viernes, 12 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- 9.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO IX- O GUERREIRO DESCOÑECIDO-por Luis Ferreirós



CAPITULO IX-O GUERREIRO DESCOÑECIDO



-¡ Chavaaalesssh ! ¡ Chavaliiiiñossh! ¡Eh! ¡Víndem´axudar oh... chavaaaalesssh!


Miramos uns para os outros coma se por alí houbese máis xente, pensabamos que aquel descoñecido estaba a falar con outras persoas, pero…¿Quen ía estar aquel radiante día do pronto-verán no medio do monte onde Cristo perdeu as zapatillas ás 3’00 da tarde?
Fixemos un xesto sinlándonos, a modo de pregunta,¿ESTABA FALANDO CON NÓS?, ó que o estrano home replicou berrando aínda con voz máis alta e de modo case violento.


-“¡Sí, vós! ¡ Vinde p’acá! ¡Chavaaaalesssh! ¡Vindeme axudaaaar! “


En realidade non gozabamos dun exceso de apetencia por axudar a ninguén, estabamos alí para pasalo ben, e bastante traballo levara chegar con moitos atrancos como para estropear o día axudando a alguén, pero por outro lado pensamos que podía realmente precisar de axuda, así que tras uns momentos de dúbeda, buscando aprobación na mirada do compañeiro, asentimos, e empezamos o ritual de recolida dos bártulos.


Primeiro puxemos o calzado, cos calcetíns a pingar por seren emplazados por riba dos aínda non secos de todo pés, puxemos o petate ó lombo e ladeira arrriba emprendamos a subida polo escarpado canón que fai o río, sangrando de ese modo a Serra da Barbanza, agarrándonos de novo ás xestas, e pouco a pouco onde un home suoroso agardaba a nosa chegada como o cego pola vista.


-“¡Axudádeme coa vaca, oh! ¡ Que non quere levantarse nin aínda así a mates!”


E facendo un xesto coa mans instounos a seguilo, así que emprendemos camiño, esta vez costa abaixo ata a Calzada romana onde agardaba a mentada vaca, que tumbada no chan bruaba cun cabestro amarrado ós cornos por un extremos a unha estaca ó outro, como querendo avitar que o animal fuxise, pero conócese que nen siquerea tentou de erguerse.


Tirando polo cabestro con todas as nosas forzas tentamos ser quen de por a vaca sobre as súas patas, pero non había forma humana de facelo,…bruaba, resistíase canto podía tirando da corda, contrarrestando os nosos esforzos estirando o pescozo, con esos ollos enormes invadidos pola tristura e tamén polas moscas que facían suculento manxar do seu maltreito coiro.


-“¡Quero levala a Mosquete, pero non hai vírgenes que poda con ela!, ¡ tirouse ahí e non hai Cristo que a levante! Non sei se non terá algo jodido, porque xa me costou traela ata aquí e parecía que ladeaba un pouco”, decía o paisano, narrando coma se falase dun coche , dun carro ou de calquera ser inerte que tivera pola casa.
Empurramos e volvemos a empurrar, poñendo as nosas inocentes e pulcras mans nos seus cuartos traseiros, bañados polo xurro, as moscas e as inclemenzas do tempo.

A verdade era que a mín dábame un pouco de aquel tocarlle o cú á vaca, unha vez no posto da agraria que había en Xarmea, cando eu era moi novo, fun testemuña da inseminación da Cunchada, e ver como o señor veterinario metía o brazo enteiro,(debidamente protexido por un guante de látex), ata o fondo das entrañas do rumiante e acto seguido procedeu á súa extracción co brazo todo cheo de vida,foi unha experiencia que causou bastante noxo en mín,e agora, uns anos máis tarde, eu estáballe poñendo as mans no cú á vaca, ¡manda nabo!.


Nunca estivera tan preto dunha vaca salvaxe; Moitas veces, cando ía comer cos meus paii e os meus tíos, os domingos do verán a Casamea,un merendeiro que hai cerca do monte Iroite,tentara de achegarme a algunha, pero nunca fun quen de facelo, normalmente polo medo das vacas, que cando notaban a miña presenza fuxían coma quen non quere a cousa, outras veces , cando había algún touro que che miraba “con cara de darche unha ostia”, quen fuxía , acuciado polo instinto de supervivencia, era eu.


Tamén lembro con especial emoción, a tarde da corrida de touros que fora celebrada con motivos das festas socio-culturais , onde o difunto de Manolo das Vegas, Manuel Angel “Oseanía” e Pepe o Indio entre outros, deleitaran ó público alí congregado con unha imaxinativa serie de verónicas, largas cambiás e manoletinas ante un puchino que non sabía onde se metera. O improvisado coso taurino estaba feito con camións onde os remolques facían de tendios e as balderas de burladoiros.Foi a miña primeira e última festa nacional, eu non gozaba vendo sufrir ós bichos, prefería velos directamente no prato ou no bocadillo de bisté con salsa de tomate.


Máis de algunha ocasión estiven cerca da miña abuela Mercedes ( a do Sancosmeiro) mentras muxía á Pinta, cando tiña puchos íamos velos e darlles de comer e Sebastián tiráballes do rabo,… pero tan preto dunha vaca brava, nunca na vida.

Ese non era o caso do máis vello de nós, que xa dende moi novo estivera traballando de aprendiz con Palliñas o Carniceiro, para poder sacar uns pesos, e agora estaba en disposición de facer uso útil do seu oficio, posto que despois de examinar ó bicho, tentar de levantalo, empurrar futilmente pola vaca entre todos, mirou para o home e dixo:

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Uy, uy, uy, que che vexo de matarife cun mandil blanco. Adiantanos algo oh.

Anónimo dijo...

OStias, vai haber sankre!!!

Anónimo dijo...

Y por los menos, ¿no me vas a felicitar por la Navidad?......

Anónimo dijo...

si pastasen un par de cansiones,la,ra,ra ra,
dedicado para los que están enamoradoooooos....
grasias Eros,

Anónimo dijo...

Luis, pitís, copa de caña e copa de anís, foi á cosiña e rompeu o narís.

Anónimo dijo...

Luis pitis, copa de caña, copa de anís, ten unha mosa en Romarís que se chama Beatris.
Bon NADAL

Anónimo dijo...

Ide durmir, que vos fai falta.

Anónimo dijo...

Queridos blogueiros, a todos os que mañá estedes en Boiro e vos interese a cociña, a nosa compañeira Lili vai a facer unha demostración de cociña navideña ca Thermomix, no local das Amas de Casa, as cinco da tarde.
Pili

Anónimo dijo...

Thermomix, un nuevo amanecer,,
Unete a la Secta

Anónimo dijo...

luisiño,ás feito un escritor,haber si escribes as memorias de un gato tonto tamén.

Anónimo dijo...

hoxe temos unha nova catedrática no I.E.S.PRAIA BARRAÑA.noraboa DOÑA MANUELA PIMENTEL, e moitas gracias polos bombóns.

Anónimo dijo...

E quén ven sendo Manuela Pimentel?

Anónimo dijo...

hai que ser creida para presumir de catedratica pero asi sabemos quen e quen nesta farandula

Anónimo dijo...

Vaya! yo no estoy en nigún sitio concreto pero... ¿invitar a bombones es algo feo? Y ya puestos a ello... ¿Celebrar cumpleaños y bodas también? Quizás el concepto de celebración tenga los días contados, no vaya a ser que todos nos creamos lo que no somos.

Anónimo dijo...

Non vos desviedes do tema que está en xogo a vida dunha vaca...

Anónimo dijo...

Non me importaría ter sido esa vaca neses intres, xa que eso suporía estar rodeada dos futuros mozos máis juapos de Boiro (e todos tocándome unha perna, uff!...)

Anónimo dijo...

Outra vez bravo,Luis!. Este episodio foi dos que máis me gustou ata o de agora polo seu realismo e porque fixo que me transportara por uns minutos a esa terriña que tanto extrano e que dentro dunha semá voltarei a pisar.

Anónimo dijo...

Cada vez gústanme máis estes relatos. Polo que vexo non vos aburriades nunca , bueno máis ben non tíñades tempo porque sempre estabades tramando algunha. A verdade é que son do máis entretenido, da gusto entrar no blog e ler cousas así. Tamén están moi ben as descripcións de cabo e da zona de goians, porqe seguro que hai moita xente que non coñece toda a topografía.
Unha aperta. Por certo Luís o venres a ver que fas no nadal do cole.

Anónimo dijo...

dades asco.facía xa moito tempo que non entraba neste blog privado,pero quedo aparvado vendo os comentarios que se fan por dar unha noraboa a unha profesora actual que acaba de pasar a ser catedrática.bueno, e verdade, os que escriben neste blog xa deben ser todos dunha máis alta categoría.luis,moi ben os teus relatos.

Anónimo dijo...

nestas datas tan entrañables...,bo rolliño e feliz nadal a todos,bós, regulares e malos.un saúdo desde barcelona.