CAPITULO XVIII- A RECOMPENSA
-¿Ides para a casiña logho?
Ides a andar logho??
-Sí señora, marchamos que levamos presa.
-“Tá pechaaado, venlles abrir Generoso”
A verdade é que aquel momento marcou un antes e un despois na miña curta historia de aventureiro…Alí a señora do palacio, a raiña, a muller do amo tiña a súa recompensa para nós, miudos mercenarios que tan sufridamente aportaran a súa mediana axuda para que o rei levara a cabo a súa inesperada e difícil empresa.
O seu fulgor deslumbrou os nosos adolescentes ollos, e apareceron ante nós,coma quen premia a uns cabaleiros medievais que acaban de derrotar a un dragón,a unha coca,a unha tarasca en singular combate, coas súas vestimentas completamente cubertas polo vermello e líquido elemento que tan bravamente foi derramado no medio da batalla.
O premio que a virtuosa e lozana dama gardaba para nós eran catro enormes, redondas, brilantes e suculentas pezas de froita, catro laranxas, unha para cada un, coma Heracles cando violou o Xardín das Hespérides, o noso premio foi unha fruta, non mazáns, coma no caso do heroe da Hélade, senón, laranxas, enormes, eso sí, pero ó fin e ó cabo, laranxas.
Miramos uns cara ós outros con cara de asombro, sen saber o que decir, non esperabamos grandes fortunas nen grandes tesouros, a nosa ambición non sobrepasaba os intereses de calquera adolescente dos anos oitenta que ven de pasar o seu día libre sudando coma un porco, acarrexando caldeiros de carne crúa no medio do monte, a kilómetros da súa casa, non queríamos regalos enormes, nen recoñecementos públicos, nen unha praza ou unha rúa…..pero vinte pesiños ou algo parecido sí que esperabamos.
Unha cantidade, aínda que fora simbólica, coa cal poder xuntarnos na parte de arriba do Oasis, tomando unha Coca-cola e unha Ballena, e contar ós nosos colegas toda a aventura con pelos e sinais.,……. pero o premio era o que era,supoñemos que para aqueles homes bravos o noso traballo foi perfectamente pagado con aquelas catro pezas de sabrosa froita, así que tras dubedar durante un pequeno instante miramos para a señora e dixémoslle con voz tímida…..GRACIAS.
-¿Ides para a casiña logho?
A señora empezou unha conversación que esta vez ía ser contundentemente cortada, alo menos pola miña parte, tiveramos demasiada parola, e non estabamos dispostos a gastar nin un minuto máis falando cunha xente, que baixo ó noso parecer, fora nun punto bastante elevado desgradecida co noso esforzo.
As candeas da santa escintilaban e facían brilar a madeira oscura da hornacina, e os homes, entre viño e viño, aproveitaban para tomar unha cervexa,mentras na tele da salita oíase o minueto de Boccherini cantado anunciando que empezaba Erase una vez el espacio, polo tanto eran xa as sete da tarde.
-Sí , xa nos imos.Ides a andar logho??
Menuda pregunta,…tiñamos catorce ou quince anos, estaba claro que non iamos ir en coche ou a cabalo, ademáis chegaramos ata alá arriba a pata e a pata iamos baixar, aínda que nos costase un par de ampollas nos xa de por sí malogrados pés, ….había preguntas que, ademáis de poner un vinaghre moi amargho, de certo, sobraban.
-Sí señora, marchamos que levamos presa.
E coa mesma enfiamos a porta da cociña, deixando tras de nós os valentes homes da montaña, que quedaban celebrando o seu éxito no combate, mentres que nós, insignificantes mercenarios, iamos para as nosas terras coa recompensa baixo o brazo.
Saimos pola porta da casa baixando os dous peldaños de rigor, e esquivando galiñas, gatos e un canciño pequeño que movía o rabo, e que fixo que os nosos sorrisos poideran verse recuperados por un instante, atopámonos ante o portalón verde, despostos a dar por rematada a aventura sabatina, mentras tanto os cochos fozaban na maseira e cos seus sons acompañaban a nosa retirada.
O portal estaba pechado, e polo tanto non poidemos sair, ¿sería aquello unha trampa por parte do amo para impedir que deramos parte da súa ingratitude?
A señora, que foi a única que tivo a ben acompañarnos ata a porta, botou un berro dirixido á cociña da casa:
-“Tá pechaaado, venlles abrir Generoso”
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII
8 comentarios:
Si, si, pero ¿hai alguen mais?
Joder Generoso,...menudo nombre tiña o paisano
Si oh, foiche en Generoso.
¿ Por que lle poñerían eses nombres ós señores de antes?
Para os que non somos de Boiro pero igualmente nos acordamos do Bar Oasis...que é unha "ballena"?
Eche un bocata con pan redondo e pequeno(coma un bolo) que tiña dentro xamon asado.
Si, e estaba boísimo! mellor que os que fan agora,aínda que teño que decir que os de pulpo que dan nalgún bar de Boiro tamén están para derretirse(sobre todo si se toman en boa compañía e non che queda ningún dente espetado nél)
Arre ostia, naranxas,, que cutre o tio
Menos mal que de nome levaba Generoso, se lle chegan a poñer Raña nin as laranxas vos darían.
Esto parece que se achega o final desa aventura, ou aínda lle falta, adiantanos algo.
Publicar un comentario