Episodio XIV.Custodia das Vituallas.
Unha vez alí, no lavadoiro de Mosquete, fixemos un pouco de tempo á espera dos adultos, mentras bebíamos e comentabamos cousas divertidas sobre o traslado das vituallas, naturalmente, coma non podía ser de outra maneira, fun o branco das burlas dos meus compañeiros pola miña pouca capacidade física e rápido agotamento, pero as súas gracias non tiñan punto algún de maldade ou intencionalidade de facer escarnio da miña persoa, polo que non foron tomadas en conta para ser pasadas ó libro no capítulo de afrentas.
Ata a nosa posición foron pouco a pouco achegándose varios cans, atraidos de certo pòlo arrecendo da carne fresca recén cortada, alí aparecían un a un os desgraciados de eles, movendo o rabo con alegría “Aleghría, aleghrote, máis tallada para o pote”, viñan confiados de poder conseguir unha fácil peza que poder levar ás súas famentas bocas, pero non esperaban a nosa reacción, posto que naquel momento nós eramos os Custodios das vituallas.
Para mín maldita a gracia que atopaba en todo aquel asunto, posto que aparte do medo que en mín produccían os cans,o cal aumentaba en progresión xeométrica a medida que o tamaño do animal aumentaba en progresión aritmética, estaba a obriga de defender o preciado alimento, que fora tan traballosamente arrincado da vida da vaca e forzosamente trasladado con moito traballiño de nuestro señor.
O cheiro a podremia facía que o seu poder de atracción fose cada vez maior, e o que nun principio eran catro ou cinco canciños, convertironse nun virabís nunha esfameada xauría disposta a acadar o seu obxectivo polas boas ou polas malas.
Empezaron contentiños coma monas movendo a cola de lado a lado,máis cando decataron que eran espantados un a un, os que viñan detrás ían incrementando o seu xenio e expresaban o seu cabreo en forma de estridentes ladridos, que se escoitaban ata en Balteiro e que facían que o latexo do meu corazón fose cada vez máis rápido, e que a súa velocidade fose en aumento a medida que subían os decibelios que facían vibrar os meus tímpanos.
Cando a situación tornou perigosa, o maior de todos nós agarrou unha pedra e arrebolóullela, facendo deste xeito que os cans fuxiran, … pero non foi unha retirada permanente, simplemente foron na procura de reforzos e coma se dunha manobra militar se tratase forn cercando os nosos flancos coa finalidade de aillarnos e poder atacar o obxectivo final.
Certo é que vello lavadoiro facía de parapeto e cubría o noso flanco traseiro, polo que tiñamos totalmente de cara ós inimigos, que aumentaban a súa fereza e a súa vontade de conquista mentras que o que un principio era simple precaución tornou en irracional medo que fixo que eu collera unha pequena tallada e lanzara a mesma con todas as miñas forzas lonxe do seu alcance.
A táctica do señuelo dou resultado e deixaron a pista expedita para poder emrender a fuxida, pero a carga era demasiado pesada, e o sentido do deber pesaba sobre os compañeiros máis veteranos,e nós, bravos arévacos aguandando sitio numantino de Cayo Popilio Lenas,.... alí coma David Crockett e Sam Houston no Álamo aguantamos a que aquela soldadesca canina, comandados polo xeneral Santa Anna, que era un can de raza loba, ó que só lle faltaba falar, levantaran o seu sitio mentras agardabamos a chegada dos reforzos.
Cando xa estabamos nun punto de nervosismo bastante elevado e xa non tiñamos "solás" ningún para seguir loitando, apareceron os mentados reforzos e os catro homes, desfiaban en paralelo ó estilo dos irmáns Earp máis Doc Holliday,cargados con cadanseu bañeirón e baixo os gritos salvadores de ¡Pasa Can!, axudados por un punto de autoridade do que nós eramos carentes conseguiron alcanzar o forte onde reuniron as súas presenzas coas nosas, e unha vez alí,a misión xa estaba a piques de chegar a súa conclusión.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
3 comentarios:
Supoño que non teras can
¿como andas a tirar a carne con cara que está ?. Si che morden estache ben
Eu deixaba a carne e marchaba, un can con fame non é de fiar. Aquí xa estabades mais descansados así que tamén podiades correr.
Que vos traian moitas cousas os reis magos, sede bos. Bicos
Publicar un comentario