miércoles, 7 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO- 15.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO XV- DESFILE TRIUNFAL-por Luis Ferreirós


Episodio 15. DESFILE TRUNFAL

Unha vez baixo o manto protector dos maiores, tanto en idade coma en poderío físico, os nervos volveron a unha situación de calma que nunca deberon ter perdida, pero o episodio do asalto dos cans deixou clara unha cousa,”O que ten cú ten medo,” e dalgunha maneira quedei complacido de ter pasado polo amargo trance de ter que defender as vituallas ante as ameazadoras fauces dos palleiráns, dado que ante situacións extremas e cando un pode ver a súa valía, e a miña astuta estratexia de lanzar un cacho de carne para poder emprender a manobra de evasión foi altamente valorada polos meus compañeiros, que non fuxiron por teren un alto concepto do cumplimento da obriga.

Poiden comprobar que a miña cobardía ante os cans foi acompañada tamén pola mesma,escondida ata o de agora, sufrida polos meus compañeiros de aventura , co agravante de que eles non fixeran uso do inxenio para poder sair do apreto.

-“Anda o demo nos cañotos” ,dixo o dono da finada res cando chegou ó Forte Lavadoiro, sentando cátedra coa súa sentencia e felicitándonos pola brava misión cumplida ata o momento. Pousou xunto cos seus amigos as bañeiras no chan e encenderon cadanseu pitillo, ¿Qué cona tería aquel demo do tabaco que estaban todos tan enghanchados ó maldito vicio? ata tal punto que calquera momento que a situación permitira estar ocioso, eles aproveitábana para fumar talmente coma posuidos.

Na miñá casa non entraba un pitillo, alomenos á vista, sabía que a miña irmá fumaba posto que un día cacheina na parte de arriba do Stop, ela sen dicir nada chamou por mín e deume cinco pesos, comprando así o meu silencio, foi a miña primeira experiencia coma ser corrupto, pero naquel momento alegreime, posto que a cantidade era bastatne estimable para so tempos, con eles podía facer un domingo completo.

Tamén o meu tío tiña unhas cajetillas de Marlboro, que un sobriño da miña tía trouxera de navegar ou de Canarias, non lembro ben,; Sacaba os pitillos con coidado, prendíaos e chupaba deles ata a metade, despóis tirábaos; ..Bastantes veces aparecía a media mañán, aproveitando, supoño, o momento do café, Manolito Santander que entraba na moblería e pedía:- “Moncho, ¿tienes un petillo?", e marchaba fumando, dado as frecuentes visitas de manolo, as cajetillas baixaban que daba gusto, por eso e porque Mercedes, que polo de aquela empezaba cun chaval de Cabo que parecía Miguel Ríos, facía incursións furtivas para experimentar o seu estrenado vicio do tabaco.

O caso é que despóis de varios pitillos , proseguemos a nosa marcha, cargando outra vez as mentadas bañeiras, pero esta vez con un punto un tanto máis elevado de alegría, posto que o final estaba cerca, e só tiñamos que chegar á casa do señor para poder deixar alí as vituallas, recoller unha máis que suculenta recompensa que sen lugar dúbeda agardaba, e log poder liscar para a casa e fardar no campo de abaixo diante dos amigos que non adoitaban facer ese tipo de excursións e polo tanto a ausencia de estas ocasións negáballe por outra parte vivir emocionantes aventuras coma a que nós estabamos a vivir naquel intre.

Sorteando mil e unha bostas e cos cans ó noso rabo pero varios metros de distancia, amedrentados pola presenza dos adultos, que a modo de “gastadores” encabezaban a comitiva, saía a xente ás portas para vernos desfilar, os nenos preguntaban ás nais, e os nosos uniformes manchados coa sangue dos inimigos e os rasguños, feridas de guerra ,dábanlle ó noso desfile un punto de realismo que nunca fora alcanzado na aldea de Mosquete en ningún outro acontecemento de ese carácter.

Baixo o son da música militar atravesamos o lugar, e coma quen non quere acabar o momento de gloria que está a vivir, o camiño foise andando ata que chegamos ante uns portalóns verdes de metal, de máis de dous metros e medio de alto, con unhas manetas feitas de ferro fundido que abrían ó virar para a dereita, e perfectamente flanqueadas por dous altos postes, cada un con unha argola que en tempos se conoce que eran usadas para amarrar as bestas; Unha vez aberto o portón chegamos por fin á tenda do capitán.


Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Pagaría por vervos cargando as bañeiras. manda carallo

Anónimo dijo...

Esta visto que se fose hoxe en dia ningun rapaz lle axudaria a aquel home coa vaca.

Anónimo dijo...

Que bonita historia!

Anónimo dijo...

mais ben os rapaces de hoxe en día en vez de axudar ó home, intentarían fastidiar ó señoriño porque agora son todos uns maleducados(culpa dos pais).

Anónimo dijo...

Teño ganas de saber como acaba, ¿cantos capitulos ten????

Anónimo dijo...

Que carallo é eso dos cañotos????

Anónimo dijo...

LUIS, cada día lúceste máis, pero deberian poñer os capitulos máis xuntos.

Anónimo dijo...

Eu creo que está ben así, porque de este xeito é mais emocionante.