CAPITULO XIX- RETIRADA
E desa forma o señor Generoso( nome axeitado que tiña o paisano!), colleu a chave grande de ferro e de forma cansina achegouse ata a portalón e abreu as portas, fixo un xesto coa man e despediuse de nós, a señora fixo o mesmo, pero con un pouco máis de cariño:
..Cos coches, decía,... o único coche que viramos desde que pasaramos Runs foi o R12 do amo e nin tivo a decencia de ofrecerse para levarnos ata o noso punto de partida, pero a cousa estaba como estaba…Sete da tarde, máis ou menos, saindo de Mosquete, coas roupas tinxidas de sangue,e as familias agardando na casa co coitelo entre os dentes para botarnos unha boa bronca,…pero non importaba, eramos mozos e simplemente estando xuntos e comentando historias pasabamos un bó rato, e millor que o iamos pasar no Oasis contando as anécdotas, aínda que pagaramos todo do noso peto.
Así que enfiamos o portalón coas nosas naranxas metidas nas mochilas e empezamos a camiñar costa abaixo o que unhas horas antes fixeramos costa arriba, o apaso era un punto máis apurado que na ida, todo o mundo sabe que a costa abaixo faise un pouco máis levadeira, aínda que nós estabamos como para tirarnos a rolos e deixarnos chegar ata a canteira.
No medio do camiño o cabreo empezou a desaparecer ,tal vez un pouco eufóricos polo estado físico no que estabamos, cargados de serotonina ata as orellas, empezamos a soltar gargalladas cada vez que comentabamos algo sobre a aventura do día, e ata tivemos a ben estonar as naranxas para comelas, cousa que foi feita nun pispás.
Seguimos baixando e polo medio da costa abaixo, coñécese que a un dos expedicionarios, as naranxas, xunto coa cervexa, fíxolle un pequeño revolto no bandullo, polo tanto desviouse un pouco do camiño, e parou a facer de corpo, a verdade é que non levaba papel,un descoido imperdoable, eu sempre que saía ó monte tiña a ben coller na casa un rollo de papel de elefante, para este tipo de casos, pero aquel día estaba perfectamente marcado no almanaque en cor negra, non ía sair nada ben, polo tanto o compañeiro en cuestión, perdeuse na frondosidade do monte coa finalidade de mover o ventre, sen dar importancia a como sería a posterior limpeza, cousa que supoñemos,tería perfectamente controlada.
Fixemos varios amagos de broma, asustándoo coma se fosemos ir quitar unha foto, pero él non era parvo, e sabía perfectamente que a vella cámara kodak, acabara o seu carrete no Castelo, polo tanto podía levar a cabo as súas deposicións sen preocupación algunha de que éste sublime momento fora recollido de forma gráfica.
Unha vez feito a acto de evacuación, apareceu de novo subindo os pantalóns do chandal, disposto a retomar a marcha, cousa que non poido facer sen repostar antes a unhas cantas inquisidoras preguntas pola nosa parte, acerca da escatolóxica cuestión.
Unha vez aclarado que fora a a unha leira e fixera o acto de limpeza con unha folla de verdura, reemprendemos a camiñata ente risas e cachondeo xeralizado, mentras deixabamos ó lado esquerdo a canteira, esta vez ignorada pola nosa parte, posto que non tiñamos gañas de enredar un minuto máis e baixo a contemplación do que horas antes foran os nosos dominios, encaramos costa abaixo, saudando a dúas vellas que, con cadanseu cesto de batume na cabeza,facían un exercicio de forza e de equilibrio digno de calquera artista de circo, un vello ía diante con unha carretilla chea de herba, e baixo a súa visión fomos chegando de novo á pista que desemboca en Runs.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII
5 comentarios:
¿Un pouco escatoloxico non?
¿e quen non ten cagado de campo?
Espero que queden aínda moitos capítulos por diante porque, cando vin que este se titulaba "Retirada", levei un susto pensando que era o último.
Fuches tu, fuches tu, o que foi caghar ó palleiro....
¿quen foi caghar entre o millo?
Publicar un comentario