lunes, 12 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO- 17.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO XVII-A RECEPCIÓN DA RAIÑA-por Luis Ferreirós


CAPITULO XVII- RECEPCIÓN DA RAIÑA

Entramos na casa de un en un,con máis presa que vergonza, polo estreito corredor,esquivando con gran destreza un vello taquillón de pasillo, adornado con un copete torneado que facía xogo con un espello ovalado, enriba do taquillón unha estatua de porcelana dunha pastora troneaba o conxunto artístico que completaban dous marcos plateados con fotos de primeiras comunión de varios nenos e nenas.
No vello colgador de chaves con termómetro de mercurio incluido podíase ver unha panorámica do Bom Xesús en Braga, e de alí colgaban varios chaveiros con chaves de tódolos tamaños e formas, a grande de ferro encabezaba o curioso collage que xunto con outros prendedores de chaves, un deles en forma de frade tapado por un barril, facía de avisador, xa que ante imposibilidade de esquivar as chaves o son do lombo contra o metal avisaba que alguén facía entrada na morada do señor...

Adiviñabamos que a casa era casa de fartura, o arrecendo a caldeirada de pinto enchía toda a casa e na estancia da man dereita, mentres esperabamos no pasillo, poiden observar un fermoso trinchero, feito de madeira de pino contrachapado que facía lugar de repouso para dúas botellas de Chivas, unha de Marie Brizart e outra de Coñac Napoleón dentro da caixa, un enorme tapiz de JFK estaba colgado na parede principal,feito polo cal adiviñei que o home fora emigrado a América, o seu reflexo aparecía plasmado nunha televisión Telefunken con mando a distancia, enriba dunha mesiña de formica con enreixado na parte baixa para poder poñer o transformador de corriente, lugar onde a familia reunía os días de festa para comer, e ós cafés sentaba nun tresillo de polipiel de cor vermello.

Avanzamos ata o fondo da casa e , a medida que iamos deixando estancias ó noso paso, estabamos internándonos nun mundo que para os nenos da vila, quedara atrás facía polo menos cinco ou seis anos, moitos para aquel entonces, o minúsculo cuarto de baño emplazado nun pequeño compartimento debaixo das escaleiras fixo que algúns de nós tomase un momento de asueto para poder asearse un pouco, tiña unha bañeira pequena, de esas que tiñan escalón para sentarse, desteñido coa ferrume das cañerías, o consabido bidé, e a taza con tapa plástica, onde con ela baixada, esparabamos un a un a que o anterior acabase de lavar as mans co xabón ovalado de marca Lux.


Entramos na cociña onde a caldeirada incrementaba o seu arrecendo,a santa, presidía a mesa, con dúas candeas a cada lado e un buratiño para botar moedas, na casa da miña abuela tamén tiñan unha e moitas veces pasoume pola cabaza ir quitarlle os cartos para ir comprar chicles á máquina de bolas da do Tío Ramón, pero nunca tiven arrestos suficientes ou pensaba que era pecado, así que sentamos en cada súa banqueta de formica, novas a todas luces, se temos coma punto de referencia a vella banqueta que estaba na entrada da casa.

A mesa tamén era de formica, pero extensible para os dous lados,e unha vella nevera Corberó presidía a estancia, con manchas de óxido que , á vista dos retoques con minio,ían ser en breve reparadas e alí, esperamos mentras a señora da casa puxo uns vaso de viño para os homes,pecadentos coma eles solos, e uns quintos de cervexa para nós, os pequenos.

-“Queredes un pouco de caldeirada das doce?” Mirade, está moi boa”…Hai comida embute para todos!...declinamos o seu ofrecemento con moita educación, mentras bebiamos a cervexa, eso si, con moita sede.

-Un pouco de viño da casa,?,,Non fai mal ninkún!, Insisteu a señora, ante as nosas reiterativas negativas.


-“Faghovos uns ovos fritos?” Decía a muller mentras botaba as man a un chinero que había cerca da porta, e que escondía entre outras exquisitas viandas, un peza de boroa, unha botella de kinito e un pedazo de bizcochón.

-“Non, non, gracias, temos que marchar” “Acabamos as cervezas e marchamos , que empeza a facerse tarde”.

-“E ló…. De quen sodes?”……..Outra vez, ……vida e miragres de toda a familia, “son fillo de Manolo Catadoiro e De Saladina a do coche, meu abuelo era de Vilariño e miña abuela de Cures por parte materna, por parte paterna meu abuelo era do Catadoiro e miña abuela era de Tarela”, a muller creía que eramos tres, pero non eramos catro, o pequeno non sabían del,…xa sabía que o seu home coñecía a meu pai de cando tiña o taller de bicicletas na Tenencia, e que miña nai traballara na Telefónica, que o meu abuelo era taxista,o primeiro de Boiro, etc, etc….Non entendía esa manía que tiña a xente de falar de todo o mundo, de escudriñar nas entrañas da xenealoxía dos invitados, ……de falar por falar.

Ela contounos que andaba ás chaquetas na de Permist, que tiña unha filla maior que andaba á costura en Noia, e un fillo a estudiar puente en Ribeira, que o seu pai era de Loxo de Abaixo, pero que a botara da casa porque quedara preñada ós dazaoito anos, pero ó final puxéronse á ben canda naceron os netos e agora vivían en Mosquete na casa da sogra, que o marido andaba na mercante,que gañaba moito cartiño e que coñecía medio mundo Balvisbai, Capetón,Roterdán, en fin, vida e milagres de Willy Fog, e mentras falaba ía camiñando pola cociña coma querendo atopar algo que non era capaz de achar, e pouco a pouco foise achegando de volta á entrada da cociña onde o chinero exhibía un enorme calendario.
Botou a man ó chinero, buscou por varios caixóns, abreu e pechou portas ata que atopou o que buscaba…….e sacou por fin, a preciada recompensa…



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Que razón tiña a muller--o viño da casa non fai mal ningún

Anónimo dijo...

Luís, hei de decirche que tes unha memoria extraordinaria para recordar todos eses detalles de fai tantos anos. Que si a TV telefunken ou a nevera corberó parcheada con minio... ou como son as chaves do colgador... Son moitos detalles para recordar, e fai falta ser moi observador para retelos durante tantos anos.

Anónimo dijo...

Luis, acábasme de transportar á casa duns parientes que viven en POstmarcos, moi boa descrición.

Angel

Anónimo dijo...

A descripción está moi ben, pero algo de imaxinación botaraslle, non si????

Anónimo dijo...

A ver,¿ que vos deron?

Anónimo dijo...

Pon o seguinte rapidp...cheira a cartos....

Anónimo dijo...

JO=der, Marie Bizard , eu creia que eso estaa extinguido

Anónimo dijo...

Os protagonistas da historia xa eran viaxeiros de pequenos(e algún deles aínda o é de maior),co ben que se está en Boiro!.