós, compartir aquel momento de preocupación con el…..Naturalmente rexeitamos tan amable oferta, posto que eramos demasiado nenos,…debo confesar que algún de nós xa tiña fumado algunha vez algún furtivo pitillo,( cando faciamos cabañas na Selva, detrás de Jealfer, ou mesmo no Xardín de abaixo detrás de algún seto sen que foramos vistos polo difunto do Señor Jesús o Perrachica), pero non considerabamos que fora plan fumar diante de un adulto, aínda que naquel momento era o noso compañeiro de fatigas, compartiamos a súa preocupación, o seu traballo e ademáis permitíanos tocarlle o cú á vaca.

Botou unha calda profunda coma as que daba Cervo nas clases de Sociais mentras repetía unha e outra vez “tremendamente”, e espetou cunha voz seca e profunda:

“- Se a deixo pola noite , cómena os cans

¡Dios bendito, os cans!, eu xa tiña pouco medo ós bichos eses e aínda por riba resulta que alá no cú do mundo, había cans que comían vacas; Non sabía se o que dicía era certo e ...,se en realidade era, non tiña nin idea do que quería decir con aquela sentencia, os cans comen carne, vale, ata ahí todo claro, pero,…ata o punto de atacar a un animal de 400 kilos para comer, moi esfameados deberían de estar.

Mirei para o home con cara de pregunta e a súa mirada fíxome saber que non era o tipo de cans que eu pensaba, eran cans salvaxes, ou aínda peor,…. lobos.

-“Vou baixar a Mosquete,…. esperade aquí

Estaba claro que con esa afirmación deixaba constancia de quen estaba ó mando das operacións, el era o adulto e nós os rapaces, e non tiña nin que pedirnos o favor de que botaramos unha man, nen que preguntarnos de forma cortés di daríamos a nosa colaboración na empresa que andaba a argallar, deixárao bastante claro e alto en la planaEsperade aquí”.

Non había moita distancia ata Mosquete, como moito un kilómetro costa abaixo, chegábase nun pispás, o problema era subir, e se por riba andabas cargado, tardábase bastante, unha porrada de tempo; Polo tanto sentámonos nunha pena, e alí esperando tirando das Coca-colas de Dani, mentras falabamos do que tiñamos pensado facer.

O máis vello de nós dixo con voz pensativa:

-“Dixo que ía pedir axuda a Mosquete, pero non sei que axuda vai traer ata aquí polo medio dos toxos”

Os demáis encollemos os ombros dando a entender a nosa supina ignorancia sobre o tema, estabamos alí facendo tempo esperando que viñera o home e que nos sacara daquel apuro.
Alguén prantexou marchar e deixar alí tirada á vaca, pero non era unha opción que tivera demasiada viabilidade, … a única ruta coñecida de volta á casa era por Mosquete, e seguramente alí atoparíamos ó señor da res, que seguramente esixiríanos explicación sobre a nosa deserción.

Polo tanto permanecemos alí sentados, custodiando a vaca coma sacerdote hindúes que adoran e protexen ó seu sacro animal, e alí seguimos durante moito tempo, e tras esperar máis de unha hora sentimos chegar ó home tirando do alento, apareceu agotado subindo a empinada pendente da calzada, cargado de bañeiróns de plástico Trilla de diferentes tamaños e cores.
Deixou descansar os barreños non chan, nunha lousa plana, evitando deste xeito que caesen pola pendente abaixo, e poidemos distinguir un son metálico no seu interior, estaba claro que todos sabíamos o que ía pasar pero ninguén quixo decilo, colleu un coitelo enorme dos moitos que traía no interior das bañeiras e con un vozarrón que soaba, co coitelo na man, aínda máis ameazante ,soltou unhas palabras que ninguén quería escoitar e que metían medo:


-“Hai que matala”, Aquí e aghora.




Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX


7 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que neses momentos te sentiches mal por ter que matar un animal, bueno pensando ben supoño que levariades parte da carne por facelo, ou non?
Sigue así Luís que esta historia fai que teña o blog aberto ata que vou para a casa.

Anónimo dijo...

Está claro que matar a un animal non é agradable, a ver como segue a histoira,,,
Xa cheiro o sankre!!!!

Anónimo dijo...

hai mimadriña, ¡matar a vaca?

Anónimo dijo...

qu imaxinación ten luis,pero tantos episodios das cronicas do camiño xa empezan a cheirar a bosta da vaca que van matar

Anónimo dijo...

Sinto que se faga largo, pero o escrito está feito así e non vexo a ben retocalo agora.
Calma que xa chegamos á mitade.

Por certo, de imaxinación nada, foi certo.

Anónimo dijo...

Só faltou describir a suela dos zapatos do home

Anónimo dijo...

Luis, me voy a hacer una camiseta con tu foto del insti.