EPISODIO VI- OS 4 MOSQUETEros
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Asómate a la veeeentanaa ay, ay, Paloma del aaaaalma mííía, que ya la aurora temprana, nos viene anunciando el día, que ya la aurora teeeeemprana, nos viene anunciando eeeel día.
Aquel cantar que lentamente chegaba ás nosas orellas era obra dun artista sobradamente coñecido por tódalas tabernas e lugares de lenocinio da Parroquia de Boiro, dende a de Juana de Pinasas ata a do Sheriff, dende a de Chicha a Candocha, ata a de Lucía, ..todo o mundo coñecía as aptitudes vocais do máis triste dos cantantes da comarca; tratábase de Maracaibo,subcampión da operación trunfo dos desposeídos, cuarto clasificado de certame de lied tabernario, a todas luces, perdedor de profesión, ningún de nós sabía o seu nome de pía, simplemente o alcume que portaba, supoño que porque algunha vez andivo en busca da súa fortuna, polas zonas lacustres do ouro negro venezolano, ouro que non atopou coma todo perdedor que saiba preciarse.
Viña do seu Coroño natal dando a volta por Pazos e facendo parada e posta en cada unha das cantinas do camiño, esperando que a xenerosidade da audiencia fose transformada en pago que podía ben ser composta por unha taza ou por dúas “á confiansa”.
Paseaba o seu porte xentil, alegrando á paisanaxe cos seus cantos, elegante, coa chaqueta de pana, completamente enlixada, os pantalón amarrados cun cordón, e lucía cheo de orgullo o seu sombreiro de palla e un mostacho que sería envexado de ser paseado no beizo superior polo mesmísimo Vicente Fernández,..mentres camiñaba ladeando na procura dun firme soporte no que poder repousar a súa tristura, soporte que sen dúbeda atoparía na cercana taberna de Runs,sita no sótano dunha casa con parra diante e caixas de quintos facendo pías na porta, que , a falta de cartel,anunciaban que o lugar era sitio de contemplación e autoencontro para que toas as persoas que o necesitasen poideran dar alivio ás súas necesidades, ben físicas, polo aquel da sede, ben da alma, pola dor que se cortaba no ambiente.
Nós , adolescentes imberbes, rimos un pouquiño ó ver pasar ó artista, ignorando por completo as causas que fixeran o bó do home caer naquel estado, pero dalgunha forma mirando para el, soubemos que a peor das dores e a dor da alma, porque o corpo cura, pero o corazón…..
Continuamos costa arriba fuxindo do sol que comenzaba a caer a plomo, mentras comentabamos entre risas todo o relacionado co pobre do home e incluso fixemos o sacrilexio de imitar o seu cantar,á procura dun pasatempo que fixera mási curta a camiñata, que case sen querer, trouxonos á canteira de Runs.
Continuamos costa arriba fuxindo do sol que comenzaba a caer a plomo, mentras comentabamos entre risas todo o relacionado co pobre do home e incluso fixemos o sacrilexio de imitar o seu cantar,á procura dun pasatempo que fixera mási curta a camiñata, que case sen querer, trouxonos á canteira de Runs.
A magnificenza do mentado parque natural , fixo espertar en nós uns desexos de aventura aínda máis grandes dos que xa traiamos, e, escalando por montes de murrillo, ghaveando polas escarpadas ladeiras da fenda da terra,imitando a Pérez de Tudela, pasamos un bó rato, ata que a consciencia fíxonos cavilar e darnos conta de que estabamos nunha propiedade privada e que en calquera momento podiamos ser agredidos con toda razón polos donos da explotación en sí, polo tanto, deixamos a un lado,os pés de gato e seguemos pola pista ata chegar a un regato.
Collendo un caminiño de a pés que cae á esquerda da pista, sorprendeunos a visión dunha raposa, que cruzaba a pista coma quen leva o demo; Tentamos ser quen de alcanzala, máis a nosa velocidade non podía compararse coa do cánido que tras varios segundos de carreira, deixounos atrás , facendo desta forma imposible a súa utópica captura, polo tanto, entre silvas e pedras continuamos pola vía, parándonos a cada momento para contemplar o froito das silveiras, e de paso parar para encher a boca co seu morado aroma e o seu incomparable sabor.
Coma quen non quere a cousa, entramos esquivando bostas nas cementadas rúas de Mosquete, ante a atenta mirada da xente da aldea, que pensaba, con moita educación, que os nenos da vila non tiñan nada que facer, para ir pasar un día antre as silvas, mentras nós afrontabamos o último treito da aldea, para por fin parar a refrescarnos na fonte do lavadoiro da aldea.
E alí chegamos, enchemos as cantimploras, secámonos a suor, pasamos a cabeza por debaixo da auga, e xogamos un pouco con ela,mexamos contra a parede,sentámonos e unha vez que volvimos a cabeza,… ante nós coa súa grandeza estaba alá arriba, a só uns kilómetros da nosa vista… O Castelo.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
6 comentarios:
Lendo este relato pareceme estar lendo a Xose Luis Alvite e a suas crónicas. Noraboa
Chamanse Cronicas del Savoy, están xenial. Si que lle das un aire, pequeno, pero aire o fin e o cabo.
a verdade é que eu lembrome dun home que sembre anda peido acantando, ¿e o mesmo?
,o ler isto casi estou cansa de tanta costa, menos mal que tiñades a fonte para vos refrescar.
Parece que esteamos a ler as aventuras de "los cinco", pero claro está moito mellores porque estas quedan máis preto e podemos pasear por eses lugares.
Luís , que saibas que son fan dos teus relatos. Unha aperta.
Que é de Matias, el si que tiña que contar algo tamén, ou senon o outro teacher.
Luis segue coa historia, aínda que eu xogo con ventaxa sobre os demáis.
Lamento non ser a primeira en comentar todos os artigos pero últimamente andoche moi atarefada, xa sabes esto de saír todos os días de movida éche o que ten.
Saúdos a todos.
Eu tamén lle tiña moito medo ós cans. Unha vez miña nai mandoume á molinera, eu xa o sabía, fun todo o camiño pensando naquel can, non sei qué raza era pero eu recordoo coma un Niebla xigante. Desde antes de chegar pola mitade do camiño eu xa iba estirando o pescozo para alviscalo, e alí estaba deitado á porta. Por suposto dei volta para a casa sen facer o recado e díxenlle a miña nai que non había ninguén.
Publicar un comentario