Episodio XIII- Brigada de intendencia.
Así que collín a miña bañeira vermella, rebosante de viandas, e cunha man en cada asa , achegueina ó meu corpo co fin de proucrar en el un punto de apoio que permitese atopar un mellor equilibrio e , desa forma, facer que o avance resultase máis livián e menos cansino, e por momentos parcía que o truco resultaba, pero as miñas esperanzas esvaecéronse en apenas cen metros cando poiden contemplar que os meus compañeiros de aventura avanzaban varios pés por diante de mín.
Semellaba que esta vez íamos acarrexar os bañeiróns en serio, así que despóis do quencemento, dispuxemonos a repartir a carne nas bañeiras a modo de quiñóns, naturalmente a mín tocoume o máis pequeño, o que fixo que o meu optimismo medrase por momentos, nos estaba entre os meus desexos demostrar as miñas forzas en tan ingrata tarefa e tras comprobar o peso do recipente en cuestión, comprobei que o peso podía ser acarrexado.
Así que collín a miña bañeira vermella, rebosante de viandas, e cunha man en cada asa , achegueina ó meu corpo co fin de proucrar en el un punto de apoio que permitese atopar un mellor equilibrio e , desa forma, facer que o avance resultase máis livián e menos cansino, e por momentos parcía que o truco resultaba, pero as miñas esperanzas esvaecéronse en apenas cen metros cando poiden contemplar que os meus compañeiros de aventura avanzaban varios pés por diante de mín.
Os homes saían máis tarde, posto que quedaban discutindo as partillas, e se a lóxica resultaba chegar a bo porto, seríamos alcanzados e incluso adiantados por eles en pleno descenso, pero polo momento, tan só sos catro avanzabamos costa abaixo coa bañeira enriba, e no meu caso, pringado de sangue, suor e non bágoas porque a sensación de vergonza facía que estas foran reprimidas, que non por gañas de botar a chorar coma unha madanela.
Pronto atopei que a miña posición era bastante rezagada con respecto á referencia dos outros rapaces, certo é que eu era o máis novo, por pouco pero o máis novo, tamán o máis miudo, este punto por bastante diferencia,tanto coma en estatura coma en peso ou masa corporal.
De feito sempre fun un neno pequeño, cando era noviño ía á casa da miña abuela Pilar a medirme nas alacenas da cociña,coa esperanza almacenada, entre arrecendo a caldo e carozos da cociña de ferro, de que algún día poidera chegar a tocar aqueles mobles co peu pelo, por aquela peiteado ó pincho co fin da disimular a miña pequena estatura, non foi ata o verán de terceiro a Cou cando peguei o estirón, lembro ter falado con Dani que eu conformaríame con chegar a un metro sesenta e cinco, e agora penso que menos mal que ningún ser superior tomou a miña palabra, póis tería claro que non estaría conforma con esa talla.
Naquel punto pousei, con toda a delicadeza que o meu cansanzo permitía, o bañeirón no satinado chan da calzada, e tras tirar do alento durante un par de minutos, empecei a tirar da bañeira sen levantala do chan. As lousas da calzada facían que o barreño fora deslizandonse por ellas, ata chegar á seguinte lousa, onde tiña que pegar un tirón un tanto máis violento par poder superala, pero deste xeito comprobei, que a dor, ó igual que moitas outras cousas na vida, tamén é cíclica, e o que antes era unha dor de brazos fora do común, pasou unhas ducias de metros máis adiante a ser unha dor de lombo desesperante.
-“Esperade!!!”- Gritei, pero, nada,..... estaban demasiado adiante, era moita a vantaxe que sacaban e creo que non oiron ben a miña chamada.
-“Esperade”, ……nada,…..” son para un cesto”, ou non oían ou non querían oir, a verdade era que eu desde o meu punto de vista creía que eles debían axudarme, eu era o pequeño, o miudo, o que tiña pouca forza , pero o normal sería que eles, a pesar da súa velocidade tamén estiveran pasando un mal momento.
Polo tanto decidín esperar alí, sentando o meu pequeño cú sobre outra rocha, ata que os fornidos homes da aldea fixeran a súa aparición, non debían estar moi lonxe de min, e seguro que algún deles tería brazo suficiente como para prestar una pequeña axuda a un pobre rapaz,..metín no bañeirón coas miñas mans sanguinolentas catro talladas de carne crúa que saíran par fora a base de empurróns deseperados, non teño nen idea da parte do corpo da vaca á cal correspondía cada pedazo, pero facendo un exercicio de imaxinación podía velas cociñadas pola miña nai na vella asadora, e metidas nunha barra pequeña de Pan do forno da Ferrería.
Por un momento volvín á nenez lembrando aqueles momentos nos que sentaba sobre o colo do meu pai á cea e el compartía a súa costeleta de pucho, asada e sabiamente aderezada con limón, ese sabor que, aínda agora de vello, faime evocar os meus prontos anos, as noites felices diante do televisor en branco e e negro vendo informe semanal despóis do baño, meténdolle o dente a un xugoso bistec,e que naqueles intres, acuciado polo cansanzo, fame e impotencia desexaba volver a vivir.
Pero a realidade era diferente, e alí estaba eu, sentado nunha pena, emporcado, suoroso e esperando una axuda para ser quen de facer un traballo, que coma una praga bíblica, caera do ceo sen ser pedido.
Esperei durante uns cinco minutos largos,….pero non chegaba ninguén, así que retomei a tarefa, xa coas forzas recargadas e conseguín facer que o meu avance fose tomando corpo ata que relativamente pronto albisquei o remate da calzada que aparecía difuminado no medio do verde dos toxos e fieitos.
Volvín a reclamar a axuda dos meus compañeiros, esta vez exitosamente, acudiron á miña chamada coma á dun canciño que chama pola nai, botaron as mans á bañeira e levantárona no aire coma se fose una pluma, …avazaron ata Mosquete sorteando pedras, paus e xestas mentras eu ía ó seu rabo, e coma quen non quere a cousa fixemos a penúltima parada, á espera dos maiores no lavadoiro de Mosquete.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
6 comentarios:
Estás que te sales, poñede o seguinte rápido....
Moi ben Luis, ata parece que me canso eu co teu esforzo, e menos mal que era costa abaixo que se non... o que eu dicía metiasbos nuns fregados...
Veña a ver se tardades menos en publicar o seguinte que sempre cortades no mais interesante.
unha aperta
Meu pai tamén dicía "son para un sesto...", había moito tempo que non oía esa expresión.
Parecema perfecto o que estás facendo Luis, tratando de recuperar expresións como a anterior de son para un sesto e describindo cousas que a todas nos pasan por alto..Sigue, nesta liña,
Por certo, ¿de onde ven eso de son para un cesto??
Por que sempre nos deixas no mellor, esto pasouche de verdad? porque se che pasou en menudos fregados te metias ti e os teus amigos.
Gustame moito, escribes moi ben, recuperas ditos populares dos nosos abuelos e que os nosos fillos xa non oen, eu leolle o meu fillo Os señores do castelo cando vai para a cama.
Asi que non me deixes tirado, porque eu non sei contar nada e leollo tal cual o pos ti.
Segue escribiendo.
Gracias Luís polos teus relatos, son moi bos, tanto que merecen ser publicados.
Non deixes de escribir e de contarnos esas aventuras, que de seguro que a pesar de todo o pasachedes moi ben ese día.
Cando me poño a ler, consigues que me meta dentro da historia e sintome coma se fose unha das protagonistas da aventura.
Esta crónica faime lembrar das Aventuras de Los Cinco, lembradesvos delas.
Saúdos a todos.
Pd. Espero que vos vaíades animando a mandar as vosas colaboracións para publicar, que vós sodes os que lle podedes dar vida a este caderno de bítacoras, eu non podo facelo soa, así que xa sabedes.
Publicar un comentario