martes, 9 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- 8.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO VIII- A POZA DOS HOMES BRAVOS- por Luis Ferreirós.




Episodio VIII- A poza dos homes bravos.



Unha vez coronado cumio do Castelo, dispoñémonos a disfrutar unha vez do magnífico panorama que a nosa situación de privilexio podía ofrecernos, nun alarde de egolatría, colonizamos o territorio coa nosa bandeira, imitando a Edmun Hillary no 53, ano no que alcanzou o cumio do mundo, e tras colocar a nosa enseña no lugar en cuestión, sentámonos sobre unha pena e dispoxémonos a facer algo que todo montañista debe facer cando alcanza unha cota tan alta,…mexar.


A sensación de orinar o aire libre facía que a respiración fora contida e que sentíramos unha ansia de liberdade indescriptible, o mundo era noso; Ademáis, todo hai que decilo as nosas vexigas agradeceron de maneira superlativa tan primitivo xesto.



Cos pulmóns cheos de vida e as vexigas baleiras, tras escaññar un pouco antre as pedras, tratando de achar restos do castelo (ou castro romanizado) que antes foi, cal Schielemann á procura de Troia, ....emprendemos baixada , xogándo ó golf con bostas secas de cabalo e os innumerables excrementos de cabuxas ou ovellas que a modo de plantación de conguitos extendíanse por toda a calzada, os lugares por onde séculos atrás, bravos lexionarios camiñaron, agora eran o noso territorio, e nada, ou millor dito case nada ía ser quen de arrebatarnos a nosa preciada e tan suorosamente traballada conquista.



Chegamos ó segundo punto de interese para nós, que non era outro que a piscina que o sinuoso río forma tras unha lixeira caída, era un bo lugar para tomar un baño previo ó xantar, e baixando por un talude natural, agarrándonos da mellor forma que estivera ó noso alcancea toxos e xestas, chegamos á poza, onde procedemos ó retiro de forma súbeta e violenta de toda a nosa roupa coa finalidade de poder gozar dun refrescante baño.


Desafiar á auga fría supuña todo un reto para persoas acostumadas á Praia de Barraña, pero a mentada ocasión pagaba a pena, probablemente ó sair tremeramos de frío e tamén lamentaramos ter feito cousa da maneira e unha probable visita a Toucedo sería reservada pàra os días posteriores, polo tanto, sen máis que un lixeiro pantalón de deportes, procedemos ó mergullo nas augas frias, cristalinas e salvaxes do rio.


A profundidade era respetable, nas zonas máis profundas podería alcanzar tranquilamente os dous metros e medio, pero naquel intre de ataques irresponsables de bravura nada parecía importarnos e disfrutamos daquel paraíso que a natureza brindaba durante alomenos media hora, ata que o frio empezou a ofrecer claros síntomas decindo ó noso corpo que xa era suficiente o tempo disfrutado e que deberiamos retirarnos aun lugar seco antes de que a nosa natureza pasase clara factura.


Unha vez fora da auga, procedemos a iniciar a cerimonia de secado e con unha vella toalla,(a miña tiña debuxos de superman), o noso corpo volveu pouco a pouco a alcanzar a temperatura do seu estado natural e tras volver a colocar a roupa, procedemos a repor enerxías para pasar o resto do día divertíndonos coma ananos.


Sacamos os bocadillos, a bebida, Dani traía Coca-colas que probablemente foran xenerosamente cedidas polo seu seu pai, e entre chantada e chantada, contabamos historias, falabamos de fútbol, de rapazas, das festas, de moitas cousas vanais que ós adolescentes interesan e para os adultos pasan completamente desapercibidas. Aquel era o noso lugar, o noso mundo, a nosa vía de escape, eramos sen dúbeda os señores do Castelo.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que esa voz de auxilio era a dunha rapaza en apuros e que frotachedes as mans, jajjaja.
Estou que non aguanto por coñecer que pasou despois, date presa que esto está que se sae, a verdade é que parece unha novela na que te metes dentro coma se foses protagonista e o mesmo tempo ten intriga, jo cada vez deixasnos quedar no mellor do asunto.

Segue así que ti vales.

Saúdos a tod@s.

Anónimo dijo...

Nos tamen temos ido polos arrabales de Barraña nunhas excursions mais pequenas pero tamen moi entretenidas. Entendochemoi ben.
Quen é o que está de costas?

Anónimo dijo...

Luis, na tele pódense mercar adiantados os novos capítulos das series favoritas, podemos facer o mesmo cos teus relatos? Estamos intrigados ¿Cántos anos tiñas nestas andanzas?

Anónimo dijo...

Eso, eso que na tele podese, Luis veña dinos se nos vendes os seguintes capitulos por adiantado.

Anónimo dijo...

Luís, dinos unha cousa, tan só unha, falta moito para que a vosa andanza remate, e por certo, cantos anos tiñades daquela porque bañarse cun pantalón de deportes facíano os máis pequenos pero se fose eu bañaríame sen nada para mezclarme coa natureza.